Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Rita Morrigan, dende Xove
13/Marzo/2019
La Voz de Galicia [A Mariña]
-
Homenaxe do Concello a Josefa Domínguez García polos seus cen anos.
13/Marzo/2019
Departamento de Servizos Sociais
-
Onte martes, 12 de marzo, o Alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Servizos Sociais, Ana Abad, visitaron a Josefa Domínguez, que cumpreu 100 anos. O alcalde e a concelleira acudiron ao domicilio desta veciña en Morás, onde a acompañaban os seus familiares para celebrar este día, facéndolle entrega dun ramo de flores e unha tarta de aniversario. Aos seus 100 anos, Josefa fixo gala do seu bo humor e simpatía.
Tirada de Bolos -Centro Social Morás-
12/Marzo/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE MORÁS ( 9 DE MARZO DE 2019)
31 INSCRITOS: 19 NA LIGA SENIOR, 5 NA LIGA SUB 16 E 7 NA LIGA FEMININA
|
CLASIFICACION |
NOME |
TANTOS |
PUNTOS |
LIGA SENIOR |
PRIMEIRO |
MIGUEL LÓPEZ FORMOSO |
308 |
12 |
SEGUNDO |
JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA |
308 |
10 |
TERCEIRO |
ALEX MEITÍN SERANTES |
300 |
8 |
CUARTO |
DANIEL ALONSO LÓPEZ |
297 |
7 |
QUINTO |
CHRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO |
284 |
6 |
SEXTO |
JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ |
278 |
5 |
SÉTIMO |
LUIS RANCAÑO BOUSO |
274 |
4 |
OITAVO |
JORDI MEITÍN SERANTES |
272 |
3 |
NOVENO |
CÉSAR CANCELOS LÓPEZ |
271 |
2 |
DÉCIMO |
ARTURO VIGO CASABELLA |
253 |
1 |
MELLOR BOLADA |
JORDI MEITÍN SERANTES |
91 |
1 |
LIGA SUB 16 |
PRMEIRO |
JAVIER ALONSO LÓPEZ |
235 |
6 |
SEGUNDO |
CHRISTIAN COCIÑA GONZÁLEZ |
191 |
4 |
TERCEIRO |
IZAN MARAGOTO BERMÚDEZ |
180 |
3 |
CUARTO |
HUGO PÉREZ MEITÍN |
132 |
2 |
QUINTO |
ENZO MARAGOTO BERMÚDEZ |
24 |
1 |
MELLOR BOLADA |
CHRISTIAN COCIÑA GONZÁLEZ |
71 |
1 |
LIGA FEMININA |
PRMEIRO |
JULIA LÓPEZ FORMOSO |
214 |
6 |
SEGUNDO |
CARMEN ROCA CORRAL |
200 |
4 |
TERCEIRO |
BELÉN MEITÍN ROUCO |
151 |
3 |
CUARTO |
SALOMÉ BERMÚDEZ BEN |
138 |
2 |
QUINTO |
CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ |
127 |
1 |
MELLOR BOLADA |
JULIA LÓPEZ FORMOSO |
84 |
1 |
Tarde agradable e campo en bo estado para práctica dos bolos
Liga Senior Masculina.- HAI PARTIDO. Arturo Vigo, a quen con quedar por diante de Miguel López lle chegaba para proclamarese campión desta XXX Edición, veu como nesta penúltima tirada se lle esfumou prácticamente toda a renda que tiña, de 13 puntos pasou a 2. A victoria de Miguel López, a quen non lle temblou a man a hora de executar as tiradas, permítelle achegarse ao líder; os dous puntos que lle separan de Arturo poden ser unha renda perfectamente superable. Inda así, Arturo parte con vantaxe, xa que a súa posición de líder permítelle tirar en último lugar, polo cal cando tire, vai saber sempre o que fixo o seu rival; isto lóxicamente, en principio é unha vantaxe, pero en determinadas circunstancias pode converterse nun problema. Polo tanto, Arturo e Miguel vanse disputar esta edición especial do noso torneo, que xa acada tres décadas, nesta última tirada de Vilachá. Quen si deu un paso importante, càseque definitivo, foi o vixente campión Alex Meitín, que prácticamente se asegurou a terceira posición final; inda matemáticamente Javier Rodríguez podería empatarlle se gañase en Vilachá e tivese a mellor bolada, e Alex Meitín non puntuase, empresa que cremos prácticamente imposible. Pero bueno, matemáticamente Alex inda non ten a terceira praza asegurada.
Liga Senior Feminina.- Con Julia López xa campiona, a emoción nesta categoría estase a centrar na loita polo segundo posto. Nesta tirada de Morás Belén Meitín non aproveitou esta penúltima bala e perdeu un punto con respecto a Carmen Roca, quen, con seis puntos de vantaxe sobre Belén, prácticamente ten asegurado o subcampionato. Pero bueno, Belén inda ten algunhas opcións, iso sí, mínimas. Nesta categoría reciben premio e trofeo finais as 5 primeiras clasificadas; neste sentido, tamén hai unha importante loita polo 4º posto final, no que Concepción Piñeiro parte con dous puntos de vantaxe sobre Dolores Baño.
Liga Sub 16.- Con Javier Alonso como campión e Hugo Pérez como subcampión, a emoción estaba en ver quen se facía co terceiro posto final, se Christian Rodríguez ou Izan Maragoto; pois ben, Christian Rodríguez impúxose claramente por diante de Izan Maragoto nesta tirada de Morás, conseguindo tamén a mellor bolada; isto permítelle gañar matemáticamente a 3ª praza final, polo cal nesta categoría podemos decir que está todo o pescado vendido.
PRÓXIMA E ÚLTIMA TIRADA DA XXX EDICIÓN DOS BOLOS DE XOVE:
Sábado 16 de marzo de 2019 a partires das 16:00 h. na BOLERA DO CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ.
XI CHOCOLATADA “DÍA DA MULLER”
10/Marzo/2019
Departamento de Servizos Sociais
-
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER EN XOVE
O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, continúa co programa de actividades para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA. Hoxe, domingo, 10 de marzo, a partir das 17:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico desenvolveuse a XI edición da chocolatada, dirixida a todas as mulleres do Concello.
As actividades do Día Internacional da Muller van continuar a vindeira semana:
- Xoves, 14 de marzo: de 17:00 a 19:00 h. no Centro Xuvenil, OBRADOIRO “Quérote +” BERRANDO SOLUCIÓNS. Este obradoiro vai dirixido á mocidade de idades comprendidas entre os 13 e 0s 17 anos. Inscrición ata o 11 de marzo, no Centro Xuvenil.
- Venres, 15 de marzo: de 16:00 a 20:00 h. na Aula Multideportiva do Concello, OBRADOIRO DE DEFENSA PERSOAL FEMININA. Coa participación do Club Defensa Personal y Policial HKF. Preinscrición na OMIX ata o mércores 13 de marzo.
Día Internacional da Muller Traballadora' 19
06/Marzo/2019
Departamento de Servizos Sociais
-
O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, ten programado un programa de actividades para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA:
- Xoves, 7 de marzo: ás 13:00 h. na Praza do Concello, coa participación do alumnado do IES Illa de Sarón, concentración e lectura do Manifesto Pola Igualdade”. Coa colaboración do IES Illa de Sarón.
- Do 8 ao 15 de marzo: Exposición “Mulleres de Hoxe”, realizada polo alumnado do IES Illa de Sarón.
- Domingo, 10 de marzo: a partir das 17:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, XI CHOCOLATADA “DÍA DA MULLER”. Acto dirixido a todas as mulleres do Concello.
- Xoves, 14 de marzo: de 17:00 a 19:00 h. no Centro Xuvenil, OBRADOIRO “Quérote +” BERRANDO SOLUCIÓNS. Este obradoiro vai dirixido á mocidade de idades comprendidas entre os 13 e 0s 17 anos. Inscrición ata o 11 de marzo, no Centro Xuvenil.
- Venres, 15 de marzo: de 16:00 a 20:00 h. na Aula Multideportiva do Concello, OBRADOIRO DE DEFENSA PERSOAL FEMININA. Coa participación do Club Defensa Personal y Policial HKF. Preinscrición na OMIX ata o mércores 13 de marzo.-
Entroido 2019
02/Marzo/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
para ver las fotografías es preciso tener instalado el Adobe Flash Player --> descarga
Presentación de Xove Costa Trail 2019
22/Febreiro/2019
Concellería de Deporte e Turismo
-
Hoxe, coa presenza do alcalde de Xove, a concelleira de deportes e os organizadores do evento, desenvolveuse a presentación da competición XOVE COSTA TRIAL “XCT”.
PARA UNHA MAIOR INFORMACIÓN SOBRE ESTE EVENTO, CHAMAR A BENIGNO CANOURA: 630 948 296
Programa de actividades do Concello para o Entroido 2019
13/Febreiro/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Venres, 1 de marzo.- Este día a Concellería de Servizos Sociais organiza o FESTIVAL DE ENTROIDO da Escola Infantil de Xove, que terá como prólogo un desfile polas rúas de Xove para rematar co propio Festival no Salón de Actos do Centro Cívico a partires das 11:00 horas.
Os actos centrais do Entroido, que a Concellería de Cultura preparou para este ano, vanse desenvolver o SÁBADO, 2 DE MARZO. O Programa para este día é o seguinte:
-16:00 horas.- Pasacalles por Xove a cargo da “CHARANGA “OS CHARANGOS”. Como paso previo a charanga vai ofrecer unha pequena actuación na Residencia da 3ª Idade San Bartolo de Xove.
-17:00 horas.- DESFILE DE ENTROIDO polas rúas de Xove, con saída do Campo Municipal de Fútbol e chegada no Centro Cívico. Do Desfile, premios e da forma de inscribirse no mesmo, falamos nun apartado a continuación.
-18:30 a 20:30 horas.- BAILE INFANTIL DE DISFRACES coa DISCOTECA MÓBIL DECIBELIOS no Pavillón de Deportes. Nun intermedio deste baile faranse entrega dos premios do Desfile en categorías infantil individual e infantil parellas.
-22:30 horas en diante.- BAILE DE DISFRACES coa actuación do GRUPO “FÉNIX” e a DISCOTECA MÓBIL DECIBELIOS no Pavillón Municipal de Deportes. Nun intermedio deste Baile, sobre as 00:00 horas, faranse entrega dos restantes premios do Desfile de Entroido.
A entrada a estes bailes é de carácter totalmente libre e gratuito.
Dado a inestabilidade do tempo e prevendo que o tempo poida empeorar e a climatoloxía non axude, o Concello vai dispor dunha CARPA que cubra prácticamente toda a praza do Centro Cívico, co fin de que garantir a celebración do desfile inda que choiva.
XA ESTÁ ABERTA A INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO DESFILE "ENTROIDO 2019" EN XOVE
O período de inscrición xa está aberto, e a mesma hai que realizala en:
-No Concello, na oficina do Técnico de Cultura ata o venres 1 DE MARZO incluido, ou ben, chamando por teléfono ao 982592001.
-O mesmo día do desfile (2 de marzo) no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade via telefónica ou presencial.
O Concello ten previsto que tódolos/as participantes a nivel individual, como parella, grupo, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile (antes do 1 de marzo) reciban un agasallo de parte da Organización. Os/as que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do Desfile, dentro do Pavillón de Deportes, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización.
PREMIOS QUE SE VAN ENTREGAR NO DESFILE
PREMIOS COLECTIVOS
Carrozas.
1º premio: 500 euros
2º premio: 350 euros
3º premio (2 premios): 250 euros cada premio
Comparsas e grupos de dez persoas ou máis
1º premio: 300 euros
2º premio: 250 euros
3º premio (2 premios): 200 euros cada premio
Grupos de adultos de 3 a 9 persoas (a metade máis un dos compoñentes do grupo deben ser maiores de 14 anos)
1º premio: 130 euros
2º premio: 100 euros
3º premio (2 premios): 70 euros cada premio
Grupos infantís de 3 a 9 persoas (a metade máis un dos compoñentes do grupo deben ser menores de 14 anos)
1º premio: 120 euros
2º premio: 90 euros
3º premio (2 premios): 60 euros cada premio
Parellas adultos
1º premio: 70 euros
2º premio: 60 euros
3º premio (2 premios): 50 euros cada premio
Parellas infantís
1º premio: 60 euros
2º premio: 50 euros
3º premio: 40 euros cada premio
|
PREMIOS INDIVIDUAIS
Individuais adultos (de 14 anos en diante)
1º premio: 60 euros
2º premio: 50 euros
3º premio (2 premios): 40 euros cada premio
Individuais infantil (menores de 14 anos)
1º premio: 50 euros
2º premio: 40 euros
3º premio ( 2 premios): 30 euros cada premio
|
Amáis dos anteriores premios, o Concello estableceu catro premios máis:
-Premio ao disfraz máis original (pode ser tando individual como colectivo): 30 euros.
-Premio ao participante máis maior: 30 euros.
-Premio ao conxunto máis numeroso: 30 euros.
-Premio ao participante máis novo, que recibirá un agasallo
|
---->BASES REGULADORAS
---->PROGRAMA DE ACTIVIDADES
O perigo da velutina abordado nunha charla en Xove
13/Febreiro/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Este pasado luns 11 de febreiro, ás 13:30 h no Salón de Plenos do Concello, o alcalde mantivo unha xuntanza cos apicultores afeccionados do noso Concello para falar da problemática que estamos a sofrer dende hai unhs anos, concretamente dende que a velutina nos invadeu.
Aparte de abordar a problemática na xuntanza, o alcalde ofreceulles unha mensaxe de esperanza, pedíndolles unión, decindo que, entre todos, pódense tomar medidas de prevención que permitan erradicalas.
Ao final fíxolles entrega a tódolos participantes dun líquido para combatilas, animándoos tamén a pór trampas xa que estamos na mellor época do ano para facelo.
Karaoke 2018
13/Febreiro/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Entrega de Arbores autóctonos e frutais 2019
07/Febreiro/2019
Delegación de Agricultura
-
Hoxe, en horario de 10:00 a 13:00 horas, na Aula Multideportiva do Concello (frente á Residencia da Terceira Idade) realizouse a entrega das plantas e árbores frutais e autóctonas a todas as persoas que as solicitaron. Trátase dunha iniciativa organizada e coordinada dende a Concellería de Agricultura, Gandeiría e Montes.
Coro de Adultos no Conservatorio de Viveiro
06/Febreiro/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
XIII Tirada do Campionato de Bolos Xove 2019
05/Febreiro/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
A pesares dos presaxios tivemos unha boa tarde climatolóxica, xa que non nos choveu e a temperatura non foi excesivamente fria. Excelente participación con 33 inscritos.
- Liga Senior Masculina.- Despois de dúas tiradas aciagas, un enrabietado pero moi concentrado Miguel López impúxose con contundencia nesta decimoterceira tirada, celebrada no Municipal de Xove; esta victoria permítelle recortar en catro puntos a diferenza con Arturo Vigo, estando agora a 14 puntos do liderato con 5 tiradas inda por disputar; tamén lle permite a Miguel alonxar a Javier Rodríguez, quen non foi capaz siquer de puntuar.
Segundo na tirada o vixente campión Alex Meitín, o que lle permite acadar o 4º posto en solitario, a só 5 puntos do 3º. Por detrais temos a César Cancelos e Francisco Pérez, inda con moitas posibilidades de acceder, polo menos, ao terceiro posto final.
- Liga Senior Feminina.- Tamén Julia López é humana e, despois de 5 victorias consecutivas, onte tivo que conformarse cun 4º posto na tirada. Inda así lévalle 20 puntos a Belén Meitin (2ª) e 24 a Carmen Roca (3ª). A falla de 5 tiradas para acabar, esta importante diferenza tenlle que chegar a Julia para acadar o seu primeiro entorchado na categoría senior, nesta súa primeira participación.
Pero bueno, imos ter emoción ata o final, xa que Belén Meitín e Carmen Roca están moi igualadas, intercambiándose na clasificación segundo sexa a xornada. Estas tres xogadoras van copar con toda seguridade os tres primeiros postos finais.
- Liga Sub 16.- Sigue o dominio absoluto de Javier Alonso quen, a vindeira semana, dependendo sempre da clasificación, xa se podería proclamar matemáticamente campión da categoría. O seu dominio é incontestable. A segunda posición tamén ten dono, e non é outro que Hugo Pérez. A emoción nesta categoría vai estar na loita pola terceira praza entre Christian Cociña (24 puntos) e Izan Maragoto (22 puntos).
CAMPEONATO DE BOLOS DE CAMPO DE FÚTBOL DE XOVE (2 DE FEBREIRO DE 2019)
33 INSCRITOS: 21 NA LIGA SENIOR, 4 NA LIGA SUB 16 E 8 NA LIGA FEMININA
|
CLASIFICACION |
NOME |
TANTOS |
PUNTOS |
LIGA SENIOR |
PRIMEIRO |
MIGUEL LÓPEZ FORMOSO |
327 |
12 |
SEGUNDO |
ALEX MEITÍN SERANTES |
309 |
10 |
TERCEIRO |
ARTURO VIGO CASABELLA |
273 |
8 |
CUARTO |
CÉSAR CANCELOS LÓPEZ |
271 |
7 |
QUINTO |
FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ |
257 |
6 |
SEXTO |
JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA |
257 |
5 |
SÉTIMO |
JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ |
250 |
4 |
OITAVO |
DANIEL ALONSO LÓPEZ |
239 |
3 |
NOVENO |
RAMÓN FRANCO BERMÚDEZ |
231 |
2 |
DÉCIMO |
JORDI MEITÍN SERANTES |
230 |
1 |
MELLOR BOLADA |
MIGUEL LÓPEZ FORMOSO |
89 |
1 |
LIGA SUB 16 |
PRMEIRO |
JAVIER ALONSO LÓPEZ |
167 |
6 |
SEGUNDO |
HUGO PÉREZ MEITÍN |
105 |
4 |
TERCEIRO |
IZAN MARAGOTO BERMÚDEZ |
61 |
3 |
CUARTO |
ENZO MARAGOTO BERMÚDEZ |
42 |
2 |
QUINTO |
|
|
1 |
MELLOR BOLADA |
JAVIER ALONSO LÓPEZ |
56 |
1 |
LIGA FEMININA |
PRMEIRO |
BELÉN MEITÍN ROUCO |
151 |
6 |
SEGUNDO |
CARMEN ROCA CORRAL |
145 |
4 |
TERCEIRO |
DOLORES BAÑO FRAGA |
125 |
3 |
CUARTO |
JULIA LÓPEZ FORMOSO |
117 |
2 |
QUINTO |
CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ |
114 |
1 |
MELLOR BOLADA |
JULIA LÓPEZ FORMOSO |
62 |
1 |
CLASIFICACION DA LIGA SENIOR
ARTURO VIGO CASABELLA |
106 |
MIGUEL LÓPEZ FORMOSO |
92 |
JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA |
75 |
ALEX MEITÍN SERANTES |
70 |
CÉSAR CANCELOS LÓPEZ |
67 |
FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ |
66 |
RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ |
54 |
JORDI MEITÍN SERANTES |
49 |
GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ |
44 |
JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA |
38 |
DANIEL ALONSO LÓPEZ |
31 |
SÓCRATES CAMPO SUÁREZ |
23 |
CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO |
16 |
MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA |
11 |
LUIS RANCAÑO BOUSO |
7 |
ARTURO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ |
6 |
RAMÓN FRANCO BERMÚDEZ |
5 |
JAIME ÁLVAREZ FERNÁNDEZ |
4 |
JOSÉ LÓPEZ RIVEIRA |
1 |
JOSÉ GONZÁLEZ RODRÍGUEZ |
1 |
ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS |
1 |
ADÁN RODRÍGUEZ ROCA |
|
DEMETRIO LÓPEZ PENA |
|
VENANCIO DA SILVA |
|
JOSE VIGO LAGE |
|
ÓSCAR PÉREZ MEITÍN |
|
JUAN JOSÉ ECHEZARRETA GARCÍA |
|
AGUSTÍN NIETO PENA |
|
AUGUSTO ALBO OCAMPO |
|
|
|
Entrega de diplomas de Informática
29/Xaneiro/2019
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Hoxe, día 29 de xaneiro do 2019, as Concelleiras de Xuventude, Ana Abad e Cristina Iglesias, procederon a entrega de diplomas do curso de informática de adultos, que se levou a cabo no Centro Xuvenil durante os meses de novembro, decembro e xaneiro.
Este ano participaron no curso un total de 14 persoas de idades comprendidas entre 55 e 81 anos. Neste curso houbo dous grupos: un de iniciación e outro de perfeccionamento nos que se trataron os seguintes temas: Windows, Correo Electrónico, Google Maps, Móvil, Integración Ordenador e Sevizos na Nube.-
Nace Xove Costa -Trail
25/Xaneiro/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Unha nova iniciativa deportiva acaba de porse en marcha no noso Concello, Xove Costa Trial (XCT). O día escollido para esta cita é o domingo, 24 de marzo. Nesta carreira imos ter dúas distancias: unha de 25 km (XCT25KM) e outra de 13 km (XCT13KM), así como unha andaina de 11 Km. A saída desta carreira farase dende o Cabo de Morás, transcurrindo pola costa de Xove, pasando por lugares tan atractivos coma a Illa de Sarón, Coto da Vela, Punta Merixe, Praia de Portocelo, San Tirso, Roncadoira, Ensenada de Coído, Punta Mansa, Praia do Muiñelo, etc. ata chegar ao Centro Cívico. O percorrido vai pasar polas seguintes parroquias do Concello: Morás, Portocelo, Xuances, Sumoas, Lago e Xove.
A concentración inicial realizarase na Praza do Centro Cívico, onde os participantes recollerán os dorsais, bolsa de corredores, …. A organización ten previsto autobuses para levar aos corredores ao punto de saída. Unha vez rematada a carreira, a organización ten disposta unha pinchada para tódolos participantes.
As inscricións para Xove Costa Trail hai que facelas na Web championchipnorte. O seguimento de todo o relativo a esta carreira pódese realizar a través de Facebook en xovecostatrail. A organización deste evento corre a cargo da SECCIÓN DE MONTAÑA E SENDEIRISMO DA ACD XOVE e de ROQUE SPORT, contándose co Patrocinio do Concello de Xove e a colaboración de comercios e negocios da localidade.
Convocatoria plaza Aux. Clinica a domicilio
24/Xaneiro/2019
Departamento de Recursos Humanos
-
CONVOCATORIA PRAZA AUX. CLÍNICA A DOMICILIO .-PERSOAL LABORAL TEMPORAL INTERINO .- GRUPO C2.-PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: 25/01/2019 HASTA 31/01/2019
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|