RAPEL CON ROQ SPORT 2021

Seguimos coas actividades de aventura en plena natureza, hoxe día 22 de xullo tocou rapel. Ás 10:30 horas, 25 rapaces e rapazas de Xove de idades comprendidas entre os 10 e 16 anos desprazáronse ao monte San Roque de Viveiro ás instalacións de Roq Sport acompañados polas técnicas de xuventude Silvia Rodríguez Barreiro e Mónica López Sanjurjo xunto co grupo de voluntariado xuvenil que participa no programa “Conect@ co Voluntariado”, para aprender a descender rapeleando unha parede con seguridade ante a atenta mirada dos monitores.

Esta viaxe está organizada pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove dentro do programa de actividades do verán “Conect@ Verán ”.

FOTO