Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xullo
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
o Concello dona maquinaria ao IES Illa de Sarón
13/Decembro/2013
Departamento de Obras
-
O IES Illa de Sarón de Xove conta, dende este curso 2013-2014, cun Ciclo formativo de Grado superior de “Programación da producción en moldeo de metais e polímeros”, que é o primeiro deste tipo que se implanta en España.
Pois ben, o noso Concello, que tamén colaborou e apoiou dende un principio a implantación deste ciclo no noso Concello, ven de realizar unha importante donación ao IES Illa de Sarón, concretamente dúas máquinas que veñen a completar a Aula Taller onde os alumnos/as do Ciclo realizan as prácticas. Unha serra eléctrica con carro de ferramentas anexo e un taladro de columna son as dúas máquinas que o Concello aportou, e que foron postas en marcha hoxe, nun acto que contou coa presenza do alcalde Demetrio Salgueiro e a Concelleira Dolores Meitín por parte do Concello, e pola Directora Oliva Cabaleiro e o Secretario José María Orol por parte do IES Illa de Sarón.
Esta donación supuxo un investimento de 3.500 €uros por parte do Concello, e, como dixo o alcalde, espérase que supoña unha mellora sustancial da Aula Taller e unha importante contribución á formación práctica dos alumnos/as do ciclo.
O título de Técnico Superior en Programación da producción en moldeo de metais e polímeros ofértase por primeira vez en Galicia no IES Illa de Sarón. A duración deste ciclo formativo de grao superior é de 2.000 horas e leva asociado 384 horas de formación práctica en empresa, correspondentes ao módulo de formación en centro de traballo (FCT). Este título inclúe catro calificacións profesionais completas e unha incompleta, o que proporciona unha alta formación e cualificación profesional de nivel 3.
Lóxicamente, na implantación deste ciclo tivo moito que ver a Consellería de Educación. O Conselleiro de Industria visitou hai uns meses as instalacións do IES coincidindo coa posta en marcha da Aula Taller deste ciclo, aula na que se instalaron unha serie de máquinas onde os alumnos realizan todo tipo de prácticas. Este ciclo conta tamén coa colaboración de Alcoa, que permite ao alumnado realizar parte da formación práctica de algúns módulos na empresa.
Entrega do premio á gañadora do concurso de carteis a prol da língua
05/Decembro/2013
Departamento de Cultura e Comunicación
-
"A lingua galega mola" foi o lema gañador do Concurso de carteis a prol da lingua que o Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Concellos da Mariña Luguesa organizou este verán para promocionar o uso da lingua galega na mocidade mariñá. Os participantes, nenos e nenas de entre 4 a 12 anos, debían realizar un deseño gráfico orixinal e un breve comentario en galego a prol da lingua, onde se valoraríase a orixinalidade e a creatividade dos debuxos e dos seus comentarios, independentemente da súa perfección técnica.
Ademais do debuxo gañador, de Saúl de oito anos e do Concello de Barreiros, seleccionáronse outros para confeccionar carteis e marcapáxinas que serán repartidos pola técnico de Normalización Lingüística da Mancomunidade e polos alcaldes polos colexios da Mariña Lucense. Neste sentido, hoxe pola mañá a Concelleira de Cultura Dolores Meitín, acompañada por Lucía Pérez, coordinadora desta actividade, realizaoulle entrega dun agasallo á gañadora en Xove deste concurso, que non foi outra que a nena Claudia Vázquez Sánchez, co lema “falando un pouco en galego a vida é sempre mellor”. Esta actividade forma parte do Programa de Dinamización do Servizo de Normalización Lingüística coa finalidade de promocionar o o uso da lingua galega na comarca mariñá.
En marcha unha nova edición de “Educando en Familia”
05/Decembro/2013
Departamento de Servizos Sociais
-
O pasado 20 de novembro comezou en Xove una nova edición do proxecto “EDUCANDO EN FAMILIA”, que se está a desenvolver na Sala de Exposicións da Oficina de Turismo, a cal o Concello acondicionou debido ao número de familias anotadas, converténdoo nun espazo axeitado ao efecto.
O proxecto “Educando en Familia” está subvencionado polo noso Concello e, como dixemos antes, comezou o 20 de novembro cun total de 18 familias anotadas. Esta iniciativa educativa está dirixida a nenos/as con idades entre 0 e 6 anos, acompañados polos seus pais ou outro familiar directo.
Un día á semana a monitora Estefanía Eijo axuda ás familias a tomar conciencia do seu papel como educadores, axudando a crear espazos de intercambio de experiencias e inquietudes.
Entrega Diplomas de Informática na OMIX
04/Decembro/2013
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Ontes, martes 3 de decembro, na OMIX do Concello de Xove tivo lugar a entrega de diplomas do CURSO BÁSICO DE INFORMÁTICA, dirixido a persoas maiores. Na entrega participou o alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado da Concelleira de Servicios Sociais Ana Abad, xunto coas 21 persoas participantes, con idades entre os 43 e os 71 anos.
As materias impartidas durante mes e medio, ao longo dunhas 20 horas, foron: manexo do sistema operativo Windows, elaboración de documentos con Microsoft Word 2007 e coñecemento do uso e manexo do correo electrónico e navegación pola Rede.
Manifesto contra a violencia de xénero
25/Novembro/2013
Departamento de Servizos Sociais
-
No día de hoxe, 25 de novembro, o Concello de Xove conmemora o “Día Internacional contra a Violencia de Xénero”. Un problema que nos afecta a todos e todas, impedindo que na nosa sociedade primen os valores de tolerancia e igualdade.
Dende o ano 1999 máis de 900 mulleres perderon a vida tan só en España a mans das súas parellas, e moitas son tamén as que a diario son vítimas da Violencia de Xénero; algunhas aínda anónimas, en silencio. Pero non só as mulleres sofren esta lacra, senón que, como coñecimos este ano a través da prensa, este tipo de violencia ten tamén outras vítimas inocentes, máis vulnerables: os nenos e nenas. A finalidade dos asasinos é arrancar a vida dos fillos e fillas para someter ás mulleres ao maior grao de dor posible. Nenas e nenos, vítimas asasinadas a mans dos seus pais, pero tamén testemuñas das agresións que sufriron e sofren as súas nais. Non podemos ser só espectadores das graves consecuencias que esta eiva social pode ter para a infancia.
Así mesmo, habemos poñer atención tamén á xuventude do noso municipio. Debemos ensinalos/las a que recoñezan a Violencia de Xénero nas súas formas máis sutís e aceptadas socialmente. Para que, sendo persoas críticas, axuden a construír unha sociedade máis xusta e igualitaria. Mostrándolles do mesmo xeito a posibilidade de elixir o que desexen, superando os estereotipos masculinos e femininos, e ofrecéndolles a posibilidade de alcanzar maiores cotas de liberdade.
A Violencia de Xénero é o maior síntoma dunha sociedade desigual na que homes e mulleres non teñen as mesmas oportunidades, tolerando o dominio do home sobre a muller. Este nunca é un problema da esfera privada das mulleres, polo que as administracións públicas e a sociedade en xeral, deben ser partícipes da erradicación dunha das maiores lacras sociais. O crime xa non é invisible, senón que cada día produce máis alarma e rexeite social.
Polo tanto, é imprescindible, traballar conxunta e activamente en formar as bases dunha sociedade baseada na Igualdade de Oportunidades. Neste sentido, o Concello de Xove presenta o seu III Plan de Igualdade 2014-2017. Documento que reúne novos obxectivos transversais e actuacións positivas, que permiten cambios de valores e actitudes máis igualitarias.
O Concello de Xove fai patente o seu contundente rexeitamento contra a Violencia contra as mulleres e comprométese políticamente a traballar pola Igualdade e contra da Violencia de Xénero; a priorizar a prevención; e a sensibilizar a toda a cidadanía para traballar de forma integral contra a violencia hacia as mulleres.
o Concello adquire unha nova desbrozadora para o departamento de obras
21/Novembro/2013
Departamento de Obras
-
O Departamento de Obras do Concello ven de adquirir unha desbrozadora de brazo lateral recto, a cal se acopla a un tractor desbrozador. Esta nova desbrozadora, lóxicamente, sustitúe a unha vella que xa finalozou a súa vida operativa. Hoxe, o alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado do encargado de personal de obras, estivo vendo “in situ” o funcionamento desta nova desbrozadora, podendo comprobar unha mellora de prestacións respecto á vella; unha das melloras sinaladas é o maior alcance do brazo, que vai permitir rozar máis e mellor, e tamén chegar a zonas onde a vella non podía.
O investimento realizado nesta máquina foi de 40.000 €uros, séndolle adquirida á empresa Agrícola Curtis S.L. Desta cantidade total, o noso Concello aportou 12.000 €uros, correspondendo os restantes 28.000 €uros a unha subvención da Consellería de Presidencia, concretamente a liña de concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental, destinada a entidades locais de Galicia, que ven recollida nunha orde do pasado 13 de maio e que saiu publicada no DOG do 16 de maio deste ano.
ACD'Xove .- Sendeirismo pola Costa de Xove (clausura da tempada)
08/Novembro/2013
Concellería de Deporte e Turismo
-
Este domingo día 10, o Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, realizou a Ruta Clausura de Tempada-2013. O Grupo formado por 90 Sendeiristas , e nesta ocasión acompañados polo Alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro e a Concelleira de Turismo Cristina Iglesias, desprazaronse ata a aldea de Vilacha, onde deron comezo a unha espectacular Ruta da Costa de Xove. A saída de Vilacha fixose as 9:30h. da mañan, e despois de percorrer preto de 16 km. chegaron o Cabo de Morás sobre as 14:00h. da tarde.
O Grupo tuvo a ocasión de disfrutar dun dia estupendo para o sendeirismo, asimesmo dunha Costa que ten una enorme beleza natural, pois debido os grandes acantilados e o mar de fondo existente, con forte oleaxe, poideron verse unhas imaxes espectaculares.
Despois da andaina, o Grupo degustou un gran Cocido Galego, ofrecido polo Restaurante A Cancela de Morás.
PROGRAMA “ XUNTOS POLO NADAL”
04/Novembro/2013
Departamento de Servizos Sociais
-
Dende a Secretaria Xeral de Política Social convocase un total de 240 prazas para participar neste Programa, distribuídas do seguinte xeito: Residencia de Tempo Libre do Carballiño (120 prazas): 60 para a provincia de Pontevedra e 60 para a da Coruña.- Residencia de Tempo Libre de Panxón en Nigrán (120 prazas): 60 para a provincia de Lugo e 60 para a de Ourense. - Vaise desenvolver nas datas comprendidas entre o 23 de decembro de 2013 e o 2 de xaneiro de 2014.
O Programa contempla o aloxamento, en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa, durante 11 días (10 noites) que se computarán desde o momento de saída do lugar de orixe ata o momento da saída do centro no que se leva a cabo.
Para a selección dos participantes daráselle preferencia ás persoas que: Realmente vivan soas e non teñan con quen pasar estas datas e teñan un menor nivel de ingresos económicos e non participaran neste ano en ningunha quenda do Programa de Benestar en balnearios, nin en pasadas edicións do Programa Xuntos polo Nadal e teñan máis idade.
Aínda obtendo unha puntuación que lles permita o acceso o Programa, poderanse excluír aqueles solicitantes que xa participaron outros anos e non se adaptaron as normas de convivencia establecidas.
As solicitudes deberanse formular no modelo deseñado ao efecto acompañada de informe social e declaración responsable, cumprimentándose todos os datos requiridos.
Os solicitantes cuns ingresos inferiores ao IPREM (532,51 €), asistirán de forma gratuíta ao programa, mentres que aqueles cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pagamento da estadía coa achega de 50 €.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 25 de novembro de 2013. Tramitación: Servizos sociais comunitarios dos concellos, servizos sociais de atención primaria de saúde, xefaturas territoriais e centros sociocomunitarios de benestar dependentes da Consellería de Traballo e Benestar. Información: TELEFONO SOCIAL 900 333 666 Páxina web da Consellería de Traballo e Benestar:http://benestar.xunta.es
Entrega de diplomas do proxecto “mañás activas de verán 2013”
04/Novembro/2013
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Este proxecto, subvencionado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, contou coa participación de 32 xóvenes do Concello de entre 10 e 16 anos, e tamén coa participación de 5 voluntarias, encargadas de colaborar no deseño e elaboración do díptico informativo, da realización do informe final e memoria do proxecto, así como de apoiar aos nenos/as participantes para que se beneficiaran o máximo posible das actividades, prestando especial atención aos menores con dificultades.
No proxecto, que se desenvolveu durante os meses de xullo e agosto, realizáronse distintas actividades (INFORMÁTICA E FOTOGRAFÍA, MNEMOTECNIA, BAILE DEPORTIVO, RECICLAXE, MANUALIDADES E SENDERISMO), ofertando diferentes formas de ocupar o tempo de lecer.
A entrega de diplomas e agasallos realizouse este pasado sábado 2 de novembro, nun acto presidido polo alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola Concelleira Ana Abad e pola responsable de voluntariado María José Alonso. As 5 voluntarias colaboradoras foron: Inés Alonso, Paula Campo, Nerea Fernández, Raquel González e Xiana Otero.
Festa do Samaín na Oficina de Información Xuvenil
29/Outubro/2013
Departamento de Servizos Sociais
-
A Oficina de Información Xuvenil e a Delegación Municipal de Xuventude organizou para os días 25 e 26 de outubro distintas actividades para festexar o SAMAÍN. O día 25 dende as 17:00 horas levarase a cabo o baleirado de cabazas, que posteriormente empregaranse para a decoración do Centro Xuvenil.-
O día 26 dende as 17:00 teran lugar no Centro diferentes xogos relacionados co Samaín.- Estas actividades están dirixidas a todos os rapaces e rapazas do Concello, de idades comprendidas entre os 9 e 18 anos.
XXIª Festa da Terceira idade mañá en Xove
24/Outubro/2013
Departamento de Servizos Sociais
-
Un ano máis o Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, organiza unha nova edición da FESTA DA TERCEIRA IDADE, festa dirixida ás persoas maiores de 60 anos xubiladas do noso Concello. A mesma vai desenvolverse mañá venres 25 de outubro.
A Festa dará comezo ás 12:30 horas cunha Misa Solemne no Salón de Actos do Centro Cívico, contándose coa participación dun grupo de corda da Escola Municipal de Música de Xove; posteriormente, a partires das 14:00 horas, haberá un xantar no Restaurante Louzao de Area, rematando a xornada festiva cun baile.
Durante o xantar o Alcalde Demetrio Salgueiro e a Concelleira Ana Abad farán entrega dun agasallo ao home e muller de máis idade participante na festa, que teñen 95 e 90 anos respectivamente. En total van participar un total de 423 comensais, que estarán acompañados por membros da Corporación Local.
Nesta festa tamén colabora Alcoa, quen lle dará un agasallo aos de máis idade dos participantes.
Avespas asiáticas xigantes en Xove
24/Outubro/2013
La Voz de Galicia [A Mariña]
-
Un novo niño de avespas con máis dun metro de diámetro atopouse en Xove; este xa estaba situado entre varias ramas dunha árbore a unha altura de entre «quince e dezaoito metros», polo que foi preciso mobilizar «unha oruga elevadora» para achegarse a el.
Parece ser que as poboacións deste insecto están a entrar «por Francia», polo que o servizo de urxencias, ante a preocupación dos apicultores da zona, estableceu contacto cos Bombeiros de Navarra e está a aplicar o mesmo protocolo que eles utilizan para combater a praga, pero adaptado «ás condicións» desta comarca.
Os expertos din que «o sector apícola está moi preocupado», porque «a praga se está estendendo» e ataca con virulencia ás abellas, con perdas moi importantes para os produtores de mel.
Cabe reseñar que á hora de actuar contra estes insectos hai que proceder con especial «coidado», porque «oito ou dez picaduras desa avespa obrigan a unha ingreso hospitalario».
Solicitudes de Árbores Froiteiras, Forestais e Prantas de Xardín
24/Outubro/2013
Delegación de Agricultura
-
Tódolos interesados en solicitar ÁRBORES FROITEIRAS, FORESTAIS E PRANTAS DE XARDÍN, poderán facelo nas oficinas da Delegación de Agricultura, dende o día 28 de outubro ata o 20 de decembro de 2013, onde poderán solicitar Albaricoques, Ciruelos, Cerezos, Maciñeiras, Perales, Nogales, Robles, etc.
Un dos obxectivos da Concellería de Agricultura, Gandeiría e Montes é o de contribuir á mellora do medio ambiente, motivando aos veciños de Xove a que planten especies autóctonas. A única condición para poder realizar a solicitude é ESTAR EMPADROADO NO CONCELLO DE XOVE.
A lista completa ...
Leer más:Solicitudes de Árbores Froiteiras, Forestais e Prantas de Xardín
Alumnado de Xove conmemora o Día contra a Pobreza co conto ‘Antía, Wamba e o regato pequeno’
17/Outubro/2013
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
A Tropa de Trapo continúa mañá xoves coa xira do conto solidario ‘Antía, Wamba e o regato pequeno’ no Concello de Xove, coincidindo co Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, que se conmemora o 17 de outubro. A proposta ideada para o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade percorre este ano vinte concellos socios da entidade. O espectáculo dará comezo ás 10.45 horas no auditorio municipal de Xove, ata onde se achegará o alumnado dos colexios do municipio.
A obra está protagonizada por Antía, unha nena galega, e Wamba, un mozo do Congo que se busca a vida vendendo de todo na rúa. Os contos del e as merendas dela fundiranse nunha amizade que lle aprenderá a Antía que compartir non é dar o que che sobra e que, como din na tribo de Wamba, o río énchese con regatos pequenos. Unha historia con música en directo para sensibilizar sobre a cooperación e a solidariedade, dirixida a público infantil e familiar.
Porto do Son, Moraña, Tomiño, Laxe, Riveira, Teo, Caldas de Reis, Burela, Culleredo, Bergondo, Valga, Corcubión, Cuntis, Monforte, Fene, Poio, Nigrán, Narón, Carballo e Pontedeume son os concellos socios do Fondo polos que pasará ata finais de ano ‘Antía, Wamba e o regato pequeno’. Marta Ortiz e Brais das Hortas son artífices deste espectáculo que tomou o relevo a ‘Contos coas mans abertas’, anterior creación da Tropa de Trapo.
ITV de Vehículos Agrícolas
08/Outubro/2013
Delegación de Agricultura
-
O vindeiro 9 de outubro, realizarase a ITV DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS en Xove, diante do Cuartel da Garda Civil.
HORARIO: de 9:00 h a 13:30 h e de 15:15h a 18:00 horas.
* Pode solicitar cita previa: Por teléfono: 902.30.90.00 ou a través da páxina web: www.sycitv.com
|
|
|
|
OJO:No funciona en Firefox
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|