HOXE ABRE A EXPOSICIÓN "ELAS ENSINAN"
A exposición "ELAS ENSINAN" recolle as historias de vida de dezaoito maestras galegas que compartiron o interese pola educación das xeracións máis novas, ás que serviron de modelo profesional e vital. Esta exposición forma parte do Programa "Con Elas" da Secretaria Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.

Poderase visitar no concello de Xove, na Sala de Exposicións do Centro Cívico  dende o 3 ao 16 de novembro, en horario de 18:00 a 21:00 horas.

  e tamén....

XORNADA INFORMATIVA "PREVENCIÓN E MELLORA DA SEGURIDADE DOS NOSOS MAIORES"

O próximo xoves, día 10 de novembro, terá lugar no Salón de Actos do Concello de Xove ás 11:00 horas, a xornada informativa "PREVENCIÓN E MELLORA DA SEGURIDADE DOS NOSOS MAIORES".  Esta actividade ten como obxectivo informar ás perosas maiores sobre estafas, timos, roubos, situacións de maltrato familiar, que poidan sufrir en algún momento dado. Esta xornada informativa forma parte do Plan Maior de Seguridade da Dirección Xeral da Policía e Garda Civil, dirixida á prevención e mellora da seguridade, e  vai ser impartida polo Garda Civil, D. José Antonio Arias Fernández.

seguridadeMaiores2011