Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte 
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)
---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|

|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Campamento en Morás 2025
05/Agosto/2025
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Durante os días 4, 5 e 6 de agosto un grupo de 33 nenas e nenos, de idades comprendidas entre 9 e 16 anos, gozan duns días de campamento en Morás. Esta actividade está encadrada dentro de Xuventude no Programa de Verán do Concello de Xove. Nestes tres días, dende a saída o luns ás 11:00 ata o regreso o mércores ás 20:00 horas, teñen un plan intenso e variado de actividades en contacto estreito coa natureza que comprende desde a montaxe e a desmontaxe do campamento, surf na praia de Esteiro, kaiaks, xogos acuáticos, festa da escuma, xincana e moitos xogos máis para o máximo goce da rapazada participante. Esta actividade está organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e a Oficina de Información Xuvenil.

Festas de San Pedro Fiz en Xuances
05/Agosto/2025
CONCELLO DE XOVE
-
Este fin de semana tócalle o turno á parroquia de Xuances, que este ano recupera a suas festas. O vindeiro sábado 9 de agosto e o domingo día 10 son as festas na honra a San Pedro Fiz e as inmediacións da praia de Esteiro van formar parte do escenario perfecto para estas festas parroquiais. A Asociación de Veciños San Pedro de Xuances, con Daniel Alonso, José Meitín e Eleodora López como membros da directiva desta comisión organizadora, fixeron a presentación do cartaz acompañados polo Alcalde de Xove Demetrio Salgueiro e a concelleira de cultura Mª Dolores Meitín, invitando aos visitantes e a toda a veciñanza a pasar unhos días de convivencia e diversión garantizadas.


AQUAPARK CERCEDA 2025
04/Agosto/2025
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
O sábado, día 2 de agosto, ás 9:30 horas, 34 mozas e mozos de Xove de entre 12 e 18 anos, desprazáronse ó Aquapark de Cerceda acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns que ofrece este parque acuático. Esta viaxe está organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e a Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán Xove 2025” .

Festas en Sumoas 2025
31/Xullo/2025
CONCELLO DE XOVE
-
A Asociación de Festejos Rodraguel de Sumoas invita a veciños e visitantes a acercarse este fin de semana a gozar das festas patronais da sua parroquia, na honra a San Antón, empezando xa o venres día 1 de agosto con unha gran churrascada.
Hoxe tivo lugar a presentación do cartaz onde estivo presente Leandro Quelle e José Manuel Franco como membros da comisión organizadora, acompañados polo alcalde de Xove Demetrio Salgueiro e a concelleira de cultura Mª Dolores Meitín.


Festas de Lago 2025
17/Xullo/2025
CONCELLO DE XOVE
-
Festas de Lago 2025 na honra á Virxe do Carme e San Antón
Na presentación estivo o alcalde de Xove Demetrio Salgueiro e a primeira tenente de alcalde Mª Dolores Meitín, acompañando a Andrés Prieto e Modesto Rodriguez como membros da Asociación de Festexos A Granda que organiza estas festas.
Mañá venres 18 xa arranca a programación con unha gran churrascada a partir das 8 da tarde.


Axudas ó estudo 2025
15/Xullo/2025
Departamento de Servizos Sociais
-
Aberto o prazo, ata o día 5 de agosto de 2025, para solicitar as axudas ao estudo do Concello de Xove nas seguintes modalidades:
A) Gastos de comedor para: Estudantes de ensinos en centros públicos da comarca da Mariña que precisen comer fóra de Xove a causa dos seus horarios, cando ditos estudos, aos que se refiren as bases, non sexan impartidos nos centros de ensino do Concello de Xove.
B) Gastos de estancia para:
1. Estudantes universitarios en universidades españolas.
2. Estudantes de ciclos formativos que non existan na comarca.
3. Estudantes de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de ensinos deportivos, profesionais e superiores.
C) Gastos de desprazamento para:
1.- Estudantes que cursen estudos existentes en San Cibrao, Viveiro ou Burela, cando o seu horario escolar non sexa compatible coa liña regular de transporte de viaxeiros.
2.- Estudantes de ciclos formativos en centros da Mariña Lucense, agás os recollidos no punto anterior.
3.- Estudantes que cursen estudos existentes en San Cibrao ou Burela, e que o regreso só dispoñan de transporte regular ata Xove e non ata a súa parada de orixe, por incompatibilidade da liña de transporte de viaxeiros.
4.- Estudantes de ciclos formativos que non existan na comarca.
5.- Estudantes de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de ensinos deportivos, profesionais e superiores.
6.- Estudantes universitarios en universidades españolas.
Mais info: Departamento de Servizos Sociais: 982 592 001
Bases Reguladoras
Visita do Conselleiro de Cultura as Ruinas de San Tirso.
14/Xullo/2025
Concellería de Deporte e Turismo
-
José López, Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude visitou o noso Concello, estivo nas ruinas de San Tirso, acompañado polo alcalde Demetrio Salgueiro, a concelleira de cultura Dolores Meitín, a concelleira de Turismo Cecilia Duarte e o edil Manuel Ángel Meitín, onde se van levar a cabo traballos arqueolóxicos grazas ó convenio de colaboración que firmou co Concello de Xove, cunha aportación de 25.000€, para acometer próximamente unha actuación arqueolóxica de excavación e conservación en San Tirso en Portocelo, un enclave composto polo castro de Mechiluide e a antiga igrexa.
Deste modo, tal e como explicou sobre o terreno o conselleiro, “pretendemos favorecer a súa posta en valor e tamén o coñecemento deste sitio arqueolóxico para avanzar na súa investigación e caracterización”.


Bandeira Azul: Praia de Esteiro ´2025
09/Xullo/2025
CONCELLO DE XOVE
-
Comprácenos anunciar que a praia de Esteiro do Concello de Xove, recibiu unha vez máis, o pasado 04 de xuño, de mans do Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a prestixiosa Bandeira Azul; un símbolo que destaca o compromiso coa calidade medioambiental, a sostenibilidade e a seguridade nas nosas costas.

A adxudicación da Bandeira Azul impulsa a imaxe de Xove como destino turístico e natural de referencia, atraendo a un público que valora a sostenibilidade na xestión ambiental.
No acto de izado da bandeira, que tivo lugar no día de ontes, estiveron o Alcalde Demetrio Salgueiro e a Concelleira de Turismo e Medio Ambiente Cecilia Duarte, xunto ao xerente de Esteiro Surfing e Surf Café, Nacho, o monitor de surf Xoel e os socorristas José Ramón e Brais, que cada ano vixían e coidan o benestar da praia e dos milleiros de visitantes que a ela acoden.
Día para celebrar este logro que pon en valor o esforzo colectivo por manter os nosos espazos naturais en perfecto estado. A Bandeira Azul é un distintivo internacional, que recoñece a aquelas praias e portos deportivos que cumpren con rigurosos criterios de calidade en áreas como a limpeza, a accesibilidade e os servizos de conservación do entorno natural.
Este recoñecemento non só é un motivo de orgullo para o municipio de Xove, senon que tamén destaca o esforzo continuo da administración local e a colaboración dos cidadáns na preservación e millora das nosas praias.

Tamén se izou a Bandeira do programa "Praias sen fume", consolidando así o noso compromiso coa saúde pública e a protección do medio ambiente. A iniciativa busca fomentar espazos libres de fume en contornas naturais, especialmente nas zonas costeiras máis frecuentadas durante os meses de verán. A sinalización da praia como espazo sen fume ten carácter voluntario e educativo, e non leva aparellada sancións, preténdese, sobre todo, sensibilizar á cidadanía sobre os efectos nocivos do tabaco e reducir a presenza de cabichas na area, un dos residuos máis contaminantes e difíciles de eliminar.
Dende o Concello de Xove, agradecemos o apoio de todos aqueles que fan posible que a praia de Esteiro siga sendo un referente de calidade e sostenibilidade.
Invitamos a todos a desfrutar deste marabilloso entorno natural e a seguir contribuíndo ao seu coidado.
Festa do Percebe Xove ´2025
08/Xullo/2025
CONCELLO DE XOVE
-
Onte pola tarde tivo lugar a presentación do cartaz da décimo segunda edición da Festa do Percebe de Xove, que este ano se vai levar a cabo o sábado 19 de xullo na praza do Centro Cívico de Xove.
Na presentación estiveron presentes os organizadores, membros da Asociación de Festexos A Medorra (Jordi Meitín, Julio Lamelas e Borja Cociña) acompañados da Primeira Tenente de Alcalde Mª Dolores Meitín.
Ás 12 da mañá dará comezo a festa co pregón a cargo de D. Basilio Otero, presidente da Federación Nacional de Cofradías de Pescadores e a xornada gastronómica estará amenizada por “Os Charangos de Neda” e polos cantos de taberna de “Espera que vou mexar”.
 
Avispa Velutina ...
07/Xullo/2025
Delegación de Agricultura
-

Campaña de Concienciación MedioAmbiental 2025
07/Xullo/2025
Concellería de Medio Ambiente
-
 

Actividades verán OMIX 2025
03/Xullo/2025
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Xa deron comezo as actividades de verán no Concello de Xove, organizadas polos Departamentos de Deporte, Xuventude e a Oficina de Información Xuvenil, cun alto grao de participación.
Nesta edición “Mañás Activas” conta con 56 participantes dende o día 1 de xullo ata o vindeiro 29 de agosto para a rapazada a partir de 10 anos.
Dentro da súa programación teñen robótica educativa, campamento dixital, multideporte e saídas a Roq Sport para gozar de actividades ao aire libre. Así como, unha viaxe a Oleiros o día 13 de agosto para gozar dunha mañá nas instalacións de Urban Planet. Tamén visitarán o Karting de Arifran o día 9 de xullo.
O programa de verán conta tamén con actividades deportivas para variado rango de idades como son full body, ximnasia para maiores, pilates, curso de pádel e multideporte.
Dentro da programación de Xuventude hai un campamento de tres días en Morás, unha excursión ao Urban Planet, unha visita ao Karting de Arifran e unha viaxe ao Aquapark de Cerceda. Completan a variada oferta de actividades de xuventude as monitorizadas por Roq Sport: parque de aventura, paintball e sup e big sup.
O Concello de Xove tamén oferta actividades para gozar en familia, os “Domingos a Remollo” na praia de Lago os días 6, 13, 20 de xullo e 3, 10 de agosto.


Rutas Guiadas Verán 2025
01/Xullo/2025
CONCELLO DE XOVE
-
XOVE PRESENTA A SEGUNDA EDICIÓN DAS RUTAS GUIADAS PARA ESTE VERÁN 2025
O Alcalde, Demetrio Salgueiro e a Concelleira de Turismo, Cecilia Duarte presentaron esta tarde o novo programa de rutas guiadas da empresa Rutas Galicia Norte, unha iniciativa turística e educativa que invita a veciños e visitantes a coñecer a riqueza natural, cultural e histórica do municipio.
O proxecto impulsado pola área de Turismo e Medio Ambiente, inclúe unha serie de percorridos a pé por paraxes naturais, sendeiros tradicionais e puntos de interese turístico. Estas rutas estarán acompañadas por un guía especializado, Boris Vilar Vidal, que ofrecerá explicación sobre a flora, fauna, xeoloxía e patrimonio local, promovendo o respeto polo entorno e o coñecemento do territorio.
Queremos destacar a importancia de fomentar un turismo sostible que poña en valor os recursos naturais e culturais do noso municipio, ao tempo que ofrecemos aos nosos veciños, a oportunidade de redescubrir o seu entorno máis cercano.
As rutas serán os seguintes días:
-
- VENRES 18 DE XULLO – RUTA DOS MUIÑOS DA RIGUEIRA, etnografía e crenzas dos habitantes do río.
- XOVES 24 DE XULLO – ACANTILADOS DE PAPEL, COSTA CON NARRATIVA, caza de baleas e a fascinante Ansarón.
- XOVES 7 DE AGOSTO – SAN TIRSO DE PORTOCELO, UN ENCLAVE ÚNICO, arqueoloxía e pareidolias en Roncadoira.
- XOVES 21 DE AGOSTO – ESTEIRO DE XOVE, XEOLOXÍA SINGULAR, a paisaxe de Muiñelo a Punta da Mansa.
A inscripción será gratuita e pódese facer dende xa a través do e-mail Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
Con esta iniciativa, o Concello de Xove busca reforzar a identidade local, promover hábitos de vida saudables e dinamizar o turismo de natureza de forma sostible e respetuosa.

Copa de Galicia Pumptrack 2025 ´Xove
01/Xullo/2025
CONCELLO DE XOVE
-
Este sábado, 5 de xullo: II G.P Concello de Xove. Copa de Galicia Pumptrack 2025 Este ano o Concello de Xove xunto con Sportskids, volven organizar unha das probas da Copa de Galicia Pumptrack 2025 a cal este ano e puntuable para o ranking da Real Federación Española de Ciclismo e non deixarán indiferente a ninguén, denominada COPA DE GALICIA PUMPTRACK 2025 - II G.P CONCELLO DE XOVE O Pumptrack de Xove e dos mais punteiros de Galicia e actualmente está entre os 3 favoritos de todos os riders galegos. O Concello de Xove un ano máis aposta por esta modalidade de ciclismo e por traer xente de toda España e Portugal. Desde o Concello e desde a Organización esperan que todos os ciclistas que se desprazarán para a proba, vindos de toda a xeografía española e portuguesa, gocen dun gran evento. A proba poderá ser seguida en vivo a través de Youtube, asi que non vos perdades unha das mellores probas do panorama galego.

Curso de Apicultura en Xove
30/Xuño/2025
Delegación de Agricultura
-
Ven de rematar no Concello de Xove un intenso curso de 30 horas de duración acerca da Selección e cría de raíñas.
A través da Consellería de Medio Rural, da Axencia Galega da Calidade Alimentaria AGACAL, do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e do FEADER, a CASA DO Mel de Goente (As Pontes) impartiu un curso de Selección e cría de raíñas na aula de formación do Concello de Xove en horario de 9 a 14 h e durante 6 intensos días durante os cales, ademáis da parte práctica nun colmenar en Villalpol, na parroquia de Portocelo, trataron o seguinte temario:
- 1. Ciclo de vida das abellas
- 2. Identificación dos distintos estados larvarios
- 3. Selección
- 4. Cría de Abázcaros
- 5. Métodos de división de colmeas
- 6. Métodos de cría de raíñas
- 7. Taslarve
- 8. Formación de colmea criadora (método Cloake)
- 9. Formación de núcleos e paquetes de abellas
- 10. Marcaxe de raíñas
- 11. Métodos de introdución de raíñas
O alumnado quedou encantado e á espera de máis cursos debido á gran afección pola apicultura que hai pola zona.

FOTOGRAFÍA DOS ASISTENTES Ó CURSO

Comeza o Programa Concilia Verán 2025
30/Xuño/2025
CONCELLO DE XOVE
-
O pasado luns deu comezo no Concello de Xove o programa Xove Concilia Verán, para un total de 90 nenos/as anotadas durante os meses de verán, ata a primeira semana de setembro. O programa está cofinanciado pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade, dentro do Plan Corresponsables.
O Concello de Xove, a través do Departamento de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Políticas de Igualdade, e do seu servizo de conciliación denominado, Xove Concilia, ofrece un servizo de conciliación familiar para nenas e nenos de 3 a 10 anos, de luns a venres, de 8:45 a 14:00 h. O servizo, levado a cabo por monitoras e monitores profesionais, conta con actividades lúdicas e educativas de calidade, que promoven valores saudables na ocupación do tempo libre durante o período das vacacións escolares de verán.
A Conciliación e a Corresponsabilidade nos usos do tempo son eixes principais e transversais nas políticas sociais do Municipio, desde onde se trata de avanzar cara unha organización social favorable a que mulleres e homes compaxinen en igualdade a esfera privada e a profesional. Deste xeito, desde o Concello de Xove póñense en marcha servizos públicos como o Xove Concilia, que trata de favorecer a conciliación nos períodos anuais de vacacións escolares, prestando apoio á xestión dos tempos familiares e laborais dos proxenitores.
|
|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|