Rematou o programa “Xove Concilia Verán”

A medida de conciliación “Xove Concilia Verán” comezou o pasado 27 de xuño cunha participación inicial de 61 persoas, e rematou hoxe 6 de setembro, cunha participación final de 75 nenos.Durante o período anterior, e en horario de 9:00 ata as 14:00 horas, os nenos e nenas participaron en diferentes actividades, como manualidades, xogos tradicionais, pintura, contacontos, saídas polo concello,...e tamén con actividades especiais como o espectáculo de circo e clown pola igualdade de xénero.

c12-f3---soos 24577519561 o