Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

O PADRÓN MUNICIPAL DE HABITANTES é o rexistro administrativo onde constan tódolos veciños do municipio. NORMATIVA: Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial das Entidades Locais, aprobado por RD 1690/1986, de 11 de xullo, modificado por RD 2612/1996, de 20 de decembro, e demáis normas complementarias de empadroamento.

Nas oficinas xerais está ubicado o Departamento de Padrón de Habitantes, que é o rexistro administrativo donde constan os veciños do Concello. A inscripción no Padrón, obrigatoria para as persoas, contitue a proba da súa residencia e do domicilio habitual. A poboación do concello é un conxunto de personas inscritas no seu Padrón Municipal.

 
 
Tramites:
  •  ALTAS POR CAMBIO DE RESIDENCIA OU DOMICILIO DENTRO DO CONCELLO: Este trámite deben realizalo tódalas persoas que veñan a vivir a Xove. Para inscribirse no Padrón Municipal de Habitantes deben presentarse nas oficinas xerais, para cumplimenta-lo impreso de Alta que se facilitará, tramitará e asinará tamén por unha persoa maior de idade empadronada nesta vivenda.
 Deberán achegar a seguinte documentación:
    • Documento que acredite a identidade: DNI, os que teñan nacionalidade española, e pasaporte ou tarxeta de residente para os das demáis nacionalidades
    • Libro de Familia no caso de que se inscriban menores.
    • CAMBIO DE DATOS PERSONAIS:   Realizarase persoándose nas Oficinas Xerais  do Concello cando detecte algún erro na súa inscrición padronal, provisto do seu DNI e co documento orixinal que acredite o dato a modificar. 
    • CERTIFICACIÓNS DE EMPADROAMENTO .-Certificados de Residencia e Convivencia (individuais ou colectivos) .- Solicítanse  nas oficinas Xerais do  Concello, sendo convinte facer a petición telefonica para axilizar os trámites.- Cando o interesado non realice directamente o trámite e a persoa que formula a solicitude non figure na mesma folla padronal, deberá presentar no momento da solicitude, o DNI orixinal de ámbalas dúas persoas.

Enlaces de interese:

Datos oficiais do padrón:   POBOACIÓN TOTAL - 3.437 habitantes  (2015)

  
  ine



O rexistro Civil Municipal/Xulgado de Paz é o lugar onde se inscriben os feitos relativos o estado civil dos españoles, ocorridos en España, neste caso o  das persoas nacidas, casadas ou falecidas no Concello de Xove ; con carácter orientativo, podemos realizar entre outros os seguintes trámites:

    • Inscripción de nacementos, matrimonios e defuncións.
    • Expedición de Fé de Vida e Estado.
    • Expedición de extractos de nacemento, matrimonio e defunción.
    • Libros de familia.
    • Matrimonios Civís
    • Citacións, notificacións e requerimentos, etc... 
    • Conciliacións.
    •  Expedicións de certificados en extracto e literais de nacementos, matrimonios, defuncións no Rexistro, ben noutro, pois neste caso solicítanse duns rexistros a outros por auxilio
    • Inscricións de Capitulacións Matrimoniais
    • Expedientes de rectificación de erro

 

TRÁMITES.- Rexistro Civil da Xunta de Galicia

ENLACES DE INTERESE

 

Xuíz de Paz: D. CESAREO RAMOS DÍAZ

Horario: EN DIAS LABORABLES DE 13 A 14.30 HORAS.

 

1573161649982 592001

Secretaria:
Dna. Teresa Cociña Casabella
Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.


 


 

  •  

As Oficinas Xerais están situadas na planta baixa do edificio da Casa do Concello e sirven de acceso ós demáis departamentos. Aquí están ubicados os seguintes servizos:

Rexistro de Entrada e Saída

O Rexistro Xeral, aberto de 9 a 14 horas, para a presentación de documentación dirixida a calquera dependencia municipal, OU PARA CALQUERA OUTRA ADMINISTRACIÓN, CENTRAL AUTONÓMICA OU LOCAL A TRAVÉS DO SERVICIO SIR,  estando completamente informatizado por medio da plataforma creada pola empresa adicada á administracion Local (EsPublico).

Outra interesante opción é a de poder este envio de forma eléctronica dende o propio domicilio, a través da REGISTRO ELECTRÓNICO GENERAL   redsara.es

Sede Electrónica do Concello

Printer-128x128

pódense realizar distintos trámites co Concello, ainda que para elo sexa imprescindible ou un Certificado Dixital expedido pola FNMT ou o DNI electrónico correctamente configurado e co lector correspondente. A Lei 30/1992 de Réximen Xurídico das Administracións Pública e do Procedemento Administrativo Común, regula o acceso dos cidadáns para  presentar solicitudes, escritos ou  comunicacións en calquera órgano das administracións públicas; e  polo que o Rexistro do Concello de Xove, a través do convenio xa formalizado ó efecto, pode exercer de rexistro de entrada para o resto das administracións públicas.   

Punto de Información Catastral

Situado tamén nas Oficinas Xerais, na planta baixa da Casa do Concello,  o Punto de Información Catastral (PIC), sirve coa coa finalidade de dar resposta á crecente demanda de información catastral ós titulares que non dispoñen dos medios técnicos apropiados, ofrecendo ó cidadán tódalas vantaxes da Oficina Virtual de Catastro sen máis que a solicitude do servizo.

Expedición de certificacións: No concello expídense  certificacions catastrais descriptivas e gráficas nas que van tódolos datos relativos á parcela que se trate, incluída o nome do titular (custo: 10 € por cada certificación). Esta documentación é necesaria cando se efectuan cambios  de titularidades de fincas, compra-ventas, etc. que sexa necesario aportar na Notaría, Rexistro da Propiedade, etc.

A consulta libre solo dá acceso ós datos dunha parcela en concreto, pero non facilita os datos do titular.

Calquera ciudadano podería entrar na oficina virtual do catastro é accedendo co seu Certificado Dixital ou DNI electrónico, acceder a tódolos datos que figuran no catastro ó seu nome.

Dende calquera PIC o titular catastral, por si ou mediante representación, e con só a presentación do seu DNI, pode acceder ós seguintes servizos, de xeito totalmente gratuíto:

    • Consulta libre e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
    • Consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais dos datos protexidos, relativo ós bens inmobles da súa titularidade.

O PIC do Concello de Xove atende as demandas de información catastral no horario de luns a venres, en horario de oficina.

PIC do Concello de Xove ten un papel intermediador no exercicio do dereito de acceso á información catastral do cidadán, ó que poderá subministrar tódala súa información actualizada existente na base de datos nacional, mediante a xeración de documentos no que conste a data de expedición máis un código electrónico que permita a comprobación da súa integridade e autenticidade, e gozarán de plena validez e eficacia.

 Ligazóns recomendadas:

 

 

 

 

Novo-->XeoPortal
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo