* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
Edición moi concurrida do Antroido en Xove
15/Febreiro/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
O Concello de Xove centralizou os actos do Antroido 2010 o pasado sábado 13 de febreiro, día no que celebrou o DESFILE 2010 a partires das 17:00 horas.
Comezou o día con abundantes choivas pola mañá, que amezaron o desenvolvemento do Desfile. A primeira hora da tarde tamén choveu un pouco, pero despois estabilizouse o tempo e o desfile puídose celebrar sen contratempos, iso sí, baixo un moi intenso frio.
Os actos previos ao desfile estiveron protagonizados pola Charanga “A Pataqueirada” de Burela, quens a partires das 16 horas fixeron un percorrido polas principais ruas de Xove; esta Charanga tamén abreu o desfile de Xove, animando ao numeroso público que se concentro unas beirarúas.
O desfile abreuno competitivamente a modalidade Individual Infantil, continuando cos Individuais Adultos, Parellas, Grupo e Comparsas, para rematar coas carrozas. Foron moitas persoas, tanto a nivel individual como de grupo que se disfrazaron, a pesar, como xa dixemos, do intenso frio reinante. O Desfile desenvolveuse dende o Campo Municipal de Fútbol de Xove, pasando pola Rúa Acceso Grupo Escolar, percorrendo boa parte da Avenida Deputación, desviándose á dereita por Doutor Baamonde Illade, continuando polo Camiño Real, para rematar na Praza do Centro Cívico.
Unha vez rematado o Desfile en sí, tódolos/as participantes (individual infantil, individual adulto, parellas, comparsa/grupos e carrozas) que se houberan inscrito previamente no desfile (antes do 13 de febreiro) recibiron un agasallo de parte da Organización, agasallo consistente en productos do Antroido (para grupos, comparsas e carrozas) e bolos preñados para o resto.
A continuación a festa trasladouse ao Salón de Actos do Centro Cívcio onde os nenos/as pudieron disfrutar dun Baile Infantil de Disfraces con “Neoland”. No intermedio deste Baile fíxose entrega dos premios do desfile en categoría individual infantil.
Para rematar a xornada, celebrouse un Baile de Disfraces no Pavillón Municipal de Xove coa “ORQUESTA MASTER” a partires das 22:00 horas aproximadamente. Nun intermedio deste Baile, fíxose a entrega do resto dos premios do Desfile de Antroido.
Decir que a entrega de premios do desfile foi realizada polo Alcalde Demetrio Salgueiro, a Concelleira de Cultura Dolores Meitín e outros membros do grupo de goberno.
09/Febreiro/2010
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
Dende a Oficina de Información Xuvenil están programados distintas actividades para os próximos meses:
CURSOS DE INFORMATICA
OBRADOIRO HIP-HOP
TORNEO DE FúTBOLIN
VIAXE EN SEMANA SANTA Á RESIDENCIA DE TEMPO LIBRE DE PANXÓN, ETC.
Para poder participar nestas actividades, O PERÍODO DE INSCRICIÓN vai ser do 15 ao 26 de febreiro na OMIX, en horario de 10:00 a 14:00 pola mañá e de 16:00 a 20:00 horas pola tarde.
O próximo Domingo día 21 de Febreiro vamos a facer Patinaxe sobre Xeo no Coliseum da Coruña.
Dita excursión vai destinada a tódolos alumnos-as da Escola de Patinaxe a partir 1º de Primaria que o desexen. Os nenos-as de 1º deberán ir acompañados por un dos pais para poder ir a excursión. O resto dos pais poderán ir si quedan prazas libres (teñen preferencia os pais de 2º , 3º , ... ) , segundo o orden de entrega da autorización ( os interesados deberán poñelo na folla da autorización ).
Continúa aberta a inscrición para participar no desfile "Antroido 2010"
08/Febreiro/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
O Concello de Xove,, vai centralizar os actos do Antroido 2010 no sábado 13 de febreiro, día no que está previsto celebrar o DESFILE 2010 a partires das 17:00 horas. Para realización deste Desfile e para facilitar a participación no mesmo, abreuse un período de inscrición, o cal xa está aberto dende hai uns días. Polo tanto, tódalas persoas, grupos, etc. que queiran inscribirse previamente no Desfile de Xove, inda o poden facer en:
-Concello de Xove, oficina do Técnico de Cultura (horario de oficina de 8:30 a 15:00 horas) ata o venres 12 de febreiro incluido, ou ben, chamando por teléfono ao Concello, número 982592001, preguntando polo Técnico de Cultura. Isto en canto á inscrición previa.
Pero a posibilidada de inscribirse no Desfile de Xove non remata aquí, dado que o mesmo día do desfile (13 de febreiro), no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol de Xove, poderase inscribir dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran previamente via telefónica ou presencial.
O Concello ten previsto que tódolos/as participantes (individual infantil, individual adulto, parellas, comparsa/grupos e carrozas) que se houberan inscrito previamente no desfile (antes do 13 de febreiro) reciban un agasallo de parte da Organización. Os/as que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo entregaráselles ao final do Desfile, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización.
En canto ao Programa do Desfile deste 13 de febreiro, é o seguinte:
16:00 h.- Pasarruas por Xove a cargo da Comparsa “A Pataqueirada” de Burela.
17:00 h.- Saída do Desfile dende as inmediacións do Campo Municipal de Fútbol de Xove e chegada ao Centro Cívico.
18:30 h. Baile Infantil de Disfraces con “Neoland” no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove. No intermedio deste Baile farase entrega dos premios do desfile en categoría individual infantil.
22:30 h. Baile de Disfraces no Pavillón Municipal de Xove coa “ORQUESTA MASTER”. Nun intermedio deste Baile, farase a entrega dos premios do Desfile de Antroido.
A entrada, tanto ao Baile Infantil de Disfraces como o Baile do Pavillón, vai ser totalmente libre e gratuita.
Exposición XOVE 360º en Viveiro
04/Febreiro/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
A Exposición Fotográfica "XOVE 360º.UN GRADO MÁIS" está exposta dendo do 1 de febreiro e ata o 20 do mesmo mes na Sala de Exposicións do Centro Comarcal da Mariña Occidental de Viveiro. Trátase da mesma exposición que se abreu durante o pasado verán na Sala de Exposicións do Centro Cívico e que despois percorreu tódalas parroquias do Concello.
En Viveiro, o horario de apertura desta exposición vai ser:
10:00 a 14:30 e 17:00 a 20:00 horas de luns a venres.
11:00 a 14:00 horas os sábados.
Debido ao tamaño da Sala, non se puideron expor tódalas fotografías, polo que das 50 quedaron expostas 37. Están expostas as dúas fotografías propias que cada un dos 13 fotógrafos escolleu, facéndose unha selección das restantes ata chegar a 37.
Presentación do Curso 2010 da Escola Municipal de Música
22/Xaneiro/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
Mañá, sábado 23 de xaneiro, ás 11:00 horas na sede da Escola Municipal de Música de Xove, sita na antiga Escola de Palmeiro, terá lugar a presentación doCurso 2010da Escola Municipal de Música de Xove.
O acto vai ser presidido polo Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola Concelleira de Cultura Dolores Meitín, así como polo Director da Escola Xan Carballal.
A esta presentación están invitados os 41 alumnos/as que foron admitidos na Escola, invitación que se fixo extensible, loxicamente, a tódolos pais dos mesmos
.
Inscripción para o desfile de Antroido 2010
19/Xaneiro/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, pon en marcha unha nova edición do DESFILE DE ANTROIDO para este ano 2010, o cal vai percorrer distintas rúas de Xove o SÁBADO 13 DE FEBREIRO a partires das 5 da tarde. O período de inscrición xa está aberto, e a mesma hai que realizala en:
Concello de Xove, oficina do Técnico de Cultura (horario de oficina de 8:30 a 15:00 horas) ata o venres 12 de febreiro incluido, ou ben, chamando por teléfono ao Concello.
O mesmo día do desfile (13 de febreiro) no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade via telefónica ou presencial.
18/Xaneiro/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
O máis salientable desta tirada foi que as tres categorías foron gañadas por tres membros da mesma familia: en categoría senior gañou o pai Carlos Javier Rodríguez, en categoría feminina gañou a nai Dolores Baño, e en categoría Sub 18 gañou o fillo Cristian Rodríguez Baño. Ademáis disto, outros dous membros da mesma familia conseguiron premio, dado que o avó (pai de Carlos Javier e avó de Cristian) Arturo Rodríguez conseguiu o 2º posto en categoría Senior, e Lara Rodríguez (irmá de Cristian) conseguiu o 5º posto na Liga Sub 18. Ousexa, unha auténtica saga familiar.
Liga Senior.- A victoria obtida por Carlos Javier Rodríguez permítelle pasar do 9º ao 6º posto, pero inda moi lonxe dos postos que dan acceso a podium. A verdade é que Carlos Javier Rodríguez xa empeza a ocupar un lugar na clasificación acorde dalgunha maneira á súa categoría.
15/Xaneiro/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
Por terceiro ano consecutivo o Concello de Xove aproveitou o espazo da Praza do Centro Cívico para Nadal montar un Belén xigante. Trátouse dun Belén realmente espectacular, tanto por tamaño como pola súa configuración. Cada ano, e dentro do que a iconografía belenística permite, realízanse modificacións para facelo máis atractivo ao público. Entre as varias novidades deste ano, salientamos a instalación dunha noria, o que supuxo o cambio de ubicación da cascada con respecto ao pasado ano.
O Belén de Xove estase a convertir, cada Nadal, nunha das referencias de A Mariña, e deste xeito, cada edición é visitado por máis xente.Temos que decir, a pesar de que se trata dun Belén ao aire libre e que tivemos un tempo bastante desagradable, que neste ano a afluencia de público foi numerosísima.
En marcha o programa “Ponte en Forma”
13/Xaneiro/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
Despois do parón navideño, dende o 11 de xaneiro, volve a porse en marcha o Programa “Ponte en Forma”, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Xove. Este Programa está a ter unha excelente acollida por parte dos nosos veciños/as, se temos en conta a participación en cada unha das actividades . As actividades, que durante o presente curso 2009-2010 estanse desenvolvendo na Aula Multideportiva, son:
* Ximnasia de mantemento os luns, mércores e venres de 11:30 a 12:30 horas. Contamos con 25 alumnos/as, número máximo admitido, contando con varias persoas en reserva. * Aeróbic os luns, mércores e venres de 10:15 a 11:15 horas, con 22 alumnos/as. * Pilates os martes e xoves de 10:10 a 11:10 horas, con 15 alumnos/as, número máximo admitido, contanto con persoas en reserva, tanto nesta especialidade como na de maiores. * Pilates para maiores de 50 anos, os martes e xove de 11:15 a 12:15 horas, tamén con 15 alumnos/as.
As clases son impartidas pola Monitora Deportiva Municipal Estívaliz Dayán.
O Concello subvencionou o arranxo exterior de fachadas.
12/Xaneiro/2010
Departamento de Obras
O Pleno do noso Concello, celebrado o 12 de maio de 2008, aprobou as Bases Reguladoras das subvencións municipais para o remate exterior (lucido de fachadas) de vivendas unifamiliares de máis de cinco anos de antiguidade.
Foron obxecto desta subvención as obras de remate das fachadas (lucido das mesmas). Para este fin, no devandito Pleno acordouse adicar a esta iniciativa unha cantidade de 3.000 €uros, a razón de 300 €uros de subvención por solicitude. Aberto o prazo de solicitude dende o 15 de abril ata o 30 de xuño de 2009, viuse que a cantidade consignada era insuficiente, polo que houbo que suplementar esta cantidade, prácticamente doblala.
En total foron aprobadas 18 solicitudes, a razón de 300 €uros por solicitude, temos que esta iniciativa supúxolle ao noso Concello a cantidade total de 5.400 €uros.
ÉXITO DA CABALGATA DE XOVE
08/Xaneiro/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
Un ano máis o Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, organizou a Cabalgata de Reis no noso Concello. Temos que decir que na Cabalgata, ademáis do personal de distintos departamentos do Concello, traballaron moitas persoas, en especial un nutrido grupo da Asociación de Mulleres Bolboretas, e tamén moitas persoas a título particular. A todos eles, o Concello quere expresarlles o máis sinceiro agradecemento polo traballo e a colaboración realizada.
A actividade dos Reis comezou en Xove orredor das 6 da tarde, coa xa visita tradicional á Residencia da Terceira Idade, acompañados na mesma polo Alcalde Demetrio Salgueiro. Uns 40 minutos permaneceron os Reis na Residencia, departindo con tódolos residentes, un a un.
Despois desta emotiva e preciosa visita, os Reis desprazáronse ao entorno do Campo Municipal de Fútbol de Xove para, nas súas reais carrozas dar comezo á Cabalgata, o que fixeron sobre as 19:15 horas. Os Reis, acompañados de paxes e varias carrozas máis onde iban os agasallos, realizaron o seguinte percorrido polas rúas de Xove: Rúa Acceso Grupo Escolar, Avenida Deputación, Rúa Doutor Baamonde Illade, Camiño Real e chegada ao Centro Cívico.
A pesares do frio que acompañou todo o traxecto, e a choiva que humedeceu por igual a participantes e público, foron moitísimas as persoas, especialmente nenos, que disfrutaron da Cabalgata.
Chegados ao Centro Cívico, onde foron recibidos novamente polo Alcalde, os Reis desprazáronse ata o Salón de Actos do Centro Cívico para facer entrega dos premios do Concurso de Postais organizado polo Concello, e que nesta edición tivo os seguintes gañadores:
Categoría Preescolar: 1º Héctor Fernández Fernández, 2º Luis Rouco Basanta e 3º Carlota López Santendreu.
Categoría de 1º e 2º de Primaria: 1º Ángel Otero Pigueiras, Candela Fernández López e 3º Xerome López Sentandreu.
Categoría de 3º e 4º de Primaria: 1º David Otero Pigueiras, Mateo Fernández López e 3º Nerea Rivas Balsa.
Categoría de 5º e 6º de Primaria: 1º Alba Rodríguez Lage.
Categoría de 1º a 4º de ESO: 1º Estrella del Alba Soto López, 2º José Matias Duarte Araya e 3º Daniel López Fernández.
Realizada a entrega de Premios, os Reis estiveron con tódolos nenos/as que acudiron á cabalgata, recollendo cartas de última hora e entregando nalgúns casos xa regalos.
Como conclusión, unha estupenda xornada que comezou pola mañá con xogos na Piscina Municipal para tódolos nenos/as, continuando esta actividade tamén pola tarde ata as 18:30 horas. Tamén no Pavillón, de 15:30 a 16:30 horas, tódolos nenos/as disfrutaron das moitas actividades programadas con numerosos inchables, circuito de karts globoflexia, etc.
Exhibición Bailes de Salón
05/Xaneiro/2010
Departamento de Servizos Sociais
A I EXHIBICIÓN DE BAILES DE SALÓN, que tivo lugar o día 3 de xaneiro no Pavillón do Concello de Xove, contou con unha gran asistencia de espectadores. Nesta exhibición puidose contemplar os diferentes bailes populares a cargo de 11 parellas de alumnos do Obradoiro de Bailes de Salón do Concello de Xove, e diferentes coreografías de baile de competición a cargo dos profesores do obradoiro Dimas Fernández e Miriam Vivero, xunto con 6 parellas invitadas da Escola de Baile Goldance. Dende a Concellería de Servizos Sociais e Xuventude quérese agradecer a colaboración desinteresada de todos os participantes, en especial aos alumnos e aos profesores do obradoiro municipal, que fixeron posible a realización desta primeira exhibición.
Obradoiro de DJ na OMIX
31/Decembro/2009
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
Os días 29 e 30 celebrouse nunha aula da OMIX un obradorio de DJ, organizado pola Concellería de Xuventude do Concello de Xove.
O obradorio, que tivo unha duración de 2 horas cada día, tivo un gran éxito entre os rapaces e rapazas do municipio, que pudieron aprender a pinchar discos, facer mezclas, manexar aparellos de música,...
Campionato de Ping - Pong do Concello de Xove
28/Decembro/2009
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
Esta tarde celebrouse o Campionato de Ping Pong organizado pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove.
Un total de 17 rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 10 e 17 anos participaron neste torneo.
Os premios, xogos de ping pong portátil, foron entregados polo Alcalde Demetrio Salgueiro e pola Concelleira de Xuventude, Ana Abad.
Programa de Nadal no Concello
14/Decembro/2009
Departamento de Cultura e Comunicación
Dende a Chegada de Papá Noel o 18 de decembro á Escola Infantil ata a Cabalgata de Reis....
pilihan bermain game online paling banyak digemari masyarakat indonesia dengan permainan game slot online terbaik saat ini adalah mengunjungi link https://fokusparlemen.id/ daftar sekarang juga dan dapatkan kemenangan bermain slot gacor hari ini dengan minimum deposit 10K