Viaxe a Argentina
- A viaxe permitirá aos participantes reencontrarse con familiares emigrados e tamén coñecer a capital bonaerense e outras cidades e espazos do país. Parte do grupo xa organizou un desprazamento a Montevideo.
- Desde Xove sairá hoxe ás 10.00 horas un autobús que recollerá en Barreiros a outros viaxeiros deste concello. Outro autocar partirá desde Trabada para, a continuación, recoller máis viaxeiros en Lourenzá, localidade desde a que ambos os vehículos viaxarán xuntos ata Madrid.
O voo con destino a Buenos Aires non está previsto que salga ata a unha da madrugada do mércores, segundo confirmou onte o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, quen recoñeceu que, entre o autobús e o avión, será unha viaxe moi longa. Á vez, confesou que é a mellor fórmula para que un desprazamento con tantos viaxeiros sexa operativo. "Xove decidiu apoiar esta iniciativa pola demanda que tíñamos dos veciños"