Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte 
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)
---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|

|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Axudas municipais para situacións de emerxencia social
04/Febreiro/2014
Departamento de Servizos Sociais
-
O pasado mes de xaneiro aprobáronse as bases que regulan as axudas de Emerxencia Social para o exercicio 2014. Ditas axuda, de carácter non periódico, están destinadas aos veciños/as do Concello de Xove cuxos recursos resultan insuficientes para facer fronte aos gastos específicos necesarios para previr, evitar ou paliar situacións de marxinación social.
O orzamento total destas axudas é de 5.000 € que irán destinados a gastos de alimentación, de atención sanitaria, gastos de vivenda, etc. Estas axudas poderán ser solicitadas ao longo de todo o ano 2014.

Rematan as actividades de Nadal no Concello de Xove
07/Xaneiro/2014
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O Concello de Xove rematou o amplo Programa de Actividades deste Nadal 2013-2014, programa que comezara o pasado 14 de decembro cun Obradoiro de Colocación de Belén e rematou o 5 de xaneiro cos actos previos ao Día de Reis.
Dentro das actividades desenvolvidas nos últimos días, tivemos:
- Venres 3 de xaneiro.- TEATRO DE ASPANANE coa obra "Y AHORA, ¿CON QUIÉN ME CASO YO?, posta en escea no Salón de Actos do Centro Cívico diante dunhas 170 persoas. Tratase da obra gañadora do 3º Premios Nacional do Concurso organizado pola Dirección General de Tráfico. A obra, moi ben construida e interpretada, emocionounos a todos os que tivemos a oportunidade de vela.
- Sábado 4 de xaneiro.- DÍA DO NENO, celebrado na Piscina Municipal con inchables acuáticos e no Pavillón de Deportes con inchables e obradoiros.
- Domingo 5 de xaneiro.- Os actos deste día, víspera de Reis, comezaron coa tradicional visita dos Reis á Residencia da 3ª Idade. Ás 19:00 horas tiña previsto comezar a Cabalgata, que acertadamente foi anulada debido aos fortísimos ventos que nese intre soplaban en Xove. Para que os nenos non se foran de vacío e viviran con ilusión este día, os Reis decidiron trasladarse á seguridade do Pavillón de Deportes, onde, durante cáseque duas horas estiveron con tódolos nenos e repartindo caramelos. Rematou esta xornada cunha Festa Infantil no Pavillón a cargo do DJ TAPI-DECIBELIOS.
Entregados os premios do concurso de postais
03/Xaneiro/2014
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Onte, nun acto celebrado ás 16:30 h. no Salón de Actos do Centro Cívico, o Alcalde Demetrio Salgueiro xunto coa concelleira de cultura Dolores Meitín fixeron entrega dos premios do CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL. Este Concurso foi organizado a través da Biblioteca Pública Municipal de Xove para este Nadal 2013-2014, tal como se recolle nas Bases aprobadas pola Xunta de Goberno Local o pasado 11 de novembro de 2013; o mesmo ía destinado aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles Rollán e do IES Illa de Sarón.

A relación de premiados, segundo categorías, foi a seguinte:
Leer más:Entregados os premios do concurso de postais
Actividades infantís e teatro dentro da programación de nadal para mañá Venres 3
02/Xaneiro/2014
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O programa de Nadal do Concello continua a súa marcha, iso sí, coas primeiras actividades deste novo ano. A programación prevista para mañá venres 3 de xaneiro é a seguinte:
- De 10:30 a 11:30 h. na Aula Multideportiva: Xogos Infantís para nenos/as de infantil ata 4º de Primaria.
- De 11:45 a 12:30 h. na Aula Multideportiva: Aeróbic para rapaces de 5º e 6º de Primaria e da ESO.
Xa pola tarde, ás 20:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico TEATRO ASPANANE coa obra “Y AHORA, ¿CON QUIÉN ME CASO YO?”. Trátase da obra gañadora do 3º Premio Nacional do Concurso organizado pola Dirección General de Tráfico.
IIIº Concurso de Karaoke de Xove
30/Decembro/2013
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Celebrado este pasado sábado 28 de decembro nun Pavillón Municipal de Deportes ateigado de xente, decir que constituiu todo un éxito, tanto de participación e calidade musical, coma de público. O Xurado desta IIIª edición estivo formado por: Xulia Nogueira, Directora da Escola Municipal de Música de Xove; Javier Arca de ACIAM Xove e cunha longa tradición como gaiteiro dentro da Asociación Saiñas; e Eduardo Rodríguez, tamén de ACIAM Xove e persoa moi vinculada á musica dende hai moitos anos.

A relación de gañadores, segundo categorías, foi a seguinte:
- Categoría “PEQUES” (ata 12 anos):
1º Premio “Mellor Voz”: BRAIS BALMAYOR RODRÍGUEZ coa canción “Dime que me quieres” do grupo Tequila. Premio de 40 €uros.
2º Premio “Mellor Voz”: IAGO RIVAS BALSA co villancico popular “Los peces en el rio”. Premio de 40 €uros.
Premio a “Mellor Caracterización”: LARA RODRÍGUEZ BAÑO, TANIA FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ E BEATRIZ EIJO GÓMEZ coa canción de Marisol “LaTómbola”. Premio de 40 €uros.
- Categoría “IUNIOR” (DE 12 ata 18 anos):
1º Premio “Mellor Voz”: NEREA RIVAS BALSA coa canción “Cómo hablar” de Amaral. Premio de 70 €uros.
2º Premio “Mellor Voz”: MARGARITA PARAPAR FERNÁNDEZ coa canción de La Oreja de Van Gogh “La Playa”. Premio de 70 €uros.
Premio a “Mellor Caracterización”: AHINOA ECHEVARRÍA OLIVER coa canción “Chas! Y aparezco a tu lado” de Alex y Cristina. Premio de 70 €uros.
- Categoría “VETERANOS” (maiores de 18 anos):
1º Premio “Mellor Voz”: MARIA DEL CARMEN LÓPEZ VIDAL coa canción “Mujer contra mujer” do grupo Mecano. Premio de 130 €uros.
2º Premio “Mellor Voz”: MARIBEL PERNAS FRA coa canción “Veneno” de Isabel Pantoja. Premio de 130 €uros.
Premio a “Mellor Caracterización”: BRENDA SUÁREZ AZOGUE coa canción de Mecano “Hijos de la luna”. Premio de 130 €uros.
A gala foi presentada por Vanesa Míguez e Rubén Pico, os cales conduciron magníficamente este espectáculo por terceiro ano consecutivo. Rematado a fase de Concurso, e mentras o Xurado deliberaba, houbo diversas intervencións musicais, previas á entrega de premios. A entrega de premios foi presidida polo Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola Concelleira de Cultura Dolores Meitín e outras autoridades.
Torneo de TENIS de mesa en Xove
28/Decembro/2013
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Onte, venres 27 de decembro, celebrouse na OMIX de Xove o xa tradicional TORNEO DE TENIS DE MESA DE NADAL. Unha aula da OMIX foi o lugar escollido para o desenvolvemento deste evento, no que participaron un total de 13 rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 13 e os 17 anos. O gañador do mesmo foi Roberto Rubal, quedando Iván Silva subcampión. O Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola Concelleira de Xuventude Ana Abad, realizaron a entrega de premios.
Esta actividade englóbase dentro do amplo programa de actividades que o Concello de Xove deseñou para este Nadal 2013-2014.

IIIº CONCURSO DE KARAOKE
27/Decembro/2013
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O programa de Nadal do Concello continua a súa marcha, tendo lugar, mañá sábado 28 de decembro, un dos pratos fortes deste amplo programa de actividades coa celebración da terceira edición do CONCURSO DE KARAOKE, que se vai desenvolver a partires das 21:30 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Xove, esperando que, coma o pasado ano, o público encha este emblemático recinto municipal.
Este Concurso presenta tres categorías: PEQUES para menores de 12 anos; IUNIOR de 12 anos ou máis e menores de 18; VETERANOS para maiores de 18 anos. A inscrición neste Concurso é totalmente gratuita. A inscrición vai estar aberta mañá, día de celebración do Concurso, en horario de 17:00 a 19:00 horas no Pavillón Municipal, para os que inda queiran apuntarse.
Nestes intres o persoal do Concello está a traballar arreo para que mañá o Pavillón esté a punto e reluzca coas suas mellores galas.
Os participantes das distintas categorías tamén terán mañá, antes do concurso en horario de 17:00 a 19:00 h., a oportunidade de ensaiar a canción que presenten, iso sí, a orde de ensaio vaise facer tendo en conta a orde de inscrición.
En Marcha O Programa De Nadal do Concello
24/Decembro/2013
Departamento de Servizos Sociais
-
O programa de Nadal do Concello, que comezou o pasado 14 de decembro cun obradoiro de colocación do Belén na OMIX de Xove e continuou o día 20 pola mañá na Escola Infantil de Xove coa visita de Papá Noel, tivo un dos seus puntos fortes este pasado sábado 21 de decembro, onde Papá Noel, nun vehículo especialmente preparado, percorreu tódalas aldeas de Xove visitando aos nenos do noso Concello. Xa pola noite deste mesmo día 21, concretamente a partires das 21:00 horas, tivo lugar a inauguración do Belén Municipal de Xove, un Belén xigante que ocupa unha boa parte do Parque Municipal e que está conformado con diversas escenas típicas de belén e imaxes a tamaño natural. A escenificación do Belén correu a cargo do grupo de alumnos da Escola Municipal de Maiores, sendo a posta en escea realizada por Lucía Meitín.

Xa dentro das actividades desta nova semana que comeza, hoxe pola mañá desenvolveuse un obradoiro de manualidades para nenos/as de 3º ata 6º de primaria.
Dentro das próximas actividades deste denso programa municipal, temos:
- Mañá, martes 24 de decembro, ás 16:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico: videoproxección da película francesa de debuxos “El Ilusionista”, para tódolos públicos, en especial nenos/as e rapaces/as.
- O mércores 25, Día de Nadal, imos ter no Pavillón Municipal de Deportes, a partires das 18:00 horas, o Espectáculo Infantil de Animación “A BAILAR”. Remataremos esta actividade no Pavillón cunha CHOCOLATADA.
- O xoves 26 é o día da música, xa que imos ter o Concerto De Nadal Da Orquestra Clásica De Xove, cun amplo Programa onde inservirán os alumnos/as da Escola Municipal de Música de Xove. Este Concerto vai desenvolverse no Salón de Actos do Centro Cívico a partires das 19:00 horas.
Tódalas actividades contidas neste programa son de carácter libre e gratuito, polo que invitamos a todos, de Xove ou visitantes no noso Concello, a participar e disfrutar das moitas actividades programadas.
Entrega de Cheques para Becas 2013-2014
23/Decembro/2013
Departamento de Servizos Sociais
-
Hoxe, ás 17:00 hs, tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Xove a cargo do alcalde Demetrio Salgueiro e da concelleira de servizos sociais Ana Abad, a entrega das axudas ao estudo que o Concello convoca cada curso escolar.
Nesta ocasión concedéronse as seguintes axudas:
- 15 axudas para estudos universitarios, cuxa contía ascendeu a 15.910,31 €.
- 6 axudas para ciclos formativos de especialidades que non existen na comarca cunha cantidade de 1.772,87 €.
- 8 axudas para alumnos con discapacidade cun total de 7.500 €.
- 35 axudas para compra de material escolar, cuxa contía ascendeu a 4.2400 €.
- 2 para máster, que suman un total de 1.000 €.
En total o Concello invisteu nestas becas e axudas a cantidade total de 30.423,18 €.

Papa Noel na Escola Infantil - 2013
20/Decembro/2013
Departamento de Servizos Sociais
-
O Concello de Xove fomenta o empresariado local en galego
18/Decembro/2013
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
O Concello de Xove está desenvolvendo unha campaña subvencionada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, para reforzar o idioma galego nas relacións comerciais e empresariais en xeral. Nestas datas, fanse máis visibles os seus resultados.
Este proxecto contou con dúas accións:
-Asesoramento ás empresas para a normalización e normativización da súa documentación, para fomentar que o galego sexa a súa lingua de comunicación.
-Campaña de agasallos:Curso de paquetería en galego. Este curso impartiuse desde o 30 de setembro ata o 17 de outubro e tiña como obxectivo formar ás persoas que traballan no sector comercial en Xove.
Imaxe única na presentación de agasallos en todos os comercios do municipio. Todos os comercios están a empregar a mesma imaxe para a paquetería de Nadal, para iso o Concello editou un papel de embalaxe no que figuran as seguintes frases: Xove, comercio local, agasallos, en galego enténdote. Tamén repartiu, en colaboración coa ACIAM, os mesmos materiais decorativos necesarios para presentar un agasallo de maneira atractiva e única.
Postal de Agasallos. O Concello deseñou unha postal para agasallar ás persoas consumidoras das empresas do municipio.
Carácter innovador: Trátase dunha campaña innovadora, xa que é a primeira vez que todos os comercios locais envolven da mesma maneira os paquetes de agasallo.
Potenciación do empresariado local:
Leer más:O Concello de Xove fomenta o empresariado local en galego
o Concello dona maquinaria ao IES Illa de Sarón
13/Decembro/2013
Departamento de Obras
-
O IES Illa de Sarón de Xove conta, dende este curso 2013-2014, cun Ciclo formativo de Grado superior de “Programación da producción en moldeo de metais e polímeros”, que é o primeiro deste tipo que se implanta en España.

Pois ben, o noso Concello, que tamén colaborou e apoiou dende un principio a implantación deste ciclo no noso Concello, ven de realizar unha importante donación ao IES Illa de Sarón, concretamente dúas máquinas que veñen a completar a Aula Taller onde os alumnos/as do Ciclo realizan as prácticas. Unha serra eléctrica con carro de ferramentas anexo e un taladro de columna son as dúas máquinas que o Concello aportou, e que foron postas en marcha hoxe, nun acto que contou coa presenza do alcalde Demetrio Salgueiro e a Concelleira Dolores Meitín por parte do Concello, e pola Directora Oliva Cabaleiro e o Secretario José María Orol por parte do IES Illa de Sarón.
Esta donación supuxo un investimento de 3.500 €uros por parte do Concello, e, como dixo o alcalde, espérase que supoña unha mellora sustancial da Aula Taller e unha importante contribución á formación práctica dos alumnos/as do ciclo.
O título de Técnico Superior en Programación da producción en moldeo de metais e polímeros ofértase por primeira vez en Galicia no IES Illa de Sarón. A duración deste ciclo formativo de grao superior é de 2.000 horas e leva asociado 384 horas de formación práctica en empresa, correspondentes ao módulo de formación en centro de traballo (FCT). Este título inclúe catro calificacións profesionais completas e unha incompleta, o que proporciona unha alta formación e cualificación profesional de nivel 3.
Lóxicamente, na implantación deste ciclo tivo moito que ver a Consellería de Educación. O Conselleiro de Industria visitou hai uns meses as instalacións do IES coincidindo coa posta en marcha da Aula Taller deste ciclo, aula na que se instalaron unha serie de máquinas onde os alumnos realizan todo tipo de prácticas. Este ciclo conta tamén coa colaboración de Alcoa, que permite ao alumnado realizar parte da formación práctica de algúns módulos na empresa.
Entrega do premio á gañadora do concurso de carteis a prol da língua
05/Decembro/2013
Departamento de Cultura e Comunicación
-
"A lingua galega mola" foi o lema gañador do Concurso de carteis a prol da lingua que o Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Concellos da Mariña Luguesa organizou este verán para promocionar o uso da lingua galega na mocidade mariñá. Os participantes, nenos e nenas de entre 4 a 12 anos, debían realizar un deseño gráfico orixinal e un breve comentario en galego a prol da lingua, onde se valoraríase a orixinalidade e a creatividade dos debuxos e dos seus comentarios, independentemente da súa perfección técnica.

Ademais do debuxo gañador, de Saúl de oito anos e do Concello de Barreiros, seleccionáronse outros para confeccionar carteis e marcapáxinas que serán repartidos pola técnico de Normalización Lingüística da Mancomunidade e polos alcaldes polos colexios da Mariña Lucense. Neste sentido, hoxe pola mañá a Concelleira de Cultura Dolores Meitín, acompañada por Lucía Pérez, coordinadora desta actividade, realizaoulle entrega dun agasallo á gañadora en Xove deste concurso, que non foi outra que a nena Claudia Vázquez Sánchez, co lema “falando un pouco en galego a vida é sempre mellor”. Esta actividade forma parte do Programa de Dinamización do Servizo de Normalización Lingüística coa finalidade de promocionar o o uso da lingua galega na comarca mariñá.
En marcha unha nova edición de “Educando en Familia”
05/Decembro/2013
Departamento de Servizos Sociais
-
O pasado 20 de novembro comezou en Xove una nova edición do proxecto “EDUCANDO EN FAMILIA”, que se está a desenvolver na Sala de Exposicións da Oficina de Turismo, a cal o Concello acondicionou debido ao número de familias anotadas, converténdoo nun espazo axeitado ao efecto.

O proxecto “Educando en Familia” está subvencionado polo noso Concello e, como dixemos antes, comezou o 20 de novembro cun total de 18 familias anotadas. Esta iniciativa educativa está dirixida a nenos/as con idades entre 0 e 6 anos, acompañados polos seus pais ou outro familiar directo.
Un día á semana a monitora Estefanía Eijo axuda ás familias a tomar conciencia do seu papel como educadores, axudando a crear espazos de intercambio de experiencias e inquietudes.
Entrega Diplomas de Informática na OMIX
04/Decembro/2013
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Ontes, martes 3 de decembro, na OMIX do Concello de Xove tivo lugar a entrega de diplomas do CURSO BÁSICO DE INFORMÁTICA, dirixido a persoas maiores. Na entrega participou o alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado da Concelleira de Servicios Sociais Ana Abad, xunto coas 21 persoas participantes, con idades entre os 43 e os 71 anos.
As materias impartidas durante mes e medio, ao longo dunhas 20 horas, foron: manexo do sistema operativo Windows, elaboración de documentos con Microsoft Word 2007 e coñecemento do uso e manexo do correo electrónico e navegación pola Rede.

|
|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|