* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
XUNTOS POLO NADAL 2010-2011
17/Novembro/2010
Departamento de Servizos Sociais
Tendo en conta a situación de soidade na que se atopan moitas persoas maiores, pola perda do seu cónxuxe, emancipación dos fillos ou carencia de familiares, a Dirección Xeral de Dependencia e Autonomia Persoal convoca este programa de convivencia que se vai desenvolver nas datas comprendidas entre 24 de decembro de 2010 e o 1 de xaneiro de 2011. Convócanse un total de 240 prazas, totalmente gratuítas, para a participar neste programa que se van distribuir da seguinte maneira:
Residencia de Tempo Libre de Carballiño: 120 prazas ( 60 para a provincia da Coruña e 60 para a provincia de Pontevedra).
Residencia de Tempo Libre de Panxón: 120 prazas ( 60 para a provincia de Lugo e 60 para a provincia de Ourense).
O programa contempla o aloxamento, en habitacións dobres e manutención, en réxime de pensión completa, durante 9 dias ( 8 noites).A saida dos puntos de orixe realizarase o dia 24 de decembro pola mañá desde os centros sociocomunitarios das cidades de A Coruña, Ferrol, Santiago , Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo e o regreso o dia 1 de xaneiro despois do xantar desde as Residencias de Carballiño e Panxón aos centros anteriormente sinalados. ■ Datas de celebración: Do 24 de decembro de 2010 ao 1 de xaneiro de 2011 ■ Requisitos:
XXIIª TIRADA DE BOLOS - XIª SUB 18 - IIª LIGA FEMININA
15/Novembro/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE A VARA ( 13 NOVEMBRO 2010) ) 41 INSCRITOS: 26 NA LIGA SENIOR, 6 NA LIGA SUB 18 E 9 NA LIGA FEMININA
CLASIFICACION NOME TANTOS PUNTOS
LIGA SENIOR
PRIMEIRO JOSE VIGO LAGE 205 12
SEGUNDO ARTURO VIGO CASABELLA 173 10
TERCEIRO LUIS RANCAÑO BOUSO 156 8
CUARTO ADRIÁN BOUSO GAVÍN 153 7
QUINTO JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ 141 6
SEXTO FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ 138 5
SÉTIMO OMAR MACIAS CABRERA 136 4
OITAVO MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA 135 3
NOVENO IVÁN SÁNCHEZ BASANTA 133 2
DÉCIMO JOSÉ GONZÁLEZ RODRÍGUEZ 131 1
MELLOR BOLADA JOSE VIGO LAGE 75 1
LIGA SUB 18
PRMEIRO AITOR BOUSO GAVIN 87 6
SEGUNDO SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ 83 4
TERCEIRO ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ 38 3
CUARTO LAURA IGLESIAS MARIÑO 18 2
QUINTO RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO 18 1
MELLOR BOLADA SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ 40 1
LIGA FEMININA
PRMEIRO DOLORES BAÑO FRAGA 114 6
SEGUNDO BELÉN MEITÍN ROUCO 83 4
TERCEIRO SALOMÉ CARDOSO RODRÍUGEZ 83 3
CUARTO CARMEN ROCA CORRAL 74 2
QUINTO LEONOR CASABELLA RODRÍGUEZ 65 1
MELLOR BOLADA SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ 40 1
-41 inscritos, 26 na Liga Senior, 6 na Sub 18 e 9 na Liga Feminina.
Liga Senior.- Espectacular victoria de Jose Vigo Lage, un Sub 18 que este ano decideu ascender de categoría, e pasar á categoría senior dos maiores. Trátase da súa primeira victoria na categoría absoluta, e todo hai que decilo, foi unha victoria tremenda con 205 tantos (65 + 75 + 65), sacándolle 33 tantos ao segundo que é seu pai Arturo Vigo e 49 tantos a Luis Rancaño. Fallaron os líderes, especialmente Ginés Rodríguez quen non foi capaz nin de puntuar, o que lle costa o liderato a costa de Moisés Rodríguez, gracias aos tres puntos obtidos. Arturo Vigo ascende á terceira posición a costa de José Rafael González que agora é cuarto. En definitiva, xornada que sirveu para apretar a clasificación xeral, dado que do primeiro (41 puntos) ao sexto (28 puntos) só temos 13 puntos de diferencia.
Liga Sub 18.- Cambio de líder tamén nesta Liga, que agora comanda Salomé Cardoso con 19 puntos, seguido de Aitor Bouso con 18. O non puntuar fixo que o lider ata este intre, Daniel López, caise ata terceira posición con 16 puntos. Cuarto está Samuel Rey con 11 e quinta Claudia Fernández con 10.
Liga Feminina.- Rocosa se está mostrando Dolores Baño, que é a única xogadora da categoría que ata o momento puntuou en tódalas tiradas, dahí a súa regularidade, e que encadena a súa segunda victoria consecutiva, o que lle permite liderar con 29 puntos, 11 máis que a vixente campiona Carmen Roca, que ten 18 puntos. Terceira continúa Concepción Piñeiro con 15 puntos, seguida de Belén Meitín con 14 e a sub 18 Salomé Cardoso con 10.
A Vindeira tirada vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ O VINDEIRO SÁBADO, 20 DE NOVEMBRO DE 2010.
Nova exposición de fotografía en Xove
12/Novembro/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
Despois de "Xove 360º", o noso Concello acolle unha nova exposición fotográfica, neste caso organizada e patrocinada pola Asociación Fotográfica "Os Negativos" de Viveiro, un grupo de afeccionados á fotografía. A Concellería de Cultura do Concello de Xove colabora con esta exposición prestando o marco do Centro Cívico, lugar onde xa están expostas as 47 fotografías que a conforman.
Trátase dunha exposición innovadora, xa que non vai no interior dunha sala, senón que se mostran os distintos traballos no exterior, ao aire libre; deste xeito, as fotografías, impresas en lona, para o cal se contou coa colaboración da empresa Informática Futures, están colgadas en varias das balaustradas/pasarelas do Centro Cívico, a maioría delas na Propia Praza do Centro Cívico e outras no exterior da Casa de Cultura.
Os autores da exposición son: Antonio Vázquez, Antonio Ben, Juan Ocaña, Juan Antonio Fernández, José M. Moreno, Paco López, Alberto García e Ana Isabel Codesal. Cada un dos autores realizou realizou 6 obras, menos Alberto García que é autor de 5, dahí as 47 fotografías.
Segundo os autores da exposición, os membros da Asociación Os Negativos, este proxecto enmárcase nunha serie de actuacións para difusión da fotografía en espacios alternativos.
A obra exposta non ten un tema nin un fío conductor único; trátase de traballos moi variados: paisaxes, viaxes, composións, etc. . As obras, como xa dixemos, están editadas en lona, cun tamaño de 1 x 0´8 metros, o cal permite que poidan ser contempladas con comodidade polo público.
IVª Edición do concurso de postais en Xove
12/Novembro/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, organiza por cuarto ano consecutivo un CONCURSO DE POSTAIS, dirixido a nenos/as e rapaces/as de Preescolar, Primaria e ESO. Esta actividade englóbase dentro do Programa de Actividades de Nadal do Concello.Dentro do Concurso imos ter cinco categorías:
-Categoría Preescolar (nenos/a de 3, 4 e 5 anos).
-Categoría de 1º e 2º de Primaria.
-Categoría de 3º e 4º de Primaria.
-Categoría de 5º e 6º de Primaria.
-Cateogría de 1º a 4º de ESO.
Lóxicamente, as postais estarán relacionadas con motivos navideños, e os traballos teranos que presentar en tamaño axustado a unha cuartilla (medio folio A4). As técnicas a empregar serán libres: debuxo a lapis, rotuladores, ceras, collages, etc. Os traballos haberá que entregalos na Biblioteca Pública Municipal de Xove, lugar onde serán expostos todos. O prazo de presentación de traballos remata o 24 de decembro.
Haberá tres premios por categoría, e consistirán estes en libros ou material escolar.
O fallo do xurado darase a coñecer antes do 5 de xaneiro, e a entrega dos premios realizarase o 5 de xaneiro, unha vez remate a Cabalgata.
O mesmo que este ano, un dos traballos que se premie nesta edición servirá como postal institucional o ano vindeiro.
Obradoiro de "DJ"
09/Novembro/2010
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
O xoves 11 e o venres 12 de novembro, en horario de 17:00 a 19:00 horas, vai ter lugar na Oficina Municipal de Información Xuvenil de Xove (OMIX) un OBRADOIRO DE "DJ", dirixido a rapaces/as maiores de 12 anos, no que terán a oportunidade de coñecer os diferentes aparellos empregados polos "DJ", así como aprender a seleccionar, reproducir e mezclar música. Esta actividade está organizada pola OMIX, entidade dependente da Concellería de Servizos Sociais, Muller e Xuventude.
Invernízate con nós, actividades na natureza no albergue xuvenil de Gandarío
09/Novembro/2010
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
DENDE A OFICINA DE INFORMACIÓN XUVENIL DO CONCELLO DE XOVE INFÓRMASE DO PRAZO PARA ANOTARSE AO PROXECTO DA XUNTA DE GALICIA “INVERNÍZATE CON NÓS”, ORGANIZADO POLA DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO, QUE SE LEVARÁ A CABO NO ALBERGUE XUVENIL DE GANDARÍO (BERGONDO – A CORUÑA) DURANTE A TEMPADA DE OUTONO E INVERNO.NEL PODERÁN PARTICIPAR AQUELES MOZOS E MOZAS QUE TEÑAN ENTRE 18 E 35 ANOS NO MOMENTO DA SOLICITUDE. AS SOLICITUDES CUBERTAS ENTREGARANSE NA OMIX DO CONCELLO DE XOVE. Teléfono 982 57 18 16
Invernízate con nós é un programa de actividades de lecer e tempo libre no medio natural, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, que se levará a cabo no albergue xuvenil de Gandarío (Bergondo-A Coruña) durante a tempada de outono e inverno.
De entre as actividades nas que se poderá participar, destacan:
Recoñecemento de estrelas
Orientación nocturna
BTT
Tiro con arco
Corda tirolesa
Iniciación ao rapell
Orientación
Xogos tradicionais INVERNÍZATE CON NÓS
Dinámica de grupos ACTIVIDADES NA NATUREZA
Rutas de sendeirismo
Obradoiro de recoñecemento fotográfico da paisaxe
Obradoiro de construcións
Nel poderan participar aquelas mozas e mozos que teñan entre 18 e 35 anos no momento da solicitude. As solicitudes cubertas entregaranse na oficina de información xuvenil do concello onde os demandantes teñan a súa residencia. No caso de que o concello non teña OMIX, será o departamento competente en materia de xuventude o encargado de recibir e tramitar as solicitudes. MÁIS INFORMACION E SOLICITUDE
Tirada de Bolos no Centro Social de Cruceiro
08/Novembro/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
INCIDENCIAS DA 5ª TIRADA (CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO- Sábado, 6 NOVEMBRO 2010) -Tarde fria.
-47 inscritos, 29 na Liga Senior, 9 na Sub 18 e 9 na Liga Feminina.
Liga Senior.- Novo cambio de líder, e isto é unha constante dende que comezou esta temporada, na cal Ginés Rodríguez e Moisés Rodríguez se van alternando no liderato. O segundo posto obtido por Ginés permítelle pasar a Moisés e agora é líder con 40 puntos, dous máis que o segundo. José Rafael mantén a terceira posición con 30 puntos, posición que perde Luis Rancaño, quen se vai ata o 5º posto con 25 puntos ao non puntuar, sendo pasado tamén por Arturo Vigo que se aúpa á cuarta posición con 29 puntos.
Pasado xa o ecuador desta primeira volta, a cal lle faltan 4 tiradas, temos que decir que hai unha gran igualdade no Campionato,cun núcleo duro de 5 ou 6 xogadores que xa se van destacando por riba dos demáis, entre os cales están os principais favoritos. Salientable tamén é que xa puntuaron 23 xogadores distintos, lóxico tendo en conta a alta participación que estamos a ter nas ligas deste ano.
Liga Sub 18.- A súa regularidade e os dous puntiños acadados nesta tirada permítenlle a Daniel López continuar como líder unha semana máis con 16 puntos. Segunda é Salomé Cardoso con 14 puntos e que está mantendo un xogo moi sólido e constante. Terceiro lugar ocúpao Aitor Bouso, de quen esperábamos máis, pero que inda non lle está a coller o tranquillo ao xogo. Samuel Rey e Claudia Mariña non puntuaron e ocupan a 4ª e 5ª posición respectivamente.
Liga Feminina.- Victoria da líder Dolores Baño, quen está a manter unha competición moi regular. Esta victoria fai que aumente a súa vantaxe, que agora vaise aos 7 puntos respecto da segunda que é a actual campiona Carmen Roca, con 16 puntos. Concepción Piñeiro, ao non puntuar, perdeu a segunda posición e agora é terceira con 15 puntos, seguida de Belén Meitín con 10. Podemos decir que esta Liga, se non hai ningunha sorpresa de última hora, vai estar entre as catro xogadoras citadas, Dolores, Carmen, Concepción e Belén.
A Vindeira tirada vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE A VARA O VINDEIRO SÁBADO, 13 DE NOVEMBRO DE 2010.
Comezou en Xove "Preescolar na Casa"
08/Novembro/2010
Departamento de Servizos Sociais
O pasado 28 de outubro deu comezo no noso Concello o Curso de "PREESCOLAR NA CASA", concretamente na Biblioteca Municipal de Xove, nunha Aula que recentemente o Concello habilitou na área infantil da Biblioteca para este fin e a cal foi estrenada precisamente con esta primeira actividade do Curso.
A estas actividades poden acudir as familias cos seus fillos/as. Lóxicamente, estas reunións/clases están pensadas para nenos/as pequenos que inda non van á escola, dahí o de preescolar.
Aberto os prazos na Delegación de Agricultura para...
02/Novembro/2010
Delegación de Agricultura
ÁRBORES AUTÓCTONOS E FRUTAIS
O prazo para solicitar ÁRBORES FROITEIRAS, FORESTAIS E PRANTAS DE XARDÍN, estará aberto dende o día 25 de outubro ata o 20 de decembro de 2010.
AXUDAS PARA A LIMPEZA DE MONTES 2010/11
Prazo para facer a solicitude: Do 2 de novembro de 2010 ata o 25 de febreiro de 2011.
Prazo para rozar os montes e dar o aviso no Concello: Do 2 de novembro de 2010 ata o 4 de abril de 2011.
“Xove 360º +. Grao a Grao” agora no Club Social de Palmeiro
28/Outubro/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
Esta exposición, que estivo aberta na Sala de Exposición do Centro Cívico de Xove do 13 ao 29 de agosto, vai estar dende hoxe 28 DE OUTUBRO ATA O 15 DE NOVEMBRO no Club Social de Palmeiro, en horario de 11 a 23 horas.
A exposición conta con 50 fotografías, ousexa, as mesmas que a edición do pasado ano. Ana Isabel Codesal, Felipe Abad, Javier Arca, Enrique Peña, Ana Isabel Lage, José Manuel Blanco, Alberto Rapa, Marta Álvarez, Andrea Castro, Santos Cordovilla, Juan Antonio Fernández, Mª Elena Fernández, Andrés García e Mateo Guerreiro conforman o Colectivo de Fotógrafos de Xove que participa nesta exposición, á cal invitamos a todos a ver en Palmeiro.
Cada participante presentou obligatoriamente 5 fotos. Destas 5 fotos, as 2 que decideu previamente cada participante incluíronse de inicio na exposición, polo que tódolos participantes tiveron garantizadas na exposición 2 fotografías como mínimo. As 3 fotografías restantes foron xuntos coas dos demais participantes para unha bolsa da que sairon as restantes fotos da exposición; ousexa, 30 fotos da exposición foron elexidas directamente polos participantes, e para as restantes realizouse unha votación entre tódolos fotógrafos para escoller as 20 que faltaban para completar as 50.
A temática das fotos desta edición foi totalmente libre, podendo ser de Xove ou non. Non se permitiron montaxes fotográficas, “versus photoshop”. Si se permitiron os efectos de cámara: brillo, contraste, saturación, balance de brancos, etc.
Samaín en Xove
28/Outubro/2010
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
Un ano máis o Concello de Xove, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), celebra o SAMAÍN. O Programa de actividades preparado para este ano 2010, é o seguinte:
Venres, 29 de outubro, de 16:30 a 20:00 horas no Centro Xuvenil, teremos:
-Adornado do Centro Xuvenil.
- Baleirado de Cabazas.
-Xogos.
Sábado, 30 de outubro, de 16:30 a 19:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, disfrutaremos de:
-Contacontos de Medo.
-Xogos.
Nova actividade do proxecto “Encontros”
26/Outubro/2010
Departamento de Servizos Sociais
MAÑÁ MÉRCORES 27 DE OUTUBRO, DE 16:30 A 18:30 HORAS, NO CENTRO SOCIAL DE MORÁS, teremos unha nova actividade dentro deste Programa de coeducación, que está subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade. A organización de “Encontros” corre a cargo da Unidade de Educación Familiar e o Departamento de Igualdade do Concello de Xove en colaboración co IES Illa de Sarón.
O Encontro de mañá, no que van participar os 20 alumnos/as de 1º do IES Illa de Sarón e varias persoas da Escola de Maiores, vai versar sobre ELABORACIÓN DE PRATOS TÍPICOS CON FROITAS DE TEMPORADA. Trátase dunha repetición do proxecto celebrado o pasado 20 de outubro, tamén en Morás, pero ao que non puideron asistir os alumnos/as de 1º, dahí que se decideu repetir a experiencia para estes alumnos.
-Elaboración de pratos cos ingredentes propios desta época (marmelo, compota, confitura, mazas e castañas asadas, etc):
-Pequena degustación-merenda dos pratos mencionados.
Este proxecto pretende crear espazos nos que os rapaces/as coñezan de primeira man os traballos e oficios do noso Concello, dende empresas a traballos relacionados co agro, o mar e a casa, explicados polos propios veciños, e fomentar a igualdade de xénero. O proxecto “Encontros”, que xa se ven desenvolvendo dende o pasado ano con moito éxito, ten como obxectivos xenéricos a igualdade entre homes e mulleres, a corresponsabilidade nas tarefas domésticas e rurais e a educación en valores de respecto.
Viaxe a Argentina
26/Outubro/2010
La Voz de Galicia [A Mariña]
A viaxe permitirá aos participantes reencontrarse con familiares emigrados e tamén coñecer a capital bonaerense e outras cidades e espazos do país. Parte do grupo xa organizou un desprazamento a Montevideo.
Desde Xove sairá hoxe ás 10.00 horas un autobús que recollerá en Barreiros a outros viaxeiros deste concello. Outro autocar partirá desde Trabada para, a continuación, recoller máis viaxeiros en Lourenzá, localidade desde a que ambos os vehículos viaxarán xuntos ata Madrid. O voo con destino a Buenos Aires non está previsto que salga ata a unha da madrugada do mércores, segundo confirmou onte o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, quen recoñeceu que, entre o autobús e o avión, será unha viaxe moi longa. Á vez, confesou que é a mellor fórmula para que un desprazamento con tantos viaxeiros sexa operativo. "Xove decidiu apoiar esta iniciativa pola demanda que tíñamos dos veciños"
Proxecto "Encontros 2010"
21/Outubro/2010
Departamento de Servizos Sociais
O pasado mércores, día 20 de outubro, tivo lugar no centro social de morás a actividade "recolleita de froitas e elaboración de pratos típicos". nesta ocasión, participaron 19 rapaces e rapazas do IES "Illa de Sarón", acompañados por oito persoas da escola de maiores, persoas voluntarias, a traballadora social, a educadora familiar e a Concelleira de Servizos Sociais. Durante tres horas os rapaces e rapazas aprenderon a elaborar pratos con froitos de tempada: tarta de mazá. mazás asadas, mermelada,.. coñeceron os pasos a seguir na elaboración do mermelo, do cabelo de anxo,...
Esta actividade volverase a repetir en próximas datas, debido ao gran número de alumnos anotados. Todo o proxecto, organizado pola área de Igualdade en colaboración coa Unidade de Educación Familiar, está subvencionado pola Secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
A Xuventude no Mundo.-
13/Outubro/2010
Departamento de Servizos Sociais
A Xunta de Galicia pon en marcha de novo o Programa Galego de Movilidade"A XUVENTUDE NO MUNDO". Na edición anterior, 5 rapaces e rapazas do noso concello viaxaron con este programa a Portugal.
Estádestinado á mocidade residente en Galicia, que teña entre 18 e 30 anos. O prazo de inscrición será o seguinte para cada intercambio:
- Arxentina, en Bos Aires: 18 de outubro ao 2 de novembro
- Hungría, en Hölloko e Budapest: 18 de outubro ao 4 de novembro
- Italia, en Cerdeña: 11 ao 19 de outubro
- Moldova, en Chisinau: 14 ao 21 de outubro
- Rusia, en San Petesburgo: 18 de outubro ao 2 de novembro
- Galicia, en Gandarío, Bergondo, A Coruña: 18 de outubro ao 18 de novembro
Para a admisión de participación será preciso o envío dun correo electrónicoa dirección: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla., cos datos que se solicitan no formulario de inscrición que seatopa na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado: www.xuventude.net
Aberta a inscrición para XVIIIª Festa da Terceira idade
08/Outubro/2010
Departamento de Servizos Sociais
O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, organiza un ano máis a Festa da Terceira Idade, que este ano vai ser a XVIIIª. A Festa está destinada a xubilados/as maiores de 60 anos, e vaise desenvolver o vindeiro venres 22 de outubro. Tódalas persoas de Xove que cumplan os requisitos e queiran inscribirse nesta XVIIIª Festa, o poden facer ata o venres 15 de outubro, inclusive. En canto ao Programa de Actos que se vai desenvolver, é o seguinte:
12.30 HS: MISA SOLEMNE NO SALON DE ACTOS DO CENTRO CIVICO
14.00 HS: XANTAR NO RESTAURANTE LOUZAO (TOTALMENTE GRATUITA PARA OS/AS EMPADRONADOS/AS EN XOVE )
HABERÁ AUTOBUSES QUE RECORRERÁN TODAS AS PARROQUIAS PARA RECOLLER A TODOS AQUELES QUE O DESEXEN.
pilihan bermain game online paling banyak digemari masyarakat indonesia dengan permainan game slot online terbaik saat ini adalah mengunjungi link https://fokusparlemen.id/ daftar sekarang juga dan dapatkan kemenangan bermain slot gacor hari ini dengan minimum deposit 10K