Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte 
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2025
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2025 (San Antón)
---> 1 de setembro de 2025 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
ContaContos de igualdade....
18/Marzo/2025
Turismo, Investigación Social e Muller
-

Xove Concilia Semana Santa
13/Marzo/2025
CONCELLO DE XOVE
-

Charla Nutrición día 14 de marzo
12/Marzo/2025
Departamento de Servizos Sociais
-
O Concello de Xove desde o Departamento de Servizos Soiais, segue coas actividades dentro do programa "En Xove marzo é o mes da muller", este venres día 14 ás 19:00, no salón de actos, terá lugar unha charla que leva por título "Alimentación nas distitas etapas da muller", será impartida pola dietista Saray Rio, especialista en nutrición clínica e educación nutricional, e fundadora de "www.nutretuplato.es". Nesta charla Saray vainos enseñar a adaptar a alimentación según as necesidades de cada fase, desmentindo mitos e ofrecendo consellos prácticos.
Agardamos que sexa do voso interese, podamos compartir e seguir aprendendo entre todas.
Se tedes calquer dúbida, podedes poñervos en contacto co Departamento de Servizos Sociais, no Tfno 982.59.20.01.

XXI Campeonato de Tute
11/Marzo/2025
CONCELLO DE XOVE
-
Entrega de premios do XXI Campeonato de Tute que organiza cada ano o Centro Social de Monte (Xove)
Este pasado sábado 8 de marzo, despois dunha cea de confraternidade entre todos os participantes, tivo lugar a entrega de premios do XXI Campeonato de Tute que ven organizando cada ano o Centro Social de Monte (Penas Agudas-Xove) coa colaboración do Concello de Xove.
Este ano foron 15 as parellas participantes e os premios quedaron da seguinte maneira:
-
- Primeiros clasificados: Abelardo Lestegás-Jesús Pérez
- Segundos clasificados: José Montenegro- José Aparicio
- Terceiros clasificados: Jesús Galdo- Eduardo Sánchez
Tamén houbo agasallos especiais para as tres mulleres participantes (Isabel Pérez, Ana Sánchez e Sara Gómez), para o participante máis novo (Gabriel Valadares Pérez) e para os colistas (Pablo Balsa - Antonio Fernández).


Reunión en Xove da Asociación Galega de Autocaravanas
11/Marzo/2025
Concellería de Medio Ambiente
-
Esta fin de semana, o venres 14, sábado 15 e domingo 16 de marzo, recibiremos en Xove aos socios da AGA (Asociación Galega de Autocaravanas).
O pobo estará cheo de autocaravanas, arredor dunhas 150-180, e seremos máis numerosos en persoas xa que nos visitarán unhas 250 persoas.
Irán chegando ao longo da semana, pero a maior afluencia espérase para o venres. Estacionarán os seus vehículos na zona de parking de autocravanas no parque novo Pumtrack, na recta de Xove, na subida ao colexio Pedro Caselles Rollán, enfrente do colexio, Campo de fútbol, Nave Almacén do Concello, parking Centro de Saúde e Cuartel da Garda Civil. Adxunto plano coloreado en azul as zonas destinadas para o seu estacionamento.
O sábado realizarán distintas actividades, entre elas a Ruta con audioguías da Zona Etnográfica da Baleeira en Morás, a Ruta das Fadas ou Ruta dos Muiños na Rigueira, obradoiro na Panadería Maral para os peques que os acompañan.
O xantar no pabellón polideportivo no que participarán todos os socios e rematarán cun baile de disfraces amerizado por unha solista Sandra Renglifo de La Voz Sentimental.
Na Praza do Concello dende as 16:00h ata as 20:00h estarán os postos do Mercado de Artesanía Local de O Faio de Generosa, no cal participarán Vacaloura e Xurela, Glarual Ecoshop, Lebre de abril, Mel do Sierra, Cura da Alma e Esteiro Surfing. Adxunto cartel do mercado.
O domingo 16, realizarase a inauguración da área de autocaravanas do centro de Xove e tamén da praia de Esteiro, cun acto no que participará o Alcalde Demetrio Salgueiro e a Concelleira de Turismo Cecilia Duarte.
Ese mesmo día terá lugar a Asamblea Xeral da AGA no Salón de Actos do Concello de Xove.

O MESMO DÍA TAMÉN TEREMOS:

Homenaxe á Asociación de Mulleres Bolboretas
08/Marzo/2025
Turismo, Investigación Social e Muller
-
O Concello de Xove rendeu homenaxe no día de hoxe, 8 de marzo, á Asociación de Mulleres Bolboretas: un referente do asociacionismo feminino en toda a provincia de Lugo. O seguinte vídeo, testemuño do seu gran labor no municipio de Xove, foi proxectado esta tarde no Salón de Actos, despois dos actos da homenaxe e antes de dar inicio á tradicional chocolatada polo día da Muller.
Actividades do 8M
07/Marzo/2025
CONCELLO DE XOVE
-

YoConecto: Iniciación ao mundo dixital.- AMPLIACIÓN PLAZO
21/Febreiro/2025
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
TALLER: YoConecto: Iniciación ao mundo dixital con Concello de Xove
INSCRICIÓN CHAMANDO AO 982571816 AMPLIACIÓN DE PLAZO
YoConecto son cursos adaptados a todos os niveis, que permitirán ás persoas participantes aprender a navegar de forma segura por Internet, realizar xestións coa Administración electrónica e a banca dixital. Ademais, poderán utilizar redes sociais e ferramentas dixitais de maneira creativa e segura, comunicarse por videollamada e descubrir plataformas e apps para a aprendizaxe, o lecer e a saúde. Tamén aprenderán a impulsar o seu negocio en contornas dixitais e a crear o seu currículo dixital. Todo o que necesitan para avanzar na internet.
Estas actuacións forman parte da iniciativa Xeración D impulsada por Red.es, Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, e están financiadas polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a través dos fondos Next Generation da Unión Europea.
Video do Programa: https://www.youtube.com/watch?v=7ZfyBYv6VmY

Plan de Mellora de Camiños.- San Cristovo
12/Febreiro/2025
CONCELLO DE XOVE
-


Plan de Mellora de Camiños.- Rega e Vilar
12/Febreiro/2025
CONCELLO DE XOVE
-


Presentación do Cartel do Entroido 2025
11/Febreiro/2025
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Desde a Concellería de Cultura do Concello de Xove presentouse o cartel coa programación do Concello de Xove para o Entroido 2025.

Entregamos ós árbores solicitados....
10/Febreiro/2025
Delegación de Agricultura
-
Cada ano o Departamento de Agricultura do Concello de Xove promove a convocatoria da campaña de plantación de especies forestais, árbores autóctonas, froiteiras e plantas de xardín.
Os veciños e veciñas de Xove puideron facer as solicitudes durante os meses de novembro e decembro do ano pasado e o martes 4 de febreiro fíxose a entrega das cerca de 300 especies solicitadas, principalmente árbores autóctonas e froiteiras.
O Concello de Xove pretende facilitar aos seus veciños as especies demandadas a uns precios competitivos e á vez, para máis comodidade, evitar que se teñan que desprazar ata os viveiros da localidade para conseguir as plantas. Con esta actividade medioambiental de plantación tamén se pretende as repoboacións con árbores autóctonas e tamén o adecentamento de xardíns.

O Concello de Xove recibe a visita de profesionais do desenvolvemento local (AFIPRODEL)
07/Febreiro/2025
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Dos días 7 ao 8 de febreiro AXENTES DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO (AEDL) de Carnota ( Dolores Pena-Presidenta de AFIPRODEL), Vimianzo (Rosa Sánchez-Secretaria de AFIPRODEL e Nieves Lema – Técnica de Cultura), Camariñas (María Jiménez), Santa Comba (Cristina Pereira), Fisterra (Osvaldo Santos), Muxía (Anabel Piñeiro), Ourol (Juan Ramudo), Viveiro (Amparo Catalán-Técnica de Emprego) e Xove (Rosa Lage) participaran nun encontro de boas prácticas de desenvolvemento local.

O obxectivo desta visita é ofrecer unha oportunidade de retroalimentación, un foro de aprendizaxe mútua sobre boas prácticas que conducen a un desenvolvemento local e sostible.
A asociación AFIPRODEL leva tempo organizando este tipo de visitas para AEDL´s.
Estas visitas teñen un formato no que se mesturan o coñecemento de proxectos empresariais, actividades culturais, turísticas e gastronómicas ao tempo que se tecen redes de colaboración.
O programa empeza á tardiña deste venres 7 de febreiro coa recepción no Lugar das Marías e coa explicación do proxecto emprendedor de Lucía Canoura que relatará a súa experiencia ao transformar a vivenda da súa avoa no acolledor establecemento hoteleiro que hoxe é, e tamén explicará o seu outro proxecto VACALOURA E XURELA que ten como obxectivo poñer en valor elementos emblemáticos de Xove.
Despois de compartir unha merenda/cea nese mesmo lugar, terá lugar un recital aberto no que as persoas participantes recitarán poesías e lerán textos con temática relacionada co municipio.
O sábado, despois dun bo almorzo de aldea, ás 9:30 o grupo será recibido no Salón de Plenos do Concello polo Alcalde José Dementrio Salgueiro esta recepción contará coa actuación da Escola Municipal de Música.
A continuación despraaranse ao Parque Empresarial de Xove e Nieves Medina amosará o obradoiro artesanal de conserva e explicará como foi o proceso emprendedor que fixo posible que CONSERVAS CURRIMAR se convertese na empresa de éxito que hoxe é.
Logo dirixiranse a Morás e realizarán a visita audioguiada elaborada pola Mancomunidade de Concellos A Mariña Lucense chamada: Tomás Mariño en Morás, entre baleas, dolos e Zeppelins cuxa ficción correu a cargo da compañía teatral GRUPO CHÉVERE.
No Restaurante A Cancela, máis coñecida pola Casa A Ponza, un establecemento familiar, con transmisión xeracional que é coñecido pola súa comida caseira e de calidade, terá lugar unha comida á que se unirán persoas emprendedoras e empresarias do municipio e que servirá de encontro para expoñer éxitos e inquedanzas.
Á tarde no local de A REPULIDA, o seu promotor Rubén Pico amosará o seu obradoiro de costura ao tempo que explicará como e en que consiste a súa idea emprendedora que conta coa calificación de Artesanía de Galicia.
Nese mesmo obradoiro Patricia Saburido relatará a súa experiencia LEBRE DE ABRIL que consiste na elaboración artesanal de velas e ilustracións inspiradas en personaxes da mitoloxía e a literatura.
A visita rematará coa experiencia de Laura Lorca de GLARUAL ECOSHOP que explicará o seu proceso emprendedor do seu obradoiro de costura creativa cuxa actividade principal é a elaboración de compresa de tea e complementos artesanais.
Programa Entroido 2025
06/Febreiro/2025
Departamento de Cultura e Comunicación
-
ESTE ANO OS PREMIOS SERÁN INGRESADOS EN CONTA BANCARIA
---->BASES CONCURSO DESFILE ENTROIDO 2025 <-----

Concurso de Elaboración de Caretas de Entroido 2025
05/Febreiro/2025
CONCELLO DE XOVE
-

DEFINICIÓN DO OBXECTO
Constitúe o obxecto das presentes bases a regulación do procedemento aplicable para o outorgamento dos premios do concurso de confección de caretas de Entroido organizado polo Concello de Xove.
REQUISITOS DOS PARTICIPANTES
Poderá participar no concurso e ser beneficiario destas axudas calquer/a neno/a ou rapaz/rapaza empadroado/a no Concello de Xove en idade escolar (desde 4º de Infantil ata 4º de ESO)
A documentación a presentar será a seguinte:
-Ficha de inscrición establecida ao efecto .- A ficha de inscrición deberá presentarse, xunto coa careta a concursar na Biblioteca Municipal con data límite 21 de febreiro de 2025.
NORMAS DE ELABORACIÓN DAS CARETAS
As caretas deberán estar relacionadas con motivos de entroido.
Realizaranse en cartulina, folio ou calquera outro material que se axeite ao tamaño dun folio
A técnica a empregar será libre: debuxo a lápis, rotuladores, ceras, collage, etc. Non se admitirán caretas prefabricadas que só requiran colorearse
Con este Concurso, dende o Concello, preténdese estimular a creatividade dos/as nosos/as nenos/as e rapaces/as; neste sentido, os/as inscritos/as no Concurso poderán participar cunha ou varias caretas no
mesmo. A careta non incluirá ningún dato persoal do/a concursante.
BASES REGULADORAS
FICHA DE INSCRIPCIÓN
XVI Festa do Lacón
04/Febreiro/2025
CONCELLO DE XOVE
-
Informamos de que Asociación cultural Saíñas, de Xove, organiza a XVI Festa do Lacón, o vindeiro sábado 8 de febreiro, a partir das 20:30 h no Pavillón Municipal de Deportes. Hoxe, martes 4 de febreiro, na praza do Concello, o presidente da asociación D. Jairo Míguez, xunto á concelleira de Cultura de Xove, D.ª Dolores Meitín, e o alcalde de Xove, D. Demetrio Salgueiro, presentaron o cartel do evento.


|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|