Renovada a Fonte Mol en Sumoas
O presente proxecto tivo por fin levar a cabo os traballos de restauración da FONTE MOL, coa sua edificación e lavadoiro, coa finalidade de dar servizo ao núcleo rural e parroquia de SUMOAS, integrándoa no seu entorno, aproveitando para sustituir as vellas pranchas de fibrocemento con amianto do tellado por unha nova cuberta, realizada con materiais tradicionais como madeira, tella e pizarra.
A renovación foi total, non afectando únicamente ao tellado xa que tanto o muro que rodea a obra como a fonte-lavadoiro completa foron reconstruidos con materiais tradicionais, con varios tipos de pedra e Madeira
A obra foi realizada pola empresa Construcciones SAA, contando cun presuposto final de 39.070,90 €, dos cales 23.529,13 €uros foron aportados polo noso Concello, correspondendo os restantes 15.541,77 € a unha subvención do Fondo de Compensación Medioambiental da Xunta de Galicia.