Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
‘Contos coas mans abertas’ sensibilizará sobre a solidariedade internacional
04/Xuño/2010
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade promove as representacións que se desenvolverán ata finais de ano en Concellos asociados á entidade. O espectáculo da compañía A Tropa de Trapo, dirixido a público adolescente e adulto, inclúe música en directo con instrumentos de diferentes países
Baiona, 4 de xuño de 2010. Esta fin de semana iníciase na vila ourensá e Ramirás a xira ‘Contos coas mans abertas’ promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade dentro das súas actividades de sensibilización. O espectáculo músico-teatral creado expresamente para esta campaña pola compañía compostelá A Tropa de Trapo percorrerá ata finais de ano un total de vinte Concellos asociados á entidade municipalista galega. Canda Ramirás, son Arteixo, Porto do Son, Xove, Ferrol, Sada, Cambre, Salceda de Caselas, A Estrada, Culleredo, Ames, Nigrán, Mos, Verín, Cangas, Carballo, Burela, Abegondo, O Valadouro e Poio os lugares seleccionados para acoller as representacións.
Leer más:‘Contos coas mans abertas’ sensibilizará sobre a solidariedade internacional
Bico de Leite ofrecerá unha xornada sobre lactancia materna
04/Xuño/2010
La Voz de Galicia [A Mariña]
-
«Destrezas básicas en lactación materna» é o título da xornada intensiva que ofrecerá mañá, sábado, todo o día en Xove a delegación mariñá da asociación lucense prol-lactación materna Bico de Leite. No salón de actos municipal, situado no Centro Cívico, de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, intervirán como relatoras Helena Ferreiro Martínez, presidenta do colectivo Aleitar de Asturias, Patricia López Izquierdo , presidenta de Fedegalma e nai asesora de Bico de Leite, como a xovense Araceli Gutiérrez Rodríguez, de Bico de Leite na comarca da Mariña.
A nais e pais daránselles facilidades para acudir pois haberá servizo de gardería para maiores dun ano. Nesta cita, totalmente gratuíta, falarase do autoafianzamiento do bebé, microbiología da lactación materna, hipogalactia e anquiloglosia.
Inscriben e informan no teléfono 648 711 035.
Entrega de diplomas do curso de Photoshop CS2
04/Xuño/2010
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Mañá VENRES 4 DE XUÑO, ÁS 18:00 HORAS (6 DA TARDE) no CENTRO XUVENIL (na OMIX), vai ter lugar a entrega de Diplomas do Curso PHOTOSHOP CS2, o cal tivo lugar dende o 19 de abril ao 31 de maio de 2010, os martes e xoves de 15:45 a 17:15 horas. No mesmo participaron 8 rapaces/as de 13 a 15 anos, desenvolvéndose o mesmo na Aula de Informática do Centro Xuvenil. Dentro das materias impartidas no mesmo, temos:
- -Técnicas de retoque: cambios de color no pelo, ollos, pel, etc.
- -Filtro licuar: adelgaxar ou engordar persoas.
- -Crear textos con diferentes efectos.
- -Mellorar o brillo, contraste, enfoque, etc. das fotografías.
- -Crear marco para imaxes.
- -Uso de punto de fuga para perspectivas.
Actuacións culturais
03/Xuño/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O pasado luns tíñamos a primeira actuación dos Circuitos Culturais/Camiños da Cultura en Xove coa actuación de Teatro do Morcego diante dos alumnos do IES Illa de Sarón. Pois ben, mañá VENRES 4 DE XUÑO, ÁS 13:00 HORAS, imos ter a segunda representación teatral con TALIA TEATRO e a obra “Valentino rufini e âkil pillabán de viaxe a milán (e van sen un can)“ no Salón de Actos do Centro Cívico. Á mesma van acudir uns 140 alumnos do Colexio Pedro Caselles, concretamente de 1º a 6º de Educación Primaria.
Esta actividade está organizada e patrocinada pola Concellería de Cultura do Concello de Xove en colaboración coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. O orzamento total deste Programa é de 5.280 €uros, dos cales o noso Concello aporta 2.280 €uros e a Consellería de Cultura 3.000 €uros.
A OBRA:
Século XVIII.Italia. O cabaleiro Valentino Rufini de regreso á súa casa en Milán é abandonado polo seu criado, que lle marcha cos cartos. Só, carregando co seu baúl de viaxe, e coa faldriqueira baleira, decide pasar a noite nunha casa en ruínas no camiño por onde pasa a carruaxe a Milán. No mesmo lugar decide tamén pasar a noite Âkil Pillabán, a quen a súa ama deixou composto, sen cartos e cun baúl cheo de traxes de señora ostentosa vida a menos. Ambos os dous coñeceranse e compartirán a noite, e con ela, desexos, sospeitas e medos, mentres agardan a que de mañá pase a carruaxe. Farsa que respira da comedia da arte , ambientada na Italia do século XVIII e conta a historia de dous personaxes ben diferentes e, ao tempo, moi semellantes.
FILLAS DE MARíA
01/Xuño/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Poema:
Xa nos tes aquí, para festexar este día que é un día especial os das fillas de María.
En tempo pasado foi un día moi especial e hoxe o pobo de Xove volveu a recuperar.
Por iso estamos moi ledos e vimoste honrar, ¡María! e pedirche con fervor por todas estas familias.
E como estamos no mes de Maio que é o mes das frores, dende este pobo de Xove, queremos rendirche honores.
Ti eres a nosa nai ¡Oh, María! levantas ó que cae ¡Oh, María! ti calmas a dor, es nai do amor Salve, Salve, Salve María.
Comezan os Circuitos Culturais en Xove
01/Xuño/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Hoxe, luns 31 de maio, tivo lugar ás 16:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico o comezo dos CIRCUITOS CULTURAIS/CAMIÑOS DA CULTURA coa compañía TEATRO DO MORCEGO, a cal puxo en escea o “LAZARIÑO DE TORMES”; a esta función acudiron tódolos alumnos/as do IES Illa de Sarón.
Esta actividade está organizada e patrocinada pola Concellería de Cultura do Concello de Xove en colaboración coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
Para edición deste ano deste importante programa cultural, o noso Concello programou catro espectáculos, tres teatrais e un de maxia. Amáis de Teatro do Morcego, o programa complétase con:
VENRES, 4 DE XUÑO
- TALIA TEATRO - Valentino rufini e âkil pillabán de viaxe a milán (e van sen un can)
- SALÓN DE ACTOS DO CENTRO CÍVICO – 13:00 HORAS.
- PÚBLICO: PARA PRIMARIA DO CEIP PEDRO CASELLES ROLLÁN
MÉRCORES, 25 DE AGOSTO
- Teatro Babaluva S.L. con “LUME”
- 16:00 HORAS – SALÓN ACTOS CENTRO CÍVICO
- NENOS DE 2 A 8/10 ANOS
MÉRCORES, 25 DE AGOSTO
- DANI GARCÍA con “ACCIÓN”
- 20:00 HORAS – CENTRO CÍVICO – TÓDOLOS PÚBLICOS
O orzamento total deste Programa é de 5.280 €uros, dos cales o noso Concello aporta 2.280 €uros e a Consellería de Cultura 3.000 €uros.
XVIIº Torneo concello de xove de Ximnasia Rítmica
31/Maio/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O pasado sábado 29 de maio tivo lugar no Pavillón Municipal de Deportes de Xove o XVIIº TORNEO CONCELLO DE XOVE DE XIMNASIA RÍTMICA, unha das competicións deportivas de ritmica con máis solera da nosa Provincia. O Torneo, organizado polo Concello a través da Concellería de Cultura e a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, deu comezo ás 17:30 horas coa presencia de 6 equipos, as Escolas Municipais de: Xove, Lugo, Vilalba, Rábade, Outeiro de Rey e Guitiriz, cunhas 130 ximnastas de prebenxamín a xuvenil.O Torneo, comezou ás 17:30 horas co Desfile Inaugural, dando paso a continuación á exhibición “LA GRAN BOLA DE QUESO” a cargo das alumnas de Prebenxamín e Benxamín da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove.
Leer más:XVIIº Torneo concello de xove de Ximnasia Rítmica
Xove recupera a festa primaveral Fillas de María
31/Maio/2010
La Voz de Galicia [A Mariña]
-
«Ata finais dá década dúas cincuenta -sinálase no díptico que os establecementos asociados á Aciam reparten sobre a festa- as Fillas de María celebrábase en Xove a finais de maio. As mulleres solteiras acudían á celebración relixiosa de branco (símbolo de pureza e cor da vestimenta co que invitan a acudir á próxima cita festiva), e cunha cinta azul colgaban unha medalla dá Virxe dá Inmaculada Concepción ao colo. Á saída dá misa non bailaban, xa que ou baile estaba reservado para as casadas». A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos do Municipio de Xove (Aciam) organiza a recuperación dunha festa local que se celebraba antigamente a finais do mes de maio asemellándose aos tradicionais «maios» nos que se adoitaba festexar a primavera. Xa no libro A festa non aire. Tradición e lecer non Xove de antes, editado polo Concello, as autoras Nelle Pérez e Lucía Sánchez inclúen esta tradición, coñecida como a Festa dás Fillas de María ou a Festa dás Flores, segundo recorda na publicación un veciño, entre as que se celebraban outrora en Xove. Segundo a organización do festexo e tamén como se sinala en devandito libro, «é unha adaptación cristiá dá festa dos maios. A fecundidade dous campos é representada pola nai de todas as nais dous cristiáns», por iso dedícase á Virxe María, á que rendían homenaxe con poesías as nenas, e en xeral ás mulleres.
Poema:
- Xa nos tes aquí, para festexar este día que é un día especial os das fillas de María.
- En tempo pasado foi un día moi especial e hoxe o pobo de Xove volveu a recuperar.
- Por iso estamos moi ledos e vimoste honrar, ¡María! e pedirche con fervor por todas estas familias.
- E como estamos no mes de Maio que é o mes das frores, dende este pobo de Xove, queremos rendirche honores.
- Ti eres a nosa nai ¡Oh, María! levantas ó que cae ¡Oh, María! ti calmas a dor, es nai do amor Salve, Salve, Salve María.
Comezan os Circuitos Culturais en Xove
28/Maio/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O vindeiro luns 31 de maio dan comezo no Concello de Xove os CIRCUITOS CULTURAIS (“CAMIÑO DA CULTURA 2010”) no noso Concello, actividade organizada e patrocinada pola Concellería de Cultura do Concello de Xove en colaboración coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
Para edición deste ano deste importante programa cultural, o noso Concello programou catro espectáculos, tres teatrais e un de maxia.
Como dixemos, a primeira función vai ter lugar o próximo luns 31 de maio ás 16:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico coa compañía TEATRO DO MORCEGO, a cal vai por en escea o “LAZARIÑO DE TORMES”; a esta función van acudir tódolos alumnos/as do IES Illa de Sarón.
PROGRAMA COMPLETO DOS CIRCUITOS CULTURAIS 2010
LUNS, 31 DE MAIO
Teatro do Morcego con Lazariño de Tormes
SALÓN DE ACTOS DO CENTRO CÍVICO – HORA: 16:30 HORAS PARA ALUMNOS/AS DE E.S.O. DO IES ILLA DE SARÓN ...
Leer más:Comezan os Circuitos Culturais en Xove
Entrega dos premios do Concurso Letras Galegas 2010
27/Maio/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Hoxe, xoves 27 de maio, ás 18:00 horas (6 da tarde) no Salón de Actos do Centro Cívico, tivemos a entrega de Diplomas e Premios do CONCURSO LETRAS GALEGAS 2010 organizado pola Concellería de Cultura; a entrega foi presidida polo Alcalde Demetrio Salgueiro acompañado de varios membros do Xurado, o cal estivo composto por:
- -Dº Ovidio Rouco Otero, pola ACD Xove.
- -Dª Margarita Gutiérrez Gómez, polo CEIP Pedro Caselles Rollán.
- -Dº María Castelo Sobrino, pola APA do Ceip Pedro Caselles Rollán.
- -Dª María Arce Rodríguez, polo Instituto de Ensinanza Secundaria Illa de Sarón.
- -Dª Lucía González Suárez, pola Asociación de Mulleres Bolboretas.
- -Dº Jacobo Díaz Meitín, pola Asociación Cultural Saiñas.
- -Dª Élida Álvarez Rodríguez, pola Biblioteca Municipal de Xove.
O Concurso constou de 2 modalidades: CONCURSO LITERARIO (narracións, poesías, etc) e CONCURSO ARTES PLÁSTICAS (debuxo, cómic,..), habendo tres premios (un 1º, un 2º e un 3º) por cada curso e modalidade, agás os/as nenos/as máis pequenos ata 5 anos, que lóxicamente, pola súa idade, só participan artes plásticas. Este Concurso dirixiuse a tódolos alumnos/as do Colexio "Pedro Caselles" e do IES "Illa de Sarón".
Cada premio deste Concurso consisteu en: un Diploma Acreditativo e un lote de libros en galego.
CONCURSO “LETRAS GALEGAS” 2010
TRABALLOS PREMIADOS NO C.E.I.P. “PEDRO CASELLES ROLLÁN”
Leer más:Entrega dos premios do Concurso Letras Galegas 2010
XVIIº Torneo Concello de Xove de Ximnasia Rítmica
27/Maio/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O sábado 29 de maio vai ter lugar no Pavillón Municipal de Deportes de Xove o XVIIº TORNEO CONCELLO DE XOVE DE XIMNASIA RÍTMICA, unha das competicións deportivas de ritmica con máis solera da nosa Provincia. O Torneo, organizado polo Concello a través da Concellería de Cultura e a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, vai dar comezo ás 17:30 horas coa presencia de 6 equipos, as Escolas Municipais de: Xove, Lugo, Vilalba, Rábade, Outeiro de Rey e Guitiriz, cunhas 130 ximnastas de prebenxamín a xuvenil.
O Torneo, como é preceptivo, vai comezar antes da hora citada co quencemento e paso previo polo tapiz de tódalas participantes. Ás 17:30 horas vaise abrir coa EXHIBICIÓN “LA GRAN BOLA DE QUESO” a cargo de tódalas alumnas da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove. Rematada a exhibición, vai comezar acompetición propiamente dita coa modalidade de conxuntos da categoría pre-benxamín. Continuaremos con conxuntos benxamín, para pasar a continuación ás categorías alevín, infantil, iunior e xuvenil; nestas últimas catro categorías competirase tanto en conxuntos como en individual. Salientamos que na categoría xuvenil imos ter tamén competición en individual masculino, con Jonathan en mazas.
Rematará o Torneo co desfile e a entrega de trofeos e medallas a tódolas participantes, acto que estará presidido polo Alcalde Demetrio Salgueiro.
Entrega de premios do Concurso Letras Galegas 2010
26/Maio/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Mañá xoves, 27 de maio, ás 18:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, vai ter lugar a entrega de Premios e Diplomas do Concurso Letras Galegas 2010, nun acto que vai ser presidido polo Alcalde Demetrio Salgueiro, quen vai estar acompañado polos membros do Xurado.
En total vanse entregar 46 premios a alumnos/as do CEIP Pedro Caselles Rollán e do IES Illa de Sarón. Os premios a cada gañador/a consisten en Diploma Acreditativo e un Lote de Libros en Galego.
En marcha o programa “Verán Xuventude 2010”
25/Maio/2010
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
O Concello de Xove, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil, pertencente á Concellería de Xuventude, ben de por en marcha o Programa “VERÁN XUVENTUDE 2010”, programa básicamente de ámbito estival que se vai desenvolver durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. O público ao que vai dirixido é múltiple e variado, dende nenos/as de 5 ou 6 anos, ata rapaces/as de 35 anos, abarcando todo este arco de idades.
Imos agora desglosar as actividades por meses:
XUÑO.-ROMARÍA SAN ANTONIO.-Vaise celebrar o 13 de xuño, tal como é preceptivo. Trátase dunha actividade para tódalas idades, na que se pode inscribir ata o 11 de xuño no teléfono 982592001 (preguntando por Lucía). A saída da ruta cara o San Antonio vai ser ás 10:00 horas dende o Centro Cívico, habendo dous puntos de encontro, seguindo a Ruta dos Muiños:
- 10:30 h: Casa do Muiño en Vila
- 11:00 h: Cruce do Tarolo
TORNEO DE PLAY “PRO 2010.- Desenvolverase o 26 de xuño no Centro Xuvenil. Actividade para maiores de 12 anos.
“TEÑO UNHA PREGUNTA PARA VOSTEDE” .- O Alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, respostará ás preguntas dos rapaces e rapazas do Concello . Esta actividade vaise celebrar o 30 de xuño ás 16:30 horas, e na mesma cóntase coa presencia de rapaces/as de entre 10 e 18 anos.
XULLO.- CURSOS DE INFORMÁTICA
Vanse desenvolver do 5 ao 29 de xullo. Están programados dous:
- “MANEXO DE WINDOWS, WORD E INTERNET, dirixido a nenos e nenas de 6 a 9 anos, con 2 horas á semana.
- “CURSO DE INFORMÁTICA E INTRODUCCIÓN A PHOTOSHOP” . Destinado a rapaces/as de 10 a 12 anos, con 2 horas á semana.
AQUAPARK CERCEDA.- Destinado a rapaces/as de 13 a 35 anos, vai ter lugar esta visita a Cerceda o 10 de xullo, saíndose de Xove ás 9:30 horas e retornando de Cerceda ás 20:00 horas.
PAINT BALL.- Desta actividade vanse celebrar dúas xornadas, unha o 14 de xullo para rapaces de 12 a 16 anos, con saída de Xove ás 16:00 h. e retorno ás 19:30, e outra para rapaces de 16 a 35 anos, co mesmo horario da anterior.
Bolboretas celebra o seu XXº aniversario cunha exposición
20/Maio/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
-
A Asociación Xovense “ASOCIACIÓN DE MUJERES BOLBORETAS” celebra este ano 2010 o seu vixésimo aniversario, para o cal prepararon, como feito máis relevante, unha exposición XXº ANIVERSARIO – 1.990/2.010.
Na citada exposición pretenden mostrar o traballo feito pola Asociación, e lóxicamente polas socias, ao longo destas dúas décadas, traballos saídos, moitos deles, de cursos, obradoiros, etc. Ao longo deste tempo foi moito o realizado, polo que non foi fácil realizar a montaxe. Entre os numerosos obxectos expostos, temos traballos de: arte floral, cestería, bolillos, patchwork, coiro, tiffany, óleo, cerámica, ….
A Exposición vai desenvolverse na Sala de Exposición da Oficina Municipal de Turismo de Xove dende o 22 ao 29 de maio. A mesma vai estar aberta tódolos días de 17:00 a 20:00 horas, e o mércores 26 e o sábado 29 vai abrir tamén pola mañá de 11:00 a 13:00 horas.
A inauguración da Exposición vai ter lugar o venres 21 de maio ás 20:00 horas (8 da tarde) na Sala de Exposicións da Oficina de Turismo, estando invitados á mesma numerosas persoas, autoridades municipais e outros.
A organización desta Exposición corre a cargo da Asociación Bolboretas, para o cal contou coa colaboración do Concello de Xove.
A Escola Municipal de Ximnasia Rítmica prepara os Campionatos Escolares Galegos
12/Maio/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O pasado 24 de abril a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove desprazouse a Guitiriz co fin de participar na Fase Provincial Escolar de Ximnasia Rítmica de Lugo. A esta importante cita deportiva a Escola Municipal presentou dous equipos, o benxamín e o infantil, obtendo un excelente resultado. Os dous equipos clasificáronse para Fase Final, ousexa, para o Campionato Escolar Galego, que con toda probabilidade se vai desenvolver en Ourense, posiblemente o vindeiro 22 de maio. Nesta cita de Guitiriz o equipo benxamín quedou en terceira posición, ocupando o infantil a segunda, practicamente coa mesma puntuación que o equipo gañador de Guitiriz.Para esta trascendental cita a nivel galego, os nosos equipos, dirixidos pola Profesora Ana María Iglesias, acompañado pola súa axudante Vanesa Recio, están traballando duro para que a participación nos galegos sexa o máis satisfactoria posible.Seguindo con resultados competitivos do noso equipo de rítmica, decir que este pasado fin de semana, concretamente o 8 de maio, participamos no Torneo Terra Cha de Rábade, xunto cos equipos de Vilalba, Outeiro de Rei, Lugo, Gutiriz e Rábade. Os resultados obtidos pola nosa Escola, foron:
- Categoría benxamín conxuntos – modalidade “mans libres”: 2º clasificados.
- Categoría infantil conxuntos – modalidade “pelotas”: 3º clasificados.
- Categoría infantil individual – modalidade “aro”: Noela Bouza 3ª clasificada.
- Categoría xuvenil conxuntos – modalidade “aros”: 3º clasificados.
Para rematar, o noso conxunto cadete, xunto coa individual infantil Noela Bouza, vai participar o vindeiro sábado 15 de maio no campionato de promoción que se vai celebrar en Ribadeo.
EXPOSICIÓN “A PAZ, CUESTIÓN DE FONDO”
10/Maio/2010
Departamento de Servizos Sociais
-
Os estudantes de Xove reflexionan sobre a violencia e a pobreza a través da exposición ‘A Paz Cuestión de Fondo’ - O alumnado traballa arredor da idea de paz con unidades didácticas complementarias á mostra que segue aberta ao público xeral no Centro Cívico - A iniciativa está organizada polo Concello de Xove no marco de actividades do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do cal o municipio é socio.
Alumnos e alumnas dos centros públicos de Xove están a traballar estes días sobre ideas como a pobreza, o racismo ou a violencia a través da exposición ‘A Paz Cuestión de Fondo’ organizada polo Concello en calidade de membro do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Na última semana visitaron a mostra 65 rapazas e rapaces do IES Illa de Sarón pertencentes aos catro cursos de Secundaria e mais ao Programa de Diversificación Curricular. Nos vindeiros días está previsto que se acheguen os escolares de 5º e 6º de Primaria do colexio Pedro Caselles.
A ambos os dous centros facilitáronselles as unidades didácticas elaboradas polo Fondo Galego canda a exposición, nas que se pretende familiarizar ao alumnado cos conceptos básicos necesarios para unha comprensión axeitada da paz nun sentido amplo, os factores que a ameazan e mais os instrumentos, actitudes ou ideas que contribúen a promovela. Trátase de que entendan que a paz non é só a ausencia de guerra, pois existen outros tipos de violencia que atentan contra ela. Ao mesmo tempo, inténtase desenvolver nos máis novos un espírito crítico coa realidade.
Leer más:EXPOSICIÓN “A PAZ, CUESTIÓN DE FONDO”
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|