Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xullo
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Actividade COCIÑARTE do Proxecto de Voluntariado “Xuventude Activa” do Concello de Xove.
17/Xullo/2014
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Hoxe, día 1, tivo lugar no Centro Xuvenil do Concello de Xove un almorzo, elaborado polos 25 rapaces e rapazas, que participan no proxecto de voluntariado “Xuventude Activa”, organizado pola Oficina Municipal de Información Xuvenil e a Concellería de Xuventude.Este almorzo forma parte da actividade COCIÑARTE , de cinco días de duración.Durante a cal, se aprende a deseñar menús saudables, a facer unha compra responsable e a elaborar comidas. O almorzo, que degustaron hoxe, consistiu en leite, tostadas, cereais e zume natural.O próximo día 31 de xullo, elaborarán un xantar composto de primeiro e segundo prato e postre.
Outras actividades, que forman parte de “Xuventude Activa” son:
- TICs (Microsoft Word e Power-Point, Internet e Windows)
- Play, learn and grow together (Xogando en inglés)
- Integración e inclusión (uso do espazo, necesidades especiais)
- Recuncho de tarefas (obradoiros de goma eva e fieltro, papel, etc.)
- Actividades na natureza (rutas de sendeirismo; transmisión de valores medioambientais, elaboración de xoguetes con material de refugallo)
O proxecto de voluntariado “Xuventude Activa” está composto por 5 voluntarias/o e a coordinadora municipal do proxecto. Nesta ocasión tamén estiveron acompañados pola Concelleira de Xuventude, Ana Abad.
Festa do Percebe en Xove 2014
14/Xullo/2014
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Unha nova cita gastronómica repite este ano en Xove, lugar onde o vindeiro 19 de xullo vai ter lugar a IIIª FESTA DO PERCEBE. O éxito acadado na edición do pasado ano animounos a repetir a experiencia. Concretamente vai ser unha carpa, ubicada na Praza do Centro Cívico de Xove, a que acolla a celebración novamente desta Festa. O evento vai comezar pola mañá ás 12:00 horas, cando se vai proceder as distintas degustacións, nas cales o percebe vai ser lóxicamente o rei. Esta oferta vai estar acompañada, para aqueles que o desexen, por un viño de albariño, a un prezo popular de 5 € a botella. Lóxicamente, tamén haberá todo tipo de bebida para os que collan outras opcións (augas, refrescos, cervexas, viño, etc.).
Especialidades : * Ración de percebes + plato conmemorativo:10 €, *Ración de empanada de percebes: 3 €, *Ración de empanada de zamburiñas:3€, *Ración de empanada mixta de mariscos: 3 €, *Ración de empanada de bonito:3 €.
Para acompañar a Festa, e durante toda a duración da mesma, a organización vai contar coa animación de DISCOMOVIL DP, que van por o punto musical á mesma. Tamén van animar esta festa, alternándose coa Discomóvil, os gaiteiros de Saiñas, que sen dúbida lle van dar un sabor local á mesma. A Festa vaise prolongar ao longo do día, permitindo aos asistentes xantar e cenar se así o desexan.
A organización desta Festa corre a cargo da Asociación de Festexos A Medorra, co fin de recadar fondos para organización das Festas Patronais de Portocelo de comezos do mes de setembro e conta coa colaboración do Concello de Xove, a Cofradía de Pescadores de San Ciprián, o Grupo de Acción Costeira de A Mariña-Ortegal da Xunta de Galicia, O Ministerio de Agricultura e Alimentación e o Fondo Europeo de Pesca.
Para rematar, aproveitar para invitar a participar nesta Festa a tódolos xovenses e mariñáns, así como a tódolos que nos visitan nestas datas estivais.
Obradoiro de Emprego “Sendas de Burela, Cervo e XOVE II”
11/Xullo/2014
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Ofertánse prazas para persoal e contratos de formación práctica para alumnado traballador. Lugar de impartición do curso: Colexio Público de Palmeiro.- A data aproximada será o 29 de agosto de 2014.
Alumnado Traballador – Especialidade Xardineiría para Xove.- Nº de prazas: 7
Persoal - prazas convocadas: 1- Monitor pintor.2- Monitores xardineiros.1-Administrador (1/2 Xornada)
Leer más:Obradoiro de Emprego “Sendas de Burela, Cervo e XOVE II”
Presentación na Coruña do libro "El sueño de una bruja"
09/Xullo/2014
Departamento de Cultura e Comunicación
-
A escritora de Xove, Rita Morrigan, presentou a súa terceira novela "El Sueño de una Bruja" o pasado 4 de xullo na cidade da Coruña, dentro do programa de actividades do III Congreso de Literatura Romántica Cidade da Coruña.
O lugar elixido foi na Biblioteca Provincial, e xunto a ela estiveron a vicepresidenta da Deputación da Coruña, dna. Mariel Padín; a organizadora do Congreso, dna. Trinidad Palacios; e as autoras asturiana e madrileña, respectivamente: dna. Helena Nieto, e dna. Violeta Lago.
CAMPAMENTO DE MORÁS NO CONCELLO DE XOVE
04/Xullo/2014
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Onte, día 3 de xullo e hoxe día 4, os nenos de Xove estiveron de campamento en Morás, organizado pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove.
Neste campamento, de dous días de duración, participaron un total de 32 nenos e nenas de idades comprendidas entre os 10 e 16 anos. As tendas de campaña este ano estiveron instaladas en Morás a carón do Centro social, pero os nenos e nenas tamén se desprazaron hate a praia de Lago para algunhas das actividades.
<<<<desplazarse sobre a imaxe para ampliar>>>>>>>>>>
Entregados Os Premios Do Iº Concurso De Fotografía Medioambiental En Xove
03/Xullo/2014
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Hoxe pola tarde, nun acto desenvolvido no Salón de Plenos do Concello, o alcalde Demetrio Salgueiro fixo entrega dos premios aos gañadores do Iº Concurso de Fotografía Medioambiental. A esta entrega só faltou Claudia Vázquez, gañadora do segundo premio en categoría xuvenil, por estar de viaxe. O Concello, a través da Concellería de Cultura, convocou hai uns meses o Iº Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. A idea básica deste Concurso era a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente.Dentro do concurso tivemos dúas categorías: Adultos, 18 anos ou máis e Xuvenil, para menores de 18 anos.
No Concurso participaron 19 persoas. O Xurado, que estivo nesta ocasión formado polo pintor xovense Juan Manuel Guerreiro Vázquez “Xoan Guerreiro” e polo fotógrafo de prensa Xaime Fernández Ramallal “Xaime”, actuando como Secretario o Técnico Municipal de Cultura e Comunicación do Concello Mario Eijo Barro, acordou outorgar os seguintes premios:
- Categoría xuvenil.- 1º premio de 100 €uros: MARÍA BAKTEEVA, coa obra “NORAY”.- 2º premio de 50 €uros: CLAUDIA VÁZQUEZ SÁNCHEZ coa obra “O QUE A NOSA NATUREZ VE”.
- Categoría adultos: 1º premio de 100 €uros: JAVIER VILLARES LAMAS, coa obra “FUENTE DE…”. 2º premio de 50 €uros: JUAN ANTONIO FERNÁNDEZ VÁZQUEZ, coa obra “CIRCUMPOLAR EN RONCADOIRO”.
Escola Infantil: celebramos o Día da Seguridade Vial
02/Xullo/2014
Departamento de Servizos Sociais
-
VIº Torneo de Futbol 7
01/Xullo/2014
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Recepción ó Campión Benxamin do XVIIIº TORNEO de FOZ
01/Xullo/2014
Concellería de Deporte e Turismo
-
Hoxe pola mañá o Alcalde de Xove Demetrio Salgueiro recibiu no Salón de Plenos ao equipo Benxamín de F-8 da ACD Xove que o pasado domingo 29 de xuño se proclamou campión do XVIIIº TORNEO INTERNACIONAL COSTANOVA DE FÚTBOL BASE DE FOZ en categoría benxamín, despois de vencer na final ao Peña Atletic de Santurce por 3 a 0, partido disputado no Campo Martínez Otero de Foz. No acto, os xogadores estiveron acompañados polos técnicos (entrenadores, etc.) e tamén polos seus pais.
En marcha o Programa “Movete no Verán”
01/Xullo/2014
Concellería de Deporte e Turismo
-
Dentro das moitas actividades programadas polo noso Concello para este verán, a Concellería de Deporte pon en marcha o programa “MÓVETE NO VERÁN”, destinado a tódalas idades, dende os máis peques aos maiores. Estas actividades van ser impartídas pola monitora Estívaliz Dayán na Sala Multideportiva municipal, todas dentro de horario de mañá. Fítnes, xogos infantís, aeróbic e actividade física para maiores constitúen as apostas da Concellería ás cales poden acollerse os nosos veciños/as.
As actividades teñen unha dobre vertente, por unha banda lúdica, co fin de que todos se divirtan, e por outra, axudar ao seu mantemento físico. O programa comeza hoxe. As actividades, horarios, lugar de celebración e número de inscritos son os seguintes:
-
- FITNESS: HORARIO :Luns e mércores:10:30-11:30 h. LUGAR : Sala multideportiva. Nº DE INSCRITOS: 20
- ACTIVIDADE FISICA PARA MAIORES: HORARIO :Luns :11:30 a 12:30 e xoves:11-12 h. LUGAR : Sala multideportiva. Nº DE INSCRITOS: 12
- XOGOS INFANTIS :6º de infantil a 4º de primaria .-HORARIO : Martes: 10:30-11:30.- LUGAR : Sala multideportiva.-Nº DE INSCRITOS: 12
- 4º e 5º de infantil.- HORARIO : Martes: 11:30-12:30.- LUGAR : Sala multideportiva.-Nº DE INSCRITOS: 16
- AEROBIC (5º DE PRIMARIA A 4º DE ESO):-HORARIO : Venres : 11:30-12:15.- LUGAR : Sala multideportiva.-Nº DE INSCRITOS: 6
MÁIS ÉXITOS DE SAIÑAS
25/Xuño/2014
Concellería de Deporte e Turismo
-
O pasado domingo día 22 de xuño o grupo Saiñas desprazouse ata A Coruña para participar no “XXXIV Concurso de Xacarandaina de Baile Tradicional”, o resultado non podía ser mellor xa que se obtivo o primeiro posto na categoría C (maiores de 17 anos), esta agrupación competía contra un total de 9 asociacións, algunhas moi ben coñecidas no mundo do baile e da música tradicional galega como son Cantigas e Agarimos de Santiago, Os Muíños de Oliveira, así como tamén dous grupos da propia Asociación Cultural Xacarandaina.
Con este novo éxito, Saiñas está amosando o gran momento polo que está pasando esta asociación, actualmente conta con arredor de 80 socios entre bailadores-as, músicos, e pandereteiras-os.-Coa obtención deste novo premio demostran a grande calidade dos seus bailaríns-as froito de moitos anos de traballo por parte de todos os que compoñen esta enorme familia e que ao longo de todo o ano organiza e participan en numerosas actuacións tanto na propia como en veciñas Comunidades Autónomas.
O Club de Bolos proclamousse Campión Provincial
25/Xuño/2014
Concellería de Deporte e Turismo
-
Este ano a Liga Provincial estivo moi igualada, xa que ata última xornada 3 equipos podian gañar a Liga, Na ultima xornada o 22 de xuño que se fixo en Sumoas, o Club de Bolos Xove gañoulle ao CB Arcasco de Meira, e no campo de Sta Marta (Riotorto) o equipo Ribatra (Ribadeo) conseguia vencer ao Club Cruceiro de Meilan.
Con estes resultados dábase un empate na primeira posición, co cal se tiña que celebrar un desempate no campo de bolos da Pontenova. Nese desempate o Club de Bolos Xove gañoulle ao Club de Bolos Ribatra nunha final moi disputada que puido caer para calquera dos dous equipos.
A nivel individual hai que destacar o gran campeonato feito polos xogadores SUB18 do club de Bolos Xove, xa que no sua primeira tempada de bolos na Liga Provincial acadaron o 2º posto (Miguel Lopez Formoso) e o 3º posto (Daniel Alonso Lopez).
Na categoria feminina hai que destacar o 3º posto de Dolores Baño Fraga.- Os trofeos entregaranse nunha cena de fin de tempada que se celebrará en Meira o vindeiro venres 27 de xuño.
Entrega de diplomas da escola de maiores 2014
24/Xuño/2014
Departamento de Servizos Sociais
-
Onte, 23 de xuño, no Salón de Plenos do Concello de Xove tivo lugar a entrega de diplomas a cargo do Alcalde, Demetrio Salgueiro acompañado da concelleira Ana Abad, ás 39 persoas participantes na Escola Municipal de Maiores.
O curso tivo unha duración de outubro de 2013 a xuño de 2014. As clases desenvolvéronse nunha aula da Oficina Municipal de Información Xuvenil, sempre en horarios de mañá. Dentro das materias didácticas impartidas, os alumnos/as accederon a coñecementos de matemáticas, xeografía, língua, literatura, historia, etc., cuns niveis adaptados ás posibilidades dos mesmos, e tamén, pero só nalgúns casos, escritura e lectura básicas.
Durante este periodo, ademáis das materias didácticas, realizáronse dúas viaxes culturais: a primeira a Cabanas, o 1 de abril do presente ano, visitando o Mosteiro de Cabeiro, a Aula da Natureza das Fragas do Eume, a Igrexa de Cabanas e a fábrica de licores Meigas Fora; a segunda, o 10 de xuño a Xixón, visitando a Universidade Laboral, o barrio de Cimadevilla, Museo de Jovellanos, etc.
O obxectivo primordial da Escola de Maiores é a integración, relación social, comunicación, mellora da calidade de vida e envellecemento activo dos seus participantes, así como a oportunidade de desenvolver a súa creatividade, aptitudes e habilidades.
COMEZA O OBRADOIRO DE MEMORIA
Como vimos, rematou o curso da Escola de Maiores, pero as actividades continúan dentro deste importante colectivo. Neste sentido, o vindeiro 2 de xullo de 2014 dará comezo o OBRADOIRO DE MEMORIA dirixido a persoas maiores de 60 anos. Para esta edición anotáronse 32 persoas.
Este taller constará de 8 sesións de hora e media cada unha, encamiñadas a previr o envellecemento cerebral e garantir a autodependencia das persoas participantes. Será impartido pola Educadora Familiar, Angélica Casabella.
Concerto dos Alumnos da Escola Municipal de Música de Xove.
19/Xuño/2014
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Hoxe, xoves 19 de xuño, os alumnos/as da Escola Municipal de Música de Xove ofreceron ás 10:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico un CONCERTO MUSICAL, como un dos actos finais do curso 2013-2014. A este concerto asistiron os máis de 190 alumnos/as e profesores do Colexio Pedro Caselles Rollán de Xove.
Música de Beethoven, pezas populares galegas, irlandesas, escocesas, etc., conformaron un programa interpretado polos alumnos/as da Escola Municipal, acompañados pola Directora Xulia Nogueira e varios profesores da Escola (Iria, Manuel e Xan).
Torneo de Padel “San Bartolo 2014” en Categoría Open.
19/Xuño/2014
Concellería de Deporte e Turismo
-
Durante o mes de Agosto, o Concello de Xove organiza un TORNEO DE PADEL na categoría de Open que terá unha contía total de premios de 1.000,00 €. Os premios consistirán en lotes de material deportivo. A organización poderá deixar deserto calquera dos premios, se así o considera oportuno por falta de inscrición nalgunha das categorías.
Na categoría Open, poderá participar calquera persoa que teña máis de 15 anos. Á súa vez, esta categoría dividirase en:
- Open Feminina A, Open Feminina B, Open Masculina A, Open Masculina B, Open Masculina C, Open Mixta
É obrigación das parellas inscritas que o seu nivel se axuste ao destinado en cada categoría. A organización terá potestade para desestimar a participación no Torneo das parellas ou xogadores que non se axusten aos niveis establecidos para as diferentes categorías e que aparecerán reflectidas nas normas do Torneo.
A documentación a presentar será a seguinte:
-
- Ficha de inscrición establecida ao efecto que estará a disposición do interesado no Rexistro de Entrada Municipal ata o día 30 de xullo.
- Os emparellamentos serán comunicados o día 31 de xullo ao correo electrónico facilitado na ficha de inscrición .
- O torneo comenzará o día 1 de agosto. Calquera incidencia ou cambio que puidera xurdir durante o desenvolvemento do torneo será comunicada por correo electrónico.
- As instalacións permanecerán abertas no horario que a tal efecto establece o Regulamento de Utilización e Funcionamento da pista de Padel municipal.
CONVOCATORIA E BASES NO PORTAL TRANSPARENCIA
Axudas para comedor e transporte Escolar para o curso 2013-2014
19/Xuño/2014
Departamento de Servizos Sociais
-
O Concello de Xove, como ven sendo habitual, convoca novas axudas para o transporte escolar das que poderán ser beneficiarios, aquelas persoas que, reunindo os requisitos que esixen as Bases reguladoras da concesión de bolsas e axudas ao estudo, cursen estudos en ciclos formativos existentes en San Cibrao, Viveiro ou Burela, en concepto de desprazamento ou transporte; así como aqueles outros estudantes que precisen comer fóra de Xove a causa dos seus estudos.
Abonaranse as axudas ás persoas solicitantes que reúnan os requisitos previstos nestas bases por alumno ou alumna segundo a renda per cápita familiar (englobando os ingresos de todos os membros da unidade de convivencia) que consta na declaración do Imposto Sobre a Renda das Persoas Físicas presentada no ano da solicitude.
As dotacións das bolsas son as seguintes:
Axudas de transporte para ciclos formativos existentes en san Cibrao, Viveiro ou Burela: 300,00€ cada unha.
Axudas de comedor para estudantes que precisen comer fíora de Xove a causa dos seus estudos: 240,00€cada unha.
Gastos subvencionables.- Son subvencionables os gastos nos que se incurre pola realización dos estudos a que se fai referencia no punto 3 da presente convocatoria.
- Prazo de presentación: ata o día 11 de xullo de 2014.
- Documentación a presentar: impreso oficial completo acompañado da documentación esixida nas bases reguladoras da presente convocatoria.
- Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Xove. Camiño Real, s/n; 27880, Xove (Lugo)
CONVOCATORIA E BASES NO PORTAL TRANSPARENCIA
|
|
|
|
AVISO:No funciona en Firefox
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|