Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte 
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)
---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|

|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Taller de Memoria en Xove '2014
09/Xuño/2014
Departamento de Servizos Sociais
-
O Departamento de Educación Familiar, que depende da Concellería de Servizos Sociais, acaba de por en marcha o programa “ENCONTROS PARA A SAÚDE: TALLER DE MEMORIA”, obradoiro dirixido a persoas do Concello de Xove, maiores de 60 anos, que queiran mellorar as súas capacidades memorísticas.
Esta actividade vaise desenvolver durante todo o mes de xullo ao longo de 8 sesións, de 1,30 horas cada sesión.
A inscrición nesta actividade é totalmente gratuita; para inscribirse hai que facelo no Departamento de Educación Familiar, preguntando pola educadora Angélica Casabella en horario normal de oficina, ou ben, chamando ao teléfono do Concello 982592001.
O prazo para apuntarse remata o vindeiro 25 de xuño.
SOLICITUDE PARA FACER FOGUEIRAS NO SAN XOÁN
06/Xuño/2014
Delegación de Agricultura
-
A Concellería de Agricultura, Gandeiría e Montes acaba de sacar unha nota informativa, na que se abre o PRAZO PARA SOLICITAR AUTORIZACIÓN, para todos aqueles que queiran facer a tradicional Fogueira do San Xoán.
Pois ben, o prazo, que como dixemos xa está aberto, rematará o XOVES, 19 DE XUÑO. A Solicitude poderá facerse no Departamento de Agricultura, Gandeiría e Montes do Concello, sito no 1º andar da Casa Consistorial, en horario normal de oficina.
Non está demáis recordar que, para facer a tradicional fogueira, NON É VÁLIDO O PERMISO DE QUEIMA AGRÍCOLA.

En marcha unha nova edición do San Antonio da Rigueira
03/Xuño/2014
Departamento de Servizos Sociais
-
O vindeiro venres, 13 de xuño, terá lugar a Vª Edición da Romaría ao San Antonio da Rigueira, dende a súa recuperación no ano 2009. Durante estes cinco anos, non só se recuperou gran parte da afluencia de público, senón que tamén parte das oito antigas rutas que os romeiros e romeiras seguían ata o santuario da Rigueira. Como cada ano, identificarase a cada romeiro cun carné de romaxe onde constarán os seu nome, así como o da ruta que segue a a súa saída. Este carné ha de ser selado nos puntos da súa ruta habilitados a tal efecto (achégase horarios de saída e puntos de selado de cada ruta). Unha vez que cada romeira e romeiro chegan á capela, han ser recibidos na jaima do Concello, e alí faráselles entrega da súa Ventura (Certificado da romaxe), xunto cunha flor: un lirio blanco (a flor do San Antonio).
O número de Selos dun Carné dependerá da Ruta seguida. Pois haberá distintos puntos de selado en en casetas ao longo do camiño.
Os romeiros e romeiras que queiran participar desta edición deben inscribirse previamente no Laboratorio de Investigación Social do Concello de Xove (982 592 001, con Ana ou Lucía). Ou no seguinte correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
CTRL + clic para seguir el vínculo">'+addy_text47830+'<\/a>';
//-->
.O prazo de inscrición remata o 12 DE XUÑO.


Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño de 2014)
28/Maio/2014
Concellería de Deporte e Turismo
-
O próximo día 5 de Xuño celébrase o DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE. Aproveitando este acontecemento o C.N. Xove en colaboración co Concello de Xove e Alcoa, realizarán un Plan Acción ao que están invitados a participar, ademais de todos os membros do Club, as asociacións deportivas e culturais así como os alumnos e alumnas dos centros escolares do Concello de Xove.
A finalidade deste plan é afianzar a concienciación medio-ambiental entre nós e sobre todo entre os xoves. Para iso faremos unha limpeza selectiva da praia de Esteiro (Xove), recollendo os residuos que encontraremos na praia e distribuíndoos correctamente no seu colector do lixo correspondente. Tamén plantaremos unha árbore nas inmediacións da praia como acto simbólico para conmemorar este día.
Contaremos coa axuda dun Técnico de Medio-Ambiente de Alcoa e un grupo de voluntarios desta mesma empresa, que nos axudarán a levar a cabo este interesante proxecto que, aparte do anteriormente dito, tamén mostrará aos máis xoves o interese de todos pola natureza, así como ter un obxectivo común entre persoas de todas as idades.
Co fin de ter unha previsión de asistentes deberase comunicar a participación no número de teléfono 982592001 ou tamén no Rexistro de Entrada das Oficinas Municipais do Concello de Xove (Horario de 8:00 a 15:00)
É recomendable que os asistentes leven calzado cerrado (deportivos ou similar), crema solar, viseira ou chuvasqueiro (segundo se presente o día). Esperámoste o día 5 de Xuño ás 16:30h. na praia de Esteiro ¡ANIMATE!
Campionato Provincial Escolar e de Promoción de Ximnasia Ritmica.
27/Maio/2014
Concellería de Deporte e Turismo
-
O pasado sábado 25 de maio tivo lugar no Pavillón Municipal de Deportes de Monforte de Lemos o Campionato Provincial Escolar e de Promoción de Ximnasia Rítmica.
Os resultados obtidos pola Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove, que presentou nesta cita deportiva 2 conxuntos, foron:
- CONXUNTO ALEVÍN ESCOLAR: CAMPIÓN PROVINCIAL.
- CONXUNTO SENIOR PROMOCIÓN: SUBCAMPION PROVINCIAL.
Nestes intres os conxuntos da nosa Escola están a preparar as seguintes citas no calendario, que serán: o Galego Escolar este vindeiro domingo 1 de xuño en Ribadeo, e o Galego de Promoción o 15 de xuño en Ourense.

Xornada de Formación Medioambiental
26/Maio/2014
Delegación de Agricultura
-
Desenvolveuse hoxe a partires das 11:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico. Organizada dentro dun Programa da Mancomunidade da Mariña Lucense, contou coa colaboración organizativa da Concellería de Agricultura do noso Concello que preside Dolores Meitín.
A Xornada comezou cunha presentación do alcalde Demetrio Salgueiro, para continuación dar paso á ponente e técnica en medioambiente Mayra Moure, quen lles explicou aos 30 inscritos, máis outras persoas interesadas, o que é a compostaxe doméstica, co fin de que poidan facer o seu propio abono natural nas súas casas. Todo o que se poida reciclar nas propias casas, lóxicamente non vai a parar aos contenedores municipais, co cal se aforra nos gastos de recollida e transporte; por outra banda, o veciño sácalle un rendemento a eses residuos unha vez transformado en abono, xa que así aforra de mercar parte do mesmo, contribuindo todo isto á unha mellora do noso medioambiente.
Unha vez rematada a charla, aos previamente inscritos fíxoselles entrega dun composteiro co fin de que apliquen prácticamente nos seus domicilios o aprendido. Os composteiros foron doados por Sogama, quen colabora deste xeito na realización da Xornada.

Resolto o Concurso de Fotografía Medioambiental
24/Maio/2014
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Este Concurso, convocado hai uns meses pola Concellería de Cultura do noso Concello, estaba adicado a “Xove, a súa costa e o seu mar”. Tal como recollen as Bases e a Convocatoria, o Concurso tiña como principal obxectivo potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente.
En total presentáronse 19 participantes, cifra moi estimable se temos en conta que se trataba dunha primeira edición. Pois ben, onte reuniuse o xurado, formado polo pintor de Xove Xoan Guerreiro, o fotógrafo e reporteiro de La Voz de Galicia Xaime Fernández Ramallal, actuando como secretario o técnico de cultura do Concello Mario Eijo. Rematado o proceso de avaliación, o Xurado acordou conceder os seguintes premios:
Categoría xuvenil:
- Primeiro premio de 100 €uros: MARÍA BAKTEEVA, coa obra “NORAY”
- Segundo premio de 50 €uros: CLAUDIA VÁZQUEZ SÁNCHEZ coa obra “O QUE A NOSA NATUREZ VE”.
Categoría adultos:
- Primeiro premio de 100 €uros: JAVIER VILLARES LAMAS, coa obra “FUENTE DE…”.
- Segundo premio de 50 €uros: JUAN ANTONIO FERNÁNDEZ VÁZQUEZ, coa obra “CIRCUMPOLAR EN RONCADOIRO”.
Dende o Concello quérese agradecer a tódolos concursantes a súa participación e, asimesmo, darlle a noraboa aos gañadores.
Iº Torneo de Tute do Centro de Maiores do Concello de Xove
23/Maio/2014
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Celebrouse os dias 21 e 22 de maio no Centro de Maiores do noso Concello, contando coa participación de 22 persoas (11 parellas) maiors de 60 anos.
Os gañadores deste Iº Torneo foron os irmáns Leonardo e Gabino López Martínez, quen recibiron un agasallo e un Diploma de parte da organización. .- Adxunto foto da parella gañadora no momento da entrega de premios e Diplomas.

REMATOU O CURSO DE INFORMÁTICA DIRIXIDO A MAIORES
22/Maio/2014
Departamento de Servizos Sociais
-
O Curso, que tivo unha duración de 20 horas, rematou onte, 21 de maio, coa entrega de Diplomas a cargo da Concelleira de Servizos Sociais Ana Abad. O mesmo foi desenvolvido na Aula de Informática da OMIX de Xove.
Dirixido a maiores de 50 anos, no mesmo as persoas participantes coñeceron o manexo de Windows, traballaron co programa Word e iniciáronse na Internet.
Esta actividade foi moi ben acollida polos asistentes xa que os coñecementos adquiridos no Curso sonlles moi útiles para a súa vida diaria: contacto con familiares, busca de información, correo,….

Novo éxito do Grupo Ñañaras da Asociación Cultural Saiñas de Xove.
20/Maio/2014
Concellería de Deporte e Turismo
-
Este domingo 18 de maio o grupo dos Ñañaras participou no XIV Festival de baile Tradicional Azaloira que se celebrou no Auditorio Manuel Dopazo en A Bandeira (Silleda).
Neste festival había dúas categorías, sección xuvenil (de 12 a 16 anos) e a sección infantil (8-12 anos).
O grupo dos Ñañaras acadou o primeiro posto na categoría xuvenil, dotado de 500€ máis un trofeo. Saiñas é a única asociación da provincia Lugo que este ano nos está a representar neste tipo de Concursos de Baile Tradicional.
O festival durou case tres horas e nel competiron 10 grupos en cada unha seccións, na que se encontraban asociacións de toda Galicia, como Cantigas e Agarimos de Santiago, Sete Ferreñas de Rianxo, Centro Cultural de A Ponte Vella de Teo, Xeitosos de Trazos, asociacións que teñen tras de sí unha gran traxectoria.
Con este merecidísimo primeiro posto ponse de manifesto a grande calidade de bailaríns que ten a Asociación Cultural Saiñas de Xove, o cal, tamén é froito de moitos anos de gran traballo por parte de todos os que compoñen esta asociación dende os bailaríns, profes, músicos, pandereteiras, nais , país, directivos…..A próxima cita será no mes de xuño en A Coruña.

LER CONTA MOITO: actuación no Centro Cívico
14/Maio/2014
Departamento de Cultura e Comunicación
-
“DÚAS LÍNGUAS, UNHA HISTORIA”: A Concellería de Cultura do Concello de Xove organizou para hoxe unha actuación dentro do Programa LER CONTA MOITO, programa patrocinado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e dirixido ás Bibliotecas Públicas co fin de promocionar a lectura e todo o relacionado co mundo das bibliotecas.
Das tres actividades programadas polo noso Concello dentro de Ler Conta Moito, hoxe, en horario de 12:30 a 13:45 horas no Salón de Actos do Centro Cívico tivemos a segunda, concretamente “DÚAS LÍNGUAS, UNHA HISTORIA”, unha proposta de achegar o galego e a lectura a través de contos de raigame atlántica, galega, bretona, etc. O contacontos inglés TIM BOWLEY acompañado de CHARO PITA fixeron as delicias dos 80 alumnos/as do IES Illa de Sarón que participaron nesta actividade.

Telefónica leva INTERNET ós Núcleos Rurais do Concello
13/Maio/2014
Departamento de Obras
-
O director de Telefónica en Galicia visitou hoxe o concello para explicar as melloras introducidas trala conclusión do Plan de Banda Larga da Xunta
-
- Máis de mil setecentos veciños poderanse beneficiar do despregamento da tecnoloxía 3G-UMTS
- Dispoñen xa das mesmas ofertas que nas cidades, e en toda a área mellorou a cobertura de datos en mobilidade
- No conxunto de A Mariña, máis de 11.500 habitantes de 856 núcleos de poboación poden xa acceder a Internet
Máis de mil setecentos veciños de Xove poden acceder xa á Internet de calidade trala conclusión neste concello, por parte de Telefónica e dentro do Plan de Banda Larga da Xunta de Galicia, dos traballos de despregamento da tecnoloxía UMTS-3G. Os núcleos de poboación beneficiados no despregue son os de O Alto de Gago, Ancil, A Áspera, A Barxa, As Casas Longas, A Torre, Vilar, As Cancelas, Gondar, As Hedradas, O Loureiro, As Penas Agudas, O San Salvador, O Soutovello, Vilariño, A Aldea de Abaixo, A Aldea de Arriba, O Barreiro, O Carballo, As Cruces, O Portiño, Canelas, Portocelo, San Cristovo, Vilachá, Vilapol, A Abelá, O Canaledo, Cornide, Os Cortellos, Ferrol, Labradela, Lamas, O Pazo, Pazos, A Ponte do Carro, O Pradovello, Regosangüento, San Vicente, Soutorredondo, O Torrillón, Ventoselle, Vila, Vilela, Albarán, A Cabandela, O Cabo, Fontaíña, As Fontes, Xanarde, O Lagar, A Lagoela, Lodeiro, As Poceiras, A Torre, A Rocha, A Aceveda, O Bargo, Cabo de Vila, Camba, Campo Susao, Castelo, Ceranzos, O Cruceiro, Fontao, Illade, Os Loureiros, Pena, Pereiraboa, Prada, Reboredo, Toimil e A Vara. En todos eles pódese acceder xa á Internet con velocidades de 7 megas. É unha oferta de completo Hogar Dixital, pois Telefónica subministrará unha base wifi á que se poden conectar vías inalámbrica distintos dispositivos como o ordenador, o móbil ou a tableta. O director de Telefónica en Galicia, Manuel Alonso, trasladou hoxe os detalles do despregamento ao alcalde do municipio, Demetrio Salgueiro. Ambos compareceron posteriormente ante os medios para dar conta dos resultados obtidos polo plan en Xove. Tecnoloxía 3G .-A tecnoloxía empregada por Telefónica é a UTMS-3G na banda de 900 Mhz., con grande capacidade de propagación en zonas rurais orográficamente complexas. Deste xeito, ademais de poder contratar o acceso á Rede, a cobertura de datos en mobilidade mellorou sensiblemente no entorno dos devanditos núcleos de poboación, puidendo ser activada nalgúns casos por primeira vez. Para elo, Telefónica puxo en servicio dous novas estacións base en Xove, unha en Xuances e outra en As Cancelas, e dotou con tecnoloxía UMTS-900 as outras tres xa existentes en Camposusao, Xove e Mandela. A estas habería que sumar as de Penedo, O Castelo ou Leiro, que a pesar de estar en concellos limítrofes, tamén dan cobertura ao municipio.
O despregamento en Xove forma parte das actuacións do Plan de Banda Larga para dotar de cobertura a todos os galegos. Esta acción, adxudicada a Telefónica en setembro de 2011, ten como obxectivo facilitar o acceso á Rede de 11.300 novos núcleos de poboación galegos ubicados en zonas de Galicia de especial complexidade orográfica, e nos que viven 250.000 persoas.

Máis cobertura na comarca .- No conxunto da comarca de A Mariña, Telefónica facilitou xa o acceso a Internet a máis de oitocentos cincuenta núcleos de poboación de catorce concellos -Alfoz, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro, Barreiros, Ribadeo, A Pontenova, Trabada, Cervo, Ourol, O Vicedo, Viveiro y Xove-, o que supón que un total de 11.511 habitantes poidan actualmente conectarse a rede. Para elo, a Compañía conta con corenta e tres estacións con tecnoloxía UMTS-900 na comarca, as que habería que engadir oito máis previstas para entrar en servicio este ano.
Coa finalización do plan, Telefónica dotará de cobertura na Mariña a un total de 1.020 núcleos de poboación, o que beneficiará a 12.273 habitantes.
Máis do 97% dos galegos con acceso a Internet grazas ao Plan
O Plan de Banda Larga permitiu o acceso á Internet a máis de 710.000 galegos que carecían de cobertura en 2010. Grazas aos despregamentos do Plan a porcentaxe de poboación con cobertura pasou do 71% en 2009 ao 97% a día de hoxe.
A posta en marcha destas iniciativas está a conseguir que Galicia reduza a fenda interna entre as zonas rurais e urbanas. En 2010 a diferenza media na dispoñibilidade de acceso á banda larga entre as provincias do interior e as do eixo atlántico era do 20%, e grazas ao plan esta porcentaxe diminuiu en 2012 ata un 3,5%.
XXIº Torneo Concello de Xove de Ximnasia Rítmica
12/Maio/2014
Concellería de Deporte e Turismo
-
O pasado sábado 10 de maio tivo lugar no Pavillón Municipal de Deportes de Xove o XXIº TORNEO CONCELLO DE XOVE DE XIMNASIA RÍTMICA, unha das competicións deportivas de rítmica con máis solera da nosa Provincia.
O Torneo, organizado polo Concello a través da Concellería de Deporte e a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, deu comezo ás 17:00 horas coa presencia de 6 equipos: as Escolas Municipais de: Xove, Vilalba e Outeiro de Rei, a E.X. Porta Norte de Burela/Ribadeo/Viveiro, o C. Filigrana de Lugo e o C. Violeta de Baamonde, con 230 ximnastas en competición. Perto de 500 persoas abarrotaron o Pavillón Municipal.

O Torneo, como é preceptivo, comezou antes da hora citada co quecemento e paso previo polo tapiz de tódalas participantes. Ás 17:00 horas abreuse a competición.
Dentro dos resultados obtidos pola Escola Municipal de Xove, salientamos:
- -Categoría baby: 2º clasificado:
- -Categoría alevín: 2º clasificado.
- -Cateogría cadete: 1º clasificado.
- -Categoría senior: 2º clasificado.
Rematou o Torneo coa entrega de medallas trofeos aos gañadores, acto presidio polo Alcalde Demetrio Salgueiro, que estivo acompañado pola Concelleira de Deportes Cristina Iglesias e outras autoridades.
Programa de Dinamización Lingüistica: FALAREDES
12/Maio/2014
Departamento de Cultura e Comunicación
-

EN XOVE, O VENRES, 16 NO SALÓN DE ACTOS DO CENTRO CÍVICO AS 12 HORAS
O programa de dinamización lingüística FalaRedes, organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, presenta a actividade As fabas máxicas, que en abril comezará a súa xira polos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.
A iniciativa de fomento do galego inclúe este ano 150 propostas lúdicas a través dun total de cinco actividades que buscan promover o uso e valoración positiva da lingua de Galicia, especialmente entre a infancia e a mocidade, enchendo o seu tempo de lecer con actividades de calidade no noso idioma.
Logo de botar a andar en marzo co concerto infantil-familiar Toc Toc, a terceira edición de FalaRedes amplía a súa programación coa peza de teatro As fabas máxicas, tamén dirixida ao público familiar, nomeadamente á xente miúda, e co galego como lingua. Neste espectáculo, contado en primeira persoa a través da dramaturxia de autor e de monicreques, Caramuxo Teatro achéganos unha nova versión do coñecido conto infantil Xan e as fabas máxicas.
Tras criarse na aldea con súa avoa, Xan vive agora de adulto nun apartamento de Nova York. Un día, coidando as plantas da súa terraza, descobre algo que lle fai lembrar unha infancia chea de aventuras.
Dirixida a nenos e nenas a partir de 4 anos, o obxectivo desta segunda proposta de FalaRedes é que a cativada se achegue ao teatro en galego por medio dunha obra de coidada estética na que o humor, a emoción e a palabra van da man.
As fabas máxicas chegará entre abril e xuño a 22 vilas pertencentes á RDL. Coma sempre en FalaRedes, a entrada será libre e de balde ata completar a capacidade das salas. Toda a información sobre FalaRedes 2014 estará dispoñible no web institucional da Secretaría Xeral de Política Lingüística www.xunta.es/linguagalega/falaredes_2014 e tamén nas redes sociais.
Turismo Social para maiores (IMSERSO)
07/Maio/2014
Departamento de Servizos Sociais
-
Programa de Turismo Social para maiores do IMSERSO

INSTRUCCIÓNS E MODELO DE SOLICITUDE
Programa de Turismo Social para maiores 2014/2015 .- O prazo de presentación de solicitudes mantense aberto ata o 5 de xuño de 2014.
Solicitantes: Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:
· Ter como mínimo 65 anos cumpridos.
· Ser pensionista de xubilación do Sistema Público de Pensións.
· Ser pensionista de viuvez do Sistema Público de Pensións, con 55 anos cumpridos.
· Outros pensionistas do Sistema Público de Pensións e prexubilados con 60 anos cumpridos.
· Valerse por sí mesmos e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.
Se a/o solicitante viaxa co cónxuxe, non é preciso que éste reúna os requisitos de idade e pensión.
Admitirase como acompañante a un fillo ou filla con discapacidade, que teña un grao de minusvalía igual ou superior ó 45%, sempre que a viaxe a realice cos seus pais e ocupe cama supletoria na mesma habitación do hotel. Deberá cumprimentarse o apartado correspondente da solicitude cos datos do fillo/a e achegar fotocopia do certificado de minusvalía.
Modalidades:
Ofértanse distintas modalidades para que os maiores poidan gozar dunhas vacacións no período comprendido entre os meses de outubro de 2014 e xuño de 2015, segundo a modalidade:
· Estadías en zonas costeiras.
· Viaxes culturais para coñecer a historia e arte de España.
· Turismo de natureza con rutas por paraxes pintorescos.
Servizos incluídos:
· Viaxe ida e volta desde a súa capital de provincia ata o hotel de destino e regreso, agás para a modalidade de viaxes sen transporte.
· Aloxamento en réxime de pensión completa en habitación dobre a compartir en hoteis seleccionados polo IMSERSO. Contémplase o aloxamento en habitación individual, que terá un suplemento no prezo e estará suxeito a dispoñibilidade de prazas.
· Servizo médico, complementario da Seguridade Social, no propio hotel.
· Programa de animación
· Póliza colectiva de seguros
Nos viaxes Culturais e Turismo de Natureza, dadas as súas especiais características non se inclúen os servizos médicos e programa de animación.
Leer más:Turismo Social para maiores (IMSERSO)
Mellorando ó acceso ó embalse do Torrillón
05/Maio/2014
Departamento de Obras
-
As obras de MELLORA DO ACCESO AO EMBALSE DO TORRILLÓN están prácticamente rematadas, tal como puideron comprobar hoxe o alcalde Demetrio Salgueiro e o arquitecto técnico municipal Benigno Mon, na visita que realizaron ao lugar. Este embalse, situado no lugar do Torrillón, nun outo da parroquia de A Rigueira, é un dos principais lugares de captación de auga do Concello, captando as augas do Río Rigueira.
As obras consistiron na apertura dunha pista de 300 metros de longo ata cerca do encoro. Esta pista, que inicialmente era un pequeno sendeiro de escasamente 1 metro de ancho, agora é un vial de 4 metros de ancho, o que permite o paso de vehículos ata as inmediacións. No remate desta pista construiuse unha ampla zona que permite virar (dar a volta) aos vehiculos que se desplacen ata alí para realizar labouras de mantemento.
Dende o final da citada pista ata o encoro propiamente dito hai algo máis de 100 metros, de moi difícil acceso, xa que se trata dunha zona escarpada. A solución proposta e realizada foi crear unha pasarela metálica que sigue o curso da arribada ata chegar ao embalse.

Con esta actuación persíguese facilitar a chegada dos equipos de mantemento do encoro á súa proximidade, traballo que antes se facía moi penoso xa que había que transportar os citados equipos de mantemento a man durante unha longa distancia.
Outra característica importante desta obra foi o respecto polo entorno, xa que a zona onde se ubica o encoro ten unha floresta moi bonita e ben conservada, que queda a salvo, e posta en valor, grazas á pasarela instalada. Esta obra supuxo un investimento duns 36.000 €, que foron financiados integramente polo noso Concello.
|
|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|