* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xullo
I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de decembro- Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
Taller de memoria en Xove
04/Xullo/2011
Departamento de Servizos Sociais
Hoxe, en horario de 10:00 a 11:30 horas, comezou a primeira sesión do TALLER DE MEMORIA EN XOVE, actividade dirixida a persoas maiores de 60 anos que desexen mellorar a súa memoria. Para isto, a profesora do Taller Angélica Casabella, ensínalles unha serie de técnicas que os asistentes poden poñer en práctica dunha maneira fácil na súa vida cotiá.
Ao taller apuntáronse 29 persoas, algúns procedentes da Escola de Maiores e outros novos que asisten por primeira. O lugar onde se celebra o taller é o Centro de Día, ubicado nun baixo da Residencia de San Bartolomeu. O horario é de 10:00 a 11:30 horas de luns a venres.
As 29 persoas, por cuestións de operatividade, están divididas en tres grupos de 10. Cada taller dura 8 sesións, con dúas sesións á semana no caso dos dous primeiros grupos. O grupo A vai os luns e xoves, o grupo B os martes e venres e o grupo C os mércores. Este último grupo, onde están incluidos as persoas máis maiores, acude só os mércores, polo que o seu taller vaise desenvolver os meses de xullo e agosto.
A Escola Municipal de Ximnasia Rítmica ...
04/Xullo/2011
Concellería de Deporte e Turismo
O pasado venres 1 de xullo un grupo de ximnastas da Escola Municipal de Xove, acompañados pola Concelleira de Deportes Cristina Iglesias, asistiron á primeira xornada dos XXVIIº Campionatos de España Individual de Rítmica, que durante os dias 1, 2 e 3 de xullo se celebraron no Pazo dos Deportes de Riazor en A Coruña.
Esta viaxe, na que as nosas nenas pudieron contemplar a evolución das mellares ximnastas de España, foi organizada pola Concellería como actividade final de remate de Curso.
Para rematar, decir que a Concellería de Deportes está a traballar xa na preparación do curso vindeiro, ousexa, curso 2011-2012. A inscrición para este vindeiro curso vai ser durante todo o mes de agosto, tendo que presentar as solicitudes no Rexistro Xeral de Entrada do Concello.
Praia de Esteiro, xa con bandeira azul
02/Xullo/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
Hoxe, sábado 2 de xullo ás 12:00 horas, tivo lugar o acto de IZADO DE BANDEIRA AZUL da Praia de Esteiro en Xove, no cal participou o Alcalde de Xove Demetrio Salgueiro, acompañado do Concelleiro de Obras José Manuel González e os tres socorristas da Praia.Recordamos que a Praia de Esteiro ven gozando de Bandeira Azul dende o ano 1.999.
Actividades de verán para a xuventude/fitness
30/Xuño/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
Xullo-Agosto 2011
XOGOS INFANTÍS:
De 3 a 5 anos, procedentes do colexio Pedro Caselles Rollán: Martes e Xoves de 10:45 a 11:45 Horas
Nenos/as de 1º a 3º de Primaria do Concello : Martes e Xoves de 11:45 a 12.45 horas.- Esta actividade comenzará o 14 de xullo e rematará o 30 de agosto.
FITNESS: Solo maiores de 18 anos
Lunes e mércores de 10:15 a 11.15. dende o 13 de xullo ó 31 de agosto
Tódalas actividades desenvolveránse na AULA MULTIDEPORTIVA sita na Casa do Concello.
Plazas limitadas para tódalas actividades.
INSCRIPCIÓN GRATUITA NA OFICINA DO TÉCNICO DE CULTURA DO CONCELLO (MARIO EIJO) OU CHAMANDO Ó TELEFONO 982 592001 DE 8.30 A 13 HORAS.
IIIº torneo de Play “pro 2011”
28/Xuño/2011
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
O pasado sábado 25 de xuño celebrouse na OMIX de Xove o IIIº TORNEO DE PLAY “PRO 2011”, evento que foi organizado pola Delegación Municipal de Xuventude. Nesta edición participaron un total de 20 rapaces con idades comprendidas entre os 12 e os 25 anos, sendo gañadores deste Torneo os irmáns UNAI E LANDER DONOSO, quens recibiron como premio, de mans da Concelleira Ana Abad, cada súa tenda de acampada.
Actividade de educación vial na Escola Infantil
28/Xuño/2011
Departamento de Servizos Sociais
A Escola Infantil de Xove levou a cabo unha actividade de EDUCACIÒN VIAL na que participaron tódolos nenos da Escola Infantil de Xove. Na mesma tomaron un primeiro contacto sobre normas e sinais de circulación (pasos de pións, sinais de stop, semáforos,…). Xunto a isto, elaboraron fichas nas aulas, e tamén participaron nun circuito vial recreado no patio da Escola Infantil, onde recibiron a visita do coche de bombeiros e da Policía Local.
Unha planta rara...
24/Xuño/2011
Delegación de Agricultura
<--foto dunha extraña planta (ou fungo, ou sabe deus de que especie é) que lle apareceu orredor da casa de Ricardo en VILALPOL. por se acaso, dende o concello se lle facilitou un exemplar da devandita planta ao seprona para que procederan a averiguar de que rara especie se trata, xa que ninguén a coñece nin a ten visto nunca nestas latitudes.
Saude e Benestar no Camiño de Santiago
21/Xuño/2011
Departamento de Servizos Sociais
Desde a Deputación Provincial de Lugo estase a pór en marcha un programa de Termalismo Social “Saúde e Benestar no Camiño de Santiago” dirixido ás persoas maiores de 50 anos da provincia de Lugo que acoden aos balnearios fundamentalmente a efectuar curas de saúde e/ou buscando a realización de actividades de ocio saudable e envellecemento satisfactorio.
Os balnearios participantes no programa son os da provincia de Lugo: Balneario de Lugo “Termas Romanas”, Balneario “Oca Río Pambre”, Guitiriz “Hotel Balneario & Golf Club”, “Oca Aguas Santas Balneario Golf Resort”), e ofértanse un total de 1.400 prazas, durante os meses de agosto a decembro do 2011.
Os únicos requisitos para participar son ter 50 anos, ou máis, cumplidos, así como estar empadroado nalgún concello da provincia de Lugo. No caso de ser acompañante, sempre e cando sexa cónxuxe ou análoga relación, non será preciso que cumpla co requisito da idade.
O prazo de inscrición comeza o vindeiro 20 de xuño, e rematará cando se cubran todas as prazas ofertadas.
A inscrición no programa realizarase a través dos servizos sociais municipais, ou ben na propia Deputación provincial; en ambos casos, se facilitará aos interesados/as, folla de inscrición e declaración xurada do lugar de empadroamento. Tanto o usuario como o acompañante, en caso de levalo, deberán cubrir e asinar estes dous documentos.
Unha vez cubertos e asinados os datos, os presentarán, xunto coas copia dos D.N.I., na oficina do traballador/a social correspondente ao concello do solicitante, ou ben directamente no Servizo de Protocolo- Km0 da Deputación Provincial de Lugo, R/ San Marcos. 8. 27004 Lugo.
Iª Xornada de Convivencia Musical de Xove
20/Xuño/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
Onte, domingo 19 de xuño, tivo lugar en Xove a “Iª XORNADA DE CONVIVENCIA MUSICAL DE XOVE”, organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Xove a través da súa Escola Municipal de Música de Xove, e que contou coa colaboración organizativa do Conservatorio de Música de Fingoi, da capital lucense. Na mesma participaron uns 60 alumnos/as de ambas escolas con idades comprendidas entre os 5 e os 14 anos, xunto con varios compoñentes da Aula de Formación de Adultos da Escola Municipal de Xove.Tratouse dunha xuntanza lúdico-educativa, xa que houbo tempo para o estudo e tamén para o lecer. Musicalmente, aproveitoise para realizar un traballo de música orquestal a través de diferentes épocas e autores; concretamente traballouse con obras de J. S. Bach, Roman e a coñecida pedagoga estadounidense Sheila Menson, coa súa coñecida Suite Italiana.
O Programa da Xornada foi o seguinte:
12:00 a 14:00 h.- Ensaios conxuntos na Escola Municipal de Música en Palmeiro.
14:00 a 16:00 h.- Xantar conxunto de ambas Escolas e actividades lúdicas no Parque de Xove.
16:00 a 18:30 h.- Ensaios no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove.
19:00 h.- Concerto Final. O mesmo comezou coa participación de varios grupos da Escola Municipal, remantado con varias pezas interpretadas conxuntamente por ambas Escolas. Resaltar neste concerto a asistencia de público, máis de 200 persoas que prácticamente encheron o Salón de Actos.
Vacacións para persoas maiores do IMSERSO
17/Xuño/2011
Departamento de Servizos Sociais
Plazo de presentación das solicitudes: 27 de xuño de 2011 Lugar de presentación: Departamento de Servizos Sociais do Concello - 982 59 20 01
Condicións para participar:
Ser maior de 65 anos
Ser pensionista de xubilación do Sistema Público de pensións.
Ser pensionista de viudedade con idade igual ou superior a 55 anos.
Pensionista de invalidez, outras pensións ou prexubilados e ter en todos estos casos 60 anos cumplidos.
O Sábado 11 de xuño, as 10 horas celebrouse o pleno de constitución da corporación municipal despois de celebradas as eleccións de 22 de maio de 2011, coa composición seguinte:
D. JOSE DEMETRIO SALGUEIRO RAPA(PP)
D. JOSE MANUEL GONZÁLEZ ALVAREZ (PP)
Dª ANA MARÍA ABAD LÓPEZ (PP)
Dª MARÍA DOLORES MEITIN GUERREIRO (PP)
Dª CRISTINA IGLESIAS GUERREIRO (PP)
D. JOSE MANUEL BALSEIRO CANOURA (PP)
Dª MARIA ROSARIO BALSEIRO LÓPEZ (PP)
Dª MANUEL ANGEL MEITIN ROUCO (PP)
D. MARCO LÓPEZ LÓPEZ(BNG)
D. JOSÉ MANUEL LÓPEZ HERMIDA(BNG)
D. ALBERTO SANTOS VÁZQUEZ (PSdeG-PSOE)
Despois da toma de posesión de D. José Demetrio Salgueiro Rapa, como Alcalde-Presidente do Concello, os portavoces dos grupos políticos efectuaron unha intervención do xeito seguinte: .... manifesta o Alcalde o seu agradecemento a todos e cada un dos veciños de Xove que depositaron a súa confianza na candidatura do Partido Popular, manifestando que asume a enorme responsabilidade que supón ser Alcalde do Concello de Xove, e que por suposto gobernará para todos e cada un dos veciños, estando desde este mesmo momento ó dispor de todos eles, e de tódolos membros da Corporación. Os obxectivos fundamentais da acción de goberno durante os próximos 4 anos será seguir mellorando as infraestruturas e os Servizos Públicos, e sobre todo intentar paliar a lacra do paro, fundamentalmente no que afecta ós xovenes, recoñecendo que nuns momentos de crise, esixirán un traballo e unha dedicación absolutas.
O grupo municipal do BNG, o final da súa intervención sinalaba que sabe distinguir moi ben que unha cousa é ser un sabio (destes háichevos moi poucos) e outra moi diferente é ser un sabido ou un sabichón (estes son os que nunca se trabucan e mais os que pensan que son máis listos que os demais). Por iso, porque o temos claro, a nosa posición será a que vimos desenvolvendo desde bastante antes de entrarmos en política: escoitar a todo o mundo.Desexámoslles a todos vostedes moita sorte para a vindeira lexislatura. É un desexo sincero do noso grupo, do Bloque Nacionalista Galego.
Polo Sr. Santos Vázquez felicitase ó Sr. Alcalde e o seu grupo, sinalando a súa colaboración para todo aquelo que supoña un beneficio para os veciños de Xove.
09/Xuño/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
Mañá venres 10 de xuño, ás 13:00 horas na Sala de Exposicións do Centro Cívico de Xove, o Alcalde de Xove Demetrio Salgueiro, acompañado da Concelleira de Cultura Dolores Meitín e da autora da exposición Raquel Prieto, vai inaugurar a Exposición "CAMPUS SAHARAUIS".
Trátase dunha exposición de 40 fotografías, de 60 x 40 cm., que recollen as vivencias de moitos anos e moitas visitas aos campamentos saharauis de Raquel Prieto. A Exposición vai estar aberta na Sala de Exposicións do Centro Cívico de Xove do 11 ao 26 de xuño, de 18:00 a 21:00 horas.
Viaxe da Escola de Maiores a Avilés
03/Xuño/2011
Departamento de Servizos Sociais
A Escola de Maiores do Concello de Xove realizou onte, 2 de xuño, unha nova viaxe cultural, esta vez dirixida á cidade de Avilés.
En total foron 44 persoas, estudantes da Escola e acompañantes, así como á Asistenta Social Ana de la Barrera e a Profesora da Escola Ángelica Casabella as que realizaron a viaxe. O programa da mesma foi o seguinte: saída de Xove ás 8:00 horas, chegando ás 11:00 horas a Avilés. Xa en Avilés o grupo realizou unha visita á zona histórica con visitas exteriores á: Praza do Concello, Parque de Ferrera, Igrexa do Padres Franciscanos, Pazos de Ferrera e Campo Sagrado, etc., sendo acompados por un guía. Despois de xantar, acompañados tamén por un guía, o grupo realizou unha visita ao Centro Oscar Niemeyer. Xa de retorno, o grupo parou en Salinas a visitar o Museo das Anclas, así como o Mirador Philippe Cousteau.
Concurso Letras Galegas ´ 2011
02/Xuño/2011
Departamento de Servizos Sociais
Hoxe xoves 2 de xuño, ás 18:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove tivo lugar a entrega dos premios (Diploma Acreditativo e Regalo con lotes de libros en galego e material escolar cada premio) do CONCURSO LETRAS GALEGAS 2O11, nun acto presidido polo Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado da Concelleira de Cultura Dolores Meitín e os membros do xurado.
Feira de Artesanía en Xove
24/Maio/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
Do 26 ao 29 de maio de 2011 vai ter lugar na Praza do Centro Cívico de Xove unha FEIRA DE ARTESANÍA MULTICULTURAL DO MUNDO, a cargo da Asociación Artesanía y Curiosidades del Mundo “ARCUMUN”, asociación asentada en Valdemoro (Madrid).
Nuns 20 stands, que como dixemos van estar ubicados na Praza do Concello, ARCUMUN vai permitir achegarnos á artesanía e aos alimentos do mundo cun percorrido fácil de realizar e divertido no que nos atoparemos dende artigos de pel elaborados á man ata doces e conservas galegas. A feira achéganos curiosidades doutros países de Latinoamérica e de Europa. Este ano, como novidade, atopamos uns manteis franceses que teñen a peculiaridade de non ensuciarse. Tamén podemos levarnos á casa un trozo de sorte, con pulseras, pendientes, chaveiros, etc. realizados a man con semillas de “huayruro” procedentes do Perú e que dín, traen boa sorte. Pola súa banda, o Concello colabora con esta Feira cedendo a praza para realización da mesma e tamén con apoio infraestrutural.
Actividades....Verán Xuventude 2011
24/Maio/2011
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
O Concello de Xove, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) e a Concellería de Xuventude, pon en marcha un ano máis o Programa “VERÁN XUVENTUDE 2011”, coa colaboración da Xunta de Galicia e o Programa “Quérote +”. Este conxunto de actividades vai desenvolverse durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro, incluindo as seguintes actividades:
XUÑO:
Sábado 25: “Torneo de Play”. A partir de 12 anos. Inscrición ata o 20 de xuño.
Mércores 29: Dentro dos “Obradoiros Quérote +” teremos “A Arte da Seducción” para rapaces/as de idades de 18 a 25 anos. A inscrición será na OMIX do 1 ao 24 de xuño.
XULLO:
4 ao 29: “Cursos de Informática”:
“Manexo de Window, Word e Internet”. De 6 a 9 anos.
“Word, Publisher e Internet”. De 10 a 12 anos.
A inscrición para estes dous cursos será na OMIX do 13 ao 28 de xuño.
Xoves, 7 de xullo: “Paint Ball” para rapaces/as de 12 a 18 anos. Inscrición do 1 ao 30 de xuño na IMIX.
Xoves, 13 de xullo: Dentro dos “Obradoiros Quérote +” temos “Convivindo”.
Sábado, 16 de xullo: Cerceda, para xoves de 13 a 35 anos. Inscrición ata o 8 de xullo.
Mércores 27 de xullo: “Sacando as redes da pantalla, uso seguro de Tic´s”. Para idades entre 12 e 15 anos. Inscrición do 1 de xuño ao 6 de xullo na OMIX.
Sábado, 30 de xullo: “Paint Ball” para maiores de 18 anos. Inscrición ata o 22 de xullo.
AGOSTO:
4 e 5 de agosto: Campamento. Para rapaces/as de 10 a 16 anos. Inscrición ata o 30 de xullo.
18 e 19 de agosto: “Días da Xuventude” (Festas Patronais). Distintas actividades dirixidas a xóvenes entre 10 e 35 anos.
SETEMBRO:
3 e 4 de setembro: “Viaxe a Ourense: Pozas de Outariz”. Para idades entre 17 e 35 anos. Inscrición ata o 26 de agosto.
Por último sinalar os “Encontros para a Saúde: Taller de Memoria” que se van desenvolver durante os meses de xullo e agosto para persoas maiores de 60 anos. Inscrición ata o 27 de xuño, xunto de Angélica, a Educadora Familiar Esta actividade está englobada dentro do Departamento de Educación Familiar.
MAIS INFORMACIÓN NA OMIX: 982571816 Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.