* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
Entrega de Diplomas da Escola de Maiores
28/Xuño/2013
Departamento de Servizos Sociais
Hoxe, día 27 de xuño de 2013, no Salón de Plenos do Concello de Xove tivo lugar a entrega de diplomas a cargo da Concelleira de Servicios Sociais, Ana Abad, ás 40 persoas participantes na Escola Municipal de Maiores.
O curso tivo unha duración de outubro de 2012 a xuño de 2013. Durante este periodo ademáis das materias didácticas, realizáronse dúas viaxes culturais, unha á Ribeira Sacra co proxecto Km 0 da Deputación de Lugo e outra ao concello de Allariz.
O obxectivo primordial da Escola de Maiores é a integración, relación social, comunicación,mellora da calidade de vida e envellecemento activo dos seus participantes, así como a oportunidade de desenvolver a súa creatividade, aptitudes e habilidades.
COMEZA O OBRADOIRO DE MEMORIA:Rematado o Curso 2012-2013 da Escola de Maiores, continúan as actividades dentro deste importante colectivo. Neste sentido, o vindeiro 1 de xullo de 2013 dará comezo o OBRADOIRO DE MEMORIA dirixido a persoas maiores de 60 anos. Para esta edición anotáronse 30 persoas. Este taller constará de 8 sesións de hora e media cada unha, encamiñadas a previr o envellecemento cerebral e garantir a autodependencia das persoas participantes. Será impartido pola Educadora Familiar, Angélica Casabella.
Entrega de diplomas curso de Iniciación de Informática
18/Xuño/2013
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
O Alcalde acaba de presidir hoxe a entrega de diplomas dun CURSO DE INICIACIÓN DE INFORMÁTICA, desenvolvido na Aula de Informática da OMIX de Xove.
O curso tivo unha duración de 20 horas e estivo dirixido a 13 alumnos/as de entre 30 e 80 anos. O mesmo realizouse en horario de mañá durante os meses de maio e xuño, 3 días á semana.- O temario impartido, foi: Entorno de Windows & Microsoft Word & Internet: Navegar pola rede utilizando as páxinas máis útiles. Creación e uso de correo electrónico.
Exclusiva: Video da Romaría do SanAntonio
17/Xuño/2013
Departamento de Cultura e Comunicación
O San Antonio Venturoso da Regueira cos romeiros que se achegan a él.
IVª Convivencia musical en Xove.-
14/Xuño/2013
Departamento de Cultura e Comunicación
Mañá, sábado 15 de xuño, vai desenvolverse en Xove a IVª CONVIVENCIA MUSICAL na que van participar músicos de toda a Provincia. Esta xornada de convivencia está organizada pola Escola Municipal de Música do Concello de Xove, e na mesma van participar 50 nenos/as e rapaces/as das Escola Municipais de Música de Xove, Ribadeo, Burela e Mondoñedo, así como do Centro de Música Fingoi de Lugo.
O programa da xornada, que vai discurrir ao longo de todo o día, é o seguinte:
10:45 h.- Recepción de tódolos participantes na sede da Escola no antigo Colexio de Palmeiro.
11:00 a 14:00 h.- Ensaios musicais na Escola de Palmeiro
14:30 h.- Xantar de tódolos participantes; se fai bó tempo farase na praia, e se chovese realizaríase nunha dependencia do Centro Cívico.
17:00 a 18:30 h.- Ensaios musicais no Salón de Actos do Centro Cívico.
19:00 h.- GRAN CONCERTO FINAL desta IVª Xornada de Convivencia Musical, no que van intervir tódolos participantes. No mesmo vanse interpretar pezas de Van der Meuler, Beethoven, Bartok, Pachelbel, etc.
Rematado o Concerto, o Concello de Xove vaille ofrecer nas instalacións do Centro Cívico un ágape a tódolos integrantes desta Xornada.
Campus Gimnasia Rítmica Xove 2013
12/Xuño/2013
Concellería de Deporte e Turismo
A Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove xunto co Club Rítmica Violeta e o Filigrana Club Gimnasia Rítmica organizan o CAMPUS GIMNASIA RÍTMICA XOVE 2103, que conta coa colaboración do Concello de Xove. O mesmo vaise desenvolver no noso Concello dende o 22 ao 26 de xullo, ámbolos dous días incluidos.
Para participación neste Campus haberá que confirmar a asistencia antes do 1 de xullo, tendo que presentar, xunto coa solicitude de inscrición, a seguinte documentación: fotocopia do DNI ou libro de familia e fotocopia da tarxeta sanitaria. A reserva de praza pode facerse nos seguintes teléfonos:
Ana Iglesias: 675 15 47 04 .- Cristina Iglesias: 699 32 82 27.- Paula Iglesias: 687 17 76 86
Xa no que é o propio Campus, dentro das actividades que se van a desenvolver no mesmo, temos: técnica corporal e de aparatos, danza contemporánea máis expresión corporal, ballet e Pilates aplicado á rítmica, obradoiros de maquillaxe, perruquería, etc.
O profesorado vai estar formado, por: -Ana Iglesias, Técnico superior de ximnasia rítmica. -Paula Iglesias, Entrenadora Rexional de ximnasia rítmica e Monitora de Pilates. -Yaiza Vilela, Técnico Superior en actividades físicas e deportivas. -Cristina Iglesias, Licenciada en INEF e Xuiz de ximnasia rítmica. -José Ángel Casás, Técnico en técnicas de coreografía e interpretación para danza clásica e contemporánea.
Programa de Balnearios Termais (Deputación de Lugo)
11/Xuño/2013
Departamento de Servizos Sociais
Acaba de abrirse o programa polo que ás persoas beneficiarias facilítaselles o acceso aos tratamentos termais que ofrece a provincia, co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida ao tempo que potencia a dimensión económica da riqueza medioambiental da provincia, en particular das súas augas mineromedicinais. Bases da convocatoria (BOP nº 131 do 8/06/2013)
Km0 Balnearios no Camiño ofrece un total de 1.200 prazas nos balnearios lucenses dos Concellos de Lugo, Pantón, Palas de Rei e Guitiriz, das que se poderán aproveitar os lucenses maiores de 50 anos entre os meses de xuño e decembro dirixido a persoas Maiores de 50 anos empadronadas na provincia de Lugo. Cada beneficiario/a poderá acudir con unha persoa acompañante, que poderá participar no programa aínda que non cumpra os ditos requisitos.
Servizos ofertados: 6 días con 5 noites de estancia; 5 pensións completas : Día de entrada (domingo): incluídos cea e aloxamento.- Día de saída (venres): incluídos almorzo e comida.- 8 técnicas de balneario.- 1 recoñecemento médico á chegada.- De luns a xoves: programa de animación sociocultural. Prazo de solicitude: 7 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación das bases no BOP. Ata o 15 de xuño de 2013.
A Concellería de Deportes ven de por en marcha un novo programa de actividades para este verán baixo o título “ACTÍVATE NO VERÁN 2013”, con actividades variadas e para todo tipo de idades. Estas actividades van desenvolverse dende o 1 ao 31 de xullo. Actividades programadas:
FITNESS.- Actividade dirixida a maiores de 18 anos. Vaise desenvolver os luns e mércores en horario de 10:15 a 11:15 horas.
XOGOS INFANTÍS.- Dirixidos a nenos/as de Infantil ata 4º de Primaria. Imos ter dous grupos:
Grupo 1 (dirixido a nenos/as de Infantil), que van ter as súas actividades os martes de xoves de 10:30 a 11:30 horas.
Grupo 2 (dirixido a nenos/as de 1º a 4º de Primaria), que van ter as súas actividades os martes de xoves de 11:30 a 12:30 horas.
ACTIVIDADE FÍSICA PARA MAIORES.- Esta actividade vaise realizar os luns de 11:15 a 12:15 horas e os venres de 10:30 a 11:30 horas.
A inscrición para todas estas actividades (fitnes, xogos infantís e actividade física para maiores), de carácter totalmente gratuita, hai que realizala no Rexistro de Entrada o Concello, cubrindo a corresponde folla de inscrición. As prazas das actividades cubriránse por rigurosa orde de rexistro, xa que son limitadas. O horario para inscribirse é de 8:30 a 14:30 horas de luns a venres, na oficina de Rexistro na entrada do Concello. O prazo de inscrición vai estar aberto do 17 ao 27 de xuño, émbolos dous días incluidos.
Visita medioambiental dos veciños de Xove
10/Xuño/2013
Delegación de Agricultura
O pasado venres 7 de xuño 40 veciños/as de Xove disfrutaron dunha visita medioambiental coa que o Concello quixo celebrar o Día Mundial do Medioambiente. Estas 40 persoas, acompañadas pola Concelleira de Agricultura Dolores Meitín, sairon de Xove ás 8:00 horas para realizar unha primeira parada na Casa Grande de Xanceda (en Mesía) co fin de visitar unha granxa ecolóxica. Despois de xantar e xa pola tarde tiveron a oportunidade de visitar o Complexo Medioambiental da Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA) en Cerceda. Ámbalas dúas visitas foron acompañadas por explicacións técnicas a cargo de responsables de cada un dos lugares que visitaron.
A convocatoria desta viaxe estivo a cargo da Concellería de Agricultura, dirixíndose a titulares de explotacións gandeiras e tamén a aquelas persoas que participaron no programa de compostaxe doméstico.
Coa viaxe, ademáis de colaborar nos actos de celebración do Día Mundial do Medioambiente, pretendeuse un dobre obxectivo: o primeiro foi o de mellorar a súa educación medioambienal, recibindo neste sentido valiosas explicacións nos lugares que visitaron, e o segundo consisteu en contribuir a concienciación medioambiental dos participantes.
>>>>>>>>---------pulse sobre a imaxe para ampliar-------------------<<<<<<<<<
Axudas á xuventude para a obtención do permiso de condución clase B
07/Xuño/2013
Departamento de Servizos Sociais
Pola Xunta de Galicia fáise a convocatoria na Orde do 6 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención do permiso de condución clase B e favorecer a seguridade viaria da xuventude galega, e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 90 do 13/05/2013)
Contía da axuda: O importe da axuda será de 250 € por beneficiario/a, sempre e cando este importe non supere o custo derivado da obtención do permiso de condución obxecto destas axudas.
Requisitos dos/das solicitantes: Poderán solicitar as axudas as mozas e mozos que cumpran os requisitos incluídos no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia, e ademais:Teñan entre 18 e 30 anos de idade cumpridos no momento de presentar a solicitude. Estean en situación de desemprego, cunha antigüidade mínima de seis meses, no momento de presentar a solicitude. Sexan titulares do carné xove vixente no momento de presentar a solicitude. Teñan a súa residencia en Galicia. Estean matriculados/as nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentar a solicitude, no suposto de non estar xa en posesión do permiso de conducir. Non estar en posesión do permiso de condución obxecto da subvención no momento de presentar a solicitude ou telo con data de expedición definitiva a partir do 1 de xaneiro de 2013.- Acrediten un nivel de ingresos netos anuais da unidade familiar que, tomando como referencia o IPREM establecido para o ano 2013, ponderado segundo os membros da unidade familiar, non supere os máximos que a continuación se indican.- N.º de membros da unidade familiar:1 Ingresos máximos: 18.637,85 €.- 2 membros: Ingresos máximos: 20.707,72 €.- 3+ Ingresos máximos: 23.297,31 €
07/Xuño/2013
Departamento de Cultura e Comunicación
Este pasado fin de semana o Club de Bolos Xove proclamouse CAMPIÓN DA LIGA PROVINCIAL DE BOLOS, a cal foi disputada por 7 clubs da nosa Provincia. Por detrais quedaron, e nesta orde, o Club de Bolos Cruceiro de Meilán e o Club de Bolos Ribatra. A victoria do noso Club foi incontestable, xa que nos impuxemos en todas e cada unha das tiradas disputadas, sendo a primeira vez na historia desta Liga que un club gaña en tódolos campos.
No Campionato Provincial non se xoga a unha modalidade de bolos, senón que en cada sede de cada un dos 7 clubs participantes xógase a modalidade desa zona, dahí a complicación desta Liga, onde os xogadores/as teñen que dominar tódalas modalidades practicadas na Provincia. En cada modalidade os bolos, as bolas e as normas son diferentes, dahí que os xogadores/as teñañ que coñecelas e dominalas todas.
O deporte dos bolos, nos que Xove e pioneiro xa que disfruta dunha liga que vai cumprir o seu vixésimoquinto aniversario, está tendo un gran auxe na nosa Provincia, onde cada vez son máis os clubs participantes, e tamén as modalidades recuperadas deste deporte popular. A Liga Provincial está a xogar un importante papel nesta recuperación, e esperamos que en anos vindeiros sexan máis os clubs que se sumen a esta competición.
Ademáis deste importantísimo éxito, que coroa ao noso Club coma o mellor da Provincia, tamén tivemos importantes éxitos a nivel individual. En categoría absoluta, o noso xogador Arturo Vigo quedou subcampión da categoría por detrais de Moisés Salgado do Club Cruceiro de Meilán. En categoría feminina a nosa representante Belén Meitín tamén acabou segunda, por detrais de María Belén Gavín do Cruceiro de Meilán. E xa en categoría de veteranos, tamén acadamos o subcampionato con José Baño, por detrais de Cándido Rodríguez do Ribatra.
Para rematar, decir que a victoria na Liga Provincial clasifica ao noso Club para disputar o Campeonato de España que se vai disputar a finais de xuño e do cal informaremos máis adiante.
FOGUEIRAS DE SAN XOAN 2013
05/Xuño/2013
Delegación de Agricultura
Con motivo da proximidade do día de SAN XOAN, informase a todos os veciños e veciñas que está aberto o prazo para solicitar a autorización do Concello para facer a tradicional FOGUEIRA, xa que NON é valido un permiso de queima agrícola.
A solicitude pode facerse no Departamento de Agricultura, Gandería e Montes do Concello de Xove.
O prazo para facer a solicitude rematará o Mércores 19 de Xuño.
IIº Campus de Fútbol-Sala da S.D. Xove
31/Maio/2013
Concellería de Deporte e Turismo
IIª Campus de Fútbol Sala Misto e Iº Campus de Porteiros "Stop Goles".-Hoxe tivo lugar a presentación nun acto celebrado no Salón de Plenos do Concello, no que participou o Sr. Alcalde, Demetrio Salgueiro, acompañado polo Directivo da S.D. Xove Fútbol Sala Antonio Rey.
o Campus de Fútbol Sala Mixtocelebraráse do 8 ó 12 de xullo (ambos incluídos) e está dirixido a nenos/nenas que queiran disfrutar de 5 días de fútbol sala e de múltiples actividades lúdicas que estarán supervisadas e dirixidas por profesores titulados no ámbito deportivo e da educación. (prezo: 80 €)
o Campus de porteiros "Stop Goles"desenvolveráse a continuación do anterior, dende o 15 ó 18 de xullo.(prezo: 45 €)
De igual xeito que en anos anteriores e organizadas dende a Concellería de Sanidade, Servizos Sociais, Xuventude, Muller e Igualdade están programadas as seguintes actividades para os meses de verán:
Romaría de San Antonio de Rigueira: O 13 de xuño de 2013 celébrase a Romaría máis famosa do municipio de Xove: o San Antonio da Rigueira. Este ano, para gañar a Ventura (insignia de romeira/o), póñense a disposición das/os camiñantes ata 8 rutas, que parten de diferentes parroquias e que conducen á igrexa da Rigueira.Segundo a parroquia que cadaquén elixa para iniciar a Romaría, haberá un horario de saída. Para facer un control da romaxe, cada romeira/o disporá dun carné de romaxe, que o identifica, e onde se sinala a Ruta que segue. Este carné haberá entregarse selado para a obtención da ventura e do lirio de San Antonio.O número de Selos dun Carné dependerá da Ruta seguida, pois haberá distintos puntos de selado en cada ruta situados en casetas ao longo do camiño.Aqueles que o desexen poden anotarse previamente no Concello de Xove antes do 12 de xuño.- Máis información: Laboratorio de Investigación Social. Concello de Xove: 982 592001 e-mail: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.">Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
Encontros para a Saúde: Taller de Memoria.-Departamento de Educación Familiar: Duración: Mes de xullo .- Inscrición: ata o 28 de xuño .- Dirixido a persoas maiores de 60 anos .- (Na oficina de Servicios Sociais ou na OMIX).-
VERÁN XUVENTUDE 2013.-
“A SEXUALIDADE PARA ADOLESCENTES” días 18,20,25 e 27 de xuño .- Horario de 17:00 a 19:00 h. - Obradoiros para xóvenes de 12 a 16 anos..- Inscrición: na OMIX antes do 15 de xuño.
II TORNEO DE WII.- sábado 22 de xuño:A partir de 12 anos. Inscrición ata o 20 de Xuño.
MAÑÁNS ACTIVAS DE VERÁN.-Meses de Xullo e Agosto .-De martes a xoves en horario de 10:00 a 14:00 horas.-Dirixidas a xóvenes de entre 10 e 16 anos. Actividades:Mnemotecnia: a arte de memorizar.-Informática e fotografía.- Actividades na natureza.- Deportes alternativos.- Habilidades manuais.- Igualdade e corresponsabilidade.- Para anotarse ou mais información, na Omix ou no teléfono 982571816
Días 2--27 xullo.- Cursos De Informática.- Idades de 6 a 12 anos.(2006-2001)
Día 10 xullo: Paintball (de 12 a 18 anos)
Día 20 xullo: Viaxe A Cerceda (de 13 a 35 anos)
Día 27 xullo: Paintball (+ 18 anos)
O prazo para inscribirse remata 7 días antes do día no que se realiza cada actividade.
Días 2 e 3 agosto : Campamento.- Idades entre 10 e 16 anos.- Anotarse antes do día 27 de xullo
Día 31 de agosto : Día Da Xuventude.- Durante o día, actividades na OMIX.- A partires das 22:00, Festa rachada para despedir o verán. Esperámoste !!
Previsto para setembro : Viaxe Ao Kartodromo De Tapia (datas por confirmar) mínimo 20 persoas.- Inscrición ata o 26 de agosto.- Idades entre 16 e 35
AXUDAS PARA A OBTENCIÓN DO CARNÉ DE CONDUCIR
(DOG nº 90, luns 13 de maio de 2013).- Requisitos: Ter entre 18 e 30 anos de idade. Ser titular do Carné Xove. Ter residencia en Galicia. Estar matriculado nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia. Acreditar uns ingresos segundo a táboa establecida na orde. Para máis información, dirixirse á OMIX.
BONO-BUS UNIVERSITARIO.-Lembramos a toda a mocidade universitaria do Concello de Xove, que a partir do mes de setembro de 2013, xa podedes solicitar na Oficina de Información Xuvenil os bonos de autobus para viaxar a Lugo, Coruña e Santiago.
Éxitos do Club de Bolos Xove
28/Maio/2013
Departamento de Cultura e Comunicación
Alejandro Meitín, Campión Galego Intermodal: Hai uns dias o xogador do club de Bolos Xove ALEJANDRO MEITIN SERANTES proclamouse gañador do Campionato Galego Intermodal. Este campionato xogouse entre os 20 mellores xogadores da Provincia de Lugo e os 20 mellores do resto de Galicia (básicamente xogadores desprazados dende O Val Miñor e de Ourense), nun torneo celebrado simultaneamente nos Concellos de Pastoriza e Castro de Rey.
Alejandro Meitin, con so 19 anos, xa ten no seu haber un Campionato de España Xuvenil e agora consegue o Campionato Intermodal Galego. Este campionato posiblemente sexa un dos máis complicados de xogar xa que se disputan cinco modalidades distintas de bolos (distintos bolos, distintas bolas e distintas distancias). Alejandro Meitin estivo acompañado no podium por Luis Rancaño 2º (Club de Bolos Cruceiro de Meilan) e de Ginés Rodriguez 3º (Club de Bolos Xove).
As xogadoras do Club de Bolos Xove DOLORES BAÑO e BELEN MEITIN conseguiron a 2º e 3ª plaza na categoria femenina.
Tamén, os xogadores do Club de Bolos Xove Ginés Rodríguez e Andrés Rodriguez, inda que neste caso formando parte da Asociación Furabolos de Sigüeiro e xunto con Ivan, Toño, Cesar e Raquel (todos eles de Sigüeiro), acadaron este fin de semana un gran éxito no deporte popular da billarda ao acadar o titulo de CAMPIÓNS DE GALICIA por equipos do ano 2013.
Esta victoria obtivérona ao gañar por un só punto ao equipo dos Billardeiros Musicais de Ribadeo, no campionato celebrado o pasado fin de semana en Marrozos (Santiago)
Asimesmo, Ginés Rodríguezacadou os titulos de CAMPION de Varados e SUBCAMPIÓN na clasificación absoluta.
Entregados os premios do “Concurso Letras Galegas 2013”
21/Maio/2013
Departamento de Cultura e Comunicación
O Concello de Xove entregou hoxe, nun acto celebrado no Salón de Actos do Centro Cívico a partires das 18:30 horas, os premios do concurso letras galegas 2013, adicado este ano a Roberto Vidal Bolaño. O Concurso foi convocado pola Biblioteca Municipal de Xove: dentro do concurso tivemos dous apartados, un Literario e outro de Artes Plásticas, destinados ambos a nenos/as e rapaces/as do noso Concello, dende preescolar de 3 anos a 4º de ESO. Con isto, dende o Concello de Xove preténdese, por unha banda, un apoio á língua galega, e por outra, estimular á nosa xuventude naquelas artes máis relacionadas cos seus estudios académicos. A entrega dos Diplomas e Premios foi presidida pola Concelleira de Cultura Dolores Meitín, acompañada de varios membros do Xurado. A relación de premiados é a seguinte:
PREMIOS ALUMNOS/AS DO CEIP PEDRO CASELLES ROLLÁN
Educación infantil : 5 anos - Artes plásticas: 1º premio: Iago Rivas Balsa e 2º premio: Daniel Bertolo Casabella.
Onte, 9 de maio, 35 membros da Escola de Maiores do Concello de Xove viaxaron ao Concello de Allariz, nunha das súas visitas culturais, acompañados/as pola Educadora Familiar, Dna. Angelica Casabella Quelle e a Concelleira de Servizos Sociais, Dna. Ana Abad López.
Á mañá, en compaña de Sonia, a Educadora Social e Pilar, Concelleira de Benestar do Concello de Allariz, visitaron o Fogar dos Maiores e o casco histórico de Allariz, declarado Conxunto Histórico Artístico desde o ano 1971. Logo do xantar visitaron o Ecoespazo do Rexo, onde hai unha granxa escola, un centro de educación ambiental, fábrica de queixo e unha intervención artística sobre rochas e árbores (Agustín Ibarrola), todo á beira do río Arnoia.
pilihan bermain game online paling banyak digemari masyarakat indonesia dengan permainan game slot online terbaik saat ini adalah mengunjungi link https://fokusparlemen.id/ daftar sekarang juga dan dapatkan kemenangan bermain slot gacor hari ini dengan minimum deposit 10K