Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte 
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2023
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove durante o ano 2022 son as seguintes:
---> 21 de febreiro de 2023 (Martes de Entroido)
---> 21 de agosto de 2023 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xullo
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Rematou o campionato de tute do Centro Social de Monte
21/Febreiro/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Este Campionato, organizado polo Centro Social de San Isidoro de Monte, que contou coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Xove, comezou en novembro pasado, rematando a mediados deste mes de febreiro, e realizándose a entrega de Trofeos o pasado venres 18 de febreiro, nun acto presidido polo Alcalde Demetrio Salgueiro.
Ao campionato apuntáronse 12 parellas, que competiron todas contra todas, quedando ao final os seguintes gañadores:
- Campións: Carlos e Milucho.
- Subcampións: Severino e Pedro.
- Terceiros: Jose Montenegro e Andrés.
Antes da entrega, tódolos participantes no campionato gardaron un minuto de silencio por Servando Corvelle, un dos gañadores da edición pasada que faleceu. Con este minuto, os presentes quixéronlle render un pequeño tributo. Rematou esta edición do Campionato de Tute de Monte cunha cena de confraternidade, na que os presentes degustaron un gustoso e copioso cocido. Pola súa banda, o Centro Social de Monte quere agradecerlle a tódolos xogadores a súa participación, así como a colaboración realizada polo Concello de Xove.
R comeza o despregamento da súa rede de fibra óptica
18/Febreiro/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Está previsto que medio millar de fogares e empresas de Xove dispoñan de conexión directa á rede de R para acceder aos servizos integrados de teléfono, internet de alta velocidade, televisión dixital e móbil R.
Xove pasará a formar parte do grupo de cidades e concellos galegos que dispoñen de conexión directa á rede de telecomunicacións de última xeración que o operador está a despregar en toda a comunidade autónoma.
R prevé levar os servizos integrados de teléfono, internet de alta velocidade, televisión dixital e móbil R a uns 500 fogares e locais empresariais do municipio. Cun investimento aproximado a medio prazo de 440.000 euros, R despregará 3 quilómetros de canalizacións e preto de 2 quilómetros e medio de fibra óptica en Xove. De feito, os traballos de obra civil para conectar fogares e empresas deste concello lugués á rede de R xa se realizaron nas rúas de Camiño Real, Lavandeiras, Estrada Regueira, Tomás Mariño Pardo e na urbanización Palmeiro e de contado desenvolveranse o resto das obras nos accesos a esta última zona residencial e na área de Deputación.
novos servizos: R, presente xa en 76 localidades da comunidade, continúa despregando a súa rede en Galicia para poder ofrecer, entre outras cousas, servizos de telecomunicacións cun acceso a internet de 100 megas de baixada e 5 megas de suba e cun caudal garantido do 80%. Así mesmo, grazas á nova e potente rede de fibra óptica que R está construíndo, rúa a rúa, os habitantes de Xove disporán de chamadas gratis a todos os fixos estatais e poderán contratar un servizo de televisión temática multicanle con calidade de imaxe e son dixitais por fibra óptica, máis de 90 canles, guía e miniguía electrónicas de programación e múltiples posibilidades de interactividade. O vídeo baixo demanda e máis a televisión en alta definición completarán este ano o servizo de televisión R. Por outra banda, tras pouco máis dun ano do lanzamento do servizo de móbil R, integrado na oferta de telecomunicacións do operador galego, R xa conta con preto de 90.000 liñas e é pioneiro neste mercado ao ofrecer chamadas gratis a móbiles de calquera operador dende o teléfono fixo para todos os seus clientes de televisión dixital e gratis a móbiles R para todos os seus clientes. web de R Cable e Telecomunicacións
Saiñas organiza a VIª Festa do Lacón en Xove
15/Febreiro/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Un ano máis, e xa van seis, a ASOCIACIÓN CULTURAL SAIÑAS organiza en Xove a “VIª FESTA DO LACÓN”, importante acontecemento cultural-gastronómico que se vai desenvolver o vindeiro SÁBADO 19 DE FEBREIRO A PARTIR DAS 8 DA TARDE NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE XOVE.
Este envento, o mesmo ca pasados anos, está aberto a todo o público en xeral, dahí que nos gustaría que ao mesmo acudira o maior número de persoas. Temos previstas sobor de 300 racións, que van ser elaboradas “in situ”, no Pavillón, dahí que vai ser unha boa e moi barata opción para cenar ese día, e degustar un menú tan típico noso, e tan típico das datas nas que nos encontramos, moi perto do Antroido.
A RACIÓN vai costar 7´5 €uros, e a mesma vai incluir: SOPA, PATACA, CHOURIZO, LACÓN, PAN E BEBIDA. Os tickets para as racións hai que mercalos o mesmo día da Festa, na entrada do Pavillón.
Co estómago ben cheo, unha vez rematada a LACONADA, e para alixeirar a dixestión, temos preparado para tódolos/as asistentes unha FESTA RACHADA con baile a tope coa DISCO MÓVIL PEGASO.
Pola noite, durante a Festa Rachada, as persoas que colleron o tícket da ración van disfrutar tamén dunha chocolatada, que se vai repartir pola medianoite.
As persoas que veñan disfrutar con nós, van disfrutar durante os intermedios da Disco Móvil de SORTEOS DE DIVERSOS PRODUCTOS.
Como organizadores deste evento, queremos tamén agradecer a colaboración de: Concello de Xove, ACIAM Xove, Catycris, Caroa Moda, Establecementos Rey, A Medela C.B., Restaurante Pulpería o Refugio e Cesáreo Eijo.
Subcampeóns galegos de Fútbol Sala
11/Febreiro/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
-

RECIBIMENTO DO EQUIPO DA MARIÑA SUBCAMPIÓN GALEGO DE FÚTBOL SALA NO CONCELLO DE XOVE, ACTO QUE FOI PRESIDIDO POLO ALCALDE DEMETRIO SALGUEIRO, QUEN LLE REALIZOU A ENTREGA AO EQUIPO DUN PRATO CO ESCUDO DO CONCELLO, E TAMÉN UN AGASALLO PARA CADA UN DOS COMPOÑENTES DO EQUIPO.
ESTE ACTO TIVO LUGAR HOXE DÍA 11 DE FEBREIRO ÁS 18:00 HORAS NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO DE XOVE.
RECIBIMENTO DO EQUIPO DA MARIÑA SUBCAMPIÓN GALEGO DE FÚTBOL SALA NO CONCELLO DE XOVE, ACTO QUE FOI PRESIDIDO POLO ALCALDE DEMETRIO SALGUEIRO, QUEN LLE REALIZOU A ENTREGA AO EQUIPO DUN PRATO CO ESCUDO DO CONCELLO, E TAMÉN UN AGASALLO PARA CADA UN DOS COMPOÑENTES DO EQUIPO.ESTE ACTO TIVO LUGAR HOXE DÍA 11 DE FEBREIRO ÁS 18:00 HORAS NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO DE XOVE.
Programa de actividades para as festas de Antroido 2011
10/Febreiro/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
-

Entrega de árbores autóctonos, frutais e de xardín.
08/Febreiro/2011
La Voz de Galicia [A Mariña]
-
Os veciños do Concello que solicitaron plantas de especies frutales, ornamentais ou de xardín, terán que recoller mañá mércores 9 de febreiro de 2011 entre as 10 e as 13 horas no concello, os árbores solicitados.
Esta última campaña, 2010-2011, tivo unha excelente acollida, según indica el departamento municipal de Agricultura, Gandería e Montes.
Aberta a inscripción para o Desfile de Antroido 2011
04/Febreiro/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
-

O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, pon en marcha unha nova edición do DESFILE DE ANTROIDO para este ano 2011, o cal vai percorrer distintas rúas de Xove o SÁBADO 5 DE MARZO a partires das 5 da tarde.As Bases deste ano siguen a mesma liña do pasado ano, pero temos algunhas modificacións que realizamos co fin de mellorar o desfile e a participación no mesmo. Este ano a categoría de “parellas” amplíase e pasa a ser “parellas e grupos de ata 4 persoas”. Tamén a categoría de “comparsas e grupos” do pasado ano convírtese neste ano en “comparsas e grupos de máis de 4 persoas”. As restantes categorías (Individual Infantil, Individual Adultos e Carrozas) quedan igual. Tampouco varían as contías dos premios. O período de inscrición xa está aberto, e a mesma hai que realizala en:-Concello de Xove, oficina do Técnico de Cultura (horario de oficina de 8:30 a 15:00 horas) ata o venres 4 DE MARZO incluido, ou ben, chamando por teléfono ao Concello.-O mesmo día do desfile (5 DE MARZO) no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade via telefónica ou presencial.O Concello ten previsto que tódolos/as participantes a nivel individual, como parella, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile (antes do 5 DE MARZO) reciban un agasallo de parte da Organización. Os/as que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do Desfile, dentro do Pavillón de Deportes, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización. BASES DO DESFILE "ANTROIDO 2011" EN XOVE ...
Leer más:Aberta a inscripción para o Desfile de Antroido 2011
Na rede de dinamización lingüistica da Xunta
03/Febreiro/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Hoxe pola mañá o Alcalde de Xove Demetrio Salgueiro, acompañado da Concelleira de Cultura Dolores Meitín, mantivo unha reunión co Secretario Xeral de Política Lingüística Anxo M. Lorenzo Suárez, co fin de ADHERIRSE Á REDE DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA.
A Rede de Dinamización Lingüística naceu en virtude da publicación no Diario Oficial de Galicia, o pasado 21 de setembro de 2010, da Orde do 14 de setembro pola que se crea a Rede de Dinamización Lingüística. A partir dese momento, as entidade locais que así o desexen poden solicitar formalmente a súa adhesión á Rede, para comezar a traballar de maneira coordinada, colaborativa e cooperativa co resto de entidades integradas na mesma.
Leer más:Na rede de dinamización lingüistica da Xunta
Intercambios Culturais "A Xuventude no Mundo"
31/Xaneiro/2011
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
O programa galego de mobilidade "A Xuventude no Mundo", pretende que os mozos/as de Galicia poidan coñecer outros países e outras rexións distintas ás do seu medio natural. Todo isto a través da participación activa en actividades con outros rapaces doutros entornos, adquirindo experiencia e coñecemento mediante unha educación non formal.
Os intercambios versarán cada un deles sobre unha temática, realizaranse nos destinos que seguen con este prazo de inscrición:
- 1- Italia, en Rimini do 2-8 de febreiro
- 2- Francia, en Noyant do 2-8 de febreiro
- 3- Hungría, en Hölloko, do 2-8 de febreiro
- 4- Colombia, en Barranquilla, Santa Marta e Cartaxena de Indias do 3-9 de febreiro
- 5- Chile, en Santa Cruz do 16-23 de febreiro
- 6- Xapón, en Wakayama do 4-10 de febreiro
- 7- Italia, en Brolo do 9-16 de febreiro
- 8- República Checa, en Ceska Trebova do 14-17 de febreiro
- 9- Hungría, en Veszprem, do 16-23 de febreiro
- 10- Rusia, en Yaroslav do 21-28 de febreiro
- 11- Moldova, en Chisinau do 1-8 de marzo
- 12- Armenia, en Yerevan do 1-8 de marzo
- 13- Arxentina, en Iguaçú do 1-8 de marzo
- 14- Portugal, en Figueira da Foz do 8-16 de marzo
- O programa vai destinado aos mozos/as residentes en Galicia, que teñan entre 18 e 30 anos.
Para a admisión de participación será preciso o envío dun correo electróni- co a dirección: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. cos datos que se solicitan no formulario de inscripción que se atopa na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado: xuventude.xunta.es
Fútbol-Sala: Campionato Galego de Seleccións Comarcais
26/Xaneiro/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
-
:Este Domingo día 30 vai a celebrarse en Viveiro e Xove o Campionato Galego de Seleccions Comarcais. No Pavillón Municipal de Xove, o domingo pola mañan, xogará a categoría cadete. A comarca da Mariña está representada co equipo Infantil que se enfrenta a Selección de Vigo no Pavillón Municipal de Viveiro. O Concello de Xove, patrocina xunto co Concello de Viveiro e outras casas comerciais este Campionato.
A Biblioteca Municipal de Xove organiza un Concurso de Caretas de Antroido
25/Xaneiro/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Como acto inicial do Programa de Antroido que o Concello de Xove presenta cada ano, a Biblioteca Municipal de Xove, que dependente da Concellería de Cultura, organiza un CONCURSO DE CARETAS DE ANTROIDO destinado a tódolos nenos/as e rapaces/as do Concello que o desexen. Os traballos terán que ter como base o papel(folio, cartón, etc.), pero se lle poderán engadir outros materiais, e ascaretas non poderán superar o tamaño de un folio A4.
No Concurso haberá as seguintes categorías:
- Categoría preescolar (de 3, 4 e 5 anos).
- Categoría de 1º e 2º de Primaria.
- Categoría de 3º e 4º de Primaria.
- Categoría de 5º e 6º de primaria.
- Categoría de 1º a 4º de ESO.
Os traballos entregaranse na Biblioteca Pública Municipal de Xove, rematando o prazo de entrega o sábado 19 de febreiro(incluido).
Haberá tres premios por categoría, un primeiro, un segundo e un terceiro, consistindo os premiosen lotes de libros/material escolar.O fallo do xurado darase a coñecer antes do 5 de marzo, e os premios ás mellores caretasentregaranse canda os gañadores dos premios infantís do Desfile de Antroidode Xove. Con tódolos traballos realizarase unha exposición na Biblioteca Municipal.
Inscricións para os obradoiros de "Inverno Xuventude"
17/Xaneiro/2011
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Xove, organismo dependente da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Xove, ven de abrir o prazo de inscrición para o PROGRAMA "INVERNO XUVENTUDE".
Este Programa comprende dous obradoiros:
- -OBRADOIRO "APRENDE A MAQUILLARTE".- Dirixido a tódalas mozas do Concello maiores de 12 ano e que queiran participar. O obradoiro vai durar todo o mes de febreiro, e a clases vanse desenvolver os luns en horario de tarde.
- -OBRADOIRO DE LONGA DURACIÓN "RESTAURACIÓN DE MOBLES".- Dirixido a persoas maiores de idade, o mesmo vai durar de febreiro a xuño, con dous días de actividade á semana.
O PRAZO DE INSCRICIÓN para ámbolos dous obradoiros estará aberto de 17 ao 29 de xaneiro (ámbolos dous días incluídos) e as solicitudes haberá que formalizalas na OMIX, en horario de 12:00 a 14:00 horas pola mañá e de 16:00 a 20:00 horas pola tarde. Os grupos de cada obradoiro daranse a coñecer a partir do 31 de xaneiro no toboeiro de anuncios da OMIX
.

Unha novelista de sona internacional nacida en Xove
14/Xaneiro/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Descubrimos unha nova faceta de Lucía Sánchez Meitín, veciña de Vilachá e traballadora do Concello de Xove, coñecida por ser coautora de dous estudos etnográficos acerca de Xove e das súas parroquias: "A Festa no Aire", e "De Sol a Sol". Desta vez, a autora sorpréndenos cunha novela de xénero histórico-romántico, publicada baixo o pseudónimo de Rita Morrigan, e titulada "Dulce Camino Espinoso", pola editorial arxentina Vestales. O libro, que saíu á venta o pasado mes de decembro, está batendo records de visitas na Internet, e está resultando un éxito de ventas en Sudamérica e Estados Unidos.
Leer más:Unha novelista de sona internacional nacida en Xove
Campionato de Bolos (Lago)
12/Xaneiro/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
-
CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE LAGO ( 8 XANEIRO 2011)
39 INSCRITOS: 25 NA LIGA SENIOR, 7 NA LIGA SUB 18 E 7 NA LIGA FEMININA
|
CLASIFICACION
|
NOME
|
TANTOS
|
PUNTOS
|
LIGA SENIOR
|
PRIMEIRO
|
OMAR CABRERA MACIAS
|
144
|
12
|
SEGUNDO
|
GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ
|
135
|
10
|
TERCEIRO
|
ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS
|
132
|
8
|
CUARTO
|
JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA
|
131
|
7
|
QUINTO
|
JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ
|
126
|
6
|
SEXTO
|
MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA
|
123
|
5
|
SÉTIMO
|
AUGUSTO ALBO OCAMPO
|
119
|
4
|
OITAVO
|
CÉSAR CANCELOS LÓPEZ
|
112
|
3
|
NOVENO
|
FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ
|
112
|
2
|
DÉCIMO
|
ARTURO VIGO CASABELLA
|
108
|
1
|
MELLOR BOLADA
|
OMAR CABRERA MACÍAS
|
63
|
1
|
LIGA SUB 18
|
PRMEIRO
|
SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ
|
55
|
6
|
SEGUNDO
|
DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ
|
46
|
4
|
TERCEIRO
|
AITOR BOUSO GAVIN
|
36
|
3
|
CUARTO
|
RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO
|
18
|
2
|
QUINTO
|
SAMUEL REY ÁLVAREZ
|
18
|
1
|
MELLOR BOLADA
|
DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ
|
28
|
1
|
LIGA FEMININA
|
PRMEIRO
|
DOLORES BAÑO FRAGA
|
55
|
6
|
SEGUNDO
|
SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ
|
55
|
4
|
TERCEIRO
|
MARÍA TERESA RAMOS FERNÁNDEZ
|
54
|
3
|
CUARTO
|
MARISA CASABELLA FERNÁNDEZ
|
37
|
2
|
QUINTO
|
BELÉN MEITÍN ROUCO
|
31
|
1
|
MELLOR BOLADA
|
DOLORES BAÑO FRAGA
|
24
|
1
|
Os Reis Magos en Xove
07/Xaneiro/2011
Departamento de Servizos Sociais
-
Chegaron os Reis a Xove sobor das 17:30 horas, para realizar a súa primeira actividade no noso Concello, que foi unha visita, como ven sendo tradicional nos últimos anos, á Residencia San Rosendo, onde acompañaron e levaron ilusión e agasallos aos nosos velliños.
A continuación tomaron novamente as súas carrozas, e saindo das inmediacións do Campo Municipal de Fútbol de Xove, realizaron o seguinte percorrido: Rúa Agramonte, pasando por diante do CEIP Pedro Caselles ata chegar á Avenida Deputación, onde percorreron unha boa parte da mesma, cortando por Doutor Baamonde Illade e continuado polo Camiño Real para chegar ao Centro Cívico, onde se dirixiron ao Belén Xigante que está instalado no Parque Municipal de Xove, aproveitando para facer as tradicionais ofrendas ao Neno Xesús. Temos que decir que o tempo, que en principio parecía que ía chover, respetou totalmente a Cabalgata, e non caiu nin unha gota, o que fixo que as rúas de Xove estiveran ateigadas de xente, sendo esta, con moito, a Cabalgata máis multitudinaria dos últimos anos. Como remate da súa presencia, e antes de volver para traer agasallos a tódolos nenos pola noite, realizaron a entrega dos premios do Concurso de Postais de Nadal no Salón de Actos do Centro Cívico.
Día do NENO na Piscina de Xove
05/Xaneiro/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Unha das actividades do DIA DO NENO organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Xove durante o dia de hoxe, mércores 5 de xaneiro, está sendo os XOGOS ACUÁTICOS NA PISCINA MUNICIPAL, os cales desenvólvense de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 18:30 horas. A entrada a actividade é totalmente gratuita, iso sí, cada turno organízase por idades, separando aos nenos/as máis pequenos dos outros para evitar accidentes
. 
|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|