#
OMIX
A oficina de Información Xuvenil é un servizo público e gratuito que o Concello de Xove pon a disposición da xuventude, que segundo o artigo2.2 da LEI 6/2012, do 19 de xuño, de Xuventude de Galicia “terán a consideración de persoas novas as que teñan idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos, ambos inclusive.”
A OMIX ten como obxectivo dotar ás persoas novas dun servizo capaz de responder a temas do seu interese como poden ser os relacionados co estudo, bolsas, becas, cursos, idiomas, axudas e subvencións, etc procurando información e asesoramento á xuventude.
Por outro lado, unha parte importante da labor da OMIX é dar opción de entretemento para o ocio e o tempo libre da rapazada coa organización de actividades dirixidas e orientadas á mocidade durante todo o ano, aínda que concentradas en maior medida na época estival.
O horario de atención ao público é, de luns a sábado, de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas.
Podes contactar coa OMIX no 982571816 ou a través do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
Sigue nas RRSS a Xove Xuventude se queres estar ao tanto das novidades.
Enlace da web de Xuventude: http://xuventude.xunta.es/
.
CENTRO XUVENIL
CENTRO XUVENIL
O Centro Xuvenil, que comparte ubicación coa Oficina de Información Xuvenil (OMIX ), está situado na planta baixa da Fundación San Rosendo ao final da Calle San Bartolomé.
O horario de atención ao público é, de luns a sábado, de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas.
Podes contactar directamente no 982571816 ou a través do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
O centro xuvenil conta cos seguintes espazos diferenciados:
A oficina de información xuvenil
Sala de xogos con tenis de mesa, futbolín e xogos de mesa
Sala de informática con equipos e conexión a internet
Sala multiusos con mesas e sillas, encerado e pantalla de proxección
IMPACTO XUVENIL
IMPACTO XUVENIL
Dende o Departamento de Xuventude do Concello de Xove creamos un grupo de participación xuvenil a nivel municipal para que represente á mocidade de Xove e sexa o motor que impulse á participación xuvenil nas actividades e vida social do Concello.
Para rapaces e rapazas a partir de 1º da ESO.
Para anotarse e máis información, chamade ao 982571816
¡Ou mellor! Pasádevos polo Centro Xuvenil
Temos un Clube de xogos de mesa.
Síguenos en Instagram #impactoxuvenil
VOLUNTARIADO XUVENIL
VOLUNTARIADO XUVENIL
O Concello de Xove como entidade local de acción voluntaria, inscrita no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia, leva a cabo unha iniciativa de voluntariado xuvenil a través do proxecto Mañás Activas.
A participación como voluntaria ou voluntario, ademáis de ser unha experiencia persoal incrible, ten como recoñecemento un certificado das accións voluntarias expedido polo Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia, polas horas de voluntariado realizadas.
Se queres participar como persoa voluntaria, só necesitas ter 16 anos, ganas de traballar e de pásalo ben.
Pasa pola OMIX ou ponte en contacto no 982571816 para anotarte na listaxe para participar na próxima convocatoria, séguese a orde de inscrición.