Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

pdp icon serviciossociales

Servizos Sociais

Este servizo fai posible a atención das necesidades sociais da poboación do municipio e previr a desigualdade. Deste xeito, os aspectos relacionados coa falta de recursos, a terceira idade, as drogodepencias, etc., son obxecto dun tratamento individualizado. Axudar coas tramitacións de pensións non contributivas, de xubilación e de invalidez, as axudas de emerxencia social para persoas que carecen de medios económicos, así como diversas prestacións por parte do SERGAS, do IMSERSO ou doutros organismos.

#
OMIX
Becas
Consumo
Educadora Familiar
Atención Temperá

#

Servizos Sociais

O servizo de Asistencia Social é un servizo de atención primaria e uso polivalente que atende a toda a poboación, aínda que centra a súa atención en aqueles casos de persoas desfavorecidas cuxa problemática social sexa sobresaínte e constitúen o nivel máis próximo aos cidadáns e cidadás e ao seu ambiente familiar e social.

A través deste departamento, a Traballadora Social desenvolve unha serie de programas e axudas dirixidas a favorecer a participación, integración e benestar social das persoas e dos grupos dentro do seu entorno, especialmente de todos aqueles que se atopan, ou corren o risco de atoparse, en situacións de carencia ou marxinación.

Estes servizos constitúense en elemento básico do sistema no que se refire á prevención, detección e análise de necesidades, á prestación de servizos axeitados ás mesmas e á programación de traballo social. Son, ademais, a porta de acceso desde a que se derivarán aos servizos de atención especializada, previa prescrición técnica, aqueles casos que pola súa complexidade ou especificidade así o requiran.

enfermedades-cronicas

 Inclusión social :Este área de actuación comprende un conxunto de medidas de carácter económico, cultural, social e laboral tendentes a que os que se atopan en situación de exclusión social poidan superala e exercer os seus dereitos con maior plenitude.

Programas

    • Renda de Integración Social de Galicia (RISGA)
    • Axudas para situacións de emerxencia social
    • Axudas a persoas (físicas e xurídicas) por razón de interese social ou humanitario
    • Alimentos Cruz VermellaAxudas para á infravivenda rural

Migracións .-Este área de actuación comprende un conxunto de medidas de carácter económico, cultural, social e laboral tendentes facilitar a reinserción cultural, social e laboral dos emigrantes retornados.

    • Axudas asistenciais extraordinarias para emigrantes retornados
    • Axudas extraordinarias para emigrantes galegos retornados

Familia e Infancia

    • Axudas periódicas de prevención e apoio as familias para a integración do menor
    • Título de familia numerosa
    • Prestación por fillo menor ó cargo

Maiores

    • Pensión non contributiva de xubilación
    • Axudas individuais non periódicas para a terceira idade

Programas:

    • Cheque asistencial
    • Acollemento Familiar para a Terceira Idade
    • Termalismo Social do Imserso
    • Turismo Social
    • Programa de vacacións para persoas maiores do IMSERSO
    • Teleasistencia

Discapacidades

    • Pensión non contributiva de invalidez
    • Axudas individuais non periódicas para persoas con minusvalía
    • Recoñecemento do grao de minusvalía

Drogodependencias: Axudas individuais para tratamentos de drogodependencias en comunidades terapéuticas

ilustracion homePrograma de Axuda no Fogar : Dirixido a familias ou persoas que presentan disfuncións que poidan ser susceptibles de mellora cunha adecuada atención a domicilio ou Persoas maiores, con certo nivel de dependencia, que non teñan a ninguén que os atenda suficientemente e que, con esta axuda, poidan continuar vivindo no seu fogar  ou Persoas con discapacidades ás que a axuda no fogar poida favorece-la súa autonomía ou  Menores ós que haxa que atender por ausencia dos pais ou titores ou cando estes, por motivos suficientemente xustificados, non poidan exercer as súas funcións ou tamén colectivos específicos que presenten situacións de risco e exclusión social.En xeral, cando exista unha situación de desatención social ou familiar, avaliada técnicamente, que xustifique a intervención do servicio.   ---->  BASES VIXENTES NO PORTAL TRANSPARENCIA

OUTRAS PRESTACIóNS:

  • Risga , Pensiones no contributivas, Vacaciones de Salud,  Balneario , Ingreso en Residencia.
  •  

 

Correo Electrónico:Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

OMIX

Oficina Municipal de Información Xuvenil.-OMIX

#
CENTRO XUVENIL
IMPACTO XUVENIL
VOLUNTARIADO XUVENIL

#

  OMIX

A oficina de Información Xuvenil é un servizo público e gratuito que o Concello de Xove pon a disposición da xuventude, que segundo o artigo2.2 da LEI 6/2012, do 19 de xuño, de Xuventude de Galicia “terán a consideración de persoas novas as que teñan idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos, ambos inclusive.”

A OMIX ten como obxectivo dotar ás persoas novas dun servizo capaz de responder a temas do seu interese como poden ser os relacionados co estudo, bolsas, becas, cursos, idiomas, axudas e subvencións, etc procurando información e asesoramento á xuventude.

Por outro lado, unha parte importante da labor da OMIX é dar opción de entretemento para o ocio e o tempo libre da rapazada coa organización de actividades dirixidas e orientadas á mocidade durante todo o ano, aínda que concentradas en maior medida na época estival.

O horario de atención ao público é, de luns a sábado, de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas.

Podes contactar coa OMIX no 982571816 ou a través do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.rede_galega.jpg

Sigue nas RRSS a Xove Xuventude se queres estar ao tanto das novidades.

Enlace da web de Xuventude: http://xuventude.xunta.es/

 

 

xuventude net

 

.

 

CENTRO XUVENIL

CENTRO XUVENIL

O Centro Xuvenil, que comparte ubicación coa Oficina de Información Xuvenil (OMIX ), está situado na planta baixa da Fundación San Rosendo ao final da Calle San Bartolomé.

O horario de atención ao público é, de luns a sábado, de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas.

Podes contactar directamente no 982571816 ou a través do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

O centro xuvenil conta cos seguintes espazos diferenciados:

A oficina de información xuvenil

Sala de xogos con tenis de mesa, futbolín e xogos de mesa

Sala de informática con equipos e conexión a internet

Sala multiusos con mesas e sillas, encerado e pantalla de proxección

 

PA030001


 

futbolin

IMPACTO XUVENIL

IMPACTO XUVENIL

Dende o Departamento de Xuventude do Concello de Xove creamos un grupo de participación xuvenil a nivel municipal para que represente á mocidade de Xove e sexa o motor que impulse á participación xuvenil nas actividades e vida social do Concello.

Para rapaces e rapazas a partir de 1º da ESO.

impacto

 

Para anotarse e máis información, chamade ao 982571816
 ¡Ou mellor! Pasádevos polo Centro Xuvenil

Temos un Clube de xogos de mesa.

 

Síguenos en Instagram #impactoxuvenil

 

 

 

 

 

VOLUNTARIADO XUVENIL

VOLUNTARIADO XUVENIL 

O Concello de Xove como entidade local de acción voluntaria, inscrita no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia, leva a cabo unha iniciativa de voluntariado xuvenil a través do proxecto Mañás Activas.


A participación como voluntaria ou voluntario, ademáis de ser unha experiencia persoal incrible, ten como recoñecemento un certificado das accións voluntarias expedido polo Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia, polas horas de voluntariado realizadas.

Se queres participar como persoa voluntaria, só necesitas ter 16 anos, ganas de traballar e de pásalo ben.

Pasa pola OMIX ou ponte en contacto no 982571816 para anotarte na listaxe para participar na próxima convocatoria, séguese a orde de inscrición.

 

 

voluntariado

 

Becas

becas e axudas ó estudio

Con carácter xeral, xa que cada ano haberá unhas bases específicas que serán publicadas na páxina principal desta web.

Documentación a presentar para solicitar Bolsas e Axudas ao estudo:Quijote y libro

    • Fotocopia do DNI do solicitante.
    • Fotocopia do Libro de FamiliaCertificado ou acreditación de estar matriculado/a nos estudos para os que se solicita a axuda
    • Notas acadadas no curso 2015/2016, con excepción de educación infantil e primaria.
    • Fotocopia compulsada da Declaración da Renda de todos os membros  maiores de idade da unidade familiar ou certificado negativo de Facenda ou calquera outro documento acreditativo dos ingresos familiares (nóminas, certificacións de empresas, pensións,...)
    • CERTIFICADO IBAN DA CONTA BANCARIA PARA FACER O PAGO POR TRANSFERENCIA.
    • Certificado de empadroamento colectivo.  e Certificado acreditativo de estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias co Concello de Xove.-- NAS OFICINAS XERAIS DO CONCELLO.


Consumo

Oficina de Consumo

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) é un servizo público de atención á cidadanía pertencente ó Concello de Xove e dependente do Instituto Galego de Consumo, da Xunta de Galicia.

Os consumidores  poden realizar todo tipo de  consultas e reclamacións sobre temas de consumo, o servizo é totalmente gratuíto.As funcións da OMIC están establecidas na Lei xeral para a defensa dos consumidores e usuarios, no seu artigo 14.º:

    • Información, axuda e orientación aos consumidores e usuarios para o exercicio dos seus dereitos.contrato
    • Indicación de enderezos doutros centros públicos ou privados de interese para o consumidor.
    • Recepción e rexistro de queixas e reclamacións dos consumidores e remisión destas ás entidades e organismos correspondentes.
    • En xeral, a atención, defensa e protección dos consumidores e usuarios.

Sempre que necesite información, asesoramento, presentar unha reclamación, queixa ou denuncia, pode dirixirse ás nosas oficinas.

 

 PASOS A SEGUIR PARA FACER UNHA RECLAMACIÓN

igc 
CONSULTAS, RECLAMACIÓNS, QUEIXAS E DENUNCIAS
  • Consulta: Solicitude de información sobre calquera tema relacionado co consumo e que pode derivar, en función do resultado, en queixa, denuncia ou reclamación.
  • Queixa: Reflicte un malestar ou descontento por parte da consumidora fronte ao que o ordenamento xurídico non prevé ningunha reacción. As queixas representan un medio idóneo para as autoridades a efectos de coñecer as inquietudes dos cidadáns e no seu caso, proceder ás reformas legais necesarias que lles amparen.
  • Denuncia: Posta en coñecemento por parte do denunciante ante a Administración dun feito tipificado como infracción administrativa e, xa que logo, susceptible de ser sancionado tras a instrución do correspondente expediente administrativo, sen prexuízo das responsabilidades civís, penais ou doutra orde que poidan concorrer.
  • Reclamación: Posta en coñecemento por parte do reclamante dunha vulneración do Dereito Privado e dos seus particulares intereses económicos. Implica unha petición de cumprimento, restitución ou resarcimiento por parte da consumidora fronte ao reclamado.

QUEN PODE RECLAMAR?.- poden reclamar na OMIC os consumidores e usuarios, é dicir, as persoas físicas ou xurídicas, que adquiran, utilizan ou gocen como destinatarios finais, bens, produtos, servizos, actividades ou funcións.

PODE RECLAMAR SE COMPRA UN LIBRO PARA LELO, UNHA LAVADORA PARA LAVAR A súa ROUPA O Sus PROPIOS DISCOS PARA A súa COLECCIÓN.

  • NON poden reclamar na OMIC os comerciantes, profesionais ou empresarios que adquiren algún produto ou utilizan algún servizo para producir outros bens ou produtos, integrándoos en procesos de comercialización ou de prestación de servizos a terceiros.
  • NON pode reclamar se compra un libro ao editor para vendelo no seu papelería, adquire lavadoras para o seu local de tintoreria o compra discos para que se escoiten no seu pub.
  • NON se pode reclamar na OMIC pola compra de produtos ou servizos de particular a particular, porque o vendedor non se dedica profesionalmente a iso.
  • NON se poden reclamar na OMIC cuestións que afectan aos veciños dunha Comunidade. En todo caso, informarase en base á Lei de Propiedade Horizontal.
  • NON se pode reclamar na OMIC por conflitos xurdidos dun contrato entre particulares, como pode ser un contrato de arrendamento urbano. Informarase do contido da Lei de Arrendamentos Urbanos.
  • NON se pode reclamar na OMIC contra calquera Administración Pública: Seguridade Social, Traballo, Facenda, etc. Neste caso, deberá dirixirse á Administración correspondente.

 COMO PODE RECLAMAR?.- Para o caso de que se queira exercer o dereito de reclamar, é preciso achegar fotocopia de toda a documentación relacionada co problema e cumprimentar un impreso de Reclamacións que facilita a OMIC, onde deben constar os datos do consumidor, os da empresa ou profesional obxecto da reclamación, unha sucinta explicación dos feitos e aquilo que se desexe conseguir.

A reclamación pódese presentar persoalmente na OMIC, no rexistro do Xeneral do Concello ou remitíndoa por correo ou fax. Se acode á OMIC, antes de efectuar a reclamación, informaranlle e asesorarán respecto diso.

Cumplimentación do impreso de reclamación:

  • Debe acreditarse co seu nome, D.N.I., dirección e teléfono de contacto.
  • Igualmente, debe identificar claramente o establecemento contra o que reclama, co seu nome e dirección.
  • Detalle brevemente as causas da reclamación e, sobre todo, non se esqueza de concretar o que solicita (devolución de diñeiro, cambio do produto, arranxo da avaría, etc).
  • Para rematar, achegue á súa reclamación fotocopia de todos os documentos que posúa acreditativos da compra ou servizo (facturas, contratos, resguardos, etc). Son moi importantes para que poida prosperar a reclamación.

 


 

 

 

Educadora Familiar

Educadora Familiar

O servizo de Educación Familiar está pensado como un apoio para as familias que teñen algún tipo de dificultades para atender, coidar e educar ós menores ou para organizar o núcleo familiar, polo que se ocupa de familias en situación de risco, de marxinación social ou de familias con menores a cargo. Trátase, sobre todo, de cubrir as súas necesidades básicas e mellorar o contorno familiar evitando no posible os riscos e solucións drásticas.

 

Escola de Familias, que está organizada pola Concellería de Xuventude do noso Concello, diríxese a tódalas persoas que queiran mellorar as súas habilidades educativas, sexa cal sexa a idade dos seus fillos. Consiste nun programa de obradoiros  centrados nunha temática concreta.  

Orienta as familias para que teñan relación cos colexios onde estudan os seus fillos, para que mellorar a hixiene persoal do menor, para que non haxa absentismo escolar, para que os pais se dean conta de que son responsables dos seus fillos e que teñen que axudar na educación de maneira integral.

Orientamos e apoidamos ás familias: Na educación dos fillos/as, sobre como poñer  límites e  normas, como mellorar as relacions familiares, como resolver posibles conflictos, sobre recursos educativos y de apoio para a conciliación da vida laboral e familiar, etc.

educadorfamiliar


Realizamos actividades grupales coas familias tratando temas como: A promoción de hábitos saludables , habilidades sociales e comunicativas, educación afectiva e emocional, gozo do tempo libre  en familia, educación na igualdade, etc.

 

 


CONTACTO: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. 

 

Atención Temperá

ATENCIÓN TEMPERÁ

 Prestado dende a Agrupación dos concellos de  Ribadeo, Foz, O Valadouro, Burela, Cervo, Xove, Viveiro e O Vicedo ten como obxectivo promover a igualdade, a saúde e a inclusión social.

03 Cartel Web 2127 v3- agosto 2023 page-0001  

 

Novo-->XeoPortal
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo