Saiñas organiza unha nova edición do seu Festival de Verán
Un ano máis, e xa van 28, Saiñas organiza o seu tradicional FESTIVAL, que este ano na súa XXVIIIª Edición denomínase  “MUIÑEIRA”. O Festival vai ter lugar no Pavillón Municipal de Deportes de Xove o venres 19 de agosto a partires das 21:15 horas.
No Festival van participar tódolos grupos da Asociación; en orde de idade: “Cacharelas”  os máis peques,   “Ñáñaras”, “Saiñas”, “Perteganzos”, grupo de cantareiros/as e grupo de gaitas e percusión.
Para rematar, decir que a entrada é totalmente libre e gratuita. Dende a Asociación aproveitamos para facer unha invitación a tódolos xovenses e mariñanos, así como a tódolos visitantes nesta Festas Patronais.Wink

 

CARTEL_FESTIVAL_2011