Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Inauguración do Belén Municipal de Xove
Mañá VENRES 17 DE DECEMBRO comeza a PROGRAMACIÓN DE NADAL do Concello de Xove, Programación que foi presentada onte en Rolda de Prensa polo Alcalde Demetrio Salgueiro e a Concelleira de Cultura Dolores Meitín.O punto forte das actividades de mañá venres vai ser a Inauguración do Belén Municipal, pero antes da mesma, imos ter outra serie de actividades:-Ás 11:30 horas, na Escola Infantil de Xove terá lugar a FESTA DO NADAL, coa chegada de Papá Noel, Festa na que van participar tódolos nenos/as da Escola Infantil.-Ás 20:00 horas, na Sala de Exposicións da Oficina Municipal de Turismo, inauguración da Exposición de Pintura de "Tony Mendaña", pintor xovense que expón por primeira vez no noso Concello.
Como dixemos antes, o prato forte desta xornada inaugural do Programa de Nadal do Concello vai estar centrado na INAUGURACIÓN E APERTURA DO BELÉN MUNICIPAL DE XOVE, a cal vai ter lugar mañá ás 21:00 horas no Parque Municipal de Xove.Trátase do maior Belén da Mariña, e xa unha referencia dentro do Nadal na nosa Comarca, que por cuarto ano consecutivo se monta en Xove, inda que este ano cambiouse a ubicación, dado que a Praza do Centro Cívico quedábase pequena para o mesmo. Coa nova montaxe cáseque se duplica a súa superficie, pasándose de algo máis de 1.000 metros cadrados aos 1.800 metros que ten este ano.O Belén este ano instalouse na parte superior do Parque Municipal, moi perto do sitio do pasado ano; con este cambio gañouse por unha banda en superficie, como xa dixemos, e por outra gañouse en naturalidade, dado que se aproveita todo o conxunto natural desa parte do Parque (frores, calles, árbores, superficier herbóreas, fonte, etc) para integralo no Belén, facendo ao mesmo tempo que o conxunto belenístico quede mellor integrado.Pero as novidades non acaban aquí. Dentro das melloras, este ano incorporáronse máis figuras, con máis animais (vacas, ovellas, aves, etc.) e personaxes, para o cal se aproveitaron uns maniquís.Aparte das escenas presentes noutros anos (Nacimento, Noria, etc.), este ano incorporáronse varias máis, como un cobertizo para gando e unha forxa coa súa fragua e a súa barquilla.Outra novidade que esperemos aprecien os moitos visitantes do Belén é a mellora sustancial da súa iluminación , ampliándose en todo o conxunto e reforzándose especialmente nas escenas principais do mesmo. Dixemos que a inauguración e apertura vai ter lugar ás 21:00 horas (9 da noite), unha boa hora para que tódolos xovenses e visitantes, acompañados das sáus familias, se acheguen ata o Parque de Xove a contemplar este entrañable acto.A apertura vai contar cun potente espectáculo de luz, son e fogos. Pero temos que aclarar que non se trata dun Belén estático, senón dun BELÉN VIVENTE, xa que 12 xovenses da Escola de Maiores van estar dentro do Belén recreando diferentes escenas, na forxa, cos animais, etc.Unha vez realizada a apertura do Belén, o seguinte paso será o ENCENDIDO DO ARBOL XIGANTE DE NADAL que está ubicado na Praza do Centro Cívico. A aparición e chegada de Papá Noel porá fin a esta noite tan entrañable.Dende aquí, quéreselle agradecer o traballo realizado por todo o personal do Concello na realización e posta en marcha do Belén, agradecemento que queremos se faga extensible a tódolos voluntarios/as da nosa Escola de Maiores que altruistamente lle van dar vida ao Belén, e a tódolos veciños/as do Concello que colaboraron desinteresadamente co mesmo, co seu traballo ou facilitando pezas e elementos que agora están incluidos alí.Nada máis, aproveitar para invitar a tódolos veciños e visitantes, xuntos coas súas familias, para que se acheguen mañá a Xove a disfrutar do Belén e das demáis actividades programadas.
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|