Nova regulamentación do Plan de Emprego Municipal

O Concello de Xove aprobou o pasado mes de xaneiro unhas novas bases reguladoras do seu Plan de Emprego Municipal que introducen melloras para resultar máis atractivo ás entidades privadas que efectúen contratación de persoal.planEmp2

Para dar a coñecer as características deste plan e o seu funcionamento, o Alcalde – Presidente Don José Demetrio Salgueiro Rapa convocou ás empresas e xestorías da zona a unha reunión informativa que tivo lugar o pasado 23 de maio.
Nesta ocasión, convocou a todas as persoas traballadoras anotadas no PEM, porque tamén son parte moi importante á hora de difundir este plan e por iso é preciso que coñezan ben as súas características e funcionamento. A esta reunión presidida polo Alcalde, asistiron 27 persoas que foron informadas do funcionamento do plan que conta, entre outras, coas seguintes vantaxes:

 No que vai de ano, hai 15 novos expedientes, deles 5 son persoas que se deron de alta no Réxime Especial de Autónomos; 4 son contratacións indefinidas e 6 contratacións temporais.