Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
XVI Foliada da Mariña
12/Setembro/2024
CONCELLO DE XOVE
-
Hoxe tivo lugar a presentación do cartaz da XVI Foliada da Mariña que organiza a AC Saíñas de Xove e que vai ter lugar este vindeiro sábado 14 de setembro na praza do concello a partir das 20 horas.Na presentación estiveron os membros da directiva de Saíñas Jairo Miguez, Uxío Dayán e Noa López, acompañados do alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira Dolores Meitín.
Dende o Concello invitamos a veciños e foráneos a vir desfrutar desta foliada en moi boa compañía.
XIII Encontro de Palilleiras Concello de Xove
04/Setembro/2024
Turismo, Investigación Social e Muller
-
Aberto xa o prazo para inscribirse no
XIII Encontro de Palilleiras Concello de Xove
Dende a departamento de Muller e Igualdade do Concello de Xove informamos que xa está ABERTO o PRAZO ata o 30 de setembro para inscribirse no XIII Encontro de Palilleiras “Coas nosas mans” do Concello de Xove, que se celebrará en Xove o próximo 5 de outubro.
Poderán inscribirse tanto asociacións de palilleiras como postos de venda ata o 30 de setembro. Os vendedores e vendedoras só se poderán inscribir cubrindo a solicitude para postos de venda que encontrarán na web www.xove.es, e enviándo a ó correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
As palilleiras, ademais de poder inscribirse no correo electrónico mencionado enchendo a solicitude que atoparán na web do Concello, poderán facelo tamén chamando ó teléfono no Concello: 982592001 ata o 30 de setembro.
Matricula Escola de Música 2024-2025
04/Setembro/2024
CONCELLO DE XOVE
-
Está aberto o prazo de solicitude de matrícula para o curso 2024-25 na Escola Municipal de Música de Xove dende o día 2 ata o día 30 de setembro para maiores de 4 anos ou que cumpran os 4 anos no ano 2024.
O impreso de solicitude poderase recoller no Rexistro do Concello ou descargala da web e entregalo cuberto no mesmo Rexistro ou ben mediante Sede Electrónica do Concello de Xove como instancia xeral e adxuntando ficha de solicitude cuberta.
O día 3 de outubro facerase público o listado definitivo de admitidos na Escola Municipal de Música de Xove para o curso 2024-25. Para máis información: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..
IMPRESO DE SOLICITUDE MATRICULA ESCOLA DE MÚSICA 2024-2025
Presentación das Festas de Portocelo 2024
03/Setembro/2024
CONCELLO DE XOVE
-
Na presentación do cartaz estaban presentes os membros da comisión organizadora (Asociación de Festexos A Medorra): Jordi Meitín, Julio Lamelas e Borja Cociña, acompañados polo alcalde de Xove Demetrio Salgueiro e as concelleiras Dolores Meitín e Cecilia Duarte.
Actuación de Saiñas dentro do programa de Festas
03/Setembro/2024
CONCELLO DE XOVE
-
Actuación da Asociación Cultural Saíñas dentro da programación das festas de Xove o pasado sábado ás 20 horas nun pavillón municipal ateigado de xente.
O grupo invitado foi A.C. Os Trazantes de Tenorio, de Pontevedra.
Día da Infancia 2024
03/Setembro/2024
CONCELLO DE XOVE
-
Rematamos onte as festas patronais de Xove 2024 co día da infancia.
Inchables enchían a carpa situada na praza e tamén no pavillón municipal para resgardarse ante o tempo inestable que tivemos durante as todas as festas.
Así e todo, os nenos e nenas puideron desfrutar dunha tarde de lecer no Centro Cívico de Xove.
Actuación do Mago Albert...
30/Agosto/2024
CONCELLO DE XOVE
-
A pesar das inclemencias meteorolóxicas o mago Albert puido facer a sua función cambiando o seu escenario para o Salón de Actos, onde nenos e adultos puideron disfrutar da súa actuación.
Adxuntamos fotografías do Mago Albert con “O mago Albert ten moito conto” que tivo lugar hoxe venres, ás 12 da mañá .
Remata o Programa Xove Concilia Verán
30/Agosto/2024
CONCELLO DE XOVE
-
O PROGRAMA CHEGA Á SÚA FIN COA PARTICIPACIÓN DE 100 MENORES
O próximo 6 de setembro remata o programa de conciliación do Concello de Xove, Xove Concilia Verán. O Concello de Xove pon en marcha a medida Xove Concilia Verán para axudar á conciliación da vida familiar, laboral e persoal das familias de Xove durante o período de vacacións escolares. O programa comezou o pasado 1 de xullo e chegará ó seu remate o vindeiro 6 de setembro, cunha participación dun centenar de menores de idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos.
Durante este período, e en horario de 8:45 a 14.00h., o programa traballou os valores, a igualdade e a xestión das emocións dos nenos e nenas.
Fixeron varias excursións á praia, traballaron con contos, contacontos, e con multitude de xogos. Así mesmo participaron en xogos deportivos e de motricidade, estes últimos para os máis pequenos, e asistiron a actividades ó aire libre: obras de teatro, funcións de maxia e contacontos.
Este venres, 30 de agosto, o Alcalde e as Concelleiras de Xove fixeron entrega dos diplomas de fin de curso á tódolos/as participantes do Xove Concilia Verán 2024.
Concerto musical QUEIMAN FOLKI
30/Agosto/2024
CONCELLO DE XOVE
-
Concerto musical QUEIMAN FOLKI de Bruxo Queiman que tivo lugar onte ás 22:00 h no pavillón municipal, dentro da programación das festas patronais de Xove.
O espectáculo de música, luz e lume fixo estremecer ao público asistente.
Pregón das Festas Patronais de Xove 2024
30/Agosto/2024
CONCELLO DE XOVE
-
Abarrotado Salón de Actos do Centro Cívico de Xove para recibir á pregoeira das festas patronais de Xove 2024.
Onte xoves, ás 20:30 h tivo lugar o pregón das festas a cargo de Dª Lolita Barro, que foi mestra na Escola Mixta de Veiga (parroquia de A Rigueira-Xove) entre 1970 e 1976 e tamén no Colexio Público de Xove dende o 1976 ata 1996 que se xubilou.
A súa presencia encheu totalmente o salón de actos cun pregón moi emotivo, cheo de vivencias e recordos.
Actuación do Teatro O Cubo
29/Agosto/2024
CONCELLO DE XOVE
-
Dentro da programación das festas patronais de Xove seguimos hoxe coa actuación do Teatro O Cubo coa representación de “De Vilatriste a Vilalegre” dentro da Xira aniversario do Centro Dramático Galego.
Foron moitos nenos e nenas que a pesar da choiva puideron disfrutar da obra dentro do pavillón municipal de deportes.
Na tarde-noite de hoxe xoves 29 está previsto o pregón das festas ás 20:30 h no Salón de Actos do Centro Cívico a cargo de Dª Lolita Barro, que foi mestra na Escola Mixta de Veiga, na parroquia de A Rigueira, entre 1970 e 1976 e posteriormente no Colexio Público de Xove entre 1076 e 1996.
A continuación ás 22:00 h terá lugar o concerto musical de Queiman Folki de Bruxo Queiman na praza do concello; coa previsión de si chove poder cambiar dita actuación para o pavillón municipal.
Actuación do grupo de teatro Ghazafelhos
28/Agosto/2024
CONCELLO DE XOVE
-
Hoxe mércores ás 12 da mañá tivo lugar na praza anexa á biblioteca a actuación do grupo de teatro Ghazafelhos coa obra “Contos de lobo” (Ler Conta Moito).
Foron moitos os nenos e nenas e tamén maiores os que se acercaron a desfrutar da obra.
Actividades Mañás Activas e entrega de diplomas 2024
23/Agosto/2024
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Dende o 1 de xullo e ata o 23 de agosto un grupo de 44 rapaces e rapazas, de idades comprendidas entre os 9 e os 16 anos, participaron de luns a venres dunha variada axenda de actividades de lecer que incluían, entre outras, obradoiros temáticos de manualidades, xogos de grupo, iniciación ao hockey, robótica educativa entre outras.
Tamén gozaron de actividades deportivas ao aire libre monitorizadas por “Roq Sport” e dunha excursión a A Pontenova para facer a Ruta dos Fornos. Esta variada programación dentro do proxecto de voluntariado xuvenil “Mañás Activas” foi coordinada polo persoal técnico da Oficina de Información Xuvenil xunto co grupo de voluntariado formado por: Noah Posada Duarte, Eva Louzao Casas e Xoan Campo González aos que agradecemos a súa desinteresada participación durante os meses de verán.
O día 23 de agosto, as Concelleiras Cristina Iglesias e Dolores Meitín xunto co alcalde Demetrio Salgueiro, fixeron entrega de diplomas aos participantes e ao equipo de voluntariado como recoñecemento a súa colaboración. Deste xeito, xunto co programa “Xove Concilia Verán”, que conta neste mes de agosto con 100 participantes, dase cobertura á demanda das familias do noso Concello para así poder conciliar a vida laboral e familiar.
Presentación das festas patronais de Xove 2024 na honra a San Bartolo e á Virxe do Carme
21/Agosto/2024
CONCELLO DE XOVE
-
Na presentación das festas estiveron os membros da comisión organizadora (Asociación de Festexos Montevelle): Benigno Canoura, José Carlos Cociña, José Luis Pico, Dalmacio Riveira e Borja Basanta xunto co alcalde de Xove Demetrio Salgueiro e as concelleiras Dolores Meitín, Cristina Iglesias, Cecilia Duarte e Tamara Soto.
PROGRAMA DE FESTAS
Charla informativa acerca da vespa velutina na OMIX
20/Agosto/2024
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Rapaces e rapazas que participan no programa “Mañás activas” reciben na OMIX unha charla informativa acerca da vespa velutina e de como se trampea para combatila.
Ruta dos Fornos en a Pontenova
17/Agosto/2024
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
O mércores 14 de agosto ás 9:00 horas, un grupo de rapaces e rapazas de Xove de idades comprendidas entre os 9 e 16 anos, acompañados polas técnicas de xuventude Silvia Rodríguez Barreiro e Mónica López Sanjurjo xunto co grupo de voluntariado xuvenil que participa no programa “Mañás Activas” desprazáronse ata A Pontenova para gozar dunha experiencia inesquecible, a Ruta dos Fornos.
Os participantes, mediante unha ruta guiada, subiron ata a Mina Consuelo, onde con moita atención escoitaron ás explicacións de Xulio sobre a historia da mina e a forma de traballar dos mineiros e da actual naturalización do seu interior pouco a pouco.
E para rematar, antes do xantar, o descenso na tiroliña subiu ao tope a adrenalina dos máis osados.
Esta viaxe está organizada pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove dentro do programa de actividades do verán “Xove Xuventude”.
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|