O PADRÓN MUNICIPAL DE HABITANTES é o rexistro administrativo onde constan tódolos veciños do municipio. NORMATIVA: Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial das Entidades Locais, aprobado por RD 1690/1986, de 11 de xullo, modificado por RD 2612/1996, de 20 de decembro, e demáis normas complementarias de empadroamento.
Nas oficinas xerais está ubicado o Departamento de Padrón de Habitantes, que é o rexistro administrativo donde constan os veciños do Concello. A inscripción no Padrón, obrigatoria para as persoas, contitue a proba da súa residencia e do domicilio habitual. A poboación do concello é un conxunto de personas inscritas no seu Padrón Municipal.
Tramites:
ALTAS POR CAMBIO DE RESIDENCIA OU DOMICILIO DENTRO DO CONCELLO: Este trámite deben realizalo tódalas persoas que veñan a vivir a Xove. Para inscribirse no Padrón Municipal de Habitantes deben presentarse nas oficinas xerais, para cumplimenta-lo impreso de Alta que se facilitará, tramitará e asinará tamén por unha persoa maior de idade empadronada nesta vivenda.
Deberán achegar a seguinte documentación:
Documento que acredite a identidade: DNI, os que teñan nacionalidade española, e pasaporte ou tarxeta de residente para os das demáis nacionalidades
Libro de Familia no caso de que se inscriban menores.
CAMBIO DE DATOS PERSONAIS: Realizarase persoándose nas Oficinas Xerais do Concello cando detecte algún erro na súa inscrición padronal, provisto do seu DNI e co documento orixinal que acredite o dato a modificar.
CERTIFICACIÓNS DE EMPADROAMENTO .-Certificados de Residencia e Convivencia (individuais ou colectivos) .- Solicítanse nas oficinas Xerais do Concello, sendo convinte facer a petición telefonica para axilizar os trámites.- Cando o interesado non realice directamente o trámite e a persoa que formula a solicitude non figure na mesma folla padronal, deberá presentar no momento da solicitude, o DNI orixinal de ámbalas dúas persoas.
Geohive.com(Páxina en inglés sobre estatísticas mundiais)
Datos oficiais do padrón: POBOACIÓN TOTAL - 3.437 habitantes (2015)
Detalles
Categoría padre: DepartamenMenus
Creado en Martes, 30 Xuño 2009 09:32
Visitas: 3100
O rexistro Civil Municipal/Xulgado de Paz é o lugar onde se inscriben os feitos relativos o estado civil dos españoles, ocorridos en España, neste caso o das persoas nacidas, casadas ou falecidas no Concello de Xove ; con carácter orientativo, podemos realizar entre outros os seguintes trámites:
Inscripción de nacementos, matrimonios e defuncións.
Expedición de Fé de Vida e Estado.
Expedición de extractos de nacemento, matrimonio e defunción.
Libros de familia.
Matrimonios Civís
Citacións, notificacións e requerimentos, etc...
Conciliacións.
Expedicións de certificados en extracto e literais de nacementos, matrimonios, defuncións no Rexistro, ben noutro, pois neste caso solicítanse duns rexistros a outros por auxilio
Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
Detalles
Categoría padre: DepartamenMenus
Creado en Viernes, 26 Xuño 2009 19:41
Visitas: 7641
As Oficinas Xerais están situadas na planta baixa do edificio da Casa do Concello e sirven de acceso ós demáis departamentos. Aquí están ubicados os seguintes servizos:
Rexistro de Entrada e Saída
O Rexistro Xeral, aberto de 9 a 14 horas, para a presentación de documentación dirixida a calquera dependencia municipal, OU PARA CALQUERA OUTRA ADMINISTRACIÓN, CENTRAL AUTONÓMICA OU LOCAL A TRAVÉS DO SERVICIO SIR, estando completamente informatizado por medio da plataforma creada pola empresa adicada á administracion Local (EsPublico).
Outra interesante opción é a de poder este envio de forma eléctronica dende o propio domicilio, a través da REGISTRO ELECTRÓNICO GENERAL redsara.es
pódense realizar distintos trámites co Concello, ainda que para elo sexa imprescindible ou un Certificado Dixital expedido pola FNMT ou o DNI electrónico correctamente configurado e co lector correspondente. A Lei 30/1992 de Réximen Xurídico das Administracións Pública e do Procedemento Administrativo Común, regula o acceso dos cidadáns para presentar solicitudes, escritos ou comunicacións en calquera órgano das administracións públicas; e polo que o Rexistro do Concello de Xove, a través do convenio xa formalizado ó efecto, pode exercer de rexistro de entrada para o resto das administracións públicas.
Punto de Información Catastral
Detalles
Categoría padre: DepartamenMenus
Creado en Lunes, 29 Xuño 2009 20:42
Visitas: 3775
Situado tamén nas Oficinas Xerais, na planta baixa da Casa do Concello, o Punto de Información Catastral (PIC), sirve coa coa finalidade de dar resposta á crecente demanda de información catastral ós titulares que non dispoñen dos medios técnicos apropiados, ofrecendo ó cidadán tódalas vantaxes da Oficina Virtual de Catastro sen máis que a solicitude do servizo.
Expedición de certificacións: No concello expídense certificacions catastrais descriptivas e gráficas nas que van tódolos datos relativos á parcela que se trate, incluída o nome do titular (custo: 10 € por cada certificación). Esta documentación é necesaria cando se efectuan cambios de titularidades de fincas, compra-ventas, etc. que sexa necesario aportar na Notaría, Rexistro da Propiedade, etc.
A consulta libre solo dá acceso ós datos dunha parcela en concreto, pero non facilita os datos do titular.
Calquera ciudadano podería entrar na oficina virtual do catastro é accedendo co seu Certificado Dixital ou DNI electrónico, acceder a tódolos datos que figuran no catastro ó seu nome.
Dende calquera PIC o titular catastral, por si ou mediante representación, e con só a presentación do seu DNI, pode acceder ós seguintes servizos, de xeito totalmente gratuíto:
Consulta libre e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
Consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais dos datos protexidos, relativo ós bens inmobles da súa titularidade.
O PIC do Concello de Xove atende as demandas de información catastral no horario de luns a venres, en horario de oficina.
O PIC do Concello de Xove ten un papel intermediador no exercicio do dereito de acceso á información catastral do cidadán, ó que poderá subministrar tódala súa información actualizada existente na base de datos nacional, mediante a xeración de documentos no que conste a data de expedición máis un código electrónico que permita a comprobación da súa integridade e autenticidade, e gozarán de plena validez e eficacia.
pilihan bermain game online paling banyak digemari masyarakat indonesia dengan permainan game slot online terbaik saat ini adalah mengunjungi link https://fokusparlemen.id/ daftar sekarang juga dan dapatkan kemenangan bermain slot gacor hari ini dengan minimum deposit 10K