ENTREGA DE DIPLOMAS HOXE NA OMIX

monitor

Hoxe, venres 30 de abril, ás 16:45 horas, vai ter lugar na OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) de Xove a ENTREGA DE DIPLOMAS DO CURSO DE OFIMÁTICA realizado na Aula de Informática da Omix.
Na entrega de Diplomas vai participar o Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola Concelleira de Servizos Sociais Ana Abad.
Este Curso de Ofimática comezou o 1 de marzo e rematou o 14 de abril, tendo unha duración total de 30 horas. En total inscribíronse 18 persoas, divididas en dous grupos, con clases 3 dias á semana en horario de tarde, de 1 hora e 15 minutos de duración.
O Temario impartido no Curso foi o seguinte:
• Microsoft Word: elaborar documentos cunha certa calidade; tablas, sangrías formatos, bordes de páxina, etc.
• Microsoft Excel: utilizar as follas de cálculo; formato de texto, imaxes e funcións.
• Microsoft Access: crear bases de datos; xetionar unha base de datos e facer tablas, informes e consultas.