ORIENTACIÓN CON ROQ SPORT 2021

Hoxe, día 15 de xullo, ás 10:30 horas, 24 rapaces e rapazas de Xove de idades comprendidas entre os 10 e 16 anos desprazáronse ao monte San Roque de Viveiro ás instalacións de Roq Sport acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro xunto co grupo de voluntariado xuvenil que participa no programa “Conect@ co Voluntariado”, para realizar unha actividade de orientación en plena natureza onde deberán guiarse con un mapa e un compás para localizar os puntos marcados.

Esta viaxe está organizada pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove dentro do programa de actividades do verán “Conect@ Verán”.

orientación 3