Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
XXIX FESTA DA TERCEIRA IDADE EN XOVE
26/Outubro/2023
CONCELLO DE XOVE
-
A FESTA DA TERCEIRA IDADE, que xa vai pola súa XXIX edición, vai dirixida ás persoas pensionistas maiores de 60 anos cos seus cónxuxes ou parellas do noso Concello. A mesma vai desenvolverse MAÑÁ VENRES 27 DE OUTUBRO con actividades ao longo de todo o día, e con arranxo ao seguinte programa:
- -12:30 horas.- Misa na Igrexa Parroquial de Xove, acompañada por un Trio de Cordas da Escola Municipal de Música.
- -14:00 horas.- Xantar no Restaurante Louzao de Area.
Unha vez rematado o xantar, por parte do Concello, vaise facer entrega dun agasallo aos máis maiores da Festa, home e muller.
Posteriormente todos os participantes van disfrutar dun baile.O Concello, o mesmo que en edicións anteriores, pon autobuses gratutitos a disposición de tódolos participantes que así o queiran, tanto para ida como para o retorno.
FALLADOS OS PREMIOS DO IX CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MEDIOAMBIENTAL EN XOVE.
16/Outubro/2023
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O Concello de Xove, a través da Concellería de Medioambiente convocou a comezos do verán o IX Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente.
A organización aproveita para darlle as grazas ao xurado, formado polos fotógrafos Santos Cordovilla e Enrique Toral, polo traballo de avaliación realizado neste Concurso.
Dentro do concurso tivemos unha única categoría. O xurado, composto polos fotógrafos Santos Cordovilla e Enrique Toral, acordou otorgar os seguintes premios:
- Primeiro premio de 120 €: Germán Paleo Navarro coa obra “dereito ou revés“.
- Segundo premio de 100 €: Estíbaliz Saez De Ibarra Llano coa obra “areas vivas “.
- Terceiro premio de 90 €: Begoña Amor Ruiz coa obra “sitio con encanto“.
- Cuarto premio de 75 €: Jesús Casabella Lage coa obra “portiño portocelo“.
- Quinto premio de 65 €: José Manuel Arroyo Gimeno coa obra “cabo roncadoira desde morás“.
Becas e Axudas ó Estudo 2023/2024
16/Outubro/2023
Departamento de Servizos Sociais
-
Hoy se publicó en el BOP la convocatoria de las ayudas al estudio para el curso 2023/2024. --- BASES BECAS 2023-2024
Plazo de presentación de solicitudes: Desde hoy hasta el 6 de noviembre. Por Decreto de Alcaldía se aprobó la ampliación del plazo para la presentación de las solicitudes de ayudas al estudio para el curso 2023/2024, que finalizará el 13 de este mes.
Modalidades de las ayudas
- MODALIDADE 1.- Bolsas e axudas ao estudo universitario.
- MODALIDADE 2.- Bolsas e axudas para ciclos formativos que cursen especialidades que non existan en Xove, San Cibrao, Viveiro ou Burela.
- MODALIDADE 3.- Axudas para alumnos con discapacidade física ou psíquica que asistan a clases de educación especial ou a terapias de estimulación.
- MODALIDADE 4.- Axudas para compra de material escolar.
- MODALIDADE 5.- Axudas para estudos de doutoramento.
- MODALIDADE 6.- Axudas para máster
Más información en el Departamento de Servicios Sociales Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. (982-592001)
Tenemos un programa especifico para hacer las solicitudes, y solo habría que aportar la documentacion requerida
Si se prefiere hacer On-Line habría que usar la "instancia Xeral" y adjuntar el resto de la documentación.
Listado con DOCUMENTACION NECESARIA (PDF)
XII ENCONTRO DE PALILLEIRAS CONCELLO DE XOVE
03/Outubro/2023
Turismo, Investigación Social e Muller
-
O sábado, 7 de outubro, terá lugar no Concello de Xove o XII ENCONTRO DE PALILLEIRAS.
Con ánimo de que este encontro sexa unha demostración do encaixe de bolillos, invitamos a todas as asociacións de palilleiras e vendedores artesanais a que nos acompañen ese día. A día de hoxe temos algo máis de 350 palilleiras inscritas (procedentes das 4 provincias galegas, Asturias e León) e uns 25 vendedores anotados.
O Encontro, que se vai desenvolver no Pavillón de Deportes, vai comezar pola mañá ás 10:30 h. coa recepción de todas as palilleiras. O horario de apertura ao público vai ser de 10:30 a 13:00 h pola mañá e der 16:30 a 19:00 h. pola tarde. A entrada, como sempre, vai ser libre e gratuita para todos.A organización corre a cargo da Concellería de Servizos Sociais a través do Departamento de Muller e Igualdade. Contamos tamén coa colaboración da Asociación Saiñas, xa que o grupo de gaitas da Asociación vai ser o encargado de amenizar o Encontro.
COMEZAN EN XOVE OS OBRADOIROS DE LONGA DURACIÓN
29/Setembro/2023
CONCELLO DE XOVE
-
Co mes de outubro comezan os obradoiros de longa duración no concello de Xove que estarán activos ata finais de maio. No Obradoiro “Xove Ponte en Forma”, que se vai desenvolver na aula multideportiva do Concello, temos as seguintes actividades:
- XIMNASIA DE MANTEMENTO.-Luns de 11:30 a 12:15 h..-Venres de 10:30 a 11:15 h.
- AEROBIC & FULL BODY.-Luns e mércores de 10:30 a 11:15 h.
- PILATES I.-Martes e xoves de 10:30 a 11:15 h.
- PILATES II.-Martes e xoves de 11:30 a 12:15 h.
- XIMNASIA NA AUGA PARA MAIORES (na Piscina Municipal) .-Mércores e Venres de 11:30 a 12:15 h.
O luns 2 de outubro da comezo o OBRADOIRO DE IOGA con cinco grupos. Serán impartidas na antiga casa do director do colexio, cun grupo os luns e mércores de 17:30 a 19:00 h., e o resto dos grupos serán os martes e os xoves en horarios de 10:30 a 12:00, de 17:30 a 19:00, de 19:00 a 20:30 e de 20:30 a 22:00 horas. O martes día 3 dará comezo o OBRADOIRO DE BORDADO con dous grupos, os martes e xoves de 16:30 a 18:30 h. O mércores día 4 dará comezo o OBRADOIRO DE BOLILLOS con dous grupos, un as 15:00 h. e outro as 17:00 h. Ambos obradoiros (bordados e bolillos) vanse desenvolver nas instalacións municipais da Avenida Deputación.-
ITV DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS 2023
26/Setembro/2023
Delegación de Agricultura
-
A Xunta pon en marcha unha nova convocatoria do programa Benestar en Balnearios
25/Setembro/2023
Departamento de Servizos Sociais
-
As persoas interesadas en participar na edición deste ano teñen ata o 18 de outubro para solicitar algunha das prazas dispoñibles nos 15 establecementos participantes.
O programa ofrece estadías de 10 días nalgunha destas instalacións e está destinada a todos os maiores de 60 anos e tamén a aqueles que superen os 55 e sexan pensionistas, para mellorar a súa calidade de vida ao fomentar actitudes positivas cara o autocoidado da saúde e favorecer as relacións sociais.
Para formalizar as solicitudes: Departamento municipal de Servizos Sociais
Documentación:
- DNI da persoa solicitante e do/a seu cónxuxe de ser o caso
- Tarxeta sanitaria da persoa solicitante e do/a seu cónxuxe de ser o caso
- Certificado do INSS da pensión da persoa solicitante e do/a seu cónxuxe de ser o caso
Tlf. de contacto: 982592001
Matricula Cursos de Música...
18/Setembro/2023
CONCELLO DE XOVE
-
OBRADOIROS, IOGA E XIMNASIA 2023
15/Setembro/2023
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
O luns día 18 abre o prazo e remata o día 28. Inscricións na OMIX
SOLICITUDE
OBRADOIROS, IOGA E XIMNASIA
Supresión das restriccións de auga
15/Setembro/2023
CONCELLO DE XOVE
-
Recollida separada dos residuos domésticos.
13/Setembro/2023
Concellería de Medio Ambiente
-
O Estado Español propuxo unha modificación da Lei de Residuos na que se obriga aos concellos de + de 5.000 habitantes a facer a recollida separada da fracción orgánica de residuos domésticos, a partir do 31 de decembro de 2020, e no resto dos casos, antes do 31 de decembro do 2023.
Implantar a recollida selectiva dos chamados biorresiduos.
Con esta iniciativa búscase conseguir os máis altos niveis de reciclaxe dos desperdicios domésticos e avanzar hacia un modelo de xestión de residuos máis eficiente e na liña marcada pola chamada economía circular que aboga por darlle unha nova vida aos residuos convertíndoos en recursos antes da súa reincorporación ao ciclo productivo.
LEVARANSE A CABO AS SEGUINTES CHARLAS NO SALÓN DE ACTOS DO CENTRO CÍVICO DE XOVE:
MÉRCORES 20 SETEMBRO --charla BIORRESIDUOS-- de 19h a 20h e de 20h a 21h.
MÉRCORES 27 SETEMBRO --charla BIORRESIDUOS-- de 19h a 20h e de 20h a 21h.
MÉRCORES 04 OUTUBRO --charla COMPOSTAXE--de 19h a 20h e de 20h a 21h.
PERFOMANCE SUSTENTABILIDADE
06/Setembro/2023
Departamento de Cultura e Comunicación
-
ABERTA A PREINSCRICIÓN PARA A ESCOLA MUNiCIPAL DE MÚSICA DE XOVE – CURSO 2023/204
05/Setembro/2023
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Dende o venres 1 ata o venres 29 de setembro, ámbolos dous días incluídos, vai estar aberta nas oficinas do Concello a Preinscrición para o Curso 2023-2024 na Escola Municipal de Música de Xove. Todos os alumnos/as que queiran preinscribirse deberán presentar o impreso cuberto no Rexistro Municipal en horario normal de oficinas (de 8:00 a 14:00 horas) para formalizar a súa preinscrición ou tamén enviando o impreso cuberto ao correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..
Rematado o prazo de preinscrición fárase público no taboeiro de anuncios do Concello o listado de NOVOS admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2.023/2.024. O pago da matrícula farase mediante o Acordo Regulador do prezo público: “O pago da presente exacción efectuarase mediante padrón que se aprobará unha vez finalizado o período de matrícula, liquidándose o prezo polo sistema de recibo, sendo a domiciliación bancaria o xeito preferente de abono do prezo”.
Recordar que esta preinscrición é para novos alumnos. Os alumnos que desenvolveron a súa actividade na Escola durante o Curso 2022/2023 xa tiveron a posibilidade de matricularse durante o pasado mes de xuño.
SOLICITUDE INSCRIPCIÓN ESCOLA DE MUSICA
XII Encontro de Palilleiras "Coas nosas mans" do Concello de Xove
04/Setembro/2023
CONCELLO DE XOVE
-
O sábado 7 de outubro de 2023, celébrase a XII Edición do Encontro de Palilleiras “Coas nosas mans” do Concello de Xove. O PRAZO para Inscribirse estará aberto ata o 30 de setembro de 2023.
*Lembramos que os postos de venda deben facer a súa inscrición cubrindo a súa correspondente solicitude para posto de venda, e enviala ao correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
*As asociacións poden inscribirse a través da súa solicitude específica no mesmo correo anterior, ou ben a través do teléfono do Concello: 982592001 (preguntando por Lucía ou Tamara).
Cancelación da Festa Acuática en Portocelo
01/Setembro/2023
Concellería de Deporte e Turismo
-
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|