Reformas no Faro de Roncadoiro

CIMG0986O director da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, Emilio F. García García, e Demetrio Salgueiro, desprazáronse onte ata Punta Roncadoira para presentar a segunda fase das obras de acondicionamento da contorna do faro. O orzamento é de 86.480 euros e inclúe traballos previos de limpeza e roza, unha capa de asfalto na zona de rodaxe e a instalación dunha beirarrúa de pavimento de lousa e dúas pilonas retráctiles para facilitar o acceso dos vehículos ao faro.

Tamén está previsto recolocar o cartel informativo existente, instalar unha balaustrada de granito para evitar caídas pola pendente e bancos, e colocar un pretil que sirva de protección e asento na zona do faro.
Tamén se mellorará o aspecto exterior da construción, co pintado e un zócalo de pedra.

PANEL_AREA_RONCADOIRO PDF