Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte 
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)
---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|

|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
XIII Concurso de Karaoke
09/Decembro/2025
CONCELLO DE XOVE
-
O Departamento de Cultura xa está anotando aos participantes para o karaoke que se celebrará o vindeiro venres día 26. Xove acollerá o venres 26 de decembro ás 21:30 h no Pavillón Municipal de Deportes a XIII edición do seu tradicional Concurso de Karaoke, unha das citas máis destacadas e agardadas dentro da programación cultural do Concello para estas datas de nadal. Para elo xa está aberto o prazo de inscrición e dende a organización animamos a todas as persoas, sexan profesionais do micrófono ou simples amantes da música, a anotarse xa para participar. Non importa a idade nin o estilo musical: o importante é pasalo ben e compartir un momento único. Convertido xa nunha actividade de grande tradición e arraigamento no municipio, o Karaoke de Nadal de Xove destaca cada ano polo seu éxito de participación e pola crecente afección pola música con participantes tanto do propio concello como de concellos limítrofes. Trátase dunha das propostas máis animadas, festivas e familiares destas datas, reunindo a persoas de todas as idades nun ambiente lúdico, participativo e cheo de talento. Nesta XIII edición, o concurso manterá a súa estrutura habitual con tres categorías: peques, iunior e veteranos e en cada unha delas entregaranse tres premios, distinguidos entre 2 á mellor voz e un á mellor caracterización. En total repartiranse 900 euros en premios, recoñecendo así o esforzo, o talento vocal e a creatividade na posta en escena dos mellores participantes. O Concello de Xove anima a toda a veciñanza e visitantes a gozar dunha noite moi musical, divertida e chea de emoción, que cada ano fai as delicias do público asistente e contribúe a dar máis vida á programación cultural do nadal no municipio.

BASES REGULADORAS
FICHA INSCRIPCIÓN VETERANOS
FICHA DE INSCRIPCIÓN JUNIOR
FICHA DE INSCRIPCIÓN PEQUES
----> LISTADO DE CANCIÓNS <--- -----
Presentación do Programa de Actividades de Nadal 2025-26
06/Decembro/2025
CONCELLO DE XOVE
-
O Concello de Xove presenta a programación cultural de nadal: un conxunto de actividades para tódolos públicos. O alcalde de Xove Demetrio Salgueiro acompañado da concelleira de cultura Mª Dolores Meitín veñen de presentar a programación de actividades culturais de nadal, diseñada para ofrecer diversión e maxia a toda a veciñanza que queira acercarse a desfrutar nestas datas tan entrañables.
O programa cultural para este nadal desenvolverase ata o 5 de xaneiro e inclúe unha ampla variedade de propostas que combinan tradición e entretemento e pensando sempre en tódalas idades.
Relevantes son tamén as actividades propostas dende o Departamento de emprego e desenvolvemento local para este nadal coa organización da VII Gala do Emprendemento Local, un cabaret guiado por Dani Rios para tódolos públicos, e do mercado de nadal “O faio de Generosa”, que a maiores nos deleitará coa participación do grupo de pandereteiras Xaora.
Este xoves día 4 de decembro xa deu comezo o inicio da programación con un emotivo acto inagural das luces navideñas da man do alumnado da escola municipal de música que interpretou unhas fermosas panxoliñas a tódolos asistentes.
E así ao longo de todo este mes poderemos contar con variedade de propostas: actuacións de maxia, obras teatrais, concurso de karaoke, concerto de acordeóns, inhables para os máis pequenos, festas infantís e moita, moita animación.
Tamén contaremos con eventos destacados ano tras ano como a especial visita de Papá Noel o día 22 e o 5 de xaneiro a tradicional Cabalgata de Reis polas rúas de Xove e que poñerá o punto final a estas datas de nadal.
Ademáis para isto dende o Departamento de Cultura facemos un chamamento a toda a veciñanza que queira unirse ao desfile real como paxes ou axudantes con vestimenta propia destas datas para participar na cabalgata, podendo inscribirse cubrindo un impreso de voluntariado na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) antes do 26 de decembro.
O alcalde Demetrio Salgueiro destaca a importancia de manter viva a ilusión do nadal en Xove para que estas festas sexan un tempo de unión e alegría para todos á vez que quere agradecer a tódalas persoas voluntarias e asociacións colaboradoras o seu apoio na organización destes eventos.



Xove inicia a sua programación cultural de nadal coa inaguración das luces
05/Decembro/2025
CONCELLO DE XOVE
-
Onte pola tarde deu comezo a programación cultural de nadal no Concello de Xove con un emotivo acto de inaguración das luces navideñas.
O evento celebrado na praza do concello contou coa participación do alumnado da Escola Municipal de Música de Xove, que deleitou a tódolos asistentes cunhas panxoliñas e música festiva enchendo o ambiente de maxia e alegría para desfrute de tódolos presentes que malia a choiva que caía intensamente non deixaron de aplaudir e arroupar aos rapaces.
Como xa ven sendo tradición, alumnos e alumnas da escola de música acompañaron coas súas voces e cos seus instrumentos o tan esperado momento no que se acenden as luces que nos guían cara a chegada do Nadal; e fixérono interpretando catro panxoliñas tradicionais: Con un sombreiro de palla, El tamborilero, Noche de paz e Imos xa pra aldea, mesturando así a tradición de diferentes culturas.
Dende o Concello queremos agradecer especialmente ao profesorado e alumnado da escola de música a sua sempre colaboración e disponibilidade para eventos que se organizan e onde coa sua participación e talento permiten manter sempre viva a tradición.


Xove inaugura a programación de Nadal.
02/Decembro/2025
Turismo, Investigación Social e Muller
-

Xove presenta o Calendario Municipal 2026
02/Decembro/2025
CONCELLO DE XOVE
-
O Concello de Xove, da man do Alcalde, Demetrio Salgueiro Rapa, e da Concelleira de Cultura, Dolores Meitín Guerreiro, presenta o Calendario 2026. Unha iniciativa municipal que cada ano se envía nestas datas a tódolos domicilios do concello.

A temática elixida para este 2026 mestura a riqueza paisaxística e cultural das oito parroquias xovenses. Cada mes do próximo ano vai ilustrado cunha paisaxe na que se integra un refrán ou expresión popular do municipio. Estas construcións foron gardadas e transmitidas de xeración en xeración, e recóllense coa idiosincrasia e maneira de falar da xente de Xove, sendo fieis ás fontes que foron os nosos antepasados. Os refráns gardan a filosofía dun pobo, o seu sentido do humor e, en definitiva, o xeito de vivir e de afrontar a incerteza da propia existencia. Podemos dicir que o almanaque deste próximo ano 2026 non só recolle o máis fermoso da paisaxe de Xove, senón tamén un pouquiño da súa alma.
O Concello de Xove agradece a tódolos/as participantes nos seus concursos de fotografía medioambiental e ó fotógrafo xovense, Emilio Pérez, pola achega das fermosas imaxes das paisaxes municipais.
O almanaque complétase cunha felicitación de Nadal do Alcalde e da Corporación Municipal do Concello de Xove, ademais dunha ampla listaxe con teléfonos de servizos de interese para a poboación.
Gala Emprendemento 2025
28/Novembro/2025
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-

Mellora da pavimentación e seguridade vial en gondar
26/Novembro/2025
Departamento de Obras
-
O Concello de Xove ven de arranxar a pista que une o burgo de Gondar, na parroquia de Monte, co límitrofe concello de Viveiro. Este acceso era moi demandado por veciños do lugar e por gandeiros e propietarios de parcelas que tiñan un acceso dificultoso para levar a cabo as tarefas agrícolas e gandeiras ou incluso acceder aos montes da sua propiedade.
Desta maneira o asfaltado do vial e a limpeza das cunetas conseguiron un ancheamento importante que vai facilitar o tránsito de vehículos e de maquinaria e redundará na seguridade vial da zona. Estas obras de acondicionamento foron levadas a cabo pola empresa Carferlo SL e supuxeron unha inversión total de 66.187 €.
Para este acondicionamento contouse cunha axuda de AGADER ao abeiro do programa Camiña Rural para o período 2025-2026 de 53.454 €. Trátase dunha iniciativa da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia para mellora e manter os camiños rurais e deste xeito con este plan pretendiase financiar obras que incluisen o reforzo do firme e a mellora da seguridade viaria e tamén camiños que deran acceso a parcelas agrícolas. Deste xeito ao acollerse o concello de Xove a este programa foi considerable o aforro que supuxo para as arcas municipais.

Presentación dos resultados dos traballos arqueolóxicos en San Tirso de Portocelo 2025
26/Novembro/2025
CONCELLO DE XOVE
-

Concilia Nadal Xove 2025
24/Novembro/2025
Turismo, Investigación Social e Muller
-
Aberto o prazo de inscrición no programa Xove Concilia Nadal 2025-2026 ata o vindeiro 13 de decembro, na OMIX ou na Sede Electrónica do Concello de Xove.

De compras pola Mariña Lucense
21/Novembro/2025
CONCELLO DE XOVE
-

Nova convocatoria de Axudas para Vaciado de Fosas Sépticas no Concello de Xove.
21/Novembro/2025
Delegación de Agricultura
-
Este martes ven de publicarse no BOP do 18 de novembro o extracto da resolución de alcaldía pola que se aproba a convocatoria en rexime de concurrencia non competitiva das axudas para o vaciado de fosas sépticas ou outros sistemas individuais de xestión de augas residuais no Concello de Xove.
As presentes axudas irán destinadas a potenciar a debida xestión dos residuos xerados nas fosas sépticas ou outros sistemas individuais de xestión de augas residuais sitos en contornas sen rede de sumidoiros municipal.
Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas maiores de idade titulares de inmobles residenciais ou de establecementos de aloxamento turístico e de restauración suxeitos á normativa galega de turismo en vigor sitos no termo municipal do Concello de Xove en entornos sen rede de sumidoiros municipal que estea provistos de fosas sépticas ou outros sistemas individuais de xestión de augas residuais.
A cuantía máxima de cada persoa beneficiaria será de 200 euros e a contía máxima destinada ás presentes axudas é de 5.000 €.
O prazo establecido para a presentación de solicitudes abarcará dende o 1 de xaneiro de 2026 ata o 10 de decembro de 2026 pero incluirán os vaciados realizados xa dende o 1 de outubro deste ano.
Para máis información pódense dirixir ao Departamento de agricultura e gandeiría do concello e a documentación a presentar será o impreso oficial acompañado da documentación esixida na convocatoria e pódese presentar a través da Sede electrónica do Concello de Xove Sede Electrónica de Xove ou ben presencialmente no Rexistro Xeral do Concello.
25N. Novembro: mes pola eliminación da violencia contra a muller en Xove.
19/Novembro/2025
Turismo, Investigación Social e Muller
-
Xove continúa cos eventos do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Actos reivindicativos, educativos, conmemorativos e de recordo polas vitimas da violencia contra as mulleres, forman parte da axenda para todo o mes de novembro no noso concello.

Novo vehículo para o Servizo de Vixiancia do Concello
18/Novembro/2025
CONCELLO DE XOVE
-
O Concello de Xove formalizou a compra dun novo vehículo Dacia Duster destinado ao Servizo de Vixiancia municipal. Este pasado xoves o/a concesionario/empresa Aplicaciones Tecnológicas Juma SL fixo entrega no Concello de Xove do novo automóbil adquirido, de forma que este Dacia Duster pasa a formar parte do parque automobilístico municipal.
Este vehículo costou 39.909 € e foi financiado en parte a través dunha subvención da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia dentro dunha liña de subvencións en concurrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental cuns 29.947 € e o restante con aportación das arcas municipais.
O novo Duster, equipado con motor de gasolina e transmisión manual ofrece maior autonomía, mellor consumo de combustible e a robustez necesaria para os percorridos polas rutas rurais e urbanas do concello. Trátase dun vehículo híbrido con etiqueta medioambiental eco e cero emisións tipo todocamiño.
A decisión tomouse tras constatar o elevado kilometraxe do coche anterior, que xa contaba con 400.000 km e presentaba frecuentes averías. Este servizo recala tódolos días nas distintas parroquias do concello sumando así ao final de ano moitos viaxes e deste xeito vaise poder constatar unha inversión en eficiencia e seguridade deste servizo podendo tamén reducir os tempos de intervención e redundando na maior tranquilidade da veciñanza.

Cambio de caldeira de astilla na Casa Consistorial
18/Novembro/2025
CONCELLO DE XOVE
-

|
|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|