Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2025
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2025 (San Antón)
---> 1 de setembro de 2025 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Premios do VIII Concurso de Fotografía Medioambiental en Xove
06/Outubro/2022
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O Concello de Xove, a través da Concellería de Medioambiente convocou a comezos do verán o VIII Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente.
Dentro do concurso tivemos unha única categoría. O xurado, composto polo fotógrafo xovense Santos Cordovilla e o fotógrafo de El Progreso José María Álvez acordou otorgar os seguintes premios:
- 1º premio de 120 €: Dº David Mariño Bouza coa obra “Playa de Reboeira“.
- 2º premio de 100 €: Dº Antonio Herrera Huerta coa obra “Rescate en Sarón“.
- 3ºpremio de 90 €: Dº Germán Paleo Navaro coa obra “ Néboa no Roncadoiro“.
- 4º premio de 75 €: Dº María Isabel Pérez Martínez coa obra “Solpor dende Morás“.
- 5º premio de 65 €: Dº José Manuel Arroyo Gimeno coa obra “Faro de Roncadoira“.
Bolos: Novas ganadoras de Xove
29/Setembro/2022
CONCELLO DE XOVE
-
AS XOVENSES LARA RODRIGUEZ E JULIA LOPEZ ACADAN O CAMPEONATO DE ESPAÑA NA CATEGORIA FEMENINA DE PARELLAS.
O pasado sábado, 24 de setembro, celebrouse en Nigrán (Pontevedra), no Campo da Camoesa de Camos, o CAMPEONATO DE ESPAÑA DE BOLOS CELTAS nas categorías mixta e femenina. Gran éxito das xogadoras do Club de Bolos Xove desprazadas a disputar os Campeonatos de España na categoría de mixta e femenina, disputados o pasado fin de semana.
Na categoría femenina, na modalidades de parellas, a formada polas xogadoras do Club de Bolos Xove, LARA RODRIGUEZ e JULIA LOPEZ acadou o título de CAMPEONAS DE ESPAÑA vencendo na final a tamen xogadora de Xove BELEN MEITIN e a PATRICIA do Club de Bolos Peitieiros de Gondomar.
CLASIFICACION FINAL CAMPEONATO ESPAÑA FEMENINO PARELLAS
- CAMPEONAS : LARA RODRIGUEZ E JULIA LOPEZ
- SUBCAMPEONAS: BELEN MEITIN E PATRICIA GARCIA
- TERCEIRAS: SANDRA SUAREZ E SABELA FERNANDEZ
Na categoría individual Julia Lopez que partia como unha das claras favoritas quedou eliminada en cuartos de final pola xogadora de Baiona Blanca Lago.
CLASIFICACION FINAL CAMPEONATO ESPAÑA FEMENINO INDIVIDUAL
- CAMPEONA: BELEN RODRIGUEZ
- SUBCAMPEONA: NEREA FERREIRA
- TERCEIRA: SANDRA SUAREZ
No tocante á categoría mixta, a parella de Club de Bolos Xove formada por Julia Lopez e o seu irman Miguel non foron capaces de defender o campeonato acadado o pasado ano, caendo en cuartos de final cun apretado marcador diante de Blanca Lago e Vicente Moo do Club de Bolos Estivada.
CLASIFICACION FINAL CAMPEONATO DE ESPAÑA MIXTO
- CAMPEONES: BELEN RODRIGUEZ E OSCAR ZAPATA
- SUBCAMPEONES: BLANCA LAGO E VICENTE MOO
- TERCEIROS: NEREA FERREIRA E JUAN VASCONCELLOS
XI ENCONTRO DE PALILLEIRAS EN XOVE
28/Setembro/2022
CONCELLO DE XOVE
-
Este vindeiro sábado 1 de outubro Xove acollerá unha edición máis, a XI, do seu Encontro de Palilleiras, esperando a chegada de 320 palilleiras de diferentes Concellos de Galicia e Asturias. Tamén contaremos con 18 postos de venda, onde participantes e visitantes poderán adquirir produtos relacionados con este mundo.
Como acto emotivo e especial reseñamos que imos contar cunha palilleira de 104 anos, que vai asistir ao Encontro coa Asociación “Tejiendo Sueños” de Viveiro. Esta palilleira bendecida pola deusa fortuna é Dª Isabel García Sierra. Inda só por vela, merece a pena de asistir a este Encontro.
“A MAXIA DOS CONTOS (CONTOS DE MAXIA)” CO MAGO TETO EN XOVE
27/Setembro/2022
Departamento de Cultura e Comunicación
-
A Concellería de Cultura do Concello de Xove organizou o luns 26 de setembro, a terceira e última actuación dentro do Programa LER CONTA MOITO 2022, programa patrocinado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e dirixido ás Bibliotecas Públicas co fin de promocionar a lectura e todo o relacionado co mundo das bibliotecas. Esta actuación destinouse aos 80 rapaces de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO DO IES ILLA DE SARÓN de Xove.
ITV DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS 2022
21/Setembro/2022
Delegación de Agricultura
-
O LUNS 31 DE OUTUBRO DE 2022 realizarase a ITV DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS en Xove, diante do Cuartel da Garda Civil (Xove).
HORARIO: • 9:00 h a 13:30 h • 15:15h a 18:00h. PODE SOLICITAR CITA PREVIA: • Por teléfono: 902 30 90 00 • A través da páxina web: www.sycitv.com - Cita previa
NOVO VISOR DO PLAN XERAL DE ORDENACION MUNICIPAL
15/Setembro/2022
CONCELLO DE XOVE
-
INVENTARIO MUNICIPAL DE BENS E PXOM
O Concello de Xove lanza o “XEOPORTAL DE DATOS”, dispoñible online e que ofrece un servizo de VISUALIZACIÓN E CONSULTA URBANÍSTICA POR PARCELA CATASTRAL DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN (PXOM) APROBADO e tamén ofrece a CONSULTA DOS BENS INVENTARIADOS NO INVENTARIO DE BENS E DEREITOS MUNICIPAIS.
Esta ferramenta, basada en tecnoloxía de GIS, facilita o acceso á información dos bens de propiedade municipal inventariado e a consulta urbanística mediante a busca por referencia catastral ou dirección, ofrecendo a versatilidade de poder realizar as consultas dende calquer dispositivo e a activación da geolocalización en dispositivos móviles con GPS e consultar así dende calquer punto do territorio a planificación urbanística.
O “XEOPORTAL DE DATOS” é, en definitiva, un paso máis para favorecer a visibilidade e a transparencia da información municipal da información municipal a todos os veciños e persoas interesadas.
Polo momento, este tipo de tecnoloxía a teñen instalada os Concellos de Vigo, A Coruña e Santiago, sendo o Concello de Xove o 4º, e primeiro na Provincia de Lugo, que dispón desta importante ferramenta, que vai ser utilísima para todos os nosos veciños e para todas aquelas persoas que estén interesadas no noso Concello.
Para rematar, decir que a instalación desta tecnoloxía correu a cargo da Empresa Procat Ingeniería y Medioambiente.
NOTA IMPORTANTE: CANDO SE BUSCA POLA REFERENCIA CATASTRAL HAY QUE POÑER SOLO OS PRIMEROS 14 DÍXITOS DA REF. CATASTRAL E BORRAR OS ÚLTIMOS
ENLACE PARA CONSULTAR. https://arcg.is/0zuOmK
Campeonato de España de Bolo Celta na Categoria Veteranos
14/Setembro/2022
Concellería de Deporte e Turismo
-
Este sábado e domingo pasado disputouse, nos campos de bolos de Sumoas e Lago (Concello de Xove), o Campeonato de España de Bolos Celtas na categoría de veteranos.
A esta ronda final chegaron 27 xogadores, despois das eliminatorias realizadas en Madrid, Asturias e Galicia. O Club de Bolos Xove meteu nesta ronda final a 4 xogadores (1 na categoría de superveteranos e 3 na categoría de veteranos).
Resultados por parellas: A participación dos xogadores do club local podese considerar aceptable, xa que Gines Rodriguez formando parella con Pedro Lago (club de bolos Estivada de Baiona) fixeronse co SUBCAMPEONATO DE ESPAÑA na modalidade de parellas, nunha apretada final con resultado de 6-5 para a parella de Gondomar (Campións) formada por Alberto Gonzalez (Club de Bolos San Cibran de Gondomar) e Alberto Rodriguez (Club de Bolos Xunqueira de Gondomar). Terceiros na modalidade de parellas foron Manuel Rouco (Club de Bolos Santiago de Parada) e Jose Rodriguez (Club de Bolos Mañufe)
Cuartos nesta modalidade foron Jose Almeda (Club de Bolos San Cibran de Gondomar) e Guillermo Fernandez (Club de bolos Ribatra de Ribadeo)
Na modalidade individual os resultados foron os siguientes:
CATEGORIA VETERANOS
1.- JOSE RODRIGUEZ (Club de Bolos Mañufe de Gondomar)
2.- JOSE RAMON DIOS (Club de Bolos Medialdea de Baiona)
3.- PEDRO LAGO (Club de Bolos Estivada de Baiona)
4.- MARCELINO RODRIGUEZ (Club de Bolos Xove)
CATEGORIA SUPERVETERANOS
1.- MANUEL GONZALEZ (Club de bolos Belesar Urgal de Baiona)
2.- REGINO VELASCO (Club de bolos Los Serenos de Tineo)
3.- JOSE RIESGO (Club de bolos La Panera de Cangas del Narcea)
4.- ALFREDO CAMPO (Club de bolos del Centro Asturiano de Madrid)
Convocatoria e Proceso de Selección dunha praza de Técnico de Administración Especial
13/Setembro/2022
CONCELLO DE XOVE
-
Por Resolución de Alcaldía de 22 de marzo de 2022 aprobáronse a BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN, COMO PERSOAL FUNCIONARIO INTERINO, DE UNHA (1) PRAZA DE TÉCNICO DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL (TAE), POLO SISTEMA DE OPOSICIÓN LIBRE que a seguir se transcriben na súa integridade:
1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA. O obxecto desta convocatoria é proceder a convocar o proceso selectivo para a provisión con carácter de interinidade de unha praza de Técnico de Administración Especial, polo sistema de Oposición Libre; atopándose vacante dita praza no Cadro de Persoal e non resultando posible a súa cobertura como funcionario de carreira.
2.- CARACTERÍSTICAS DA PRAZA. GRUPO: A1 NÚM. DE VACANTES: 1 DENOMINACIÓN: TÉCNICO DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL.
A praza atópase encadrada no Grupo A, Subgrupo A1 (art. 76 RDL 5/2015, de 30 de outubro), Escala de Administración Especial, Subescala Técnica, Técnico Superior (Art. 167 e seguintes do RDL 781/1986, de 18 de abril). A mencionada praza atópase dotada no Orzamento vixente.
COMETIDO FUNCIONAL: realización de tarefas técnico-xurídicas e de apoio a Intervención e Secretaría.
- BASES REGULADORAS (Publicadas no BOP-LUGO nº 70 de 26 de marzo de 2022)
- INSTANCIA PARTICIPACIÓN
- LISTA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS
- O Primeiro Exercicio celebraráse o vindeiro xoves día 15 de setembro de 2022 ás 10:00 horas na Aula de Formación do Concello de Xove (Casa Consistorial)
- O Segundo Exercicio celebraráse o luns día 26 de setembro de 2022 ás 10:00 horas na Aula de Formación do Concello de Xove (Casa Consistorial)
SITUACIÓN DA AULA DE FORMACIóN
INSCRICIÓN PARA OBRADOIROS DE LONGA DURACIÓN
12/Setembro/2022
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
O xoves día 15 ábrese o prazo para anotarse nos obradoiros de: Ioga, Bordado, Ximnasia de Mantemento, Aerobic & Full Body, Pilates e Pilates para maiores de 50 anos. As solicitudes entregaránse de forma presencial na Oficina de Información Xuvenil xunto coa seguinte documentación:
- Fotocopia do DNI (a primeira vez que se inscriben).
- Fotocopia certificación bancaria do número de conta.
- Fotocopia do certificado de minusvalia ou Carné Xove.
Ás persoas que por motivos laborais ou persoais non lles sexa posible entregar persoalmente a solicitude de inscrición poderán enviala cuberta e coa documentación requerida por outra persoa para poder garantir a orde de inscrición.
---> IMPRESO DE SOLICITUDE
Llega700: Conexiones móviles más veloces...
07/Setembro/2022
CONCELLO DE XOVE
-
Operadoras de telefonía móvil comienzan a ofrecer en Xove servicios móviles de nueva generación, 4G y 5G, en las bandas de 700 y 800MHz. La nueva tecnología permitirá a los vecinos de Xove disfrutar de servicios de datos móviles de alta velocidad, mejorará la cobertura en el interior de edificios y ampliará la extensión geográfica. Llega700 es la entidad encargada de garantizar la compatibilidad de este servicio con la TDT.
Conexiones móviles más veloces y mejor cobertura llegan a Xove
con los despliegues 4G y 5G
Xove, 05 de Septiembre de 2022,- Las operadoras de telefonía móvil, Telefónica, Vodafone y Orange, han anunciado que desde la semana pasada han comenzado en Xove el proceso de implantación de los servicios de telefonía móvil de nueva generación, 4G y 5G, sobre las bandas de 800 y 700 MHz, respectivamente, lo que permitirá a los vecinos de Xove disfrutar de conexiones móviles de alta velocidad con una mejor cobertura en el interior de los edificios y mayor extensión geográfica.
Para garantizar la compatibilidad de la nueva tecnología con la televisión digital terrestre (TDT), Llega700 es la entidad puesta en marcha por los operadores para solucionar cualquier afectación en la recepción de la señal de televisión.
El proceso de implantación se está realizando de forma paulatina por toda la geografía nacional. Para comprobar las localidades donde ya están activos estos servicios se puede consultar el siguiente enlace: https://www.llega700.es/contacto_mapa.php
El despliegue se enmarca en lo establecido en el Real Decreto 579/2019, de 11 de octubre, a partir del cual se procedió a la liberación de las frecuencias entre 694 y 790 MHz (canales 49 al 60 de UHF) que hasta entonces se empleaban para la recepción de la Televisión Digital Terrestre, proceso también conocido como Segundo Dividendo Digital. A partir de entonces, dichas frecuencias fueron asignadas a las operadoras de telefonía móvil para prestar sus servicios de telefonía móvil de nueva generación.
Principales ventajas: más y mejor cobertura .-Con la nueva red móvil se ha abierto la puerta a innovadores servicios y aplicaciones,además de proporcionarsignificativas mejoras tanto en la velocidad de descarga, como de envío de datos (fotos, música o contenidos audiovisuales de alta definición) o permitir sacar el máximo partido a aplicaciones online, como los videojuegos.
La red de telefonía móvil de nueva generación introduce dos mejoras fundamentales. La primera es la solvencia de los diversos problemas relacionados con orografías complicadas presentes en la geografía española donde tradicionalmente fallaba la cobertura. La segunda, es la gran penetración en zonas interiores de los edificios.
La nueva generación también facilita la introducción de nuevos servicios en el área empresarial y de las administraciones públicas, como aplicaciones empresariales en movilidad con alto contenido multimedia o el uso de la videollamada, entre otros.
Además, la mayor cobertura que alcanza el despliegue en las bandas de 700 y 800 MHz mejorará el servicio en el interior de edificios y será la banda que permita extender geográficamente el servicio de forma eficiente.
Garantizando la compatibilidad de la red móvil de nueva generación y la TDT
Llega700 es la entidad gestora encargada de ofrecer los servicios que garantizarán la compatibilidad entre la puesta en marcha de la emisión móvil 4G y 5G en las bandas de 800 y 700 MHz, respectivamente, y la recepción del servicio de TDT. Para garantizar esta compatibilidad, Llega700 presta a los ciudadanos una serie de servicios gratuitos que incluye un procedimiento correctivo tras el encendido de las estaciones, por el que llega700 se encargará de atender a los usuarios afectados gestionando y resolviendo posibles afectaciones sin coste alguno.
Para gestionar estos servicios, se ha puesto a disposición de los ciudadanos un teléfono de atención gratuito (900 833 999) y una página web www.llega700.es
Rematou o programa “Xove Concilia Verán”
06/Setembro/2022
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
A medida de conciliación “Xove Concilia Verán” comezou o pasado 27 de xuño cunha participación inicial de 61 persoas, e rematou hoxe 6 de setembro, cunha participación final de 75 nenos.Durante o período anterior, e en horario de 9:00 ata as 14:00 horas, os nenos e nenas participaron en diferentes actividades, como manualidades, xogos tradicionais, pintura, contacontos, saídas polo concello,...e tamén con actividades especiais como o espectáculo de circo e clown pola igualdade de xénero.
Aberta a Preinscrición para a escola Municipal de Música de Xove – Curso 2022/2023
01/Setembro/2022
CONCELLO DE XOVE
-
Dende o xoves 1 ata o venres 30 de setembro, ámbolos dous días incluídos, vai estar aberta nas oficinas do Concello a Preinscrición para o Curso 2022-2023 na Escola Municipal de Música de Xove. Tódolos alumnos/as que queiran preinscribirse deberán pasar polo Rexistro Municipal en horario normal de oficinas a formalizar a súa preinscrición.
Para realizar a mesma, hai que rexistrar unha ficha (con tódolos datos cubertos) no Rexistro Municipal do Concello; esta ficha pódese obter no mesmo rexistro OU CUMPLIMENTAR --->SOLICITUDE PRE-INSCRIPCIÓN <----
Rematado o prazo de preinscrición fárase público no taboeiro de anuncios do Concello o listado de NOVOS admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2.022/23. Unha vez que o alumno/a sexa admitido, para a FORMALIZAR A SÚA MATRÍCULA deberá entregar no Rexistro Municipal ou a través dos email Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. ou Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla., a seguinte documentación: o comprobante de ter feito a transferencia bancaria de 50 € en concepto de matrícula por alumno e curso completo no nº de conta ES26-0238-8166-9606-6000-0173 do Banco Santander ATA O 14 DE OUTUBRO (INCLUÍDO) de 2022. De non ser así, considerarase desestimada a matrícula por parte do alumno/a. A formalización da matrícula por parte dos admitidos/as será requisito imprescindible para poder asistir ás clases.
Recordar que esta preinscrición é para novos alumnos. Os alumnos que desenvolveron a súa actividade na Escola durante o Curso 2021/2022 xa tiveron a posibilidade de matricularse durante o pasado mes de xuño.
Encontro Palilleiras 2022
25/Agosto/2022
CONCELLO DE XOVE
-
ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO XI ENCONTRO DE PALILLEIRAS DE XOVE
Ata o 23 de setembro está aberto o prazo para anotarse ao XI ENCONTRO DE PALILLEIRAS. As asociacións e particulares poden facelo directamente chamando ao teléfono do Concello, os vendedores interesados en participar co seu posto deben facelo obrigatoriamente a través do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.. As solicitudes de inscrición poden baixarse dende a páxina web do Concello.
Dende a Delegación de Igualdade se retoma este encontro despois de dous anos de pandemia, polo que animamos a todos, palilleiras, vendedores, etc. a que participen.
FEIRA DO SAN BARTOLO EN SAN ISIDORO DE MONTE- XOVE
19/Agosto/2022
CONCELLO DE XOVE
-
Este vindeiro mércores, 24 de AGOSTO, coincidindo co día de San Bartolo, terá lugar a tradicional FEIRA DO SAN BARTOLO en San Isidoro de Monte, no sitio coñecido como Penasagudas.
A organización deste inmemorial evento corre a cargo da Comunidade de Veciños “Costa de Laxamoura”, os cales levan varios meses traballando para que todo esté a punto para este día. Conta a Feira co importante patrocinio do Concello de Xove e a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.
O Programa da Feira é o seguinte:
-10:00 horas: Recepción do gando no Campo da Feira.
-13:00 horas: misa solemne na Igrexa Parroquial de San Isidoro.
-13:30 horas: Sesión Vermú con JOSÉ ANIDO.
-17:30 horas: Verbena co grupo JOSÉ ANIDO.
No que respecta ao Concurso Gandeiro que se vai celebrar pola mañá, vai haber dúas modalidades cos seguintes premios:
Concurso de “Maior número de reses vacunas na Feira”:
1º premio: 90 € 2º premio: 70 €. 3º premio: 50 €. 4º premio: 40 €. 5º premio: 30 €. 6º premio: 20 €.
b) Concurso de “Maior número de reses cabalares na Feira”:
1º premio: 90 € 2º premio: 70 €. 3º premio: 50 €. 4º premio: 40 €.5º premio: 30 €. 6º premio: 20 €.
TÓDOLOS PARTICIPANTES NO CONCURSO GANDEIRO DE MAIOR NÚMERO DE RESES DEBERÁN TRAER: CARTA DE SANEAMENTO NO CASO DE GANDO VACUNO E MICROCHIP E LIBRO NO CASO DE GANDO CABALAR.
Como en anos anteriores, para aqueles que desexen xantar no lugar, na Feira vai haber varios chiringuitos con comida (pulpo, churrasco, panadería, etc.).
Xa pola tarde, haberá CONCURSO DE MARCHA a partires das 17:30 horas, cos seguintes premios en cada unha das dúas modalidades: menos de 1,50 mts e máis de 1,50 mts.:
1º premio: 90 € 2º premio: 70 €. 3º premio: 50 €.
Os cabalos van ser medidos por un xuiz.
PARA PODER PARTICIPAR NO CONCURSO DE MARCHA, OS CABALOS PARTICIPANTES DEBERÁN ESTAR ASEGURADOS CON SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL E AUTORIZADOS PARA PARTICIPAR NESTE TIPO DE PROBAS
Dende a Comunidade de Veciños Costa de Laxamoura queremos convidar a todos os veciños de Xove e visitantes foráneos a disfrutar dunha xornada festiva agrogandeira nun marco incomparable.
PRESENTACIÓN XXXII TORNEO CONCELLO DE XOVE FUTBOL
18/Agosto/2022
CONCELLO DE XOVE
-
Open Padel 2022
17/Agosto/2022
Concellería de Deporte e Turismo
-
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|