Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño de 2014)

O próximo día 5 de Xuño celébrase o DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE. Aproveitando este acontecemento o C.N. Xove en colaboración co Concello de Xove e Alcoa, realizarán un Plan Acción ao que están invitados a participar, ademais de todos os membros do Club, as asociacións deportivas e culturais así como os alumnos e alumnas dos centros escolares do Concello de Xove.

A finalidade deste plan é afianzar a concienciación medio-ambiental entre nós e sobre todo entre os xoves. Para iso faremos unha limpeza selectiva da praia de Esteiro (Xove), recollendo os residuos que encontraremos na praia e distribuíndoos correctamente no seu colector do lixo correspondente. Tamén plantaremos unha árbore nas inmediacións da praia como acto simbólico para conmemorar este día.

Contaremos coa axuda dun Técnico de Medio-Ambiente de Alcoa e un grupo de voluntarios desta mesma empresa, que nos axudarán a levar a cabo este interesante proxecto que, aparte do anteriormente dito, tamén mostrará aos máis xoves o interese de todos pola natureza, así como ter un obxectivo común entre persoas de todas as idades.

Co fin de ter unha previsión de asistentes deberase comunicar a participación no número de teléfono 982592001 ou tamén no Rexistro de Entrada das Oficinas Municipais do Concello de Xove (Horario de 8:00 a 15:00)

É recomendable que os asistentes leven calzado cerrado (deportivos ou similar), crema solar, viseira ou chuvasqueiro (segundo se presente o día).  Esperámoste o día 5 de Xuño ás 16:30h. na praia de Esteiro ¡ANIMATE!