Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
PRESENTADO O PROGRAMA VERÁN XOVE 2022
10/Xuño/2022
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
O mesmo foi presentado este mediodía polas concelleiras de Servizos Sociais e Xuventude e Deporte, Ana Abad e Cristina Iglesias e respectivamente.Trátase de actividades deportivas e lúdicas en xeral. É un programa moi amplo que inclúe festas, xogos de todo tipo, excursións, competicións deportivas, obradoiros, etc. As actividades que se van desenvolver, e que resumimos, son:
- Rutas San Antonio da Rigueira, que se van desenvolver o luns 13 de xuño. Prazo para anotarse ata o 10 de xuño.
- Programas “MÓVETE NO VERÁN” e “MÓVETE NO VERÁN CON SALA 5”, adicado a nenos e rapaces dende 3 anos a maiores de 18. Inclúe xogos, full body, Pilates,etc. Inscricións ata o 29 de xuño na OMIX .
- Curso PÁDEL NO VERÁN. Do 4 de xullo ao 19 de agosto, a partieres de 6 anos. Inscricións ata o 29 de xuño na OMIX.
- FESTA ACUÁTICA na praia de Portocelo. Domingo 31 de xullo a partir das 16:00 h. con inchables acuáticos, xogos na auga, kayaks,…
- XOVE CONCILIA VERÁN. Do 24 de xuño ata o 6 de setembro, con actividades de entretemento para nenos de 4º de infantil ata 4º de primaria (Prazas limitadas). Inscrición ata o 21 de xuño na OMIX.
- Programa MAÑÁNS ACTIVAS durante os meses de xullo e agosto, para rapaces de 10 a 16 anos, con obradoiros de manualidades, xogos deportivos e actividades na natureza. Inscricións ata o 29 de xuño na OMIX.
- Programa XUVENTUDE:
-9 de xullo: RUTA DOS FORNOS en A Pontenova, a partir de 1º de ESO (Prazas limitadas)
-13, 14 e 15 de xullo: CAMPAMENTO EN MORÁS. A partir de 6º de primaria.
-23 de xullo: PAINTBALL MOCIDADE. A partir de 3º da ESO.
-6 de agosto: VIAXE AO AQUAPARK DE CERCEDA. A partir de 1º de ESO.
-19 de agosto: OPERACIÓN DIAMANTE EN XOVE. A partir de 6 anos..
A inscrición para estas actividades vaise realizar na OMIX unha semana antes de cada actividade.
- Programa XUVENTUDE EN ROQ SPORT, con prazas limitadas. Estas actividades vanse realizar en horario de mañá, con saída da marquesiña do bus do Concello, e son: -“Parque de aventura” o 7 de xullo, “Orientación” o 21 de xullo, “Sup e Big Sup” o 4 de agosto e “Paint ball infantil” o 18 de agosto.
- Programa XUVENTUDE EN A BALEA VERDE, con prazas limitadas. Vaise desenvolver os días 6, 11, 18, 27 e 29 de xullo, e 1, 8, 10, 12, 24 e 26 de agosto, incluíndo:sendeirismo, kaiak, obradoiros de reciclaxe, snorkel, actividas acuáticas, praia,…
Inscricións na OMIX ata 2 días antes de cada actividade. Estas actividades vanse realizar en horario de mañá, con saída da marquesiña do bus do Concello.
- - DOMINGOS A REMOLLO NA PRAIA DE LAGO, os días 3, 10, 17, 24 e 31 de xullo, e 7,14 e 21 de agosto. Con saídas en kaiak e padel surf, en horario de 16:00 a 19:30 h.Inscrición na praia media horas antes da actividade.
A Organización corre a cargo do Concello de Xove, concretamente das Concellerías de Servizos Sociais, Xuventude e Deporte. Contamos tamén co patrocinio da Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social e da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Secretaría Xeral da Igualdade.
CONTACTO: -- ANA ABAD TFNO: 625062246 -- CRISTINA IGLESIAS TFNO: 699328227
2 prazas de informador/ra turística.
06/Xuño/2022
CONCELLO DE XOVE
-
Concurso – Oposición para cubrir 2 prazas de informador/ra turística.
1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA. O obxecto desta convocatoria é proceder a convocar o proceso selectivo para a provisión con carácter temporal mediante o concurso-oposición de dúas prazas de Informador Turístico segundo a Providencia de Alcaldía de 12 de maio de 2022.
2.- CARACTERÍSTICAS DA PRAZA.
-
- DENOMINACIÓN:INFORMADOR TURÍSTICO GRUPO: C2 NIVEL C. D. : 14
- Nº PRAZAS TEMPORAIS: 2
- XORNADA DE TRABALLO: Xornada Parcial ( 64% da xornada)
- DURACIÓN DO CONTRATO: Dende o 01 de Xullo de 2022 ata o 31 de Agosto de 2022. En calquer caso, de non empezar o día 1 de xullo, a duración do contrato será de 2 meses.
- RETRIBUCIÓNS: As retribucións a percibir serán as corresponden á praza consonte ao establecido nos art. 23 e seguintes do vixente Convenio Colectivo do Persoal Laboral do Concello de Xove .
- FUNCIÓNS A REALIZAR:· Recibir a turistas/persoas usuarias á súa chegada á Oficina de Información Turística.· Prover información a turistas potenciais e turistas que visitan o concello ou a comarca co fin de facilitar a súa decisión de viaxar, facilitar a súa estadía e diminuír o risco de experiencias negativas durante a súa viaxe, influíndo positivamente na imaxe do destino turístico.· Proporcionar materiais informativos gratuítos como mapas, planos e folletos, postais, recordos, vídeos.· Apoiar os programas de desenvolvemento turístico do Concello.· Rexistrar a actividade diaria, en concreto no relativo ás características das persoas usuarias da Oficina de Información Turística e das súas demandas.· Prestar axuda na elaboración de material divulgativo e na súa difusión, de ser o caso.· Levar o control do material turístico e promocional para a súa posta a disposición, etc.· Efectuar calquera outra tarefa propia da súa categoría que lle sexa encomendada e para a que fose previamente instruído/a.
----->ANUNCIO BOP INFORMAC TURISTICA ----->SOLICITUDE INFORMAC TURISTICA
------> LISTA DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS
Las pruebas se celebrarán a las 09:30 horas del próximo lunes día 13 de junio de 2022 en el Aula de Formación. (enfrente del centro de Tercera Edad) --->
Solicitude de permisos para Fogueiras 2022 .-
03/Xuño/2022
Delegación de Agricultura
-
San Xoan e San Pedro
- PRAZO PARA A COMUNICACIÓN: Dende 01/06/22 ata 22/06/22 (ambos inclusive)
- LUGAR: Departamento de Agricultura e Montes. (Dolores ou Belen)
- HORARIO: De 8:00h a 14:00h
Entregados os Premios do Concurso Letras Galegas 2.022
03/Xuño/2022
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Hoxe, venres 3 de xuño, ás 12:00 horas no hall de entrada do Colexio Pedro Caselles Rollán, o alcalde Demetrio Salgueiro xunto coa concelleira Dolores Meitín fixeron entrega dos Premios (lote de material didáctico e Diploma Acreditativo cada premio) do CONCURSO LETRAS GALEGAS 2022, que un ano máis organizou a Biblioteca Municipal de Xove da Concellería de Cultura para tódolos nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial para os do CEIP Pedro Caselles e o IES Illa de Sarón.
Leer más: Entregados os Premios do Concurso Letras Galegas 2.022
Volve o San Antonio da Rigueira!
30/Maio/2022
Turismo, Investigación Social e Muller
-
Información pública de postes de recarga para vehículos eléctricos.
25/Maio/2022
CONCELLO DE XOVE
-
No BOP núm. 118 de data 25/05/2022 publicase o Anuncio polo que se somete a información pública previa o Expediente 433/2022: Concesión do uso privativo de solo público para a instalación de 2 postes de recarga para vehículos eléctricos.
Durante o prazo de 30 días poderánse presentar as reclamación e/ou suxestións que se estimen oportunas.
O citado anuncio así como a Memoria Xustificativa ( galego/castelan); o Prego de Prescripcións Técnicas – PPT ( galego-castelán); o Prego de Cláusulas Administrativas Particulares-PCAP (galego-castelán) e o Cadro Resume (galego-castelán) de dito expediente atópanse ao dispor dos interesados no Taboleiro Municipal de Anuncios da sede electrónica municipal ( http://xove.sedelectronica.gal ) “
Resolución de Alcaldía número 2022-0404 de 16 de maio de 2022 pola que se somete a información pública a Memoria Xustificativa, Normas de Execución e Especificacións Técnicas así como o Prego de Cláusulas Administrativas Particulares para CONCESIÓN DEMANIAL DO USO PRIVATIVO DE ESPAZOS DE DOMINIO PÚBLICO PARA A INSTALACIÓN DE PUNTOS DE RECARGA DE VEHÍCULOS ELÉCTRICOS NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE
Logo de instruir polos servizos competentes deste Concello, expediente de concesión administrativa de uso privativo de espazos de dominio público para a instalación de puntos de recarga de vehículos eléctricos no termo municipal de Xove, convócase, segundo o disposto no artigo 87 do RD 1372/1986, de 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais, por prazo de trinta días, trámite de información pública, a fin de que quen poidese terse por interesado no devandito expediente, poda visitar as instalacións así como comparecer e formular cantas alegacións, suxestións ou reclamacións teñan por convinte. --> ANUNCIO BOP
Letras Galegas 2022 en Xove.- Fallados hoxe os premios do Concurso 2022
13/Maio/2022
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Hoxe, venres 13 de maio, ás 17:00 horas na Biblioteca Pública Municipal de Xove, reuniuse o xurado para resolver os premios do CONCURSO LETRAS GALEGAS 2022, que un ano máis organizou a Biblioteca Municipal de Xove para todos os nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial para os do CEIP Pedro Caselles e o IES Illa de Sarón.
Dentro da Convocatoria realizáronse dous Concursos, un Literario e outro de Artes Plásticas, destinados ambos a nenos/as e rapaces/as do noso Concello, dende infantil de 3 anos a 4º de ESO. Con isto, dende o Concello de Xove preténdese, por unha banda, un apoio á língua galega, e por outra, estimular á nosa xuventude naquelas artes máis relacionadas cos seus estudios académicos.
- CONCURSO LITERARIO: Os participantes neste Concurso puideron optar libremente por:
-Realizar poesía: poemas de medida e tema libres.-Escribir un relato ou conto: de tema libre. -Facer unha redacción: obrigatoriamente sobre a vida e/ou obra do homenajeado este ano..
No Concurso Literario puideron participar nenos/as a partires de 1º de Primaria ata 4º de ESO, ambos incluidos. Lóxicamente, os nenos/as de 4º, 5º e 6º de Infantil están excluidos deste Concurso por razóns obvias.
- CONCURSO DE ARTES PLÁSTICAS: Neste caso, os participantes poderán optar libremente por: -Realizar un debuxo: de tema e composición libres. -Realización dun cómic: obrigatoriamente sobre a vida e/ou obra do autor homenaxeado..
Os/as premiados/as nas distintas categorías, foron:
Leer más:Letras Galegas 2022 en Xove.- Fallados hoxe os premios do Concurso 2022
NOVO CONCURSO FOTOGRÁFICO MEDIOAMBIENTAL EN XOVE
12/Maio/2022
Concellería de Medio Ambiente
-
Para participar as fotografías enviaránse por correo electrónico a ----> Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Xove convoca un CONCURSO DE FOTOGRAFÍA para celebrar o DÍA DO MEDIO AMBIENTE, baixo o epígrafe CAL É O TEU ESPAZO NATURAL PREFERIDO DE XOVE?
Obxetivo do concurso: POTENCIAR O COÑECEMENTO DO MEDIO NATURAL DO NOSO CONCELLO. Para consecución deste obxectivo, buscamos a imaxe preferida de cada participante do espazo natural (praia, campo, monte, rio, xardín, árbore, pena,…) do Concello de Xove. Pode ser unha fotografía dese lugar ou o/a participante realizando unha acción nese entorno natural.
Categorías de participación:
• INFANTIL ---- ata os 12 anos.
• XUVENIL ---- de 13 a 17 anos (ambos incluídos).
• ADULTO ---- de 18 anos en diante.
Premios:
• Un trofeo en cada categoría á foto que máis guste (máis votada) segundo votación popular.
• Un OBSEQUIO institucional a cada participante.
O prazo de recepción dos traballos comeza o venres 13 de malo e remata o luns 6 de xuño ás 0.00h O venres 10 de xuño as fotografías participantes serán publicadas, por categorías, na páxina de FACEBOOK do Concello de Xove , onde a cidadanía poderá votar pola súa foto favorita ata o 14 de xuño, ás 0.00h.
Cada participante poderá presentar unha sóla fotografía. Pedimos que a fotografía presentada teña unha mínima calidade para ser colgada no Facebook, co fin de facilitar un bó visionado da mesma. A organización do concurso adaptará as fotografías á capacidade da rede na que vai ser publicada. A fotografía que máis "ME GUSTA" acade en cada categoría será a gañadora.
Requisitos:
• Para participar as fotografías enviaranse por correo electrónico arriba indicado
No correo electrónico, ademáis de incluir a fotografía participante, haberá que incluir tamén a seguinte información:
o Nome, apelidos e data de nacemento da autora ou autor.
o Descrición ou título da fotografía.
o Número de teléfono de contacto.
o No caso dos menores de idade tamén se especificará nome, apelidos, e teléfono de contacto das nais/pais ou titora/titor legal.
o Se na fotografía aparecen persoas deberán indicarse os seus datos e a conformidade para ser fotografiada/o.
Os premios daranse a coñecer o 16 de xuño, a través da mesma páxina de Facebook do Concello de Xove, así como na web www.xove.es. O mesmo día, 16 de xuño, comunicarase o día, hora e lugar no que se entregarán os trofeos aos gañaores e a entrega de obsequio a cada participante.
Éxito do XXVII Torneo Concello de Xove de Ximnasia rítmica
11/Maio/2022
Concellería de Deporte e Turismo
-
Celebrado o SÁBADO 7 DE MAIO, no Pavillón Municipal de Deportes de Xove, en sesíons de mañá e tarde, contou cunha gran afluencia de público que encheo as gradas do Pavillón. O Torneo, organizado polo Concello a través da Concellería de Deporte e a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, contou coa presencia de 7 equipos de toda provincia:CLUB XIRANDELA, CLUB QUICELA, ESCOLA XIMNASIA PORTA NORTE, CLUB FILIGRANA, CLUB VIOLETA, CLUB XIMNASIA VIVEIRO E ESCOLA MUNICIPAL DE XOVE.
En canto aos resultados deportivos acadados polos deportistas da nosa Escola, salientamos o 1º posto obtido na categoría prebenxamín nivel B e tamén o 1ª posto obtido por Shaila Ares na categoría Individual Escolar. Outros resultados dos nosos equipos foron o 4º posto acadado nas categorías alevín e infantil nivel B.
XOVE CON UCRAÍNA
10/Maio/2022
CONCELLO DE XOVE
-
Dende o Concello de Xove reanúdase a campaña para apoiar ao pobo de Ucraína. Con esta campaña preténdese recoller materiais de primeira necesidade co fin de de axudar a paliar todas as carencias que neste momento están a sufrir millóns de ucraínos pola atroz guerra derivada da invasión rusa.
O punto de recollida de todos os productos vai estar no CENTRO DE INFORMACIÓN XUVENIL DE XOVE, aberto diariamente de luns a sábado, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Ademáis deste punto de recollída, vai haber habilitados uns carritos nos supermercados de Xove seguintes: Erosky, Covirán e Establecemento Pérez.
A campaña vai comezar o luns 9 de maio e rematar o luns 6 de xuño. Dentro dos produtos que se piden, temos:
- Alimentos:Comida non perecedeira.-Comida preferentemente enlatada, iso sí, non en tarros de cristal. -Alimentos para nenos: leite,….
- Produtos de higiene e aseo: -Xeles, xabóns, esponxas, tampóns, compresas,…. -Para nenos pañais, toallitas,…
- Produtos sanitarios: -Gasas, vendas, tiritas, alcohol, produtos antisépticos,…
- Produtos de supervivencia: -Pilas, cerillas, mecheros, linternas,…
En fin, esta é unha relación somera do que se pode aportar. Lóxicamente, cada un, segundo as súas posibilidades, pode ampliar esta relación de produtos como lle pareza, pero sempre pensando no destino dos mesmos.
Dende o Concello pedimos e damos as grazas a todos os nosos veciños que se volquen nesta campaña, que mostren toda a solidaridade que poidan, xa que é o momento de estar ao lado do pobo de Ucraína. Temos que axudar a que a crise humanitaria que xa están a padecer os ucraínos se reduza o máximo, temos que, na mediada do posible, tentar de aliviarlles o seu sufrimento
IV RALLY MARIÑA LUCENSE
09/Maio/2022
CONCELLO DE XOVE
-
O IV Rallye Mariña Lucense, que tendrá lugar os próximos días 13,14 e 15 de Maio de 2022
TREITO_CONCELLO_XOVE - Google My Maps
TREITO CRONOMETRADO XOVE:
Disputarase a 2 pasadas íntegramente o sábado día 14 de Maio.
Horario previsto de corte das estradas por as que discurre o treito: 17:40 a 00:53 horas da madrugada do 15 de Maio.
Horario previsto de inicio de cada manga:
● 1ª Pasada: 18:51 horas.
● 2ª Pasada: 21:57 horas.
● Por motivos de seguridade, a estrada non se abrirá o tráfico entre pasadas, pero como en anos anteriores facilitarase o acceso controlado os veciños. Empregaráse a Praza do Concello como Zona de Espera dos participantes, previa oTreito Cronometrado. Saindo polo portico do pabellón polo paso de peons.
PRESENTACIÓN DO LIBRO CRUCEIROS, CRISTO E CRUCES DO CONCELLO DE XOVE.
05/Maio/2022
Turismo, Investigación Social e Muller
-
Hoxe, 4 de maio, presentouse a última publicación editada polo Concello de Xove: o libro Cruceiros, Cristo e Cruces do Concello de Xove, un exhaustivo estudio sobre estas figuras do noso patrimonio etnográfico. A obra está escrita por d. Mario Saavedra Pérez, mestre de profesión, cunha longa experiencia no traballo de campo. Como etnógrafo é integrante do Proxecto Carboeira, o cal ten como obxecto a localización, inventario e catalogación dos cruceiros da comarca da Terra Cha. Dende fai anos realiza a mesma labor de estudio e catalogación nos municipios da Mariña, tendo xa efectuado a catalogación dos cruceiros dos Concellos de Alfoz, Ourol, Valadouro, Mondoñedo e Xove.
A obra achéganos á figura dos Cruceiros e recolle un interesante catálogo co único cristo, as dezaseis cruces e os oito cruceiros inventariados no territorio de Xove. Recolle lendas e historias tanto dos que están, como daqueloutros que xa desapareceron.
O libro estará a disposición de cada domicilio do Municipio de Xove. Así, calquera membro da unidade familiar poderá achegarse polas instalacións da Casa Consistorial a recoller o seu exemplar.
Ábrese tamén a posibilidade dunha ruta guiada polo autor, que se celebrará o próximo verán, para visitar estas obras do noso patrimonio. As persoas interesadas poden preguntar no Departamento de Investigación Social do Concello.
Minerais contra o Cancro...
19/Abril/2022
CONCELLO DE XOVE
-
O Concello de Xove está adherido ao proxecto Minerais contra o Cancro. Este proxecto está integrado por un equipo multidisciplinar investigador da USC e o HULA. O obxectivo é coñecer o papel dos minerais na incidencia de determinados tumores e avaliar o seu uso como complemento en tratamentos de quimioterapia e radioterapia, para mellorar a calidade de vida e o prognóstico dos pacientes.
Para a primeira fase do estudo necesitanse mostras de sangue da poboación de Lugo, polo que se fai publica esta información para que a xente se anote e participe.
XXXI CURSO DE MÚSICA DE SEMANA SANTA
13/Abril/2022
CONCELLO DE XOVE
-
O Curso, que na súa XXXI edición comezou este pasado sábado 9 de abril nas instalacións do antigo Colexio Público de Palmeiro, celebrou hoxe o seu primeiro concerto, concretamente o CONCERTO DE CÁMARA que foi maioritariamente protagonizado polos alumnos máis pequeniños. Mañá terá lugar o CONCERTO DE CLAUSURA a partires das 18:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico.
O Curso está sendo todo un éxito, cunha participación de algo máis de 60 alumnos. O Curso está organizado pola Asociación Prestoxove e conta coa colaboración e patrocinio do Concello de Xove.
Éxito do Programa “Coidados Porta a Porta” en Xove
06/Abril/2022
CONCELLO DE XOVE
-
Gran acollida en Xove do programa Coidados Porta a Porta impulsado pola Consellería de Política Social.
Durante os días 4, 5, e 6 de abril estivo instalado na praza do Concello unha unidade móbil que ofrecía servizos gratuitos de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria para maiores de 55 anos:
- Servizo de Audioloxía , consistente nunha revisión e valoración auditiva.
-Servizo de Podoloxía para prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés.
-Servizo de prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, consistente na realización de probas de valoración cognitiva.
A valoración que se fai dende o Concello é totalmente positiva, posto que os tres días de consultas tiveron un cheo absoluto, non quedando ningún oco sin cubrir nas tres especialidades ofertadas, nunha xornada contínua amplísima dende as 9:00 horas pola mañá ata as 20:00 horas pola tarde cada día.
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|