* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
Obradoiro de nutrición no Centro Social de Morás
20/Outubro/2009
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
O Concello de Xove a través da Aula de Medio ambiente organiza un obradoiro de Nutrición que terá lugar o venres, 30 de Outubro no Centro Social de Morás de 17:00 a 20:00 da tarde.
As persoas interesadas en anotarse a dita actividade poden inscribirse no Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello , hasta o día 29. A actividade lévase a cabo ao abeiro da subvención da educación para a sustentabilidade e consistirá por un lado, nunha breve charla sobre os coñecementos básicos nutricionais (alimentos, dietas, vitaminas e minerais…) e por outro, na elaboración e degustación de productos saudables.
As persoas que queiran participar nesta actividade deberán poñerse en contacto con Pilar ( coordinadora da aula de medio ambiente ) chamando ao Concello 982592001 ou ben acudindo ao Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local do mesmo.
Dende a Aula de Medio Ambiente do Concello de Xove anímase á veciñanza á participación nesta iniciativa.
XVIIª edición da comida da 3ª Idade en Xove
20/Outubro/2009
Departamento de Servizos Sociais
O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, acaba de por en marcha a XVIIª EDICIÓN DA COMIDA DA 3ª IDADE, a cal vai ter lugar o venres 30 de outubro.
Para participar neste tradicional xantar, hai que inscribirse no Departamento Municipal de Servizos Sociais, debendo cumprir os seguintes requisitos:
Ser maior de 60 anos xubilado.
Estar empadroado no Concello de Xove.
Os/as acompañantes que non esteñan empadroados no Concello, deberán aboar o importe total da comida.
O prazo para inscribirse estará aberto ata as 19:30 horas do luns 26 de outubro.
O Programa, básicamente, vai ser o seguinte: -12:30 horas.- Misa no solemne no Salón de Actos do Centro Cívico. -14:00 horas.- Xantar no Restaurante Louzao de Area. -Baile cunha orquestra para rematar a Xornada.
O Concello, como en anos anteriores, vai por autobuses por tódalas parroquias para transportar ás persoas que acudan á Comida e non desexen levar o seu coche.
A exposición "Xove 360º. un grado máis" xira polos centros sociais
24/Setembro/2009
Departamento de Cultura e Comunicación
Esta Exposición fotográfica, que durante do 14 ao 30 de agosto estivo exposta na Sala de Exposicións do Cívico, pode ser contemplada agora no Centro Social de Lago, onde está instalada dende onte 22 de setembro ata o 4 de outubro. O horario de apertura vai selo o do propio Centro Social. Debido ao éxito da Exposición, dende a Concellería de Cultura decidiuse xirala por todo o Concello, polo que despois de Lago a Exposición irá ao Centro Social de S. Isidoro de Monte, e despois a outro, e así ata completar o circuito de todo o Concello:
-22 SETEMBRO A 4 OUTUBRO: C.S. LAGO -6 AO 18 OUTUBRO: C.S. S. ISIDORO DE MONTE -20 OUTUBRO A 1 NOVEMBRO: C.S. O CRUCEIRO -3 AO 15 DE NOVEMBRO: C.S. A VARA. -17 AO 29 NOVEMBRO: C.S. SUMOAS. -1 AO 13 DECEMBRO: C.S. VILACHÁ. -15 AO 27 DECEMBRO: C.S. S. PALMEIRO
21/Agosto/2009
Departamento de Cultura e Comunicación
Por segundo ano consecutivo o Concello de Xove, por medio da Concellería de Cultura, organiza o TORNEO DE BOLOS “SAN BARTOLO” 2009, o cal se vai desenvolver na BOLERA DO CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE o SÁBADO 22 DE AGOSTO A PARTIRES DAS 4 DA TARDE.
A este Torneo, unha das múltiples actividades deportivo-culturais organizadas pola Concellería de Cultura do Concello, está previsto que acudan numerosos xogadores, tanto do club local, o Club de Bolos Xove, como xogadores doutros Clubs da Provincia.
A organización dispuxo para este importante evento deportivo 4 trofeos, deles 3 para os tres primeiros e un trofeo para mellor bolada.
Este Trofeo, que vai servir como rodaxe para os xogadores ata que comece a XXIª Tirada de Bolos o vindeiro 10 de outubro, vaise disputar polas novas normas aprobadas polos xogadores o pasado 28 de marzo na Boleira do Centro Social de O Cruceiro. Dentro dos cambios producidos na Normativa dos Bolos e que se van esperimentar por primeira vez neste Torneo, temos:
aberto o prazo de Inscrición na Escola Municipal de Ximnasia Rítmica
12/Agosto/2009
Departamento de Cultura e Comunicación
Durante todo o mes de agosto está aberto o prazo de inscrición na Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove. Para matricularse hai que presentar a ficha da matrícula no Rexistro do Concello; os requisitos para esta matrícula, son: 1º.- A inscrición poderase facer durante todo o mes de agosto nas Oficinas Municipais do Concello (planta baixa da Casa do Concello, en REXISTRO onde Marité), de luns a venres en horario de 8:30 a 14:30 horas, e os sábados de 10:00 a 14:00 horas. 2º.- A matrícula na Escola é totalmente gratuita. 3º.- Para matricularse haberá que cubrir a Ficha de Inscrición, que estará a disposición dos/as solicitantes no Rexistro das Oficinas Municipais. Unha vez cuberta a solicitude, esta haberá que rexistrala no Rexistro Municipal, procurando cubrir correctamente tódolos datos. Haberá que aportar unha fotografía tamaño carné do/a solicitante. 4º.- Para o Curso 2009-2010 a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica dispón de 55 prazas, que serán cubertas por rigurosa orde de inscrición, ousexa, tomarase en conta a orde de inscrición no Rexistro Municipal. Pódese dar o caso de que teñamos máis solicitudes que prazas, polo que, nese caso, terán preferencia os censados/as no Concello de Xove. 5º.- Unha vez pechada a matrícula oficial na Escola, o Concello fará pública a Lista de Inscritos na Escola. Rematado o prazo da matrícula oficial (finais de agosto), o Concello abrirá unha Lista de Reserva da Escola da que formarán parte, por rigurosa orde de inscrición no Rexistro, os/as que non entraran na Lista de Inscritos, en caso de que así suceda. Na Lista de Reserva se poderá seguir inscribíndose durante o resto do ano, pechándose definitivamente a finais de 2.009. 6º.- As actividades do Curso 2009-2010 comezarán o XOVES, 3 DE SETEMBRO de 2009.
Clausura do curso 2008-2009 na Escola Infantil
29/Xullo/2009
Departamento de Servizos Sociais
Hoxe, 28 de xullo, ás 12:00 hs tivo lugar a festa- clausura do curso 2008/2009 na Escola Infantil do Concello de Xove. Durante toda a mañá os/as menores participaron en diversas actividades organizadas polo persoal da Escola, contando coa presenza dos pais e nais dos/as pequenos/as. Ao remate das actividades houbo unha pinchada para todolos presentes. Este acto contou coa presenza do Alcalde-Presidente D. Demetrio Salgueiro Rapa e a Concelleira de Servizos Sociais Dna. Ana Abad López.
Reunión Informativa programa LEADER
25/Xullo/2009
Departamento de Cultura e Comunicación
LUGAR: SALÓN DE ACTOS DO CONCELLO DE XOVE DÍA: 15 DE XULLO DE 2009 HORA: 20.30 H.- Informámoste de que a Consellaría de Medio Rural elaborou o “Programa de Desenvolvemento Rural de Galiza 2007-2013” que contempla actuacións en materia de desenvolvemento rural, cofinanciadas con fondos europeos, coas que se pretende realizar un esforzo que permita acadar un medio rural sólido e viable no horizonte de 2013.
pilihan bermain game online paling banyak digemari masyarakat indonesia dengan permainan game slot online terbaik saat ini adalah mengunjungi link https://fokusparlemen.id/ daftar sekarang juga dan dapatkan kemenangan bermain slot gacor hari ini dengan minimum deposit 10K