Camiñata Nocturna Infantil-Xuvenil (ACDXOVE)

Dentro das actividades de Ocio Deportivo, promovidas polo Concello de Xove, onte dende ACD.XOVE, organizamos a Camiñata Nocturna Infantil e Xuvenil, na cal participaron 40 nen@s e rapaces-zas.O programa da actividade era: Camiñar pola Senda Costeira de Xove, facer xogos nocturnos por equipos en distintos puntos da ruta, facer observación astronómica de estrelas e constelacions, a través de App. en tablets e mobiles, e o final unha chocolatada con churros e música, no Portiño de Portocelo. Toda unha nova experiencia para os rapaces, que camiñaron mais de 5 km. e disfrutaron dunha espectacular noite de verán.

A próxima actividade nocturna será a noite do día 12 de Agosto, para ir ver a choiva de estrelas Perseidas, ou Lagrimas de San Lourenzo.    --> ACD.XOVE