Entrega de diplomas Curso de Informática
Hoxe pola mañá  tivo lugar a entrega de diplomas do CURSO DE INFORMÁTICA, dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos. Na mesma estiveron presentes o Alcalde Demetrio Salgueiro e a Concelleira de Xuventude Ana Abad.
Un total de 41 nenos e nenas participaron neste Curso de Informatica de verán, organizado pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove. No mesmo, cunha duración de 15 horas,  aprenderon o manexo de Microsoft Word, Microsoft Powr-Point, Internet e Windows.

entregadiplomasinformatica2012