Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte 
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2023
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove durante o ano 2022 son as seguintes:
---> 21 de febreiro de 2023 (Martes de Entroido)
---> 21 de agosto de 2023 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xullo
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Minerais contra o Cancro...
19/Abril/2022
CONCELLO DE XOVE
-
O Concello de Xove está adherido ao proxecto Minerais contra o Cancro. Este proxecto está integrado por un equipo multidisciplinar investigador da USC e o HULA. O obxectivo é coñecer o papel dos minerais na incidencia de determinados tumores e avaliar o seu uso como complemento en tratamentos de quimioterapia e radioterapia, para mellorar a calidade de vida e o prognóstico dos pacientes.
Para a primeira fase do estudo necesitanse mostras de sangue da poboación de Lugo, polo que se fai publica esta información para que a xente se anote e participe.
XXXI CURSO DE MÚSICA DE SEMANA SANTA
13/Abril/2022
CONCELLO DE XOVE
-
O Curso, que na súa XXXI edición comezou este pasado sábado 9 de abril nas instalacións do antigo Colexio Público de Palmeiro, celebrou hoxe o seu primeiro concerto, concretamente o CONCERTO DE CÁMARA que foi maioritariamente protagonizado polos alumnos máis pequeniños. Mañá terá lugar o CONCERTO DE CLAUSURA a partires das 18:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico.
O Curso está sendo todo un éxito, cunha participación de algo máis de 60 alumnos. O Curso está organizado pola Asociación Prestoxove e conta coa colaboración e patrocinio do Concello de Xove.

Éxito do Programa “Coidados Porta a Porta” en Xove
06/Abril/2022
CONCELLO DE XOVE
-
Gran acollida en Xove do programa Coidados Porta a Porta impulsado pola Consellería de Política Social.
Durante os días 4, 5, e 6 de abril estivo instalado na praza do Concello unha unidade móbil que ofrecía servizos gratuitos de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria para maiores de 55 anos:
- Servizo de Audioloxía , consistente nunha revisión e valoración auditiva.
-Servizo de Podoloxía para prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés.
-Servizo de prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, consistente na realización de probas de valoración cognitiva.
A valoración que se fai dende o Concello é totalmente positiva, posto que os tres días de consultas tiveron un cheo absoluto, non quedando ningún oco sin cubrir nas tres especialidades ofertadas, nunha xornada contínua amplísima dende as 9:00 horas pola mañá ata as 20:00 horas pola tarde cada día.

LIMPADOR/RA INSTALACIÓNS MUNICIPAIS
21/Marzo/2022
Departamento de Recursos Humanos
-

LIMPADOR/RA INSTALACIÓNS MUNICIPAIS.- SUBSTITUCIÓN PERSOAL LABORAL FIXO – DISCONTINUO.- XORNADA PARCIAL: 25 HORAS/SEMANAIS
Data de remate de presentación de ofertas: 28 de marzo de 2022.
LIMPADOR/RA INSTALACIÓNS MUNICIPAIS (2)
21/Marzo/2022
Departamento de Recursos Humanos
-
LIMPADOR/RA INSTALACIÓNS MUNICIPAIS SUBSTITUCIÓN PERSOAL LABORAL FIXO .- XORNADA PARCIAL: 20 HORAS/SEMANAIS
Data de remate de presentación de ofertas: 28 de marzo de 2022.
Campaña Anti-Velutina en Xove
16/Marzo/2022
CONCELLO DE XOVE
-
A empresa SERPAS (Servicios Privados Antivelutinas) comezou hoxe a terceira campaña antivelutina en Xove. Trátase de trampeo profesional de captura de RAIÑAS VELUTINAS FUNDADORAS, que son as velutinas que crean os niños e son as que hai que erradicar como medida para, senón acabar coa plaga, feito moi difícil, si para diminuir a súa presenza no territorio.
Na primeira campaña, ano 2020, rebaixouse a presenza da velutina a un 50%, na de 2021 a rebaixa chegou ao 80%. Os obxectivos para campaña deste ano sería chegar orredor do 90%, e en todo caso evitar o aumento da mesma, ousexa, traballar para unha estabilización da velutina e que a presenza da mesma sexa mínima.
Lóxicamente, a campaña vai incidir nos lugares onde se ten constancia de que inda hai velutina, e especialmente nos entornos poboacionais e nos lugares de ubicación de frutais. Neste sentido, dende o Concello animamos a toda a poboación a sumarse a esta campaña, o cal axuda moito. Todas as persoas que queiran colabourar poden colocar autotrampas naqueles lugares que consideren, como entornos de vivendas, ubicación de trobos de abellas autóctonas ou plantacións frutais. O Concello reparteu hai tempo entre todos os veciños que o pediron unhas botellas autotrampas, as cales incluían un folleto explicativo de como facelas, o cal é moi sencillo.
A campaña de SERPAS comezou hoxe e vaise extender ao longo da primaveira, ata entrado xullo. Lóxicamente, agora é o momento der facer a campaña, xa que é cando as velutinas comezan a instalar os seus niños.
Celebrando o Día Internacional da Muller
15/Marzo/2022
CONCELLO DE XOVE
-
O pasado domingo 13 de marzo o Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais que preside Ana Abad, celebrou o Día Internacional da Muller cunha actividade desenvolvida no Salón de Actos do Centro Cívico e nA que participaron unhas 50 mulleres.
Dentro das actividades realizadas, gardouse un minuto de silencio en solidaridade co pobo ucraíno, rematando a velada cunha chocolatada.
Presentación do Xove Costa Trail 2022
10/Marzo/2022
CONCELLO DE XOVE
-
Hoxe presentouse esta importante cita deportiva que este ano acada a súa terceira edición. Nesta presentación contouse, ademáis dos organizadores, cos alumnos e profesores do CEIP Pedro Caselles, os cales se desprazaron ata Vilachá, na Parroquia de Portocelo, e despois, todos xuntos fixeron unha camiñata ata o Faro de Roncadoiro. Nesta presentación, os nenos participantes mostraron, en solidaridade co pobo de Ucraína, unha gran pancarta cun “NON Á GUERRA”.
A organización desta edición corre a cargo da ACD Xove e co patrocinio do Concello de Xove, hoxe representado pola concelleira Dolores Meitín, e da Secretaría Xeral para o Deporte / Fundación Deporte Galego, e a colaboración de RoqSport, Asociación Komando Xoviético e comerciantes de Xove.
XOVE COSTA TRAIL, que se vai celebrar o sábado 19 e o domingo 20 de marzo de 2022, é unha carreira de montaña, que transcorre na súa maioría do percorrido, pola Senda Costeira de Xove e polo Camiño Natural do Cantábrico, o seu paso pola costa do Concello, dende a Praia de Portonovo, nos limites co Concello de Viveiro, ata a Praia de Morás, para logo adentrarse hacia a parte interior do Concello de Xove por sendeiros e pistas forestais de uso público. A carreira XCT 35 Km , ten un desnivel + acumulado de 1300 mtos aprox. e a carreira XCT 18Km , terá un desnivel + acumulado de 700 mtos aprox.
Inscricions:
1.- O primeiro tramo de inscrición será do 14 de Xaneiro as 22:00h. ao 4 de Marzo as 24:00h.
2.- O segundo tramo de inscrición será do 5 de Marzo as 00:00h. ao 15 de Marzo as 00:00h.
3.- Ata o día 28 de Febreiro será devolto o importe da inscrición de xeito integro.
4.- Entre os días 1 e 15 de Marzo, será devolto o 75 %.
5.- Para cancelación de inscrición con devolución , serán aceptadas ata o día 15 de marzo, despois desa data no se tramitará ningunha devolución.

Acta do Xurado do concurso de Caretas de Antroido 2022
03/Marzo/2022
Departamento de Cultura e Comunicación
-
En Xove, a 3 de marzo de 2022, sendo as 11:00 horas, reúnese o Xurado do Concurso de Caretas de Antroido 2022 organizado pola Biblioteca Municipal de Xove / Concellería de Cultura do Concello de Xove, Xurado formado por Dº José Manuel Blanco González, con DNI: 33.304.254-R, en representación da ACD Xove, Dº Javier Arca Uría, con DNI: 33.306.162-T, pola Asociación Saiñas de Xove e Dª Élida Álvarez Rodríguez en representación da Biblioteca Municipal de Xove, actuando como Secretario o Técnico Municipal de Cultura e Comunicación do Concello Dº Mario Eijo Barro, acordando o seguinte:
1º.- Conceder os seguintes premios na Categoría Preescolar (3, 4 e 5 anos):
1º premio: (rex. nº 4) Jimena Paleo Enríquez
2º premio: (rex. nº 9) Anaís Romero Suárez
3º premio: (rex. nº 10) Valeria Vilasa Posada
2º.- conceder os seguintes premios na categoría 1º e 2º de primaria:
1º premio: (rex. nº 15) Jesús López Franco
2º premio: (rex. nº 16) David Burgos Peloche
3º premio: (rex. nº 22) Pablo García Val
3º.- conceder os seguintes premios na categoría 3º e 4º de primaria:
1º premio: (rex. nº 28) Álvaro García Casabella
2º premio: (rex. nº 19) Nicolás Purriños García
3º premio: (rex. nº 37) Andrés Alcalde Fernández
4º.- conceder os seguintes premios na categoría 5º e 6º de primaria:
1º premio: (rex. nº 24) Alejandro Flores Escobar
2º premio: (rex. nº 20) Paula Sánchez Pernas
3º premio: (rex. nº 46) Carlota Eijo Rodríguez
5º.- conceder os seguintes premios na categoría 1º a 4 º de eso:
1º premio: (rex. nº 21) Uxía Gradaille Durán
2º premio: (rex. nº 41) Daniel Bértolo Casabella
3º premio: (rex. nº 45) Andrea Eijo Rodríguez-
E para que conste aos efectos oportunos, unha vez rematado o traballo de selección dos premios, asinamos a presente Acta en Xove, sendo as 12:00 horas do 3 de marzo de dous mil vintedous.
PLAN PROVINCIAL UNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2021
25/Febreiro/2022
Departamento de Obras
-

ACTAS DE SELECCIÓN OBRADOIRO DE EMPREGO 2021-2022
22/Febreiro/2022
Departamento de Recursos Humanos
-
RESULTADO DAS ACTAS DE SELECCION OBRADOIRO DE EMPREGO
Xove, a 21 de xaneiro de 202, reuneuse o tribunal de selección segundo as bases aprobadas por Decreto, e constituídos os tribunais para selección de Administrador e Mestre para o obradoiro de emprego Sendas de Burela, Cervo e Xove, e efectuado o proceso de selección dos candidatos presentados, segundo as bases o resultado é o seguinte:
.... haberá DESFILE DE ENTROIDO este ano!
17/Febreiro/2022
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O Concello confirma que haberá DESFILE DE ENTROIDO este ano. - Como en anos anteriores, o día escollido vai ser o sábado de entroido, que este ano cae o 26 de febreiro. A Concellería de Cultura xa sacou as Bases do Gran Desfile polas rúas de Xove, con 4.910 €uros en premios, que se desglosan do seguinte xeito.

PREMIOS QUE SE VAN ENTREGAR NO DESFILE
PREMIOS |
CARROZAS |
COMPARSAS E GRUPOS DE 10 OU MÁIS PERSONAS |
GRUPOS DE ADULTOS DE 3 A 9 PERSOAS |
PARELLAS ADULTOS |
INDIVIDUAIS ADULTOS(de 14 anos en diante) |
1º - 500 E
2º - 350 E
3º - 250 E
4º - 250 E
5º - 200 E
6º - 200 E
|
1º - 300 E
2º - 250 E
3º - 200 E
4º - 200 E
5º - 150 E
6º - 150 E
|
1º - 130 E
2º - 100 E
3º - 70 E
4º - 70 E
5º - 60 E
6º - 60 E
|
1º - 70 E
2º - 60 E
3º - 50 E
4º - 50 E
|
1º - 60 E
2º - 50 E
3º - 40 E
4º - 40 E
|
|
-Premio ao disfraz máis orixinal (pode ser tanto individual como colectivo): 30 E.
-Premio ao conxunto máis numeroso: 30 E.
-Premio ao participante máis maior: 30 E.
-O participante máis novo recibirá un agasallo.
|
GRUPOS INFANTÍS DE 3 A 9 PERSOAS |
PARELLAS
INFANTÍS
|
INDIVIDUAIS IFANTÍS (menores de 14 anos) |
1º - 130 E
2º - 100 E
3º - 70 E
4º - 70 E
5º - 60 E
6º - 60 E
|
1º - 70 E
2º - 60 E
3º - 50 E
4º - 50 E
|
1º - 60 E
2º - 50 E
3º - 40 E
4º - 40 E
|
Seguiremos informando do resto do Programa unha vez que vaiamos pechando outras actividades.
LINEA VERDE: COMUNICACION DE INCIDENCIAS
09/Febreiro/2022
CONCELLO DE XOVE
-
O CONCELLO DE XOVE IMPLANTA UN SERVIZO DE COMUNICACIÓN DE INCIDENCIAS A TRAVÉS DE APP MÓVIL, WEB E CONTACTO

Grazas a esta iniciativa, os veciños do municipio poden beneficiarse das vantaxes que ofrece LÍNEA VERDE . Este servizo sirve como canal directo de comunicació n dos desperfectos que se detecten no equipamento urbano do municipio.
Durante este mes, o Concello de Xove únese aos máis de 500 municipios que a nivel nacional dispoñen do servizo LÍNEA VERDE. A través deste canal de comunicación directo, os veciños poden poñer en coñecemento do concello aqueles desperfectos que detecten na súa localidade.

Grazas a esta ferramenta de participación cidadán, o concello pretende coñecer as necesidades do municipio e así, poder dar solución as cuestións comunicadas.
Para poder utilizar este novo servizo é necesario proceder a descarga da APP Línea Verde. Para elo, o usuario accede a Google Play ou APP Store en función da tecnoloxía empregada no seu Smartphone (Android/Ios). Unha vez localizada, lévase a cabo a descarga de forma gratuíta . A partir dese momento, o usuario selecciona o municipio sobre o que quere comunicar a incidencia. O procedemento é moi rápido e sinxelo.
Para comunicar unha incidencia, basta con pinchar sobre o botón “Nova Incidencia”. Un desplegable coas diferentes tipoloxías de incidencias aparece na pantalla. O usuario selecciona aquela sobre a que quere comunicar. De forma automática, a APP detecta as coordenadas exactas nas que se ubica o desperfecto. O seguinte paso é adxuntar unha foto da incidencia e observación sobre a mesma. Xa só queda dar ao botón de enviar. Unha vez enviada, persoal do Concello recibe notificación do desperfecto comunicado. A partir deste momento, inícianse os trámites para dar solución a incidencia detectada. O cidadán a súa vez, recibe notificación no seu teléfono móbil sempre que se produza un cambio no estado da mesma.
Ao servizo Línea Verde tamén se pode acceder a través do dominio http://www.lineaverdedexove.es , ou ben a través de contacto telefónico no número 902 193 768 no horario de 8:00h a 17:00h (custo da chamada 0.07€/
O Concello de Xove anima aos veciños da súa localidade a utilizar o servizo Línea Verde. A través da implantación deste servizo e grazas a unha importante participación cidadán, pretende lograr un municipio que cumpra coas expectativas de benestar social dos seus veciños.
Xornada informativa : Transtorno do autismo
01/Febreiro/2022
CONCELLO DE XOVE
-
Coñecendo e acompañando ás persoas con TEA

- Data: 21 de Febreiro 2022 de 16 horas a 20 horas.
- Lugar: Salón de actos. Concello de Xove
- Destinatarios: Familias de persoas con TEA e outras familias.
- Docentes: Federación Autismo Galicia: Cristina Couto Pena, psicóloga e Celia González Caamiña educadora social.
- Obxectivos:
- Difundir información co obxectivo de sensibilizar e derribar mitos, xerar conciencia para que a comunidade poida dar apoio e brindar espazos de participación.
- Dar apoio ás familias a través de ferramentas de axuda nas necesidades cotiás das persoas con TEA.
Inscricións e información no correo: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
Departamento de Orientación do CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán
Bloque 1: Contamos contigo. 16 h - 17:45 horas
- -Abordaxe do trastorno do espectro do autismo:
- -Detección de signos do TEA
- -A comprensión do autismo. Características.
- -Prevalencia e causa.
- -Mitos
- -Rompendo barreiras polo autismo. Contornas amigables.
- -Accesibilidade cognitiva. Medidas para comprender e usar a información por todos e todas.
-Apoio e participación na sociedade.
Bloque 2: Camiñando en familia. 18.0 h - 20 horas
- •Apoio no fogar: Apoios funcionais nas necesidades máis frecuentes.
- •A importancia do autocoidado.
- •Recursos asistenciais e axudas socio-económicas.
Organizada por : Departamento de Orientación do Colexio Plurilingüe Pedro Caselles Rollán .- Colabora : Concello de Xove .- Imparte: Federación Autismo Galicia
ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR O COBRO DO PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL
19/Xaneiro/2022
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
ATA O 15 DE MARZO PODES SOLICITAR A PARTE DE SUBVENCIÓN DO PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL CORRESPONDENTE A 2021 (E DE 2020, SE É O CASO)
PARA A SOLICITUDE, SIGUE ESTES PASOS, SEGUNDO SEXA UNHA SUBVENCIÓN DE CONTRATACIÓN OU DE AUTOEMPREGO:
PROCEDEMENTO PEM: LIBRAMENTO CONTRATACIÓN
- Descargar no enlace: https://xove.sedelectronica.gal/info.0 os Anexos correspondentes, en: ENLACES DE INTERESE – PLAN EMPREGO 2022 – BASES E ANEXOS 2022 – CONTRATACIÓN – LIBRAMENTO
- Ler, cubrir e asinar os anexos que alí aparecen
- PRESENTACIÓN TELEMÁTICA: No enderezo anterior: https://xove.sedelectronica.gal/info.0 en: CATÁLOGO DE TRÁMITES – TRÁMITES DESTACADOS – INSTANCIA XERAL, deberá cubrir esa Instancia Xeral e achegar os Anexos I, II e III, así como a seguinte documentación: Copia das transferencias bancarias das nóminas aboadas á persoa traballadora ou certificación bancaria acreditativa do seu pago; Modelo da Seguridade Social: RNT (Relación Nominal de Traballadores/as) de todos os meses dos que se solicita o cobro; Certificado acreditativo de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias (AEAT; ATRIGA; Concello de Xove, neste caso facilitado de oficio polo Concello) e coa Seguridade Social ou autorización á súa consulta; Certificación expedida pola entidade bancaria no que conste o número de conta e titular da mesma
PROCEDEMENTO PEM: LIBRAMENTO AUTOEMPREGO
- Descargar no enlace: https://xove.sedelectronica.gal/info.0 os Anexos correspondentes, en: ENLACES DE INTERESE – PLAN EMPREGO 2022 – BASES E ANEXOS 2022 – AUTOEMPREGO – LIBRAMENTO
- Ler, cubrir e asinar os anexos que alí aparecen
- PRESENTACIÓN TELEMÁTICA: No enderezo anterior: https://xove.sedelectronica.gal/info.0 en: CATÁLOGO DE TRÁMITES – TRÁMITES DESTACADOS – INSTANCIA XERAL, deberá cubrir esa Instancia Xeral e achegar os Anexos I e II, así como a seguinte documentación: Xustificante bancario do pago de autónomos de todos os meses dos que se solicita o cobro;Certificado acreditativo de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias (AEAT; ATRIGA; Concello de Xove, neste caso facilitado de oficio polo Concello) e coa Seguridade Social ou autorización á súa consulta; Certificación expedida pola entidade bancaria no que conste o número de conta e titular da mesma.-
Concurso-Oposición Limpador/a Servizos Municipais
14/Xaneiro/2022
Departamento de Recursos Humanos
-
CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN, COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL, DE UNHA PRAZA DE LIMPADORA DE INSTALACIÓNS MUNICIPAIS, POLO SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICIÓN LIBRE
1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA..- O obxecto desta convocatoria é proceder a convocar o proceso selectivo para a provisión con carácter temporal mediante o concurso-oposición de unha praza de limpadora de carácter temporal en interinidade por IT de longa duración de Dna. Mª Carmen Castro Rivas, que se xustifica na imposibilidade de facer fronte á acumulación de tarefas existente no servizo ó recuperarse por completo o mesmo trala pandemia e que non pode afrontar o persoal adscrito ao servizo de limpeza.
2.- CARACTERÍSTICAS DA PRAZA.
- GRUPO: AP ---- NIVEL C.D.: 10 ---- NÚM. DE PRAZAS TEMPORAIS: 1
- DENOMINACIÓN: LIMPADORA DE INSTALACIÓNS MUNICIPAIS
- XORNADA DE TRABALLO: Xornada Completa (De luns a venres).
- CONTRATO: Interinidade a Xornada Completa para cubrir a Dna. Mª Carmen Castro Rivas.
- DURACIÓN DO CONTRATO: Dende o remate do proceso selectivo hasta a incorporación efectiva de Dna. Mª Carmen Castro Rivas ou no seu caso do pase a xubilación da mesma.
- COMETIDO FUNCIONAL: O cometido funcional será o sinalado na vixente Relación de Postos de Traballo ou, no seu caso, disposición que a substitúa.
- RETRIBUCIÓNS: As retribucións a percibir serán as corresponden á praza consonte ao establecido nos art. 23 e seguintes do vixente Convenio Colectivo do Persoal Laboral do Concello de Xove .
PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O LUNS 17 DE XANEIRO ATA O VENRES 21 DE XANEIRO DE 2022, AMBOS INCLUSIVE
|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|