Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Nova xornada da Escola de Familias en Xove
10/Maio/2013
Departamento de Servizos Sociais
-
Onte, 9 de maio, continuou nun aula da OMIX de Xove a IIª EDICIÓN DA ESCOLA DE FAMILIA, evento que novamente está organizado pola OMIX de Xove. Concretamente realizouse a 5ª actividade desta escola coa charla “CONVIVENCIA” a cargo do técnico Xosé Mosteiro, do Centro “QUEROTE +” da Xunta de Galicia. Na mesma estudiouse e analizouse a problemática das relacións entre pais e fillos.
Para rematar coas actividades desta Escola quedan duas xornadas:
- -O 14 de maio sobre “Uso responsable das novas tecnologías”.
- -E o 30 de maio sobre “Drogas”.
Exposición de Fotografía: Convocatoria “XOVE 360º”
08/Maio/2013
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Un ano máis, a Concellería de Cultura do Concello de Xove realiza a convocatoria para realización dunha nova edición da EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA “XOVE 360º”, que tódolos anos se organiza polas FESTAS PATRONAIS DO SAN BARTOLO.
Con este motivo, INVITAMOS aos alumnos/as do IES Illa de Sarón que lles guste o mundo da fotografía, a participar coas súas fotos nesta Exposición, xunto con outros fotógrafos/as do noso Concello.
Para participar, podedes apuntarvos no Departamento Municipal de Cultura, en horario de 9:00 a 15:00 horas, 982 59 20 01, preguntando por Mario ou ben no EMAIL marioeijoøxove.es
Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.">
Fin de semana plagado de éxitos do deporte Xovense
06/Maio/2013
Concellería de Deporte e Turismo
-
Intenso fin de semana deportivo o vivido en Xove, no cal o deporte xovense acadou importantes éxitos, tanto no que atinxe ao deporte municipal coma o dos distintos clubes.
O fin de semana comezou co ASCENSO A 2ª DIVISIÓN DO CLUB NATACIÓN XOVE. Emocionantísima a xornada vivida este pasado sábado 4 de maio na piscina municipal de Xove, onde 6 equipos (USC, C.N. Monforte, C.N. Vilagarcia, C.N. Salnes, C.N. Mos y C.N. Xove) se xogaban o ascenso á 2ª división. Comezou esta intensa xornada ás 10:30 horas en sesión matutina, acabando a mesma cunha puntuación moi axustada, iso sí, xa encabezada polo C.Natación Xove.
A partires das 17:30 horas producirse a hora da verdade, xogándose os equipos o todo polo todo. Chegando ao final, sabíase que as probas de relevos ían ser fundamentais e ahí o Club Natación Xove non fallou, conseguindo manter a primeira posición. Se hai algo que se poida destacar, ademáis da gran actuación de tódolos nadadores/as do Club, foi o apoio dos afeccionados e dos nadadores do Club que non interviron nesta emocionante xornda; incansables dende o inicio da competición, levaron ao equipo á victoria e ao ASCENSO A 2ª DIVISIÓN. Xunto a Club Natación Xove, ascende tamén o C.N. Salnés como segundo clasificado.
CLASIFICACIÓN: 1º C.N. XOVE 666,0 PUNTOS; 2º C.N. SALNES 658,0 ; 3º C.N. MONFORTE 650,0; 4º USC 644,0; 5º C.N. MOS 370,0; 6º C.N. VILAGARCIA 357,0.
Continuamos agora coas competicións desenvolvidas pola ACD Xove, en tenis de mesa e en atletismo.
O equipo de tenis de mesa da ACD participou este sábado 4 no Campionato Provincial celebrado en Vilalba, acadando importantes resultados:
-Equipo Cadete "A", formado por Mateo Meitín E Carlos Cociña: CAMPIONS PROVINCIAIS.
-Equipo Cadete "B" formado por Rodrigo Rouco E Moisés Folgueiras: SUBCAMPIONS PROVINCIAIS.
-Categoría Cadete Feminina, formado por Rocío Duarte E Rosalía Veiga: CAMPIONAS PROVINCIAIS.
No que respecta a atletismo, o equipo da ACD participou no Campionato Provincial de Atletismo en Pista celebrado este domingo en Lugo, acadando os seguintes resultados:
Categoría Alevín Masculino:
-Diego Fernández: 3º en triatlón (Velocidad 60m /Salto de Lonxitude/Lanzamento de Peso)
-Ángel Otero: 4º EN TRIATLON
Categoría Infantil Masculino:
-David Otero: 5º EN 3.000 m. Lisos
-Íker Fernández: 5º EN 1.000 m. Lisos / 5º en Velocidade 80 m.
Xa o domingo 5 de maio, dende as 17:30 horas desenvolveuse nun ateigado Pavillón Municipal de Deportes o CAMPIONATO PROVINCIAL FASE ESCOLAR E PROMOCIÓN de Ximnasia Rítmica, coa participación de 10 equipos de toda a Provincia.
A Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove, que representaba ao noso Concello neste Campionato, participou no mesmo con 3 equipos, dous na Fase Provincial Escolar (equipos alevín e infantil) e un na Fase Promoción (equipo senior).
Pois ben, dous dos tres equipos conseguiron auparse ao medalleiro final: o equipo Infantil conseguiu proclamarse SUBCAMPIÓN na súa categoría dentro da Fase Escolar; pola súa banda, o equipo Senior acadou a TERCEIRA POSICIÓN na súa categoría dentro da Fase de Promoción.
Reserva de praza na Escola Infantil para o curso 2013/2014
03/Maio/2013
Departamento de Servizos Sociais
-
Ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas que o prazo para solicitar a reserva de praza na Escola Infantil para o curso 2013/2014 abarcará de 2 DE MAIO A 1 DE XUÑO DE 2013
Documentación a presentar para solicitar Reserva de Praza na E.I.:
-
- Impreso de solicitude (facilitarase no Departamento de Servizos Sociais)
- Fotocopia do DNI ou pasaporte dos pais
- Fotocopia do Libro de Familia
- Certificado de empadroamento colectivo
- Fotocopia da Cartilla da Seguridade Social do/a neno/a
- Fotocopia compulsada da Declaración da Renda de todos os membros maiores de idade da unidade familiar ou certificado negativo de Facenda ou calquera outro documento acreditativo dos ingresos familiares (nóminas, certificacións de empresas, pensións,...)
- Informe médico do/a neno/a
- Carné de vacinación actualizado
Actuación do GRUPO OURIOL hoxe en Xove
29/Abril/2013
Departamento de Cultura e Comunicación
-
A Concellería de Cultura do Concello de Xove organizou para hoxe unha actuación dentro do Programa LER CONTA MOITO, programa patrocinado pola Concellería de Cultura e dirixido ás Bibliotecas Públicas co fin de promocionar a lectura e todo o relacionado co mundo das bibliotecas.
Das tres actividades programadas polo noso Concello dentro de Ler Conta Moito, hoxe tivemos a primeira; concretamente foi o GRUPO OURIOL que puxo en escea “DE NOME ROSALÍA”, unha proposta de dinamización con música, teatro e danza. A esta función, que se desenvolveu a partires das 16:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove, asistiron tódolos alumnos/as, xunto con profesores, do IES Illa de Sarón de Xove, estando adicada esta función en exclusiva a eles.
Campionato Provincial Escolar e Promoción de Ximnasia Rítmica
26/Abril/2013
Concellería de Deporte e Turismo
-
Estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares
25/Abril/2013
Departamento de Servizos Sociais
-
Pola Xunta de Galicia convócanse prazas para facilitarlles ás mulleres que teñan fillas e/ou fillos menores exclusivamente ao seu cargo un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun espazo de lecer.
Será ata un máximo de 95 prazas para mulleres con fillas e/ou fillos ao seu cargo, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.As estadías serán de entre sete e dez días en réxime de pensión completa, preferentemente entre finais do mes de xuño e principios do mes de xullo. Os gastos de aloxamento, manutención, monitoras e transporte desde o seu concello de orixe serán gratuítos para as persoas beneficiarias, e serán por conta da Secretaría Xeral da Igualdade.
Beneficiarias: As mulleres que reúnan os seguintes requisitos:
- a) Ter fillas e/ou fillos exclusivamente ao seu cargo con idades comprendidas entre os 2 e 12 anos, ambos inclusive, na data de presentación da solicitude.
- b) Estar domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia e no caso de mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia ou tarxeta de réxime comunitario, segundo o caso.
- c) Dispoñer dunha renda mensual que, tendo en conta todos os ingresos do conxunto da unidade familiar, dividida polo número de membros que a compoñen, non supere o salario mínimo interprofesional (SMI).
- d) Non padecer ela, nin as fillas e/ou fillos que a acompañen, unha enfermidade que requira illamento e/ou que impida a normal convivencia.
Requisitos: Para asistir ao programa, as mulleres beneficiarias irán acompañadas das súas fillas/fillos menores, sempre que estas/es teñan con idades comprendidas entre os dous e os doce anos, ambos inclusive.
Finalización do prazo: 16 de maio de 2013
Documentos relacionados:
Noé Cabana Alemparte, Campión de España de Fútbol-Sala
25/Abril/2013
Concellería de Deporte e Turismo
-
Hoxe, a última hora da mañá no Salón de Plenos do Concello, o Alcalde Demetrio Salgueiro acompañado pola Concelleira de Deportes e Turismo Cristina Iglesias, recibiron no Salón de Plenos a Noé Cabanas Alemparte, rapaz de Xove que acaba de proclamarse campión de España de Fútbol Sala de Seleccións Autonómicas Base, na categoría infantil. Noel Cabana é porteiro da Selección Galega, e proclamouse campión de España no torneo celebrado do 5 ao 7 de abril deste ano en Oropesa del Mar.
Pola súa parte, o Alcalde felicitou a esta xove promesa do fútbol sala e animouno a seguir traballando para acadar novas metas.
Prestación económica por fillos menores de tres anos para o ano 2013.
25/Abril/2013
Departamento de Servizos Sociais
-
Por parte da Xunta de Galicia, comunícase a apertura do prazo para a prestación consistirá nun pagamento único por cada fillo/a menor de tres anos, sendo a contía da prestación de 360 euros por cada un dos fillos/as, sen que o mesmo fillo/a poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria.
Persoas beneficiarias: Aquelas persoas que teñan fillos/as menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2013 (nacidos entre o 2.1.2010 e o 1.1.2013, inclusivos) e que, durante o ano 2011, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.
No caso de fillos/as adoptados/as ou acollidos/as entre o 31 de decembro de 2011 e o 31 de decembro de 2012, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.
Os estranxeiros que residan en Galicia poderán beneficiarse desta prestación sempre que cumpran as condicións da Lei orgánica 4/2000, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España, e os requisitos establecidos nesta norma e teñan a condición de contribuíntes para os efectos do disposto na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto da renda das persoas físicas.
En ningún caso poderán ser beneficiarios os proxenitores privados da patria potestade dos seus fillos/as, ou se a tutela ou a garda fose asumida por unha institución pública.
-
- Prazo de solicitude: dende o día 2 de abril ao 11 de maio.
- Documentos relacionados : ORDE do 26 de marzo do 2013 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2013.
- Ligazóns relacionadas: BS410A - Xunta de Galicia.- link ó Programa de prestación por fillas e fillos menores de tres anos.
- PARA MÁIS INFORMACIÓN ---> DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO <-----
Campaña de vacinacións caninas en Xove
19/Abril/2013
Delegación de Agricultura
-
Vaise a facer unha Campaña Voluntaria de Vacinación Antirrábica, e de Desparasitación contra o quiste hidatídico, así como vacinación tetravalente (vacinación anual recomendada para previr as enfermidades caninas do moquillo, parvovirose, hepatite e leptospirose), emisión de nova cartilla-pasaporte, implantación de microchip e Certificado Veterinario Oficial segundo normativa de cans potencialmente perigosos, neste termo municipal.
A campaña será realizada polas veterinarias: Mª Sol Carreira Castro colexiada nº 862 e Silvia Roca Castro colexiada nº 1074. O calendario de paso será o seguinte:
-
- Xuances, Portocelo, Morás, Lago, Sumoas : Luns 29 de abril
- Xove, A Rigueira e Monte: Martes 30 de abril
As persoas interesadas deberán comunicalo no Departamento de Agricultura e Gandería do Concello de Xove ou chamando aos teléfonos das veterinarias (669.55.22.13 ou 667.23.18.36), con anterioridade ao día de paso.
Os prezos por cada un dos servizos son os seguintes:
-
-
Vacina rabia e tratamento antiparasitario contra a hidatidose: 15 €
-
Vacina tetravalente: 29 €
-
Emisión nova cartilla-pasaporte: 2 €
-
Implantación do microchip con crédito Alta Regiac: 33 €
-
Expedición crédito Regiac Cambio Titularidad: 10 €
-
Expedición crédito Regiac para microchip asumido: 15 €
Nota importante: POR SEGURIDADE, FÁGASE USO DO BOZO.
Conferencia dentro do "Proxecto Espello Deportivo"
17/Abril/2013
Concellería de Deporte e Turismo
-
A Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, trae o seu proxecto Espello Deportivo ao Concello de Xove, a través dunha subvención concedida á Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense. Trátase dunha iniciativa dirixida a dinamizar a lingua galega no ámbito do deporte na que participan medallistas paralímpicos e o actor ourensán Rubén Ríos.
Neste caso o deportista conferenciante é Chano Rodríguez, deportista que sufriu unha parálise nas súas pernas e fixo do deporte o seu medio de rehabilitación tanto físico como mental. Neste proceso, comeza a nadar, tomándose tan en serio a súa carreira de natación que consegue clasificarse para os Xogos Olímpicos de Sidney no ano 2000, obtendo 5 medallas de ouro. Posteriormente en Atenas, 3 ouros e un bronce. Pekín: 2 pratas e 2 bronces e en Londres 2 prata e un bronce. Converténdose así, no segundo deportista español con máis medallas paralímpicas de toda a historia.
Xunto a este deportista estará o actor e produtor galego de cine e televisión Rubén Ríos, coñecido polo papel de Marcos na serie da TVG “Libro de Familia”, quen participa activamente neste proxecto co súa produtora Cloqueta Coqueta.
A conferencia terá lugar o próximo venres ás 17:00h no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove. Dende o Concello de Xove animamos a todas as persoas a participar nesta conferencia, para escoitar de primeira man a testemuña dun deportista desta índole.
Xa en marcha o “Concurso Letras Galegas 2013”
17/Abril/2013
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O Concello de Xove pon en marcha un ano máis o CONCURSO LETRAS GALEGAS 2013. Con motivo da celebración do DIA DAS LETRAS GALEGAS, adicado este ano a ROBERTO VIDAL BOLAÑO, a Biblioteca Municipal de Xove convoca dous Concursos, un Literario e outro de Artes Plásticas, destinados ambos a nenos/as e rapaces/as do noso Concello, dende preescolar de 3 anos a 4º de ESO.
Con isto, dende o Concello de Xove preténdese, por unha banda, un apoio á língua galega, e por outra, estimular á nosa xuventude naquelas artes máis relacionadas cos seus estudios académicos.
BASES DO CONCURSO ...
Leer más:Xa en marcha o “Concurso Letras Galegas 2013”
Entrega de diplomas de Curso de Atención Sociosanitaria e Conservación de Montes
16/Abril/2013
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Hoxe, ás 17:00 horas no Salón de Plenos do Concello, tivo lugar a entrega de Diplomas dos cursos de ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS e ACTIVIDADES AUXILIARES DE CONSERVACIÓN E MELLORA EN MONTES. Esta entrega estivo presidida polo Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola AEDL Rosa Lage como coordinadora de Formación para o Emprego.
No curso de Atención Sociosanitaria participaron 15 alumnas, das que 9 xa están traballando. O mesmo desenvolveuse na Aula de Formación do Concello de Xove, realizándose as prácticas na Residencia de Maiores San Bartolomé de Xove e na Residencia Geriatros de Viveiro. Dentro das actividades paralelas organizadas, salientar a visita ao Centro de Dependentes de Mondoñedo e a visita de profesionais na propia Aula. En total tiveron unhas 470 horas docentes.
En canto ao curso de Actividades Auxiliares de Conservación e Mellora en Montes, inscribíronse un total de 13 alumnas. Neste sentido, decir que o sector forestal está tendo un certo movemento económico, polo que se converte nun importante sector con posibilidades de inserción laboral. Dentro das actividades didácticas, salientar a visita a aula do traballador forestal do municipio Antonio Miranda, que recentemente creou a súa propia empresa. En total tiveron unhas 290 horas docentes.
Ademáis da entrega de Diplomas, no acto de hoxe fíxose a xestión dos correspondentes CErTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE, xa que ambos cursos son homologables directamente con estes certificados.
Entregados os diplomas do Curso de Informática da Aciam Xove
12/Abril/2013
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Onte, xoves 11 de abril, ás 15:00 horas na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Xove, foron entregados os Diplomas do Curso de Informática da ACIAM Xove. A entrega estivo presidida polo alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola Concelleira de Servizos Sociais Ana Abad.
Este curso foi organizado pola ACIAM Xove para os seus asociados, coa colaboración do Concello de Xove, que puxo a disposición da ACIAM a Aula de Informática da OMIX e tamén o técnico que impartiu o curso, concretamente Daniel López. No curso inscribíronse 16 persoas.
Os participantes traballaron con dous programas, o Power Point 2007 e o Acces 2007; estes programas informáticos teñen unha gran aplicación práctica para as empresas, xa que o Powert Point serve para realizar presentacións de produtos e servizos e o Acces para xestionar e crear bases de datos. Dahí que as 15 horas que durou o curso foron básicamente prácticas, servíndolles aos participantes para porse ao día en procedementos informáticos que despois van poder aplicar nas súas empresas e negocios.
Acción de Verán'13
02/Abril/2013
Departamento de Servizos Sociais
-
A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, convoca, unha vez máis, a Campaña de Verán 2013, para favorecer que a xuventude empregue o seu tempo libre de verán participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que sirvan non só para divertirse senón tamén para o enriquecemento persoal e vital, ademais de ofrecer a posibilidade de coñecer outros territorios da xeografía nacional a través das actividades que se realizan noutras comunidades autónomas de España.
Acción de Verán'13 é un programa de actividades que ten lugar nos meses de xullo e agosto, tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas. Está composto por diferentes áreas de participación, que comprenden actividades de lecer para toda a xuventude e actividades de voluntariado en campos de traballo nacionais e estranxeiros.
As actividades da campaña de verán están dirixidas a todos aqueles mozos e mozas que desexen pasar un verán diferente, cooperando en iniciativas sociais ou compartindo experiencias con rapaces en instalacións doutras comunidades autónomas. Son unha forma económica e divertida de axudar e gozar.
CAMPAMENTOS:Son unha forma diferente e divertida de pasar as vacacións estivais. Haberá quendas de entre unha semana e quince días de duración nos meses de xullo e agosto.Podes escoller o campamento que prefiras en función da túa idade e das actividades que nel se oferten (náuticas, de multiaventura, teatro...) Só tes que animarte a participar!
ACTIVIDADES DE 18 A 35 ANOS
http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.html
Festas de San Isidoro en Penasagudas-Monte
01/Abril/2013
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Un ano máis a Comisión de Festas de Monte, formada por membros da Asociación Cruz de Loureiro de San Isidoro de Monte, organiza as FESTAS PATRONAIS DA PARROQUIA EN HONRA A SAN ISIDORO os vindeiros 6 E 7 de ABRIL, con arranxo ao seguinte programa:
SÁBADO, 6 DE ABRIL:
-
- 13:00 Horas.- Misa Solemne na Igrexa Parroquial e Procesión en Honra a San Isidoro.
- 14:00 horas.- Sesión Vermú con “LEMBRANZA”.
- 15:00 horas.- Xantar nunha carpa totalmente pechada. Para inscribirse previamente no xantar hai que chamar ao tfno: 646647619.
- -17:00 horas.- Verbena con: “LEMBRANZA” e “GARIBALDI”. Para esta verbena, a Comisión ten preparados 3 trofeos para as tres mellores parellas de baile.
DOMINGO, 7 DE ABRIL
-
- 10:00 horas.- Ruta de Sendeirismo “Penasagudas á Cruz do Pao da Vella”, organizada pola Asociación Cruz de Loureiro. Para inscribirse previamente na Ruta e para apuntarse ao posterior xantar, hai que chamar ao tfno: 982 16 93 49.
- Despois do Xantar, a partires das 17:00 horas, baile e verbena con “LEMBRANZA”.
A Comisión de Festas dispón dunha CARPA na cal se realizarán os bailes dos dous dias da festa. A Comisión quere agradecerlle a tódalas institucións, empresas e particulares que dalgunha maneira axudaron, a súa colaboración coa nosas Festas Patronais.
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|