Viaxar por Europa para os mozos galegos
mobilidade2

A Xunta de Galicia acaba de abrir o prazo para inscribirse no programa galego de mobilidade "A Xuventude no Mundo". Este programa pretende que os mozos e mozas galegos, con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos, coñezan outras rexións de Europa:
  • Italia, en Giulianova (Rexión Abruzo). Un día/noite en Roma.
  • Italia, en Cogolo de Peio-Trento (Rexión Trentino-Adagio).
  • Francia, en Evry, preto de París.
  • Grecia, en Thessalóniki.
  • Hungría, en Vezpren e Budapest.
  • Romanía, en Bucarest.
  • Bulgaria, en Veliko Tarnovo. Un día/noite en Sofía.
  • Portugal, en Esposende.
  • Portugal, en Figueira da Foz.
O prazo de inscrición está aberto ata o día 20 de agosto ou ata que se cubran as prazas.
Para máis información chamar por teléfono ao 982 57 18 16 ou persoalmente na Oficina de Información Xuvenil do Concello .
www.xuventude.net