Últimas actividades do NADAL 2023-2024
04/Xaneiro/2024
Departamento de Cultura e Comunicación
-
NADAL 2023-2024.- O nóso Concello continúa coas actividades programadas cara recta final deste Nadal.
MAÑÁ, VENRES, 5 DE XANEIRO
Cabalgata de Reis.- A Cabalgata está previsto que comece ás 19:00 horas, pero antes, os Reis farán unha visita, coma en anos anteriores, á Residencia da 3ª Idade, visitando aos nosos velliños. Rematada esta actividade, os Reis partirán en cabalgata ás 19:00 horas dende a nave-almacén que o Concello ten nas inmediacións do Campo Municipal de Fútbol, continuando a súa andaina pola Rúa Acceso Grupo Escolar, pasando despois á Avenida Deputación, que recorrerán en boa medida, cortarán despois por Doutor Baamonde Illade, seguindo polo Camiño Real ata chegar ao Pavillón de Deportes. Despois os Reis inda estarán un bó rato con tódolos nenos no Pavillón, recollendo cartas, sacándose fotos, etc.
Para rematar, tódolos nenos e rapaces poderán disfrutar dunha FESTA INFANTIL no Pavillón cunha DISCOTECA MÓBIL. E despois,….. a esperar os Reis.
Con respecto á celebración da Cabalgata, dende o Concello pedímoslle a toda a poboación de Xove colaboración para mellorar a seguridade no desenvolvemento da Calbagata. Neste sentido, solicítase a todos os veciños e visitantes que o día da Cabalgata NON APARQUEN na marxe dereita da estrada en sentido cara a Viveiro, dende o primeiro semáforo (cruce coa rúa Acceso Grupo Escolar, onde está a Pizzería Onde Sempre) ata o seguinte semáforo (cruce coa rúa Doutor Baamonde Illade), onde está o Bar A Esquina de Memphis, coñecido antes como A Esquina.. Tamén se pide a todo o público participante que permaneza nas aceras e non saian, baixo ningún concepto, á estrada.
Con isto preténdese que tódolos participantes na Cabalgata, os que vaian na mesma Cabalgata e tódolos espectadores, en especial os nenos que van recollendo os caramelos, disfruten de máxima seguridade.
Temos que decir que a estrada xeral non se vai a cortar, xa que só se vai utilizar un carril da mesma (o carril dereito en dirección Viveiro), quedando o outro para o tráfico, o cal estará regulado por personal do Servizo Municipal de Vixiancia.
PLAN B por se se suspende a Cabalgata
Pode suceder que por cuestións metereolóxicas non poida realizarse a Cabalgata polas rúas de Xove. Pois ben, se se suspendese a Cabalgata non sairían as carrozas pero iríamos todos para o Pavillón de Deportes, lugar onde os Reis estarían con todos os nenos/as, e despois disfrutaríamos da Festa Infantil coa Discoteca Móbil.

BALANCE DO PROGRAMA DE NADAL
Dado que coa Cabalgata se pecha o Programa de Nadal, cremos que é un bó momento para realizar unha avaliación dende a concellería de cultura do realizado nestas datas.
Unha novidade moi importante na Programación foi a apertura dun entorno e un tempo adecuado para os nenos e nenas con necesidades especiais. Para que este grupo puidese ter unha participación plena, dende a organización se lles buscou un espazo axeitado e un tempo exclusivo para eles co fin de que pudiesen disfrutar a tope do Nadal. Puideron disfrutar dese espazo e ese tempo no Día de Papá Noel; hoxe, que celebramos o Día da Infancia, van ter tamén un espazo e un tempo propios para disfrutar dos inchables e xogos programados, e mañá, coa Cabalgata e a Festa Infantil, serán partícipes tamén dun tempo e un espazo só para eles. Que estes nenos e nenas con necesidades especiais SE SINTAN INTEGRADOS parécenos un obxectivo moi importante, e gustaríamos que con estas actuacións se sentisen felices.
Para facilitar a integración destes nenos en nenas con necesidades especiais, tamén melloramos a adaptación dos espazos públicos do Concello como o Pavillón, Salón de Actos, .. con pictogramas nas entradas e saídas e tamén nos baños.
No que atinxe ao desenvolvemento diario das actividades, decir que se realizaron con total normalidade, e tendo en conta que programamos actividades prácticamente todos os días de Nadal, non tivemos que suspender nin aplazar ningunha.
Cando se programa unha ou máis actividades, espérase sempre a reacción e a acollida do público. Neste sentido debemos mostrarnos moi satisfeitos coa asistencia as distintas actividades, maioritariamente infantís e xuvenís, e para todos os públicos en xeral. Por iso, queremos agradecerlle a todo o público asistente, tanto de Xove como de fóra, a súa participación, enriquecendo desa maneira a programación que o Concello elaborou con tanto esmero.
A concellería de cultura non para, e co remate do Nadal xa está a traballar para o Entroido 2024 que en Xove vaise centrar nos días 9 e 10 de febreiro.
CONCURSO DE POSTAIS 2023-2024
21/Decembro/2023
Departamento de Cultura e Comunicación
-
1º.- Premios na Categoría Preescolar (3, 4 e 5 anos):
1º : (Nº 33) ZOE SIERRA ESCOBAR.
2º : (Nº 18) XOEL SÁNCHEZ LABAYÉN.
3º : (Nº 23) MARÍA GARCÍA VAL.
2º.- Premios na Categoría 1º e 2º de Primaria:
1º : (Nº 20) ALMA RODRÍGUEZ FRA.
2º : (Nº 1) AZUCENA FERNÁNEZ RIVEIRA.
3º : (Nº 11) VALERIA VILASA POSADA.
3º.- Premios na Categoría 3º e 4º de Primaria:
1º : (Nº 30) JESÚS LÓPEZ FRANCO.
2º : (Nº 4) DAVID BURGOS PELOCHE.
3º : (Nº 58) FELIPE BASANTA DOMÍNGUEZ.
4º.- Premios na Categoría 5º e 6º de Primaria:
1º : (Nº 7) CARLA REY VALE.
2º : (Nº 40) ÓSCAR BÉRTOLO CASABELLA.
3º : (Nº 22) DANIELA CASABELLA ÁLVAREZ.
5º.- Premios na Categoría 1º a 4 º de ESO:
1º : (Nº 51) NABILA ADOUROU ADOUROU.
2º : (Nº 28) MARCOS MARIÑO FERRERÍA.
3º : (Nº 19) PAULA SÁNCHEZ PERNAS.