* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
VIAXE CULTURAL DA ESCOLA DE MAIORES A PONTEVEDRA
04/Xuño/2015
Departamento de Cultura e Comunicación
Onte, 3 de xuño, 31 persoas da Escola de Miores do Concello de Xove fixeron unha viaxe cultural a Pontevedra.
Pola mañá, pasearon polo casco histórico da cidade, percorrendo as súas prazas (Praza de Ourense, da Ferrería, da Verdura,...) e visitando a Iglesia da Peregrina, a Basílica de Santa Maria a Maior, o mercado de Abastos,... Este percorrido foi guiado por unha téncica municipal da Oficina de Turismo de Pontevedra.- Despois de xantar, pasaron a tarde na vila de Combarro.
Nesta viaxe, estiveron acompañados pola Educadora Familiar e encargada da Escola, Angélica Casabella e a concelleira de Servizos Sociais, Ana Abad.
Festas de San Antonio da Rigueira 2015
02/Xuño/2015
Concellería de Deporte e Turismo
Invitamos a toda a xente a disfrutar ese día dunha das Romería máis importantes da Mariña Lucencese, onde veñen romeiros de toda a mariña e de outros lugares de Galicia para recibir a bendición de San Antonio.
AS 14 HORAS, SESIÓN VERMÚ, E ÁS 22 HORAS VERBENA POPULAR
Resultados Electorales das Eleccións Municipais Xove 2015
25/Maio/2015
Turismo, Investigación Social e Muller
XXIIº TORNEO CONCELLO DE XOVE DE XIMNASIA RÍTMICA
22/Maio/2015
Concellería de Deporte e Turismo
Mañá, sábado 23 de maio, vaise celebrar no Pavillón Municipal de Deportes de Xove o XXIIº TORNEO CONCELLO DE XOVE DE XIMNASIA RÍTMICA, unha das competicións deportivas de rítmica con máis solera da nosa Provincia. O Torneo, organizado polo Concello a través da Concellería de Deporte e a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, vai comezar ás 17:00 horas, no Pavillón Municipal de Deportes de Xove, coa presencia de 7 equipos: as Escolas Municipais de: Xove, Vilalba e Begonte, a E. X. Porta Norte de Burela/Ribadeo, o C. Filigrana de Lugo, o C.X.R. Porta Norte de Viveiro e o C. Violeta de Baamonde.
Recibimento ó XOVE F.S.
20/Maio/2015
Concellería de Deporte e Turismo
A plantilla do equipo de Fútbol-Sala A Fuga-Xove foi recibida polo Alcalde, Demetrio Salgueiro e a Concelleira de Deporte, Cristina Iglesias, que agradeceron os membros do equipo de F.S. a fantástica labor do clube, levando o nome de Xove por toda Galicia.
ENTREGA PREMIOS CONCURSO LETRAS GALEGAS 201
18/Maio/2015
Departamento de Cultura e Comunicación
ACTO DE ENTREGA DOS PREMIOS DO CONCURSO DAS LETRAS GALEGAS 2015, ACTO CELEBRADO HOXE NO SALÓN DE PLENOS DA CASA DO CONCELLO A PARTIRES DAS 18:30 HORAS
Letras Galegas 2015.-Avelino González presenta “Contos Literarios”.-
15/Maio/2015
Departamento de Cultura e Comunicación
A Concellería de Cultura do Concello de Xove organizou para hoxe unha actuación dentro do Programa LER CONTA MOITO, programa patrocinado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e dirixido ás Bibliotecas Públicas co fin de promocionar a lectura e todo o relacionado co mundo das bibliotecas, acto que ademáis está englobado dentro do Programa do Concello para celebrar as Letras Galegas.A actuación de hoxe estivo protagonizada polo coñecido actor de teatro e televisión (actor da serie Padre Casares, entre outras) Avelino González.Desenvolvida dende as 13:00 ás 14:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, contou coa participación de 70 rapaces/as e profesores do IES Illa de Sarón de Xove.
Actividades para o mes de Xuño da Concellería de Servizos Sociais
14/Maio/2015
Departamento de Servizos Sociais
A Concellería de Servizos Sociais, a través da Oficina de Información Xuvenil e o Laboratorio de Investigación Social, organiza as seguintes actividades para o vindeiro mes de xuño:
OBRADOIRO: “RELACIÓNS E ACOSO NAS REDES SOCIAIS”: última semana de xuño, dirixido a xóvenes de 12 a 16 anos.Inscrición: na OMIX antes do 13 de xuño.
III TORNEO DE Wii: día 20 de xuño, dirixido a rapaces e rapazas a partir de 10 anos. Inscrición na OMIX ata o 10 de xuño.
ACTIVIDADES DIRIXIDAS ÁS PERSOAS MAIORES DE 60 ANOS:CURSO DE MANEXO DE MÓBIL.- Inscrición: ata o 4 xuño, na OMIX (no Centro Xuvenil)
ACTIVIDADES DIRIXIDAS Á VECINDADE EN XERAL:ROMARÍA SAN ANTONIO DE A RIGUEIRA: día 13 de xuño. Para a obtención da ventura e do lirio de San Antonio, as persoas interesadas deben anotarse antes do 10 de xuño no Concello de Xove. De todas estas actividades enviouse un programa a tódalas casas de Xove; neste programa hai un pequeño erro xa que pon que a Romaría de San Antonio é o 12 de xuño cando realmente é o 13 de xuño.
Curso de Socorrismo ....
12/Maio/2015
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
Dende o Departamento de Emprego informáse de que está solicitado un curso de SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS PARA IMPARTIR NO CONCELLO DE XOVE CON CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE que terá unha DURACIÓN: 445 HORAS.
ESTE CURSO ESTARÁ ENFOCADO A : Velar por la seguridad de los usuarios de zonas de baño público en espacios naturales, de forma autónoma o integrado en un equipo de rescate velando por la seguridad, previniendo que se produzcan situaciones p peligrosas realizando un vigilancia permanente y eficiente e intervinie eficaz ante un accidente o situación de emergencia.
08/Maio/2015
Departamento de Cultura e Comunicación
Hoxe pola mañá visitaron o noso Concello o Director Xeral de Gas Galicia, Roger Serrat e o Xefe de Construcción da mesma empresa, Andrés Montero. Ambos reuníronse co alcalde Demetrio Salgueiro co fin de COORDINAR O COMEZO DAS OBRAS DA REDE DE GAS DO NÚCLEO URBANO DE XOVE, ousexa, trátase de extender a rede de gas aos veciños do núcleo urbano.- Esta obra vai favorecer aos nosos veciños, xa que os que opten por esta vía van disfrutar dunha reducción no seu consumo, ousexa, van ter un menor gasto enerxético na súa vivenda.A previsión é que as obras principien a comezos de verán.
“XAN PERILLÁN E A MALETA MÁXICA” EN XOVE
07/Maio/2015
Departamento de Cultura e Comunicación
A Concellería de Cultura do Concello de Xove organizou para hoxe unha actuación dentro do Programa LER CONTA MOITO, programa patrocinado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e dirixido ás Bibliotecas Públicas co fin de promocionar a lectura e todo o relacionado co mundo das bibliotecas. Das tres actividades programadas polo noso Concello dentro de Ler Conta Moito, hoxe tivemos a primeira; concretamente OS MONICREQUES DE KUKAS puxeron en escea “XAN PERILLÁN E A MALETA MÁXICA. Desenvolvida dende as 12:00 ás 12:50 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, contou coa participación de 150 nenos/as de 4º de Educación Infantil ata 4º de Primaria Ceip Pedro Caselles. O espectáculo: Xan Perillán é un home con sorte: tocoulle unha viaxe a Pernambuco...¿Pero onde queda Pernambuco? ... cun pouco de maxia e a axuda dos rapaces, seguro que o aclarará. Xunta todas as súas cousas e vai meténdoas nunha maleta, que é unha maleta máxica... Uf, por fin meteu todo... Xa pode marchar...
Espectáculo multidisciplinar que combina o pallaso e a pantomima coa maxia e a manipulación de monicreques e que nos permite achegar aos nenos ó mundo da maxia e ó mesmo tempo combinar ocio e educación no consumo ó traveso da organización dunha viaxe e a preparación da maleta.
Axudas o Estudo 2014-2015 .- Transporte e Comedor
06/Maio/2015
Departamento de Servizos Sociais
Acaban de ser aprobadas as bases para a Concesión de bolsas e axudas para comedor e transporte para o curso escolar 2014-2015 na Xunta de Goberno Local de 5 de maio de 2.015 das que poderán ser beneficiarios das axudas, aquelas persoas que reunindo os requisitos que esixen as Bases reguladoras da concesión de bolsas e axudas ao estudo, cursen estudos en ciclos formativos existentes en San Cibrao, Viveiro ou Burela, en concepto de desprazamento ou transporte; así como aqueles outros estudantes que precisen comer fóra de Xove a causa dos seus estudos.-
O prazo de presentación das solicitudes será de 12 días hábiles contados a partir do 22 de xuño, entendéndose como último día hábil para a presentación de solicitudes o luns, día 6 de xullo de 2015. Este prazo poderá ser prorrogado, excepcionalmente por Resolución motivada do Sr. Alcalde-Presidente, sin que en ningún caso a duración de dita prórroga poida exceder de 10 días.
Documentación a presentar: impreso oficial completo acompañado da documentación esixida nas bases reguladoras da presente convocatoria..- Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Xove. Camiño Real, s/n; 27880, Xove (Lugo)
No portal transparencia - axudas e subvencións - podes atopar a convocatoria e as bases reguladoras
Vacacions Imserso 2015-2016
05/Maio/2015
Departamento de Cultura e Comunicación
DOCUMENTACIÓN A APORTAR: -D.N.I DO SOLICITANTE E CÓNXUXE - CERTIFICADOS DAS PENSIÓNS 2015
Se ofrecen distintas modalidades para que las personas mayores puedan disfrutar de unas vacaciones en el periodo comprendido entre los meses de octubre y junio, según la modalidad:
Zona Costera Peninsular: Andalucía, Catalunya, Comunitat Valenciana y Murcia.
Zona Costera Insular: Canarias e Illes Balears.
Turismo de Interior, con las siguientes actividades:
Circuitos Culturales.
Turismo de Naturaleza.
Viajes a Capitales de Provincia.
Viajes a las ciudades Autónomas de Ceuta y Melilla.
MÁIS INFORMACIÓN NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO-982-59 20 01
{youtube}Y_DRtUIiS5w{/youtube}
Explicación del programa de Turismo Social de IMSERSO
CELEBRACIÓN DO DÍA DA NAI NA ESCOLA INFANTIL DE XOVE
30/Abril/2015
Departamento de Servizos Sociais
Durante esta semana e con motivo do Día da Nai, os nenos e nenas da Escola Infatil de Xove estiveron elaborando os agasallos que entregarán ás súas nais.
Os nenos e nenas do grupo de 0-1 anos, fixeron un cadro pintado por eles mesmos coa súa foto. O grupo de 1-2, elaboraron unha maceta con flores de cartolina e pinzas. E o grupo de 2-3 anos, unha bolboreta de arxila envolvida en papel de cores.
ENTREGA DIPLOMAS CURSO DE INFORMÁTICA
30/Abril/2015
Departamento de Servizos Sociais
Hoxe, día 30 de abril, tivo lugar a entrega dos Diplomas do Curso de Informática a cargo da Concelleira de Servizos Sociais, Ana Abad. O curso desenvolveuse durante os meses de febreiro, marzo e abril. Os temas traballados foron: Entorno de Windows, Microsoft Word 2007, Internet: Búsqueda e navegación. Correo electrónico.A este curso asistiron un total de 22 alumnos e alumnas de idades comprendidas entre os 30 e 70 anos.