Gala musical "un Conto de Nadal"
Para velo EN DIRECTO simplemente pulsar no enlace
A gala musical un Conto de Nadal chega a Xove o vindeiro 18 de decembro, patrocinada polo Concello de Xove.
A banda do musical, La Ocaband, a mesma do programa da TVG 100 anos de verbena galega, estará acompañada de 6 artistas convidados, que actuarán este nadal noutras 4 localizacions galegas, en Xove estarán con nos Marta Valiño ex de Costa Oeste e Olympus entre outras, e Noelia Solleiro que participou en varias orquestras galegas e ven de gañar o premio cancion do veran da TVG, Enzo Fernando ex- Charleston Big Band, David Balboa, Paris de Noia entre outras, Carlos Mariano de suavecito, Ruth Nuñez que ven de ser finalista no pgm a liga dos extraordinarios,..
A gala de duas horas de duración navegará por distintos ritmos e cancions de nadal. sen esquecer o rock e temas de toda a vida, e será a partir das 19:30 h.
Serán dous os momentos claves, cando o musical fara as delicias do público. no momento alxido co tema tamborilero , gaiteiros de Xove participarán en directo coa banda., e cara o final do musical co tema pero a tu lado serán nenos de Xove os que formarán o coro que actuará coa banda.-
Orquesta La Ocaband | Facebook