Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
VI Concurso de Fotografía Medioambiental en Xove
27/Xuño/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, ven de convocar o VI Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente.
Dentro do concurso imos ter unha única categoría. En canto aos premios, imos ter cinco premios en metálico:Primeiro premio: 120 euros.- Segundo premio: 100 euros .- Terceiro premio: 90 euros.- Cuarto premio: 75 euros .-Quinto premio: 65 euros.-
Normas do concurso: A temática, tal como recolle o título, vai ser a costa e o mar de Xove. As imaxes deberán ser realizadas polos propios participantes, xa que en ningún caso se aceptarán imaxes copiadas ou realizadas por persoas distintas. Poderanse presentar un máximo de 3 fotografías, as cales deberán ser sacadas dentro do término municipal de Xove. As fotografías deberán presentarse en formato dixital (JPEG) en alta calidade, sen comprensión, a unha resolución mínima de 2048 píxeles.
A documentación a presentar para participar no concurso será a seguinte:
-
- Ficha de inscrición-autoría establecida ao efecto.
- Copia do NIF do concursante.
- Un CD que conteña as imaxes dixitais.
O sobre que conteña esta documentación deberá presentarse ATA O DÍA 13 DE SETEMBRO DE 2.019, e poderá presentarse tanto no Rexistro de Entrada do Documentos do Concello coma mediante envío por correo postal ordinario; neste último caso, deberá facer constar no sobre pola Oficina de Correos a data de presentación, tendo en conta o límite do día 13 DE SETEMBRO DE 2019.
Para unha maior información sobre este concurso, poden chamar ao Concello e preguntar polo Técnico Municipal de Cultura.
# BASES REGULADORAS # FICHA DE AUTORÍA
Persoal Laboral Temporal para o Verán 2019
24/Xuño/2019
Departamento de Recursos Humanos
-
PUBLICADO NO BOP DE 24 DE XUÑO DE 2019
Por Decreto de Alcaldía de 17 de xuño de 2019, aprobáronse as bases específicas para a contratación de 2 albaneis, 6 peóns de desbroce e 2 recepcionistas da oficina de turismo en réxime de persoal laboral temporal.
Prazo de presentación de solicitudes: (25 E 26 DE XULLO) nos dous días laborais seguintes ao da publicación deste anuncio de convocatoria no BOP, a través do rexistro xeral do Concello en horario de 09:00 a 14.00 horas.
Embárcate con destino á Illa de Ansarón!
17/Xuño/2019
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Convocatoria plaza de Administrativo/a
17/Xuño/2019
Departamento de Recursos Humanos
-
Por Resolución de Alcaldía, foi aprobada a convocatoria de selección e provisión dunha praza (1) de administrativo/a como funcionario interino por acumulación de tarefas.
-
- Persoal Funcionario Interino por acumulación de Tarefas.
- Grupo: C; Subgrupo: C1.
- Xornada Completa.
- Número de prazas: 1
- Duración do contrato: 6 meses polo sistema de concurso - oposición.
Ditas Bases atópanse ao dispor dos interesados no Taboleiro de Anuncios e nos seguintes enlaces.... Bases --- Solicitude
O prazo de presentación de solicitudes, consonte ao modelo normalizado ao dispor dos interesados na páxina WEB municipal www.xove.es. é de dez (10) naturais contados a partir do seguinte ó de publicación do presente Anuncio no Boletín Oficial da Provincia (publicado no BOP o 17/6/2019)
Campionato de Futbolín do Centro Social de Lago
13/Xuño/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O Centro Social de Lago organiza, por primeira vez, un CAMPIONATO DE FUTBOLÍN, contando coa colaboración do Concello de Xove e a empresa Lucus Recreativos. O Campionato vaise desenvolver este SÁBADO, 15 DE XUÑO, A PARTIRES DAS 17:00 HORAS no Centro Social de Lago. No mesmo está previsto a participación de 16 parellas. A inscrición, que inda está aberta e custa 20 €uros por parella, pódese facer no teléfono 664 86 98 78 ou ben no propio Centro Social.
O FORMATO do Campionato vai ser similar ao da champions futbolística, cunha Primeira Fase con 4 grupos de 4 parellas cada grupo, onde xogarán sistema de liga de todos contra todos. Para seguinte fase pasarán as 8 mellores parellas, 2 por cada grupo, que disputarán eliminatorias directas ata chegar á final, con premios as catra primeiras parellas clasificadas:
- 1º clasificados: 50% da inscrición + trofeos + sorpresa.
- 2º clasificados: 30% da inscrición + trofeos + sorpresa.
- 3º clasificados: 20% da inscrición + trofeos.
- 4º clasificados: trofeos
As normas baixo as que se vai a disputar este Campionato van a ser as da Liga Nacional de Futbolín LNF. A Organización quere invitar a tódolos afeccionados a este deporte de salón a que asistan, ou como participantes, inscribíndose no campionato, ou ben como espectadores, para disfrutar da arte futbolinística dos grandes xogadores que van a participar. Decir, por último, que o Centro Social conta cun amplo aparcamento para vehículos. .- Alejandro Quelle,.- Organizador.-Tfno de contacto: 664 86 98 78
XIV Foliada da Mariña
12/Xuño/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
A Asociación Cultural Saiñas de Xove organiza a XIV Foliada da Mariña que terá lugar o vindeiro sábado 22 de xuño a partir das 20:00 nunha carpa na Praza do Concello.
Á cita acudirán grupos de Burela, Cervo e As Pontes, O grupo Tanto nos Ten dará un concerto presentando o seu novo disco ‘Cortando Fíos’ e ás 19:00 impartirán un obradoiro de iniciación ao baile tradicional e a entrada é de balde.
A XIV Foliada da Mariña terá lugar o vindeiro sábado 22 de xuño nunha carpa na Praza do Concello en Xove a partir das 20:00. Unha hora antes integrantes de Saiñas (Noa, Uxío e Pedro) impartirán un obradoiro de iniciación ao baile tradicional no que que as persoas participantes aprenderán a bailar unha muiñeira, a inscrición pode facerse a través da páxina de Facebook de Saiñas.
O grupo de música tradicional furtiva, como eles mesmos se definen, Tanto Nos ten dará un concerto no que presentará o seu novo disco Cortando Fíos. Á Foliada acudiran diversos grupos procedentes de Burela, Grileiras e Banda de Gaitas Dambara; Cervo, Cordenaia; e As Pondes, Que nin Diole, ademais dos Cacharelas, Gaiteiros, Pandereteiras e Pandereteiros de Saiñas. Finalmente terá lugar a foliada aberta onde todas as persoas están convidadas a cantar.
A carpa contará cunha taberna na que tamén se poderá cear: racións de callos, lacón asado, tortilla e bocadillos. Durante a noite haberá sorteos e moita música para bailar.
Non é de perder. +INFORMACIÓN Directiva de Saiñas: .-Belén Castro Brandariz.-652 670 939 TAN NOS TEN: .- www.tantonosten.com
Entregados os premios co concurso letras galegas 2.019
08/Xuño/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Hoxe, venres 7 de xuño, ás 12:20 horas no hall de entrada do Colexio Pedro Caselles Rollán, o alcalde Demetrio Salgueiro xunto coa concelleira Dolores Meitín fixeron entrega dos Premios (lote de material didáctico e Diploma Acreditativo cada premio) do CONCURSO LETRAS GALEGAS 2019, que un ano máis organizou a Biblioteca Municipal de Xove da Concellería de Cultura para tódolos nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial para os do CEIP Pedro Caselles e o IES Illa de Sarón. Dentro da Convocatoria realizáronse dous Concursos, un Literario e outro de Artes Plásticas, destinados ambos a nenos/as e rapaces/as do noso Concello, dende infantil de 3 anos a 4º de ESO.-
Con isto, dende o Concello de Xove preténdese, por unha banda, un apoio á língua galega, e por outra, estimular á nosa xuventude naquelas artes máis relacionadas cos seus estudios académicos.
- CONCURSO LITERARIO: Os participantes neste Concurso puideron optar libremente por:-Realizar poesía: poemas de medida e tema libres. -Escribir un relato ou conto: de tema libre. -Facer unha redacción: obligatoriamente sobre a vida e/ou obra de Antonio Fraguas. No Concurso Literario puideron participar nenos/as a partires de 1º de Primaria ata 4º de ESO, ambos incluidos. Lóxicamente, os nenos/as de 4º, 5º e 6º de Infantil están excluidos deste Concurso por razóns obvias.
- CONCURSO DE ARTES PLÁSTICAS: Neste caso, os participantes poderán optar libremente por:-Realizar un debuxo: de tema e composición libres. -Realización dun cómic: obligatoriamente sobre a vida e/ou obra de Dº Antonio Fraguas.
Os/as premiados/as nas distintas categorías, foron:
Leer más:Entregados os premios co concurso letras galegas 2.019
Romaría San Antonio da Rigueira 2019
03/Xuño/2019
Turismo, Investigación Social e Muller
-
-
O próximo xoves 13 de xuño, celébrase a X Edición da Recuperación iniciada polo Concello de Xove da Romaría do San Antonio da Rigueira. Tod@s aquel@s que desexen conseguir o Lirio Branco e a Ventura (diploma de ter realizado con éxito unha das oito rutas a San Antonio) poden anotarse ata o 10 de xuño no Concello no teléfono: 982592001 (Ana Abad ou Lucía) .
O club de bolos Xove, colleitando éxitos
30/Maio/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O Club de Bolos Xove sigue sendo unha referencia deste deporte en Galicia e en España. Os seus éxitos abranguen tódalas categorías. O pasado fin de semana, o sabado 25 e o domingo 26 de Maio, celebráronse nos campos de Camos, no concello de Nigran (Pontevedra), os CAMPIONATOS GALEGOS DE 1ª E 2ª DIVISIÓN. Estes Campionatos foron disputados por xogadores chegados das 4 provincias galegas, que chegaban a Nigran despois de pasar probas clasificatorias nas súas respectivas provincias. O Club de Bolos Xove acadou uns fantásticos e inesperados resultados. Inesperados debido a que a modalidade na que se disputaron estes campeonatos é unha modalidade de bolos á cal os xogadores do Club de Bolos Xove non xogan nin na Liga Local nin na Liga Provincial.
1ª División .- So se pode calificar de extraordinario o subcampeonato galego en parellas acadado por Javier Rodriguez e Luis Rancaño, que só foron derrotados na final, e por moi escaso marxe, polo equipo de Urgal. Na categoria individual destacar o papel realizado polo xove Miguel Lopez (actual Campión da Liga Senior de Bolos de Xove) en categoria individual, que quedou eliminado en cuartos ante Xose Rodrigues, un xogador con campeonatos galegos, españois e mundiais no seu palmarés. Ao mesmo tempo que se celebraban os campionatos galegos absolutos (1ª División), celebrábanse os campionatos de 2ª Division.
2ª División.- Eiqui os xogadores do Club de Bolos triunfaron na modalidade individual, xa que o veterano Marcelino Rodriguez (Chucas) e Sócrates Campo disputaron unha final que caeo para o lado de Marcelino por un escaso marxen. Quizais Sócrates veuse perxudicado pola famosa xogada de "doce", un golpe moi ben pegado pero que so suma uns poucos tantos.
Aos seus 61 anos "Chucas" demostrou unha forma deportiva fantástica, alcanzando o Campionato Galego de 2ª División e clasificándose para o Campionato de España do próximo ano.
Axudas ao Estudio 2019 en Xove
28/Maio/2019
Departamento de Servizos Sociais
-
Hai uns días foron aprobadas un ano mais, as --Bases Reguladoras-- da concesión das Axudas ao Estudio do Concello de Xove, nas modalidades de COMEDOR, ESTANCIA E DESPRAZAMENTO para o exercicio 2019.
A.-Axudas de comedor para estudantes de ensinos en centros públicos da comarca da mariña que precisen comer fóra de Xove a causa dos seus horarios, cando ditos estudos non sexan impartidos nos centros de ensino do Concello de Xove: 240,00 euros cada unha.
B.- Axudas de estancia:
- 1.- Estudantes universitarios en universidades españolas: 250,00 euros cada unha.
- 2.- Estudantes de ciclos formativos que non existan na comarca: 250,00 euros cada unha.
- 3.- Estudantes de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de ensinos deportivos, profesionais e superiores: 250,00 euros cada unha.
C.- Axudas de desprazamento:
- 1.-Axudas para estudantes que cursen Bacharelato ou ciclos formativos existentes en San Cibrao, Viveiro ou Burela, cando ditos estudos non sexan impartidos nos centros de ensino do Concello de Xove e cando o seu horario escolar non sexa compatible co bus escolar municipal: 300,00 euros cada unha.
- 2.- Axudas para estudantes de ciclos formativos en centros da Mariña Lucense, agás os recollidos no punto anterior: 300,00 euros cada unha.
- 3.- Axudas para estudantes de ciclos formativos que non existan na comarca: 150,00 euros cada unha.
- 4.- Axudas para estudantes de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de ensinos deportivos, profesionais e superiores: 150,00 euros cada unha.
- 5.- Axudas para estudantes universitarios en universidades españolas: 150,00 euros cada unha.
Para o acceso a estas axudas terase en conta o previsto nas Bases sobre a renda per cápita familiar, na que se engloban os ingresos de todos os membros da unidade de convivencia. Outro requisito importante é que para acceder a estas axudas haberá que estar empadronado e ter residencia efectiva do núcleo familiar no Concello de Xove.
Por último, decir que o prazo de presentación de solicitudes abarcará desde o 17 de xuño ata o 8 de xullo, ámbolos dous días incluídos.
Entre carnets Curso Manipulador Fitosanitario
22/Maio/2019
Delegación de Agricultura
-
Hoxe foron entregados, nun acto celebrado no Salón de Plenos do Concello, os carnés do CURSO BÁSICO DE MANIPULADOR DE PRODUTOS FITOSANITARIOS celebrado o pasado outubro e que foi subvencionado polo GDR-Asociación Terras de Miranda.
Vista da Escola de Maiores a Navia
21/Maio/2019
Departamento de Servizos Sociais
-
Hoxe, 21 de maio, unhas 40 persoas da Escola de Maiores do Concello de Xove están a facer unha viaxe cultural ao concello asturiano de Navia. Pola mañá visitaron o Santuario Mariano de Villaoril, continuando despois en Puerto de Vega coa visita á Santa Marina (chamada catedral barroca de Asturias) e ao museo etnográfico “Príncipe de Asturias”.
A visita de pola tarde inclúe o Parque da Vida de La Mata e o museo casa-palacio de Tapia de Casariego. Nesta viaxe o grupo está acompañado pola concelleira de Servizos Sociais, Ana Abad e a Educadora Familiar e encargada da Escola, Angélica Casabella.
Celebrando o Día das Letras Galegas na Escola Infantil
20/Maio/2019
Departamento de Servizos Sociais
-
Exposición e Teatro sobre as persoas refuxiadas
10/Maio/2019
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
O Concello de Xove acollerá nas próximas semanas unha exposición fotográfica e mais unha obra de teatro para concienciar sobre a difícil situación das persoas refuxiadas. As actividades encádranse no plan de sensibilización promovido polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que o municipio é socio.
A mostra ‘No colo da esperanza’ poderá visitarse a partir de mañá venres e ata o 2 de xuño na Sala de Exposicións do Salón de Actos, de 18 a 21 horas. As exposición foi realizada en 2015 na denominada “ruta dos Balcáns” polo fotoxornalista Felipe Carnotto, que previsiblemente se achegará ata Xove para ofrecer unha charla ao respecto. As fotografías están protagonizadas principalmente por rapazas e rapaces que foxen da guerra en Siria canda as súas familias, na busca dun futuro próspero en Europa. A forza das imaxes pretende poñer o foco nas inxustizas que están a acontecer para que milleiros de persoas abandonen os seus fogares e camiñen en ringleiras durante horas, cruzando países como Turquía, Macedonia ou Serbia na procura de refuxio, coa esperanza de vivir en paz.
O martes 21, coincidindo co Día mundial da diversidade cultural para o diálogo e o desenvolvemento, representarase a partir das 11 horas no Salón de Actos o espectáculo teatral ‘O valo’, creado o ano pasado por Pallasos en Rebeldía para o Fondo Galego co fin de impulsar a reflexión sobre as fronteiras e as persoas que requiren refuxio. Baseada no texto homónimo que lle valeu a Carlos Labraña o Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, o obxectivo da obra é evitar o esquecemento das guerras e da xente que delas foxe, ao tempo que se convida a transformar a realidade pensando un mundo diferente. Asistirá alumnado do CEIP Pedro Caselles Rollán e mais do IES Illa de Sarón, pero a asistencia está aberta á poboación en xeral.
Un nómada en bicicleta....
30/Abril/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Sorteo Membros mesas Eleccións Locais e ó Parlamento Europeo 26/05/2019
29/Abril/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
No día de hoxe celebrouse a sesión plenaria para elexir por sorteo os membros das mesas electorais para las ELECCIÓNS LOCAIS e Parlamento Europeo do próximo 26/5/2019, co resultado seguinte:
CENTRO SOCIAL DE TOIMIL*DISTRITO: 02 SECCION: 001 MESA:B
Titulares :
- Presidente: JOSE RAMON VAZQUEZ MEITIN-CASAS
- 1º Vocal: CARLOS OTERO UZ
- 2º Vocal: ANTONIA ALONSO MEITIN
Suplentes :
- 1º Suplente de Presidente/a: MARIA DOLORES BALSEIRO CANDIA
- 2º Suplente de Presidente/a: ROCIO BERMUDEZ RODRIGUEZ
- 1º Suplente de 1º Vocal: LORENA RIVAS REGO
- 2º Suplente de 1º Vocal: MARIA ANGELES RIVAS REGO
- 1º Suplente de 2º Vocal: JESUS JAVIER FRAGA LOPEZ
- 2º Suplente de 2º Vocal: JOSE MANUEL PIÑEIRO RECAREY
CENTRO CIVICO DE XOVE*DISTRITO: 01 SECCION: 001 MESA:A
Titulares :
- Presidenta: BEATRIZ FERNANDEZ MIGUEZ
- 1º Vocal: SANTIAGO CASTRO DIAZ
- 2º Vocal: MARIA ISABEL ABADIN ALVAREZ
Suplentes :
- 1º Suplente de Presidente/a: MARIA INES DIAZ CAMPO
- 2º Suplente de Presidente/a: MARCO ANTONIO FERRO BALSEIRO
- 1º Suplente de 1º Vocal: FERNANDO GONZALEZ GARCIA
- 2º Suplente de 1º Vocal: MARIA JESUS CUADRADO CASARIEGO
- 1º Suplente de 2º Vocal: GONZALO FERNANDEZ FERNANDEZ
- 2º Suplente de 2º Vocal: CARLOS FERNANDEZ AMADO
CENTRO CIVICO DE XOVE*DISTRITO: 01 SECCION: 001 MESA:B
Titulares :
- Presidenta: ROSA MARIA LAGE CANOURA
- 1º Vocal: MANUEL ROUCO VAZQUEZ
- 2º Vocal: JUAN VICENTE REGO RODRIGUEZ
Suplentes :
- 1º Suplente de Presidente/a: BEATRIZ VARELA MAURIZ
- 2º Suplente de Presidente/a: AIDA LOPEZ CUADRADO
- 1º Suplente de 1º Vocal: FRANCISCO JOSE MEITIN PERERA
- 2º Suplente de 1º Vocal: TERESA ROMERO GARCIA
- 1º Suplente de 2º Vocal: MARIA JOSE SANCHEZ FERNANDEZ
- 2º Suplente de 2º Vocal: MARIA BELEN MEITIN ROUCO
- ANTIGUA ESCUELA DE VILACHÁ-PORTOCELO*DISTRITO: 02 SECCION: 001 MESA:A
- Titulares :
- Presidenta: HENAR DIEGUEZ RAPA
- 1º Vocal: LUCAS RODRIGUEZ REY
- 2º Vocal: MARIA FE BEN PERNAS
- Suplentes :
- 1º Suplente de Presidente/a: RUBEN FERNANDEZ VAZQUEZ
- 2º Suplente de Presidente/a: RAQUEL ROMERO TAPIA
- 1º Suplente de 1º Vocal: SOFIA RODRIGUEZ PERNAS
- 2º Suplente de 1º Vocal: AMPARO RODRIGUEZ SALGUEIRO
- 1º Suplente de 2º Vocal: JOSE ANTONIO FERNANDEZ VAZQUEZ
- 2º Suplente de 2º Vocal: JOSE CASTRO CORBAL
AGRUPACION ESCOLAR GULPILLEIRAS*DISTRITO: 01 SECCION: 002 MESA:U
Titulares :
- Presidenta: ROCIO BOLAÑO GARCIA
- 1º Vocal: DOLORES SIERRA RIVEIRA
- 2º Vocal: MARIA NOELIA PINAR RODRIGUEZ
Suplentes :
- 1º Suplente de Presidente/a: ESTEFANIA LOPEZ HERMIDA
- 2º Suplente de Presidente/a: ANA BELEN CORRAL MERA
- 1º Suplente de 1º Vocal: DAVID BERMUDEZ RAMUDO
- 2º Suplente de 1º Vocal: IVANA OTERO MIGUEZ
- 1º Suplente de 2º Vocal: MARIA DEL CARMEN RODRIGUEZ CORDEIRO
- 2º Suplente de 2º Vocal: JESUS CASABELLA LAGE
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|