Diplomas Informática 2020

Hoxe, día 11 de febreiro do 2020, a concelleira de Turismo, Medio Ambiente e Tecido Asociativo, Dª Cecilia Duarte Fernández, fixo a entrega dos diplomas do curso de informática de adultos, que se levou a cabo na aula de informática do Centro Xuvenil dende o mes de novembro ata data de fin en febreiro.

Este ano participaron no curso un total de 17 persoas de idades comprendidas entre 52 e 81 anos. No curso houbo dous grupos os que se impartiron diversos temas como  Word, Correo Electrónico, Excel, Móbil,  Integración Ordenador Internet, Google Maps.-