Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xullo
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Cursos CELGA
18/Febreiro/2014
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece ás Entidades Locais a realización dos cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis CELGA.
O Concello, para poder solicitar un curso, deberá enviar un listado de 20 persoas interesadas en realizalo antes do 24 de febreiro.
Se tés interese en preparar algún dos CELGA´s, podes porte en contacto co Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local, no telefono do concello : 982 592001 ou a través de mail en Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
PROGRAMA ANTROIDO 2014
12/Febreiro/2014
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Estas actividades comezarán o dias 26 e 27 de febreiro cun OBRADOIRO DE CONSTRUCCIÓN DE GORROS E PERRUCAS DE ANTROIDO, que se vai celebrar na OMIX de Xove para nenos/as a partires de 8 anos.
Xa o venres 28, as 11:00 horas, os nenos/as da Escola Infantil de Xove realizarán un DESFILE DE ANTROIDO polas rúas de Xove, e posteriormente disfrutarán dunha FESTA DE ANTROIDO a partires das 11:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico.
Estas actividades están organizadas e coordinadas pola Concellería de Servizos Sociais.
Continuando coas actividades previstas do Concello, a Concellería de Cultura preparou un amplo Programa para o día central do antroido en Xove, que se vai desenvolver o sábado 1 de marzo durante unha boa parte deste día. O Programa é o seguinte:
- -16:00 horas.- Pasarrúas por Xove a cargo da CHARANGA “ATURUXO” de Ribado.
- -17:00 horas.- DESFILE DE ANTROIDO polas rúas de Xove, con saída do Campo Municipal de Fútbol e chegada no Centro Cívico. Do Desfile, premios e da forma de inscribirse no mesmo, falamos nunha nota a continuación.
- -18:30 a 20:30 horas.- BAILE INFANTIL DE DISFRACES con DJ TAPI-DECIBELIOS no Pavillón de Deportes. Nun intermedio deste baile faranse entrega dos premios do Desfile en categoría infantil individual e dos gañadores do Concurso de Caretas de Antroido da Biblioteca Municipal.
- -22:30 horas en diante.- BAILE DE DISFRACES coa ORQUESTA “GARIBALDI” no Pavillón Municipal de Deportes. Nun intermedio deste Baile faranse entrega dos premios do Desfile de Antroido.
- A entrada a estes bailes é de carácter totalmente libre e gratuito.
DESFILE DE ANTROIDO / CONCURSO DE CARETAS convocatoriaS e bases aqui-->
Entrega de Árbores en Xove
04/Febreiro/2014
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Este vindeiro mércores, 5 de febreiro, vai ter lugar no noso Concello a ENTREGA DE ÁRBORES AUTÓCTONAS, FRUTAIS, ETC..
A entrega vaise facer, o mesmo que en anos anteriores, na Aula de Formación do Concello, en horario de 10:00 a 13:00 horas.
Lóxicamente, poderán recoller as súas árbores aquelas persoas que previamente as solicitaran.
Iº concurso de fotografía medioambiental en Xove
04/Febreiro/2014
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, ven de convocar o Iº Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente.
Dentro do concurso imos ter dúas categorías:
§ Adultos, que teñan 18 anos ou máis.
§ Xuvenil, para menores de 18 anos.
En canto aos premios, imos ter dous por categoría, un primeiro de 100 €uros e un segundo de 50 €uros. Os gañadores/as recibirán un cheque-regalo que poderá gastarse en calquer establecemento comercial ubicado dentro do término municipal de Xove.
Normas do concurso: A temática, tal como recolle o título, vai ser a costa e o mar de Xove. As imaxes deberán ser realizadas polos propios participantes, xa que en ningún caso se aceptarán imaxes copiadas ou realizadas por persoas distintas. Poderanse presentar un máximo de 3 fotografías, as cales deberán ser sacadas dentro do término municipal de Xove. As fotografías deberán presentarse en formato dixital (JPEG) en alta calidade, sen comprensión, a unha resolución mínima de 2048 píxeles.
A documentación a presentar para participar no concurso será a seguinte:
§ Ficha de inscrición-autoría establecida ao efecto.
§ Copia do NIF do concursante.
§ Un CD que conteña as imaxes dixitais.
O sobre que conteña esta documentación deberá presentarse ATA O DÍA 30 DE ABRIL DE 2.014, e poderá presentarse tanto no Rexistro de Entrada do Documentos do Concello coma mediante envío por correo postal ordinario; neste último caso, deberá facer constar no sobre pola Oficina de Correos a data de presentación, tendo en conta o límite do día 30 de abril de 2014.
Para unha maior información sobre este concurso, poden chamar ao Concello e preguntar polo Técnico Municipal de Cultura. As Bases, a Convocatoria e a Ficha de Inscrición-Autoría a poden atopar na páxina web do Concello www.xove.es.
FICHA DE INSCRIPCIóN
As bases e a convocatoria están na Sede Electronica
Axudas municipais para situacións de emerxencia social
04/Febreiro/2014
Departamento de Servizos Sociais
-
O pasado mes de xaneiro aprobáronse as bases que regulan as axudas de Emerxencia Social para o exercicio 2014. Ditas axuda, de carácter non periódico, están destinadas aos veciños/as do Concello de Xove cuxos recursos resultan insuficientes para facer fronte aos gastos específicos necesarios para previr, evitar ou paliar situacións de marxinación social.
O orzamento total destas axudas é de 5.000 € que irán destinados a gastos de alimentación, de atención sanitaria, gastos de vivenda, etc. Estas axudas poderán ser solicitadas ao longo de todo o ano 2014.
Rematan as actividades de Nadal no Concello de Xove
07/Xaneiro/2014
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O Concello de Xove rematou o amplo Programa de Actividades deste Nadal 2013-2014, programa que comezara o pasado 14 de decembro cun Obradoiro de Colocación de Belén e rematou o 5 de xaneiro cos actos previos ao Día de Reis.
Dentro das actividades desenvolvidas nos últimos días, tivemos:
- Venres 3 de xaneiro.- TEATRO DE ASPANANE coa obra "Y AHORA, ¿CON QUIÉN ME CASO YO?, posta en escea no Salón de Actos do Centro Cívico diante dunhas 170 persoas. Tratase da obra gañadora do 3º Premios Nacional do Concurso organizado pola Dirección General de Tráfico. A obra, moi ben construida e interpretada, emocionounos a todos os que tivemos a oportunidade de vela.
- Sábado 4 de xaneiro.- DÍA DO NENO, celebrado na Piscina Municipal con inchables acuáticos e no Pavillón de Deportes con inchables e obradoiros.
- Domingo 5 de xaneiro.- Os actos deste día, víspera de Reis, comezaron coa tradicional visita dos Reis á Residencia da 3ª Idade. Ás 19:00 horas tiña previsto comezar a Cabalgata, que acertadamente foi anulada debido aos fortísimos ventos que nese intre soplaban en Xove. Para que os nenos non se foran de vacío e viviran con ilusión este día, os Reis decidiron trasladarse á seguridade do Pavillón de Deportes, onde, durante cáseque duas horas estiveron con tódolos nenos e repartindo caramelos. Rematou esta xornada cunha Festa Infantil no Pavillón a cargo do DJ TAPI-DECIBELIOS.
Entregados os premios do concurso de postais
03/Xaneiro/2014
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Onte, nun acto celebrado ás 16:30 h. no Salón de Actos do Centro Cívico, o Alcalde Demetrio Salgueiro xunto coa concelleira de cultura Dolores Meitín fixeron entrega dos premios do CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL. Este Concurso foi organizado a través da Biblioteca Pública Municipal de Xove para este Nadal 2013-2014, tal como se recolle nas Bases aprobadas pola Xunta de Goberno Local o pasado 11 de novembro de 2013; o mesmo ía destinado aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles Rollán e do IES Illa de Sarón.
A relación de premiados, segundo categorías, foi a seguinte:
Leer más:Entregados os premios do concurso de postais
Actividades infantís e teatro dentro da programación de nadal para mañá Venres 3
02/Xaneiro/2014
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O programa de Nadal do Concello continua a súa marcha, iso sí, coas primeiras actividades deste novo ano. A programación prevista para mañá venres 3 de xaneiro é a seguinte:
- De 10:30 a 11:30 h. na Aula Multideportiva: Xogos Infantís para nenos/as de infantil ata 4º de Primaria.
- De 11:45 a 12:30 h. na Aula Multideportiva: Aeróbic para rapaces de 5º e 6º de Primaria e da ESO.
Xa pola tarde, ás 20:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico TEATRO ASPANANE coa obra “Y AHORA, ¿CON QUIÉN ME CASO YO?”. Trátase da obra gañadora do 3º Premio Nacional do Concurso organizado pola Dirección General de Tráfico.
IIIº Concurso de Karaoke de Xove
30/Decembro/2013
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Celebrado este pasado sábado 28 de decembro nun Pavillón Municipal de Deportes ateigado de xente, decir que constituiu todo un éxito, tanto de participación e calidade musical, coma de público. O Xurado desta IIIª edición estivo formado por: Xulia Nogueira, Directora da Escola Municipal de Música de Xove; Javier Arca de ACIAM Xove e cunha longa tradición como gaiteiro dentro da Asociación Saiñas; e Eduardo Rodríguez, tamén de ACIAM Xove e persoa moi vinculada á musica dende hai moitos anos.
A relación de gañadores, segundo categorías, foi a seguinte:
- Categoría “PEQUES” (ata 12 anos):
1º Premio “Mellor Voz”: BRAIS BALMAYOR RODRÍGUEZ coa canción “Dime que me quieres” do grupo Tequila. Premio de 40 €uros.
2º Premio “Mellor Voz”: IAGO RIVAS BALSA co villancico popular “Los peces en el rio”. Premio de 40 €uros.
Premio a “Mellor Caracterización”: LARA RODRÍGUEZ BAÑO, TANIA FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ E BEATRIZ EIJO GÓMEZ coa canción de Marisol “LaTómbola”. Premio de 40 €uros.
- Categoría “IUNIOR” (DE 12 ata 18 anos):
1º Premio “Mellor Voz”: NEREA RIVAS BALSA coa canción “Cómo hablar” de Amaral. Premio de 70 €uros.
2º Premio “Mellor Voz”: MARGARITA PARAPAR FERNÁNDEZ coa canción de La Oreja de Van Gogh “La Playa”. Premio de 70 €uros.
Premio a “Mellor Caracterización”: AHINOA ECHEVARRÍA OLIVER coa canción “Chas! Y aparezco a tu lado” de Alex y Cristina. Premio de 70 €uros.
- Categoría “VETERANOS” (maiores de 18 anos):
1º Premio “Mellor Voz”: MARIA DEL CARMEN LÓPEZ VIDAL coa canción “Mujer contra mujer” do grupo Mecano. Premio de 130 €uros.
2º Premio “Mellor Voz”: MARIBEL PERNAS FRA coa canción “Veneno” de Isabel Pantoja. Premio de 130 €uros.
Premio a “Mellor Caracterización”: BRENDA SUÁREZ AZOGUE coa canción de Mecano “Hijos de la luna”. Premio de 130 €uros.
A gala foi presentada por Vanesa Míguez e Rubén Pico, os cales conduciron magníficamente este espectáculo por terceiro ano consecutivo. Rematado a fase de Concurso, e mentras o Xurado deliberaba, houbo diversas intervencións musicais, previas á entrega de premios. A entrega de premios foi presidida polo Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola Concelleira de Cultura Dolores Meitín e outras autoridades.
Torneo de TENIS de mesa en Xove
28/Decembro/2013
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Onte, venres 27 de decembro, celebrouse na OMIX de Xove o xa tradicional TORNEO DE TENIS DE MESA DE NADAL. Unha aula da OMIX foi o lugar escollido para o desenvolvemento deste evento, no que participaron un total de 13 rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 13 e os 17 anos. O gañador do mesmo foi Roberto Rubal, quedando Iván Silva subcampión. O Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola Concelleira de Xuventude Ana Abad, realizaron a entrega de premios.
Esta actividade englóbase dentro do amplo programa de actividades que o Concello de Xove deseñou para este Nadal 2013-2014.
IIIº CONCURSO DE KARAOKE
27/Decembro/2013
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O programa de Nadal do Concello continua a súa marcha, tendo lugar, mañá sábado 28 de decembro, un dos pratos fortes deste amplo programa de actividades coa celebración da terceira edición do CONCURSO DE KARAOKE, que se vai desenvolver a partires das 21:30 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Xove, esperando que, coma o pasado ano, o público encha este emblemático recinto municipal.
Este Concurso presenta tres categorías: PEQUES para menores de 12 anos; IUNIOR de 12 anos ou máis e menores de 18; VETERANOS para maiores de 18 anos. A inscrición neste Concurso é totalmente gratuita. A inscrición vai estar aberta mañá, día de celebración do Concurso, en horario de 17:00 a 19:00 horas no Pavillón Municipal, para os que inda queiran apuntarse.
Nestes intres o persoal do Concello está a traballar arreo para que mañá o Pavillón esté a punto e reluzca coas suas mellores galas.
Os participantes das distintas categorías tamén terán mañá, antes do concurso en horario de 17:00 a 19:00 h., a oportunidade de ensaiar a canción que presenten, iso sí, a orde de ensaio vaise facer tendo en conta a orde de inscrición.
En Marcha O Programa De Nadal do Concello
24/Decembro/2013
Departamento de Servizos Sociais
-
O programa de Nadal do Concello, que comezou o pasado 14 de decembro cun obradoiro de colocación do Belén na OMIX de Xove e continuou o día 20 pola mañá na Escola Infantil de Xove coa visita de Papá Noel, tivo un dos seus puntos fortes este pasado sábado 21 de decembro, onde Papá Noel, nun vehículo especialmente preparado, percorreu tódalas aldeas de Xove visitando aos nenos do noso Concello. Xa pola noite deste mesmo día 21, concretamente a partires das 21:00 horas, tivo lugar a inauguración do Belén Municipal de Xove, un Belén xigante que ocupa unha boa parte do Parque Municipal e que está conformado con diversas escenas típicas de belén e imaxes a tamaño natural. A escenificación do Belén correu a cargo do grupo de alumnos da Escola Municipal de Maiores, sendo a posta en escea realizada por Lucía Meitín.
Xa dentro das actividades desta nova semana que comeza, hoxe pola mañá desenvolveuse un obradoiro de manualidades para nenos/as de 3º ata 6º de primaria.
Dentro das próximas actividades deste denso programa municipal, temos:
- Mañá, martes 24 de decembro, ás 16:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico: videoproxección da película francesa de debuxos “El Ilusionista”, para tódolos públicos, en especial nenos/as e rapaces/as.
- O mércores 25, Día de Nadal, imos ter no Pavillón Municipal de Deportes, a partires das 18:00 horas, o Espectáculo Infantil de Animación “A BAILAR”. Remataremos esta actividade no Pavillón cunha CHOCOLATADA.
- O xoves 26 é o día da música, xa que imos ter o Concerto De Nadal Da Orquestra Clásica De Xove, cun amplo Programa onde inservirán os alumnos/as da Escola Municipal de Música de Xove. Este Concerto vai desenvolverse no Salón de Actos do Centro Cívico a partires das 19:00 horas.
Tódalas actividades contidas neste programa son de carácter libre e gratuito, polo que invitamos a todos, de Xove ou visitantes no noso Concello, a participar e disfrutar das moitas actividades programadas.
Entrega de Cheques para Becas 2013-2014
23/Decembro/2013
Departamento de Servizos Sociais
-
Hoxe, ás 17:00 hs, tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Xove a cargo do alcalde Demetrio Salgueiro e da concelleira de servizos sociais Ana Abad, a entrega das axudas ao estudo que o Concello convoca cada curso escolar.
Nesta ocasión concedéronse as seguintes axudas:
- 15 axudas para estudos universitarios, cuxa contía ascendeu a 15.910,31 €.
- 6 axudas para ciclos formativos de especialidades que non existen na comarca cunha cantidade de 1.772,87 €.
- 8 axudas para alumnos con discapacidade cun total de 7.500 €.
- 35 axudas para compra de material escolar, cuxa contía ascendeu a 4.2400 €.
- 2 para máster, que suman un total de 1.000 €.
En total o Concello invisteu nestas becas e axudas a cantidade total de 30.423,18 €.
Papa Noel na Escola Infantil - 2013
20/Decembro/2013
Departamento de Servizos Sociais
-
O Concello de Xove fomenta o empresariado local en galego
18/Decembro/2013
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
O Concello de Xove está desenvolvendo unha campaña subvencionada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, para reforzar o idioma galego nas relacións comerciais e empresariais en xeral. Nestas datas, fanse máis visibles os seus resultados.
Este proxecto contou con dúas accións:
-Asesoramento ás empresas para a normalización e normativización da súa documentación, para fomentar que o galego sexa a súa lingua de comunicación.
-Campaña de agasallos:Curso de paquetería en galego. Este curso impartiuse desde o 30 de setembro ata o 17 de outubro e tiña como obxectivo formar ás persoas que traballan no sector comercial en Xove.
Imaxe única na presentación de agasallos en todos os comercios do municipio. Todos os comercios están a empregar a mesma imaxe para a paquetería de Nadal, para iso o Concello editou un papel de embalaxe no que figuran as seguintes frases: Xove, comercio local, agasallos, en galego enténdote. Tamén repartiu, en colaboración coa ACIAM, os mesmos materiais decorativos necesarios para presentar un agasallo de maneira atractiva e única.
Postal de Agasallos. O Concello deseñou unha postal para agasallar ás persoas consumidoras das empresas do municipio.
Carácter innovador: Trátase dunha campaña innovadora, xa que é a primeira vez que todos os comercios locais envolven da mesma maneira os paquetes de agasallo.
Potenciación do empresariado local:
Leer más:O Concello de Xove fomenta o empresariado local en galego
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|