* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
Paintball.- dentro das actividades de verán en Xove
12/Xullo/2013
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
Onte, 26 rapaces/as de Xove de 12 a 18 anos ralizaron unha actividade de Paintbal, organizada pola Concellería de Servizos Sociais / Xuventude a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil. A actividade desenvolveuse en Galdo, no veciño concello de Viveiro.
Praia de Esteiro: Bandeira Azul 2013
11/Xullo/2013
Departamento de Cultura e Comunicación
Izada hoxe a Bandera Azul na Praia de Esteiro, nun acto no que estivo o Alcalde Demetrio Salgueiro, a Concelleira de Turismo Cristina Iglesias, acompañados por alumnos/as da Escola de Surf da Praia de Esteiro.
TVG: A Ruta dos Muíños
09/Xullo/2013
Departamento de Servizos Sociais
Un percorrido pola terra e tamén o encontro coas xentes do eido rural, lembrando tempos en que se facía o pan ou empanadas na casa...
IIª Maratón de Bolos Concello de Xove
09/Xullo/2013
Concellería de Deporte e Turismo
Esta pasada fin de semana, concretamente os dias 6 e 7 de xullo, celebrouse no Campo de Bolos de Sumoas a IIª Maratón de Bolos Concello de Xove, na que participaron xogadores de toda a Provincia de Lugo e algúns xogadores asturianos. Por problemas de axenda non pudieron desprazarse xogadores de Ourense e do Val Miñor, coma fixeran o pasado ano. A Maratón comezouse o sábado 6 ás 15:00 horas, xogándose continuamente ata as 4:30 da madrugada; durante a mañá do domingo 7 disputáronse as semifinais e finais das distintas categorías.
A Maratón contou coa colaboración do Concello de Xove. Neste sentido, o Alcalde Demetrio Salgueiro e a Concelleira de Deportes Cristina Iglesias desprazáronse o domingo ata o campo de Sumoas para presenciar a final e presidir a entrega de trofeos aos gañadores/as.
02/Xullo/2013
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
Hoxe, 2 de xullo de 2013, deron comezo as actividades do Programa “Mañáns Activas de Verán”, as cales vanse desenvolver sobretodo no Centro Xuvenil do Concello de Xove (onde a OMIX), cun total de 34 mozos/as inscritos, de idades comprendidas entre 10 e 16 anos. Debido ao alto número de inscritos, houbo que doblar as actividades, formando dous grupos, segundo idades, con 17 en cada grupo.
Estas actividades, organizadas pola OMIX, vanse levar a cabo durante os meses de xullo e agosto, os martes, mércores e xoves en horario de 10:30 a 13:30 h.. Este proxecto conta coa colaboración de 5 rapazas voluntarias do Concello de Xove, encargadas de axudar á integración dos rapaces e da dinamización das actividades.
O proxecto “Mañáns Activas de Verán” pretende ofertar actividades formativas, lúdicas e dinámicas, que permitan á xuventude outras formas diferentes de ocupar o tempo de lecer durante as vacacións de verán. Tratando de dar unha resposta á inactividade deste colectivo durante estas datas estivais.
A través deste proxecto, proponse a realización das seguintes actividades:
Tics: Informática e fotografía
Mnemotecnia. A arte de memorizar: Técnicas para aprender a memorizar.
Deportes alternativos: Baile deportivo
Actividades da Natureza: Reciclaxe, senderismo.
Habilidades manuais: Manualidades
Convivencia e Corresponsabilidade: Obradoiros de habilidades sociais e domésticas.
Axudas ó Estudo 2013 de comedor e transporte
02/Xullo/2013
Departamento de Servizos Sociais
Pola Xunta de Goberno Local, fixose a aprobación das bases regulamentadoras para a Concesión de bolsas e axudas para comedor e transporte para o curso escolar 2012-2013, con un prazo de prentación ata o LUNS 15 de xullo de 2013 (inclusive).
Poderán ser beneficiarios das axudas, aquelas persoas que, reunindo os requisitos que esixen as Bases reguladoras da concesión de bolsas e axudas ao estudo, cursen estudos en ciclos formativos existentes en San Cibrao, Viveiro ou Burela, en concepto de desprazamento ou transporte; así como aqueles outros estudantes que precisen comer fóra de Xove a causa dos seus estudos.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR POLOS SOLICITANTES :
a.- Impreso de solicitude
b.- Fotocopia do D.N.I. ou N.I.F. do solicitante
c.- Fotocopia do Libro de Familia
d.- Certificado de empadroamento e convivencia
e.- Certificado ou acreditación de estar matriculado nos estudos para os que se solicita a axuda
f.- Copia compulsada da declaración da renda de tódolos maiores de idade da unidade familiar.
g.- Xustificante das contías das pensións que se perciban por parte dalgún membro da unidade familiar.
h.- Notas acadadas no curso rematado.
PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.- Os interesados en acceder ás axudas deberán solicitalo no impreso normalizado facilitado polo Concello. As solicitudes atoparanse a disposición dos interesados e poderán presentarse nas dependencias de Servizos Sociais do Concello ata o 15 de xullo.
Programa de Turismo Social para maiores do IMSERSO
01/Xullo/2013
Departamento de Servizos Sociais
Dende a Administración Estatal, a través do Imserso, e dendo da súa política de envellecemento activo, promove un programa social de turismo destinados a persoas maiores, cos obxectivos de facilita-la incorporación deste colectivo ás corrientes turísticas e paliar a estacionalidade do sector turístico do país.
Solicitantes: Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:
· Ter como mínimo 65 anos cumpridos.
· Ser pensionista de xubilación do Sistema Público de Pensións.
· Ser pensionista de viuvez do Sistema Público de Pensións, con 55 anos cumpridos.
· Outros pensionistas do Sistema Público de Pensións e prexubilados con 60 anos cumpridos.
· Valerse por sí mesmos e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.
Se a/o solicitante viaxa co cónxuxe, non é preciso que éste reúna os requisitos de idade e pensión.
Admitirase como acompañante a un fillo ou filla con discapacidade, que teña un grao de minusvalía igual ou superior ó 45%, sempre que a viaxe a realice cos seus pais e ocupe cama supletoria na mesma habitación do hotel. Deberá cumprimentarse o apartado correspondente da solicitude cos datos do fillo/a e achegar fotocopia do certificado de minusvalía .....
Hoxe, día 27 de xuño de 2013, no Salón de Plenos do Concello de Xove tivo lugar a entrega de diplomas a cargo da Concelleira de Servicios Sociais, Ana Abad, ás 40 persoas participantes na Escola Municipal de Maiores.
O curso tivo unha duración de outubro de 2012 a xuño de 2013. Durante este periodo ademáis das materias didácticas, realizáronse dúas viaxes culturais, unha á Ribeira Sacra co proxecto Km 0 da Deputación de Lugo e outra ao concello de Allariz.
O obxectivo primordial da Escola de Maiores é a integración, relación social, comunicación,mellora da calidade de vida e envellecemento activo dos seus participantes, así como a oportunidade de desenvolver a súa creatividade, aptitudes e habilidades.
COMEZA O OBRADOIRO DE MEMORIA:Rematado o Curso 2012-2013 da Escola de Maiores, continúan as actividades dentro deste importante colectivo. Neste sentido, o vindeiro 1 de xullo de 2013 dará comezo o OBRADOIRO DE MEMORIA dirixido a persoas maiores de 60 anos. Para esta edición anotáronse 30 persoas. Este taller constará de 8 sesións de hora e media cada unha, encamiñadas a previr o envellecemento cerebral e garantir a autodependencia das persoas participantes. Será impartido pola Educadora Familiar, Angélica Casabella.
Entrega de diplomas curso de Iniciación de Informática
18/Xuño/2013
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
O Alcalde acaba de presidir hoxe a entrega de diplomas dun CURSO DE INICIACIÓN DE INFORMÁTICA, desenvolvido na Aula de Informática da OMIX de Xove.
O curso tivo unha duración de 20 horas e estivo dirixido a 13 alumnos/as de entre 30 e 80 anos. O mesmo realizouse en horario de mañá durante os meses de maio e xuño, 3 días á semana.- O temario impartido, foi: Entorno de Windows & Microsoft Word & Internet: Navegar pola rede utilizando as páxinas máis útiles. Creación e uso de correo electrónico.
Exclusiva: Video da Romaría do SanAntonio
17/Xuño/2013
Departamento de Cultura e Comunicación
O San Antonio Venturoso da Regueira cos romeiros que se achegan a él.
IVª Convivencia musical en Xove.-
14/Xuño/2013
Departamento de Cultura e Comunicación
Mañá, sábado 15 de xuño, vai desenvolverse en Xove a IVª CONVIVENCIA MUSICAL na que van participar músicos de toda a Provincia. Esta xornada de convivencia está organizada pola Escola Municipal de Música do Concello de Xove, e na mesma van participar 50 nenos/as e rapaces/as das Escola Municipais de Música de Xove, Ribadeo, Burela e Mondoñedo, así como do Centro de Música Fingoi de Lugo.
O programa da xornada, que vai discurrir ao longo de todo o día, é o seguinte:
10:45 h.- Recepción de tódolos participantes na sede da Escola no antigo Colexio de Palmeiro.
11:00 a 14:00 h.- Ensaios musicais na Escola de Palmeiro
14:30 h.- Xantar de tódolos participantes; se fai bó tempo farase na praia, e se chovese realizaríase nunha dependencia do Centro Cívico.
17:00 a 18:30 h.- Ensaios musicais no Salón de Actos do Centro Cívico.
19:00 h.- GRAN CONCERTO FINAL desta IVª Xornada de Convivencia Musical, no que van intervir tódolos participantes. No mesmo vanse interpretar pezas de Van der Meuler, Beethoven, Bartok, Pachelbel, etc.
Rematado o Concerto, o Concello de Xove vaille ofrecer nas instalacións do Centro Cívico un ágape a tódolos integrantes desta Xornada.
Campus Gimnasia Rítmica Xove 2013
12/Xuño/2013
Concellería de Deporte e Turismo
A Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove xunto co Club Rítmica Violeta e o Filigrana Club Gimnasia Rítmica organizan o CAMPUS GIMNASIA RÍTMICA XOVE 2103, que conta coa colaboración do Concello de Xove. O mesmo vaise desenvolver no noso Concello dende o 22 ao 26 de xullo, ámbolos dous días incluidos.
Para participación neste Campus haberá que confirmar a asistencia antes do 1 de xullo, tendo que presentar, xunto coa solicitude de inscrición, a seguinte documentación: fotocopia do DNI ou libro de familia e fotocopia da tarxeta sanitaria. A reserva de praza pode facerse nos seguintes teléfonos:
Ana Iglesias: 675 15 47 04 .- Cristina Iglesias: 699 32 82 27.- Paula Iglesias: 687 17 76 86
Xa no que é o propio Campus, dentro das actividades que se van a desenvolver no mesmo, temos: técnica corporal e de aparatos, danza contemporánea máis expresión corporal, ballet e Pilates aplicado á rítmica, obradoiros de maquillaxe, perruquería, etc.
O profesorado vai estar formado, por: -Ana Iglesias, Técnico superior de ximnasia rítmica. -Paula Iglesias, Entrenadora Rexional de ximnasia rítmica e Monitora de Pilates. -Yaiza Vilela, Técnico Superior en actividades físicas e deportivas. -Cristina Iglesias, Licenciada en INEF e Xuiz de ximnasia rítmica. -José Ángel Casás, Técnico en técnicas de coreografía e interpretación para danza clásica e contemporánea.
Programa de Balnearios Termais (Deputación de Lugo)
11/Xuño/2013
Departamento de Servizos Sociais
Acaba de abrirse o programa polo que ás persoas beneficiarias facilítaselles o acceso aos tratamentos termais que ofrece a provincia, co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida ao tempo que potencia a dimensión económica da riqueza medioambiental da provincia, en particular das súas augas mineromedicinais. Bases da convocatoria (BOP nº 131 do 8/06/2013)
Km0 Balnearios no Camiño ofrece un total de 1.200 prazas nos balnearios lucenses dos Concellos de Lugo, Pantón, Palas de Rei e Guitiriz, das que se poderán aproveitar os lucenses maiores de 50 anos entre os meses de xuño e decembro dirixido a persoas Maiores de 50 anos empadronadas na provincia de Lugo. Cada beneficiario/a poderá acudir con unha persoa acompañante, que poderá participar no programa aínda que non cumpra os ditos requisitos.
Servizos ofertados: 6 días con 5 noites de estancia; 5 pensións completas : Día de entrada (domingo): incluídos cea e aloxamento.- Día de saída (venres): incluídos almorzo e comida.- 8 técnicas de balneario.- 1 recoñecemento médico á chegada.- De luns a xoves: programa de animación sociocultural. Prazo de solicitude: 7 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación das bases no BOP. Ata o 15 de xuño de 2013.
A Concellería de Deportes ven de por en marcha un novo programa de actividades para este verán baixo o título “ACTÍVATE NO VERÁN 2013”, con actividades variadas e para todo tipo de idades. Estas actividades van desenvolverse dende o 1 ao 31 de xullo. Actividades programadas:
FITNESS.- Actividade dirixida a maiores de 18 anos. Vaise desenvolver os luns e mércores en horario de 10:15 a 11:15 horas.
XOGOS INFANTÍS.- Dirixidos a nenos/as de Infantil ata 4º de Primaria. Imos ter dous grupos:
Grupo 1 (dirixido a nenos/as de Infantil), que van ter as súas actividades os martes de xoves de 10:30 a 11:30 horas.
Grupo 2 (dirixido a nenos/as de 1º a 4º de Primaria), que van ter as súas actividades os martes de xoves de 11:30 a 12:30 horas.
ACTIVIDADE FÍSICA PARA MAIORES.- Esta actividade vaise realizar os luns de 11:15 a 12:15 horas e os venres de 10:30 a 11:30 horas.
A inscrición para todas estas actividades (fitnes, xogos infantís e actividade física para maiores), de carácter totalmente gratuita, hai que realizala no Rexistro de Entrada o Concello, cubrindo a corresponde folla de inscrición. As prazas das actividades cubriránse por rigurosa orde de rexistro, xa que son limitadas. O horario para inscribirse é de 8:30 a 14:30 horas de luns a venres, na oficina de Rexistro na entrada do Concello. O prazo de inscrición vai estar aberto do 17 ao 27 de xuño, émbolos dous días incluidos.
Visita medioambiental dos veciños de Xove
10/Xuño/2013
Delegación de Agricultura
O pasado venres 7 de xuño 40 veciños/as de Xove disfrutaron dunha visita medioambiental coa que o Concello quixo celebrar o Día Mundial do Medioambiente. Estas 40 persoas, acompañadas pola Concelleira de Agricultura Dolores Meitín, sairon de Xove ás 8:00 horas para realizar unha primeira parada na Casa Grande de Xanceda (en Mesía) co fin de visitar unha granxa ecolóxica. Despois de xantar e xa pola tarde tiveron a oportunidade de visitar o Complexo Medioambiental da Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA) en Cerceda. Ámbalas dúas visitas foron acompañadas por explicacións técnicas a cargo de responsables de cada un dos lugares que visitaron.
A convocatoria desta viaxe estivo a cargo da Concellería de Agricultura, dirixíndose a titulares de explotacións gandeiras e tamén a aquelas persoas que participaron no programa de compostaxe doméstico.
Coa viaxe, ademáis de colaborar nos actos de celebración do Día Mundial do Medioambiente, pretendeuse un dobre obxectivo: o primeiro foi o de mellorar a súa educación medioambienal, recibindo neste sentido valiosas explicacións nos lugares que visitaron, e o segundo consisteu en contribuir a concienciación medioambiental dos participantes.
>>>>>>>>---------pulse sobre a imaxe para ampliar-------------------<<<<<<<<<
Axudas á xuventude para a obtención do permiso de condución clase B
07/Xuño/2013
Departamento de Servizos Sociais
Pola Xunta de Galicia fáise a convocatoria na Orde do 6 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención do permiso de condución clase B e favorecer a seguridade viaria da xuventude galega, e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 90 do 13/05/2013)
Contía da axuda: O importe da axuda será de 250 € por beneficiario/a, sempre e cando este importe non supere o custo derivado da obtención do permiso de condución obxecto destas axudas.
Requisitos dos/das solicitantes: Poderán solicitar as axudas as mozas e mozos que cumpran os requisitos incluídos no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia, e ademais:Teñan entre 18 e 30 anos de idade cumpridos no momento de presentar a solicitude. Estean en situación de desemprego, cunha antigüidade mínima de seis meses, no momento de presentar a solicitude. Sexan titulares do carné xove vixente no momento de presentar a solicitude. Teñan a súa residencia en Galicia. Estean matriculados/as nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentar a solicitude, no suposto de non estar xa en posesión do permiso de conducir. Non estar en posesión do permiso de condución obxecto da subvención no momento de presentar a solicitude ou telo con data de expedición definitiva a partir do 1 de xaneiro de 2013.- Acrediten un nivel de ingresos netos anuais da unidade familiar que, tomando como referencia o IPREM establecido para o ano 2013, ponderado segundo os membros da unidade familiar, non supere os máximos que a continuación se indican.- N.º de membros da unidade familiar:1 Ingresos máximos: 18.637,85 €.- 2 membros: Ingresos máximos: 20.707,72 €.- 3+ Ingresos máximos: 23.297,31 €
pilihan bermain game online paling banyak digemari masyarakat indonesia dengan permainan game slot online terbaik saat ini adalah mengunjungi link https://fokusparlemen.id/ daftar sekarang juga dan dapatkan kemenangan bermain slot gacor hari ini dengan minimum deposit 10K