Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte 
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2025
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2025 (San Antón)
---> 1 de setembro de 2025 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
O Concello de Xove recibe a visita de profesionais do desenvolvemento local (AFIPRODEL)
07/Febreiro/2025
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Dos días 7 ao 8 de febreiro AXENTES DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO (AEDL) de Carnota ( Dolores Pena-Presidenta de AFIPRODEL), Vimianzo (Rosa Sánchez-Secretaria de AFIPRODEL e Nieves Lema – Técnica de Cultura), Camariñas (María Jiménez), Santa Comba (Cristina Pereira), Fisterra (Osvaldo Santos), Muxía (Anabel Piñeiro), Ourol (Juan Ramudo), Viveiro (Amparo Catalán-Técnica de Emprego) e Xove (Rosa Lage) participaran nun encontro de boas prácticas de desenvolvemento local.

O obxectivo desta visita é ofrecer unha oportunidade de retroalimentación, un foro de aprendizaxe mútua sobre boas prácticas que conducen a un desenvolvemento local e sostible.
A asociación AFIPRODEL leva tempo organizando este tipo de visitas para AEDL´s.
Estas visitas teñen un formato no que se mesturan o coñecemento de proxectos empresariais, actividades culturais, turísticas e gastronómicas ao tempo que se tecen redes de colaboración.
O programa empeza á tardiña deste venres 7 de febreiro coa recepción no Lugar das Marías e coa explicación do proxecto emprendedor de Lucía Canoura que relatará a súa experiencia ao transformar a vivenda da súa avoa no acolledor establecemento hoteleiro que hoxe é, e tamén explicará o seu outro proxecto VACALOURA E XURELA que ten como obxectivo poñer en valor elementos emblemáticos de Xove.
Despois de compartir unha merenda/cea nese mesmo lugar, terá lugar un recital aberto no que as persoas participantes recitarán poesías e lerán textos con temática relacionada co municipio.
O sábado, despois dun bo almorzo de aldea, ás 9:30 o grupo será recibido no Salón de Plenos do Concello polo Alcalde José Dementrio Salgueiro esta recepción contará coa actuación da Escola Municipal de Música.
A continuación despraaranse ao Parque Empresarial de Xove e Nieves Medina amosará o obradoiro artesanal de conserva e explicará como foi o proceso emprendedor que fixo posible que CONSERVAS CURRIMAR se convertese na empresa de éxito que hoxe é.
Logo dirixiranse a Morás e realizarán a visita audioguiada elaborada pola Mancomunidade de Concellos A Mariña Lucense chamada: Tomás Mariño en Morás, entre baleas, dolos e Zeppelins cuxa ficción correu a cargo da compañía teatral GRUPO CHÉVERE.
No Restaurante A Cancela, máis coñecida pola Casa A Ponza, un establecemento familiar, con transmisión xeracional que é coñecido pola súa comida caseira e de calidade, terá lugar unha comida á que se unirán persoas emprendedoras e empresarias do municipio e que servirá de encontro para expoñer éxitos e inquedanzas.
Á tarde no local de A REPULIDA, o seu promotor Rubén Pico amosará o seu obradoiro de costura ao tempo que explicará como e en que consiste a súa idea emprendedora que conta coa calificación de Artesanía de Galicia.
Nese mesmo obradoiro Patricia Saburido relatará a súa experiencia LEBRE DE ABRIL que consiste na elaboración artesanal de velas e ilustracións inspiradas en personaxes da mitoloxía e a literatura.
A visita rematará coa experiencia de Laura Lorca de GLARUAL ECOSHOP que explicará o seu proceso emprendedor do seu obradoiro de costura creativa cuxa actividade principal é a elaboración de compresa de tea e complementos artesanais.
Programa Entroido 2025
06/Febreiro/2025
Departamento de Cultura e Comunicación
-
ESTE ANO OS PREMIOS SERÁN INGRESADOS EN CONTA BANCARIA
---->BASES CONCURSO DESFILE ENTROIDO 2025 <-----

Concurso de Elaboración de Caretas de Entroido 2025
05/Febreiro/2025
CONCELLO DE XOVE
-

DEFINICIÓN DO OBXECTO
Constitúe o obxecto das presentes bases a regulación do procedemento aplicable para o outorgamento dos premios do concurso de confección de caretas de Entroido organizado polo Concello de Xove.
REQUISITOS DOS PARTICIPANTES
Poderá participar no concurso e ser beneficiario destas axudas calquer/a neno/a ou rapaz/rapaza empadroado/a no Concello de Xove en idade escolar (desde 4º de Infantil ata 4º de ESO)
A documentación a presentar será a seguinte:
-Ficha de inscrición establecida ao efecto .- A ficha de inscrición deberá presentarse, xunto coa careta a concursar na Biblioteca Municipal con data límite 21 de febreiro de 2025.
NORMAS DE ELABORACIÓN DAS CARETAS
As caretas deberán estar relacionadas con motivos de entroido.
Realizaranse en cartulina, folio ou calquera outro material que se axeite ao tamaño dun folio
A técnica a empregar será libre: debuxo a lápis, rotuladores, ceras, collage, etc. Non se admitirán caretas prefabricadas que só requiran colorearse
Con este Concurso, dende o Concello, preténdese estimular a creatividade dos/as nosos/as nenos/as e rapaces/as; neste sentido, os/as inscritos/as no Concurso poderán participar cunha ou varias caretas no
mesmo. A careta non incluirá ningún dato persoal do/a concursante.
BASES REGULADORAS
FICHA DE INSCRIPCIÓN
XVI Festa do Lacón
04/Febreiro/2025
CONCELLO DE XOVE
-
Informamos de que Asociación cultural Saíñas, de Xove, organiza a XVI Festa do Lacón, o vindeiro sábado 8 de febreiro, a partir das 20:30 h no Pavillón Municipal de Deportes. Hoxe, martes 4 de febreiro, na praza do Concello, o presidente da asociación D. Jairo Míguez, xunto á concelleira de Cultura de Xove, D.ª Dolores Meitín, e o alcalde de Xove, D. Demetrio Salgueiro, presentaron o cartel do evento.


Entrega de premios do Concurso de Postais de Nadal 2024-2024
04/Febreiro/2025
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, convocou o pasado decembro unha nova edición do Concurso de Postais de Nadal. Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove de Primaria e de ESO, ás/ós alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.

Segundo a idade, tivemos cinco categorías: Educación Infantil; 1º e 2º de Educ. Primaria; 3º e 4º de Educ. Primaria; 5º e 6º de Educ. Primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios: un primeiro, un segundo e un terceiro premio.
Dende o Concello de Xove sempre se pretende fomentar a participación e a creatividade das/os máis novos/as.
As/os premiadas/os nesta edición, foron:
EDUCACIÓN INFANTIL:
- 1º PREMIO: (Nº 14) JAIRO MARTÍNEZ GÓMEZ
- 2º PREMIO: (Nº 18) MARÍA GARCÍA VAL
- 3º PREMIO: (Nº 28) LARA DÍAZ URSÚA
1º e 2º EDUCACIÓN PRIMARIA:
- 1º PREMIO: (Nº 6) VALERIA VILASA POSADA
- 2º PREMIO: (Nº 21) JIMENA PALEO ENRÍQUEZ
- 3º PREMIO: (Nº 8) MARÍA MOREIRA REGO
3º e 4º EDUCACIÓN PRIMARIA:
- 1º PREMIO: (Nº 31) JESÚS LÓPEZ FRANCO
- 2º PREMIO: (Nº 22) ALICIA BLANCO VALENZUELA
- 3º PREMIO: (Nº 42) MARTINA MARIÑO FERRERÍA
5º e 6º EDUCACIÓN PRIMARIA:
- 1º PREMIO: (Nº 4) DAVID BURGOS PELOCHE
- 2º PREMIO: (Nº 16) ELEAZAR DÍAZ GARCÍA
- 3º PREMIO: (Nº ) DESERTO
E.S.O.:
- 1º PREMIO: (Nº 48) CARLA CASABELLA PUÑAL
- 2º PREMIO: (Nº 35) ÓSCAR BÉRTOLO CASABELLA
- 3º PREMIO: (Nº 30) ÁLVARO GARCÍA CASABELLA
Fitur: A Mariña latexa contigo....
26/Xaneiro/2025
Turismo, Investigación Social e Muller
-
Presentación en FITUR da Campaña A Mariña Latexa contigo...
XOVE
A MARIÑA LUCENSE (16 CONCELLOS)
Entrega de diplomas de Informática 2025
25/Xaneiro/2025
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Onte, día 24 de xaneiro do 2025, o Alcalde Demetrio Salgueiro Rapa e a Concelleira de Servizos Sociais María Tamara Soto López, procederon a entrega de diplomas do curso de informática de adultos, que se levou a cabo no Centro Xuvenil dende o 5 de novembro do 2024 ata o 23 de xaneiro do 2025 para persoas de idades comprendidas entre 40 e 80 anos.

Neste curso, impartíronse os seguintes temas:
- Sistema operativo básico
- Libreoficce Write y OpenofficeCal
- Internet
- Google Maps
- Integración ordenador móbil e Servizos na nube
- Correo electrónico e Seguridade informática
Taller:De onde veñen os bebés
24/Xaneiro/2025
Departamento de Servizos Sociais
-
Taller que terá lugar o vindeiro día 8 de febreiro dirixido a nenos e nenas entre 4 e 7 anos que impartirá María González Cociña (matrona e fundadora do Centro M. de Burela).
Para asistir deberase formalizar inscrición no Departamento de Servizos Sociais ata o 5 de febreiro.

Solicitudes Plan Emprego
08/Xaneiro/2025
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-

Actividades Mañás Activas por Nadal
04/Xaneiro/2025
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
O venres día 3 de xaneiro remataron as actividades do programa Mañás Activas por Nadal, organizado pola Concellería de Xuventude, cunha animada festa con música, xincana de probas e merenda.
Desde o 23 de decembro ata o día de hoxe dentro deste programa ofrecéronse unha gran variedade de actividades de lecer para a rapazada a partir de 5º de primaria cun obradoiro de personalización de estoxos e pulseiras, un taller de cociña creativa, un obradoiro tecnolóxico e un obradoiro artístico que fixeron gozar aos participantes durante as mañás das vacacións de nadal en horario de 10:30 a 13:30 horas nas instalacións do Centro Xuvenil. Deste xeito, xunto co programa “Xove Concilia Nadal”, atendéronse arredor de medio centenar de participantes dando cobertura á demanda das familias do noso Concello para así poder conciliar a vida laboral e familiar.

Curso de reciclaxe: Socorrismo acuático
30/Decembro/2024
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-

Turismo do Imserso na tempada 2024-2025
19/Decembro/2024
Departamento de Servizos Sociais
-
Novo prazo de presentación de solicitudes para participar no Programa de Turismo do Imserso na tempada 2024-2025
Finalizado o prazo ordinario de presentación de solicitudes que, para a tempada 2024-2025, estendeuse, do 1 ao 22 de xullo de 2024, o Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso) informa que desde o mércores 13 de novembro de 2024 permanecerá aberto, aproximadamente ata o mes de maio de 2025, un novo prazo de presentación para participar no Programa de Turismo para persoas maiores que xestiona este Instituto.

As persoas interesadas que non estean dadas de alta e que cumpran cos requisitos legais de participación, deberán cubrir a solicitude e presentala por calquera dos medios previstos na Orde SCB/926/2018, do 10 de setembro, pola que se regula o Programa de Turismo do Imserso:
- Recoméndase a presentación de novas solicitudes de forma telemática a través da Sede electrónica do Imserso. O acceso á solicitude deste procedemento non require autenticación electrónica (Cl@ve, certificado electrónico ou DNI electrónico) por parte da persoa interesada.
- Descargando o formulario de solicitude de participación no Programa de Turismo para a tempada 2024-2025. Unha vez cuberto deberá remitilo por algún dos seguintes medios:
- A través dos rexistros electrónicos e oficinas relacionados no artigo 7 da Orde SCB/926/2018, do 10 de setembro, pola que se regula o programa de Turismo do Imserso.
- En sobre franqueado, non por correo certificado, á dirección: Programa de Turismo do Imserso, apartado de correos 10.140, 28080 Madrid.
A presentación da solicitude é indispensable para que o Imserso poida ditar a Resolución que acredita a condición de persoa beneficiaria do Programa de Turismo, que recibirá o solicitante no seu domicilio ou poderá descargala na súa Dirección Electrónica Habilitada Única; desta forma, o titular da acreditación, poderá reservar e comprar as prazas dispoñibles.
Imserso
Mercado de Nadal 2024
18/Decembro/2024
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-




Programación de Nadal e Aninovo
16/Decembro/2024
CONCELLO DE XOVE
-
Reserva as datas na túa axenda e vén vivir o nadal connosco


Gala do Emprendemento Local 2024
16/Decembro/2024
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-

|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|