Acceso a Internet dende Núcleos Rurais

CHARLA INFORMATIVA O LUNS 12 DE AGOSTO DE 2013 ÁS 20:30 H. NO SALÓN DE ACTOS DO CONCELLO DE XOVE

satelizate

O Programa de Acceso a Internet Rural sateliz@te pretende impulsar a accesibilidade xeral dos cidadáns do medio rural da provincia de Lugo á Sociedade da Información.Tras detectar moitas dificultades de acceso á banda larga en numerosos puntos da provincia de Lugo, a Deputación de Lugo, pon en funcionamento unha liña de axudas có obxecto de favorecer a contratación de conexión de Internet vía satélite no medio rural, naqueles lugares onde non existe outro tipo de cobertura factible de banda larga.

A Deputación Provincial de Lugo subvencionará os custos da instalación e a subministración dos equipamentos de usuario precisos para a prestación do servizo de acceso a banda larga vía satélite (antena vía satélite, router/módem, etc.). Este servizo terá unha velocidade de transferencia de datos de, como mínimo, de 2 Megas en sentido da rede ao usuario. Só se subvencionará unha conexión por enderezo ata un máximo de 500 € por solicitude. Estos equipamentos pasarán a ser propiedade dos beneficiarios finais das axudas.

Para resolver calquera dúbida en relación a este plan de axudas podes contactar coa Deputación de Lugo chamando ao teléfono número 982 260 202 (en horario de mañá) ou enviarnos un correo electrónico a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..