Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte 
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)
---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|

|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Programa de Dinamización Lingüistica: FALAREDES
12/Maio/2014
Departamento de Cultura e Comunicación
-

EN XOVE, O VENRES, 16 NO SALÓN DE ACTOS DO CENTRO CÍVICO AS 12 HORAS
O programa de dinamización lingüística FalaRedes, organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, presenta a actividade As fabas máxicas, que en abril comezará a súa xira polos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.
A iniciativa de fomento do galego inclúe este ano 150 propostas lúdicas a través dun total de cinco actividades que buscan promover o uso e valoración positiva da lingua de Galicia, especialmente entre a infancia e a mocidade, enchendo o seu tempo de lecer con actividades de calidade no noso idioma.
Logo de botar a andar en marzo co concerto infantil-familiar Toc Toc, a terceira edición de FalaRedes amplía a súa programación coa peza de teatro As fabas máxicas, tamén dirixida ao público familiar, nomeadamente á xente miúda, e co galego como lingua. Neste espectáculo, contado en primeira persoa a través da dramaturxia de autor e de monicreques, Caramuxo Teatro achéganos unha nova versión do coñecido conto infantil Xan e as fabas máxicas.
Tras criarse na aldea con súa avoa, Xan vive agora de adulto nun apartamento de Nova York. Un día, coidando as plantas da súa terraza, descobre algo que lle fai lembrar unha infancia chea de aventuras.
Dirixida a nenos e nenas a partir de 4 anos, o obxectivo desta segunda proposta de FalaRedes é que a cativada se achegue ao teatro en galego por medio dunha obra de coidada estética na que o humor, a emoción e a palabra van da man.
As fabas máxicas chegará entre abril e xuño a 22 vilas pertencentes á RDL. Coma sempre en FalaRedes, a entrada será libre e de balde ata completar a capacidade das salas. Toda a información sobre FalaRedes 2014 estará dispoñible no web institucional da Secretaría Xeral de Política Lingüística www.xunta.es/linguagalega/falaredes_2014 e tamén nas redes sociais.
Turismo Social para maiores (IMSERSO)
07/Maio/2014
Departamento de Servizos Sociais
-
Programa de Turismo Social para maiores do IMSERSO

INSTRUCCIÓNS E MODELO DE SOLICITUDE
Programa de Turismo Social para maiores 2014/2015 .- O prazo de presentación de solicitudes mantense aberto ata o 5 de xuño de 2014.
Solicitantes: Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:
· Ter como mínimo 65 anos cumpridos.
· Ser pensionista de xubilación do Sistema Público de Pensións.
· Ser pensionista de viuvez do Sistema Público de Pensións, con 55 anos cumpridos.
· Outros pensionistas do Sistema Público de Pensións e prexubilados con 60 anos cumpridos.
· Valerse por sí mesmos e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.
Se a/o solicitante viaxa co cónxuxe, non é preciso que éste reúna os requisitos de idade e pensión.
Admitirase como acompañante a un fillo ou filla con discapacidade, que teña un grao de minusvalía igual ou superior ó 45%, sempre que a viaxe a realice cos seus pais e ocupe cama supletoria na mesma habitación do hotel. Deberá cumprimentarse o apartado correspondente da solicitude cos datos do fillo/a e achegar fotocopia do certificado de minusvalía.
Modalidades:
Ofértanse distintas modalidades para que os maiores poidan gozar dunhas vacacións no período comprendido entre os meses de outubro de 2014 e xuño de 2015, segundo a modalidade:
· Estadías en zonas costeiras.
· Viaxes culturais para coñecer a historia e arte de España.
· Turismo de natureza con rutas por paraxes pintorescos.
Servizos incluídos:
· Viaxe ida e volta desde a súa capital de provincia ata o hotel de destino e regreso, agás para a modalidade de viaxes sen transporte.
· Aloxamento en réxime de pensión completa en habitación dobre a compartir en hoteis seleccionados polo IMSERSO. Contémplase o aloxamento en habitación individual, que terá un suplemento no prezo e estará suxeito a dispoñibilidade de prazas.
· Servizo médico, complementario da Seguridade Social, no propio hotel.
· Programa de animación
· Póliza colectiva de seguros
Nos viaxes Culturais e Turismo de Natureza, dadas as súas especiais características non se inclúen os servizos médicos e programa de animación.
Leer más:Turismo Social para maiores (IMSERSO)
Mellorando ó acceso ó embalse do Torrillón
05/Maio/2014
Departamento de Obras
-
As obras de MELLORA DO ACCESO AO EMBALSE DO TORRILLÓN están prácticamente rematadas, tal como puideron comprobar hoxe o alcalde Demetrio Salgueiro e o arquitecto técnico municipal Benigno Mon, na visita que realizaron ao lugar. Este embalse, situado no lugar do Torrillón, nun outo da parroquia de A Rigueira, é un dos principais lugares de captación de auga do Concello, captando as augas do Río Rigueira.
As obras consistiron na apertura dunha pista de 300 metros de longo ata cerca do encoro. Esta pista, que inicialmente era un pequeno sendeiro de escasamente 1 metro de ancho, agora é un vial de 4 metros de ancho, o que permite o paso de vehículos ata as inmediacións. No remate desta pista construiuse unha ampla zona que permite virar (dar a volta) aos vehiculos que se desplacen ata alí para realizar labouras de mantemento.
Dende o final da citada pista ata o encoro propiamente dito hai algo máis de 100 metros, de moi difícil acceso, xa que se trata dunha zona escarpada. A solución proposta e realizada foi crear unha pasarela metálica que sigue o curso da arribada ata chegar ao embalse.

Con esta actuación persíguese facilitar a chegada dos equipos de mantemento do encoro á súa proximidade, traballo que antes se facía moi penoso xa que había que transportar os citados equipos de mantemento a man durante unha longa distancia.
Outra característica importante desta obra foi o respecto polo entorno, xa que a zona onde se ubica o encoro ten unha floresta moi bonita e ben conservada, que queda a salvo, e posta en valor, grazas á pasarela instalada. Esta obra supuxo un investimento duns 36.000 €, que foron financiados integramente polo noso Concello.
Avisos de incidencias ó Concello dende o smartphone
01/Maio/2014
Departamento de Cultura e Comunicación
-
City4xove, dirixida a facilitar os veciños unha nova vía de interacción co concello. A aplicación está xa dispoñible para a súa descarga gratuíta en Google Play, para plataformas Android, (PULSAR EN Play Store e buscar city4xove para levar a cabo a instalación)
A principal función de City4xove é a de poñer nas mans dos veciños unha ferramenta coa que informar en calquera momento e lugar de incidencias detectadas en mobiliario ou espazos que dependen do concello: alumeado, recollida do lixo, rede de sumidoiros, instalacións municipais,… As notificacións derívanselles ás persoas responsables de cada área, incluíndo as empresas concesionarias, que poderán facer un seguimento constante da xestión das incidencias, desde que se coñece ata que se resolve. Pola súa parte, o cidadán tamén terá constancia, tanto da recepción do seu aviso como da solución do problema, a través de mensaxes que recibirá directamente no dispositivo desde o que enviou a notificación. Tamén en fin de semana e festivos
Ademais, a posta en marcha de City4xove garantirá a resposta dos servizos municipais ante as incidencias rexistradas os 365 días do ano, xa que, nas xornadas non laborables, o sistema derivará as notificacións aos Vixiantes, que actuarán de inmediato no caso de que se precise unha reparación urxente. Trátase dunha característica específica da aplicación creada para Xove, que é posible grazas á adaptabilidade da ferramenta, deseñada, en palabras de Jesús Velasco coma un “traxe a medida” para cada concello.

O obxectivo é potenciar a eficacia e a transparencia na xestión das incidencias que se produzan, ao tempo que se lle facilita á poboación unha nova vía de comunicación co concello. Neste sentido, fíxose un chamamento á colaboración cidadá para poñer en coñecemento dos responsables locais calquera incidencia e lograr, coa implicación de todos, a máxima axilidade na súa solución.
Xove súmase así aos máis de vinte concellos que xa dispoñen da aplicación City4, entre os que figuran o de Barreiros, O Grove, Arzúa ou Rianxo, entre outros. A ferramenta está a ser implantada con éxito na xeografía galega, grazas á súa capacidade de adaptación ás necesidades de cada localidade e á mellora que representa na xestión municipal e no obxectivo de achegarlle o Goberno local ao cidadán. Trátase así de potenciar as posibilidades das smart cities en concellos pequenos e con poboación dispersa, onde as novas tecnoloxías están a converterse en instrumentos básicos na comunicación e o acceso dos veciños aos servizos municipais.
CÓNTAME A QUE SABÍA O MAR
01/Maio/2014
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-

CÓNTAME O QUE SABÍA O MAR
Que é?: Recollida de material escrito que leve por tema o mar e o sabor en tempos pasados.
Cando e onde é?: Cando e onde é?: O próximo 17 de maio ás 17:00 horas no Salón de Actos do Concello de Xove.
Para que é?: Para poñer en valor as anécdotas, historias e vivencias contadas de cando o mar se saboreaba doutro xeito.
Qué se pode entregar?: Calquera relato, receita culinaria, poesía, historia ou conto que fale de:
-
- Esas receitas de cómo cociñaban as avoas e os avós algún peixe ou marisco...
- Ese sabor que había a medo ao mar e como se vivían os baños nos anos 60 ou 70 ...
- Esas historias de sabor amargo que se contan das galernas que levaron a tantos mariñeiros…
- Esas comidas compartidas nas embarcacións...
- Eses outros usos que se lles daba aos produtos do mar, por exemplo como fertilizantes...
- E todo aquilo que se recorde e teña como protagonista o mar e o sabor noutros tempos...
Cómo?: Escrito en galego e poñendo o nome, apelidose data nome da persoa que contou ou inspirou o escrito.
XOVE MIRANDO AO MAR
XXI Torneo de Ximnasia Rítmica
01/Maio/2014
Concellería de Deporte e Turismo
-

Festas de San Isidoro en Penasagudas-Monte
21/Abril/2014
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Un ano máis a Comisión de Festas de Monte, formada por membros da Asociación Cruz de Loureiro de San Isidoro de Monte, organiza as FESTAS PATRONAIS DA PARROQUIA EN HONRA A SAN ISIDORO os vindeiros 26 E 27 de ABRIL, con arranxo ao seguinte programa:
SÁBADO, 26 DE ABRIL:
- 13:00 Horas.- Misa Solemne na Igrexa Parroquial e Procesión en Honra a San Isidoro.
- 14:00 horas.- Sesión Vermú con “LEMBRANZA”.
- 15:00 horas.- Xantar nunha carpa totalmente pechada. Para inscribirse previamente no xantar hai que chamar ao tfno: 646647619.
- 17:00 horas.- Verbena con: “LEMBRANZA” e “FENIX”. Para esta verbena, a Comisión ten preparados 3 trofeos para as tres mellores parellas de baile.
DOMINGO, 27 DE ABRIL:
- 10:00 horas.- Ruta de Sendeirismo “Penasagudas á Cruz do Pao da Vella”, organizada pola Asociación Cruz de Loureiro. Para inscribirse previamente na Ruta e para apuntarse ao posterior xantar, hai que chamar ao tfno: 982 16 93 49.
- 14:00 horas.- Sesión Vermú con “LEMBRANZA”.
- 17:00 horas.- Despois de xantar, baile e verbena con “LEMBRANZA”.
A Comisión de Festas dispón dunha CARPA na cal se realizarán os bailes dos dous dias da festa.
A Comisión quere agradecerlle a tódalas institucións, empresas e particulares que dalgunha maneira axudaron, a súa colaboración coa nosas Festas Patronais.
SAIÑAS ORGANIZA O VIº FESTIVAL INFANTIL DE SEMANA SANTA
11/Abril/2014
Concellería de Deporte e Turismo
-
Este sábado, 12 ABRIL, ás 19:30 da tarde no Salón de Actos do Centro Cívico, a Asociación Cultural Saiñas de Xove organiza o VIº FESTIVAL INFANTIL DE SEMANA SANTA.
Este ano contamos coas seguintes agrupacións:
-
- “ARCO DA VELLA” DE SAN MIGUEL DE REINANTE.
- “ÑÁÑARAS”, “CACHARELAS” e os grupos de Iniciación tanto baile como de pandeireta de Saiñas de Xove.
Como dixemos, a organización corre a cargo da Asociación, contándose para este evento coa colaboración do Concello de Xove.En total van a participar máis de 100 nenos/as e rapaces/as con idades entre os 8 e os 15 anos aproximadamente.Para rematar, decir que a entrada é totalmente libre e gratuita. Dende a Asociación aproveitamos para facer unha invitación a tódolos xovenses e mariñanos, así como a tódolos visitantes nesta Semana Santa.
Arranxo de pistas e camiños en Xove
11/Abril/2014
Departamento de Obras
-
O Plan De Mellora De Camiños De Titularidade Municipal contempla no noso Concello actuacións, dentro do bienio 2013-2014, en 14 camiños e pistas municipais:
- Camiño de Bael, de acceso ao burgo de San Cristovo na Parroquia de Portocelo (1.929 metros).
- Camiño de San Cristovo, no núcleo interior do mesmo San Cristovo na Parroquia de Portocelo (50 metros).
- Camiño de Vila a Labradela na Parroquia de A Rigueira (3.183 metros)
- Camiño ao Club de Tiro de A Vara na Parroquia de Xuances (20 metros).
- Camiño de accesos a vivendas en Prada na Parroquia de Xuances (20 metros).
- Camiño de acceso ao depósito do Cruceiro na Parroquia de Xuances (606 metros).
- Camiño de San Cristovo e Portocelo na Parroquia de Portocelo (50 metros).
- Cruce dos camiños de acceso ao Portiño, Portocelo e San Tirso nas Parroquias de Morás e Portocelo (10 metros).
- Camiño de Sumoas a Lago nas Parroquias de Lago e Sumoas (1.860 metros).
- Camiño de acceso a casas en Lamaboa en Xove (57 metros).
- Entrada ao Campo de Fútbol de Lago na Parroquia de Lago (50 metros).
- Camiño en Morás na Parroquia de Morás (22 metros).
- Camiño de acceso en Illade na Parroquia de Xuances (94 metros).
- -Camiño de Beltrán a Vila nas Parroquias de Lago e A Rigueira (1.485 metros).
Estas obras abarcan a práctica totalidade do término municipal e xa comezaron, debendo estar rematadas e xustificadas antes do 30 de xuño deste ano.
Os traballos que se están a realizar son adaptados e específicos a cada unha das pistas; nas que menos deterioradas están realízanse tarefas simples de bacheo e reparación das partes máis danadas, e nas que pior aspecto presentan, afróntase unha intervención integral cun recubrimiento asfáltico total.
O investimento total destas obras é de 54.987, 240 €uros. Desta cantidade, o Concello de Xove aporta 9.543,240 €uros; os restantes fondos (45.444 €uros) foron cubertos da seguinte maneira:
- Fondos FEADER: 34.083 €uros.
- Ministerior de Agricultura, Alimentación e Medioambiente: 5.512,36 €uros.
- Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER): 5.848,64 €uros.
A coordinación deste Plan para Galicia corre a cargo do AGADER, que pertence á Consellería de Medio Rural e do Mar, contando, como xa apuntamos, co patrocinio de fondos europeos (FEADER) e do Ministerio de Agricultura.
Visita medioambiental e cultural da Escola de Maiores de Xove
08/Abril/2014
Departamento de Servizos Sociais
-
O pasado 3 de abril, os membros da Escola de Maiores do Concello de Xove viaxaron ao Concello de Cabanas na Provincia de A Coruña, nunha das súas visitas culturais, que neste caso tivo unha importante impronta medioambiental, tal como veremos máis adiante. A viaxe a realizaron acompañados pola Concelleira de Servizos Sociais Ana Abad López e pola Educadora Familiar Angelica Casabella Quelle.
En canto ao desenvolvemento da propia visita, pola mañá, en compaña do Alcalde e a Concelleira de Servizos Sociais de Cabanas, así como pola Educadora Social, visitaron a Praia e o Pinar de Cabanas, pasaron pola Aula de Medioambiente das Fragas do Eume e visitaron o Mosteiro de Caaveiro. Xa pola tarde, despois de xantar, tiveron a oportunidade de coñecer o funcionamento da empresa “Meigas Fora”, produtora de licores, para rematar a estancia cunha visita á Igrexa de Cabanas.

Concurso "LETRAS GALEGAS" 2014.- literario e de artes plásticas
03/Abril/2014
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Con motivo da celebración do DIA DAS LETRAS GALEGAS, adicado este ano a XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, a Biblioteca Municipal de Xove convoca dous Concursos, un Literario e outro de Artes Plásticas, destinados ambos a nenos/as e rapaces/as do noso Concello, dende 4º de Infantil a 4º de ESO
Con isto, dende o Concello de Xove preténdese, por unha banda, un apoio á lingua galega, e por outra, estimular á nosa xuventude naquelas artes máis relacionadas cos seus estudios académicos, COAS BASES REGULADORAS SEGUINTES....
Leer más:Concurso "LETRAS GALEGAS" 2014.- literario e de artes plásticas
Concurso: "Confección dun Anagrama para o Deporte Municipal"
03/Abril/2014
Concellería de Deporte e Turismo
-
O Concello de Xove, consonte ao previsto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, e no que sexa de aplicación, os RD 887/2006, de 21 de xullo e Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, e ao obxecto de incentivar a participación cidadá no deseño de logos institucionais, establece as normas reguladoras da participación, as axudas económicas e dos premios que se outorgarán aos participantes que interveñan nos citados actos, de acordo coas seguintes BASES REGULADORAS....
Leer más:Concurso: "Confección dun Anagrama para o Deporte Municipal"
Venres de Tapeo (ACIAM)
03/Abril/2014
Departamento de Cultura e Comunicación
-

Apertura prazo de Axudas para o remate exterior de vivendas....
02/Abril/2014
Departamento de Obras
-
IMPORTE MÁXIMO DAS AXUDAS: 450 € ---- PRAZO DE PRESENTACIÓN: dende o 1 de abril ata o 30 de xuño.
O Concello de Xove desde fai anos puxo en marcha unha liña de axudas destinada dunha banda a paliar no posible o problema do “feísmo urbanístico “ e doutra banda a mellora-las condicións de habitabilidade das vivendas unifamiliares como unha medida máis tendente a evitar en xeneral o “ feísmo “ e en particular o despoboamento dos núcleos rurais do Concello.
Neste intre coa grave crisis económica que estamos a sufrir considerase axeitado facer desde o Concello un esforzo económico e restablecer para este exercicio as axudas para o remate exterior (lucido de fachadas) e acondicionamentos do entorno e dos accesos a vivendas unifamiliares con máis de cinco de anos de antigüidade dende as vías de titularidade publica engadindo como actuación subvencionable a construción e/ou acondicionamento de muros de peche no casco urbano de Xove por razóns de seguridade e salubridade públicas.
Debese salientar que o procedemento establecido por estas bases é o de concorrencia non competitiva que fixa a Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, de maneira que se concederán axudas aos solicitantes que cumpran cos requisitos para ser beneficiarias, na orde de presentacións das mesmas e ata o límite da contía presupostaria habilitada.

BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DAS AXUDAS MUNICIPAIS PARA O REMATE EXTERIOR (LUCIDO DE FACHADAS) E ACONDICIONAMENTOS DO ENTORNO E ACCESOS A VIVENDAS UNIFAMILIARES NO TÉRMINO MUNICIPAL CON MÁIS DE CINCO DE ANOS DE ANTIGÜEDADE DENDE AS VÍAS DE TITULARIDADE PUBLICA E PARA CONSTRUCCION OU ACONDICIONAMENTO DE MUROS OPACOS DE PECHE DE SOLARES NO CASCO URBANO DE XOVE .
Leer más:Apertura prazo de Axudas para o remate exterior de vivendas....
Actividades Deportivas e Culturais da ACD´Xove
28/Marzo/2014
Concellería de Deporte e Turismo
-
Dende a Asociación Cultural e Deportiva de Xove, informan de que aparte das Competicións Deportivas que se realizan tódolos fines de semana dende as Escolas Deportivas da ACD.XOVE, este fin de semana, en concreto el Domingo día 30, vánse combinar dous eventos, un deportivo e outro cultural:
- TROFEO DE KARATE: Este Domingo día 30, a partir de las 17:30h. da tarde, celebraráse no Pavillón Municipal de Xove, o Trofeo de Karate "ACD.XOVE", neste Trofeo participarán nenos-as e xoves de Foz, Lourenzá, Mondoñedo, A Pontenova, Cervo y Xove, e competiran nas Categorias: Benjamin, Alevin, Infantil, Juvenil e Junior, nas especialidades de Kumite y Kata.- O evento es Organizado e Patrocinado pola ACD.XOVE, coa Colaboración do Concello de Xove.
- TEATRO: O Domingo día 30, a partir das 20:30h. da tarde/noite no Salón de Actos do Concello de Xove, os alumnos-as da Escola de Teatro da ACD.XOVE, representarán as Obras: "Ana, la de las Musarañas" y "Xove Today" Con estas duas representacions clausurarán a tempada de Teatro 2013-2014. Queremos animaros a todos a presenciar as actuacións dos xoves actores e actrices de Xove.
Campamentos de Verán 2014 da Xunta de Galicia
27/Marzo/2014
Departamento de Servizos Sociais
-
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca a Campaña de verán 2014.
A participación na oferta da Campaña de verán 2014 realizarase mediante inscrición individual ou múltiple (para os supostos de dous/dúas, tres ou catro irmáns/ás). As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:
- Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/a mozo/a.
- Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
- Manutención en réxime de pensión completa.
- O material necesario para a actividade.
- Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais por razón da súa discapacidade, disporase de persoal de apoio que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.
- Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
g) Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela, ou lugar que se sinale como punto de saída, ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela.
Participantes: Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria os/as mozos/as galegos/as residentes en Galicia, nacidos/as noano sinalado para cada actividade. Canto á idade mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2014, cómpre destacar o seguinte: Os/as nacidos/as no ano 1996 non poderán facer 18 anos antes da finalización do campamento. Os/as nacidos/as no ano 2005 deberán ter feitos 9 anos ao inicio do campamento.
Solicitudes:As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es, polo procedemento xeral BS303A no caso de solicitude individual, ou BS303F no caso de solicitude múltiple.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 10 de abril de 2014. DOG do 26 de marzo de 2014
MAIS INFORMACION na Oficina de Información Xuvenil (OMIX) : Tlf: 982571816
|
|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|